Thomas Jefferson

Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virxinia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virxinia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.

Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que dimitiu polas súas desavinzas con Alexander Hamilton.

De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).

A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América de 1776. Jefferson foi un dos Pais Fundadores máis influentes, coñecido pola súa promoción dos ideais do republicanismo e do liberalismo nos Estados Unidos. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" [1] que promovese a democracia e a loita contra o imperialismo británico.

Os principais acontecementos que tiveron lugar durante a súa presidencia inclúen a Compra da Luisiana (1803) e a Expedición de Lewis e Clark (1804-1806), así como a escalada de tensións con Gran Bretaña e Francia, que conduciron á guerra con Gran Bretaña en 1812, despois de deixar o cargo.

Thomas Jefferson
T Jefferson by Charles Willson Peale 1791 2
Presidente dos Estados Unidos de América
Período4 de marzo de 1801 - 4 de marzo de 1809
AntecesorJohn Adams
SucesorJames Madison
Datos persoais
Nacemento13 de abril de 1743 e 2 de abril de 1743
 Shadwell (Virxinia)
Falecemento4 de xullo de 1826
 Charlottesville (Virxinia)
OrganizaciónPartido Demócrata-Republicano
PaiPeter Jefferson
NaiJane Randolph Jefferson
CónxuxeMartha Wayles Skelton Jefferson
FillosMartha Jefferson Randolph, Mary Jefferson Eppes, Madison Hemings, Harriet Hemings e Eston Hemings
Alma máterThe College of William and Mary
ProfesiónPolítico e avogado
RelixiónDeísmo
ThomasJeffersonSignature

Notas

  1. Robert W. Tucker, e David C. Hendrickson, Empire of Liberty: The Statecraft of Thomas Jefferson (1990)

Véxase tamén

Predecesor:
John Jay
 Secretario de Estado dos Estados Unidos de América 
1790 - 1793
Sucesor:
Edmund Randolph
Predecesor:
John Adams
 Vicepresidente dos Estados Unidos de América 
1797 - 1801
Sucesor:
Aaron Burr
Predecesor:
John Adams
 Presidente dos Estados Unidos de América 
1801 - 1809
Sucesor:
James Madison
13 de abril

O 13 de abril é o 103º día do ano do calendario gregoriano e o 104º nos anos bisestos. Quedan 262 días para finalizar o ano.

4 de xullo

O 4 de xullo é o 185º día do ano do calendario gregoriano e o 186º nos anos bisestos. Quedan 180 días para finalizar o ano.

Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América

A Biblioteca do Congreso é unha biblioteca de investigación que serve oficialmente ó Congreso dos Estados Unidos de América, pero que é de facto a biblioteca nacional dos Estados Unidos. É a máis antiga institución cultural federal do país. Segundo John Cole, trátase da meirande e máis internacional biblioteca do mundo. Atribúelle estas características polos seus grandes e influentes líderes, como Ainsworth Rand Spofford (1864–97), Herbert Putnam (1899–1939), Luther Evans (1945–53) e James H. Billington (1987–). Cole dixo que todos eles "afirmaron e agrandaron o concepto de Thomas Jefferson de que a Biblioteca do Congreso é unha institución nacional que debería ser universal no seu alcance e dispoñible para todos".Localizada en tres edificios do Capitol Hill e do Campus Packard Campus de Virxinia, é descrita como a meirande biblioteca do mundo. Porén, as medicións que o afirman teñen unha utilidade limitada por mor da gran variedade de xeitos de catalogación empregados polas institucións.

Deportación dos indios dos Estados Unidos de América

A deportación dos indios dos Estados Unidos, que se chama oficialmente indian removal ("desprazamento dos indios"), foi unha política do goberno dos Estados Unidos durante a primeira metade do século XIX que comportou a deportación practicamente total das nacións indias do leste cara o Far West.

Dólar estadounidense

O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .

O dólar de Estados Unidos tamén é utilizado noutros países como moeda oficial: Ecuador, O Salvador, as Caribe Neerlandés, as illas Turcas e Caicos, as illas Virxes Británicas e Panamá en América, Timor Oriental en Asia, Zimbabwe en África e nas antigas dependencias oceánicas das Illas Marshall, nos Estados Federados de Micronesia e na República das Palaus.

