Thomas Becket

Thomas Becket, tamén coñecido como San Thomas de Canterbury ou Thomas de Londres, nado o 21 de decembro de 1118 en Londres e finado o 29 de decembro de 1170 en Canterbury, foi un eclesiástico católico latino, arcebispo de Canterbury dende 1162 até a súa morte en 1170. É venerado como santo e mártir tanto pola Igrexa Católica como pola Comuñón Anglicana. Tivo conflito co rei Henrique II de Inglaterra sobre os privilexios da Igrexa e foi asasinado por catro cabaleiros do rei na Catedral de Canterbury. Pouco despois da súa morte foi canonizado polo papa Alexandre III. Peregrinou a Santiago de Compostela.

San Thomas Becket
Tomwindo
Thomas Becket na catedral de Canterbury.
Arcebispo da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1118 en Cheapside, Londres
Pasamento29 de decembro de 1170 (52 anos) en Canterbury
Ordes
Ordenación sacerdotal2 de xuño de 1162
Consagración episcopal3 de xuño de 1162, por Henri de Blois
Arcebispo metropolitano de Canterbury
PredecesorTeobaldo de Bec
SucesorRoger de Bailleul
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Véxase tamén

Bibliografía

21 de decembro

O 21 de decembro é o 355º día do ano do calendario gregoriano e o 356º nos anos bisestos. Quedan 10 días para finalizar o ano.

29