O dólar emprégase como divisa internacional e nas transaccións internacionais de ouro ou petróleo. Dos 700.000 millóns de dólares en circulación en 2004 entre a metade e os dous terzos están fóra dos Estados Unidos.

Expedición de Lewis e Clark

A expedición de Lewis e Clark, foi a primeira expedición americana que cruzou o que hoxe é a porción oeste dos Estados Unidos, saíndo en maio de 1804, preto de St. Louis, e continuando o seu camiño cara ó oeste até a costa do Pacífico.

A expedición foi encargada polo Presidente Thomas Jefferson pouco despois da Compra de Luisiana en 1803, e estaba composto por un grupo escollido de voluntarios do exército baixo o mando do comandante Meriwether Lewis e o seu amigo o Tenente William Clark. A súa expedición durou dende maio de 1804 até setembro de 1806. O principal obxectivo era explorar e mapear o novo territorio conquistado, atopar unha ruta práctica a través da metade oeste do continente e estabelecer a presenza americana no territorio antes de que os británicos ou outras potencias europeas puideran reclamala.

Os obxectivos secundarios da campaña foron científicos e económicos: estudar as plantas da área, a vida salvaxe e a xeoloxía, e estabelecer relacións comerciais coas tribos nativas. Con mapas, bosquexos e diarios, a expedición retornou até St. Louis para informar dos seus descubrimentos a Jefferson.

Investigación

A investigación ou investigación científica é unha actividade orientada á obtención de novos coñecementos e, por esta vía, ocasionalmente dar solución a problemas ou interrogantes de carácter científico.

Tamén existe a investigación tecnolóxica, que emprega o coñecemento científico para o desenvolvemento de "tecnoloxías brandas ou duras".

James Madison

James Madison, nado en Port Conway (Virxinia) o 16 de marzo de 1751 e finado en Montpelier o 28 de xuño de 1836, foi un avogado e político norteamericano. Pai fundador da Constitución dos Estados Unidos e cuarto presidente dos Estados Unidos, entre 1809 e 1817,é alcumado "O Pai da Constitución".

Jefferson City, Missouri

Jefferson City é a capital do estado de Missouri, en Estados Unidos. Está situada no condado de Cole. Recibe o seu nome do presidente Thomas Jefferson.

Jefferson Memorial

O Thomas Jefferson Memorial é un monumento presidencial de Washington, D.C. adicado a Thomas Jefferson, un dos Pais Fundadores dos Estados Unidos e o terceiro Presidente dos Estados Unidos.

O edificio neoclásico foi deseñado polo arquitecto John Russell Pope e construído polo contratista de Filadelfia John McShain. A construción do edificio comezou en 1939 e foi completado en 1943. A estatua de bronce de Jefferson foi engadida en 1947.O Jefferson Memorial é xestionado polo Servizo de Parques Nacionais. No 2007, foi clasificado como a cuarta construción arquitectónica favorita de América polo Instituto Americano de Arquitectos.

John Adams

John Adams, nado en Quincy (Massachusetts) o 30 de outubro de 1735 e finado na mesma vila o 4 de xullo de 1826, foi o segundo Presidente dos Estados Unidos, dende 1797 ata 1801, considerado un dos pais fundadores dos Estados Unidos.

Lista de presidentes dos Estados Unidos de América

O Presidente dos Estados Unidos é o xefe de estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o Presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América

Os poderes do Presidente dos Estados Unidos son amplos. Ademais de ser a cabeza do poder executivo do goberno federal, que inclúe ó redor de 4 millóns de funcionarios, entre elas un millón de persoal militar en servizo activo, ten importantes funcións nas áreas lexislativa e xudicial.

É, ademais, o encargado das relacións internacionais do país.

A elección do presidente dos Estados Unidos de América ten unha importancia crucial, xa que afecta directa ou indirectamente a todo o mundo. Unha lexislatura dura 4 anos, reelixible.

Palladianismo

O palladianismo ou arquitectura palladiana é un estilo arquitectónico orixinalmente creado polo arquitecto italiano Andrea Palladio (1508–1580). Aínda que o termo palladiano se refire á obra deste artista e a todas aquelas inspiradas por el, o que se coñece como un palladianismo é unha evolución dos mesmos conceptos orixinais de Palladio.

O desenvolvemento do palladianismo como un estilo autónomo comezou no século XVI e continuou até finais do século XVIII, onde influíu notablemente na arquitectura neoclásica, polo seu amplo gusto polo clásico. Este estilo espallouse dende o Véneto a toda Europa e outras partes do mundo. No Reino Unido, o palladianismo chegou a ser moi popular a mediados do século XVII por mor da obra de Christopher Wren. Nas construcións de estilo clásico sucedeu ó Barroco, como unha renovación das formas da antigüidade.

A comezos do século XVIII, estivo de moda non só no eido británico, senón na maioría dos países do Norte de Europa. Máis adiante, cando o estilo comezou a esmorecer en Europa, rexurdiu con forza en América do Norte, con bos exemplos nos edificios deseñados por Thomas Jefferson.

Polímata

Un polímata (grego πολυμαθής) que quere dicir «que coñece, comprende ou sabe moito», é un individuo que destaca en diversas ramas do saber. O termo refírese a persoas cuxos coñecementos non están restrinxidos a unha área concreta, senón que dominan diferentes disciplinas, xeralmente as artes e as ciencias. A maioría dos filósofos da antigüidade eran polímatas, tal como entendemos o termo hoxe en día.Tamén se utilizan os termos Home Renacentista ou Home do Renacemento e, con menos frecuencia, Homo Universalis (expresión latina que podería traducirse como «home de espírito universal»). Este concepto foi desenvolvido durante o Renacemento italiano por un dos seus máximos representantes, o arquitecto Leon Battista Alberti (1404-1472), que afirmou que "...o artista neste contexto social non debe ser un simple artesán, senón un intelectual preparado en todas as disciplinas e en todos os terreos". Esta idea recolle os principios básicos do humanismo do Renacemento. Caracterizábase por considerar ao home como un ser todopoderoso, con capacidades ilimitadas para o desenvolvemento, e exhortaba á xente a abarcar todos os campos do coñecemento e desenvolver as súas capacidades ao máximo. Por este motivo, moitos homes no Renacemento fixeron florecer notablemente a cultura, o deporte e a arte.

A maioría dos polímatas guiáronse por este ideal renacentista. Xa que logo, entre eles atopamos xenios que pertenceron a épocas moi afastadas no tempo: Aristóteles, Avicena, Alberte o Magno, Al-Farabí, Shen Kuo, Leonardo da Vinci, Nicolás Copérnico, René Descartes, Isidoro de Sevilla, Isaac Newton, Gottfried Leibniz, Benjamin Franklin, Immanuel Kant, Thomas Jefferson, Johann Wolfgang von Goethe, Alexander von Humboldt, Henri Poincaré, John von Neumann, Isaac Asimov etc.

Richmond, Virxinia

Richmond é a capital de Virxinia (oficialmente República de Virxinia). Como todas as municipalidades de Virxinia incorporadas como cidades é independente, é dicir que non pertence a ningún condado, -o condado de Richmond non está relacionado, xa que está localizado a máis de 85 quilómetros de distancia nunha rexión diferente do estado-. Richmond é o centro da área metropolitana de Richmond (MSA) e o Gran Richmond está rodeada polos condados de Henrico e Chesterfield, situados ao norte e sur da cidade respectivamente. A cidade está localizada na interesección das estradas interestatales números 95 e 64 na parte central de Virxinia.

Aínda que o sitio de Richmond, na fálla do Río James na rexión de Piedmont foi brevemente emprazado polos Ingleses en Jamestown en 1607, cerca do lugar onde existía un importante asentamento nativo, a actual cidade de Richmond foi fundada en 1737. Converteuse na capital da colonia de Virxinia en 1780. Durante o período da Guerra de Independencia dos Estados Unidos, varios acontecementos de importancia ocorreron na cidade, incluíndo o discurso de Patrick Henry denominado Dádeme a liberdade ou a morte ("Give me liberty or give me death") realizado na igrexa de St John 1775, durante a reunión do Segundo Congreso Continental, ao cal asistiron tamén Thomas Jefferson e George Washington.

O Estatuto de Virxinia para a liberdade relixiosa en 1779, o cal foi escrito porThomas Jefferson na cidade. Durante a Guerra Civil Estadounidense, Richmond converteuse na capital dos estados confederados de América, e moitos sinais importantes da guerra civil permanecen na cidade hoxe.

A economía de Richmond baséase sobre todo nas empresas relacionadas coa lei e as finanzas, con varias firmas legais e de actividades bancarias notables situadas no centro da cidade. Desta forma existen nove compañías, dentro das maiores cincocentas empresas americanas, que posúen os seus cuarteis xerais na cidade, entre as que se pode destacar Circuit City, Philip Morris USA, e Dominion Resources, entre outras.

O desenvolvemento moderno da cidade está en liña con outras cidades que maquillan o Novo Sur, como Atlanta, Dallas e Charlotte. Só cinco áreas en Estados unidos teñen máis empresas inscritas na lista Fortune 500 que Richmond. Richmond é ademais a sede de numerosas compañías pequenas.

Os residentes da cidade son comunmente chamados como Richmonders, e refírense á súa cidade coloquialmente como RVA, RIC (o seu código aéreo), ou O 804 (o seu código telefónico).

A área metropolitana inclúe a cidade, os seus dous condados lindantes e unha ampla zona de Virxinia central. Outras xurisdicións da área metropolitana de Richmond inclúen os condados veciños de Amelia, Caroline, Charles City, Cumberland, Dinwiddie, Goochland, Hanover, King and Queen, King William, Louisa, New Kent, Powhatan, Prince George, e Sussex, e as cidades independentes de Colonial Heights, Hopewell e Petersburg, así como a poboación de Ashland no condado de Hanover.

Thomas Jefferson National Accelerator Facility

O Thomas Jefferson National Accelerator Facility é un Laboratorio Nacional dos Estados Unidos de América xestionado pola SURA (Southeastern Universities Research Association). Fundado en 1984 está situado en Newport News, preto de Norfolk no Estado de Virxinia. O seu cadro de persoal é de 675 persoas e arredor de 2000 científicos dos Estados Unidos e doutros países realizan investigacións nel.

O seu equipamento principal é o acelerador de electróns CEBAF (Continuous Electron Beam Accelerator Facility), formado por dúas seccións rectas paralelas de 1,4 km de longo, constituídas de cavidades aceleradoras e de dous arcos unindo estas seccións. Está soterrado a oito metros baixo terra. O equipo dedícase principalmente aos estudos sobre a estrutura e a espectroscopia dos hadrons, en particular dos nucleons.

Virxinia

Virxinia é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Commonwealth of Virginia. A rexión onde actualmente está localizada Virxinia foi a primeira en ser colonizada polos británicos. Jamestown, unha cidade do estado, foi o primeiro asentamento británico permanente en América, fundado en 1607. Os colonos británicos fundaron tamén a primeira institución de Poder Lexislativo en América, en 1619. A rexión foi denominada Virxinia en 1584 por un explorador británico, Walter Raleigh, en homenaxe á raíña Sabela I de Inglaterra, tamén coñecida na época como a Raíña Virxe.

Virxinia foi unha das Trece Colonias que se rebelaran contra o dominio británico da rexión durante a Revolución Americana de 1776. A guerra de independencia terminou en Virxinia, cando as forzas británicas lideradas por Lord Cornwallis se renderon en Yorktown en 1781. Posteriormente, Virxinia participaría activamente do lado dos Estados Confederados de América na Guerra Civil Estadounidense, sendo que a capital confederada, Richmond, se localizaba neste estado. A Guerra Civil Estadounidense oficialmente terminou cando a principal forza confederada, liderada por Robert E. Lee, se rendeu en Appomattox.

O estado de Virxinia posúe diversos alcumes. O máis coñecido deles é Old Dominion (Vello Dominio), tendo sido alcumada así polo Rei Carlos II de Inglaterra, por causa da lealdade da poboación da colonia ao Rei. Outro cognome do estado é Mother of Presidents, porque 8 presidentes americanos naceron e creceron en Virxinia: George Washington, Thomas Jefferson, James Madison, James Monroe, William Henry Harrison, John Tyler, Zachary Taylor e Woodrow Wilson. Os catro primeiros foron catro das cinco primeiras persoas en presidir os Estados Unidos. Cinco deles, Washington, Jefferson, Madison, Monroe e Wilson, foron reelectos.

Outro alcume de Virxinia, menos coñecido, é Mother of States (Nai de Estados). Facían parte de Virxinia tamén os actuais estados americanos de Kentucky e Virxinia Occidental. Porén, Kentucky separouse de Virxinia en 1792. Virxinia Occidental separouse de Virxinia durante a Guerra Civil Estadounidense.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.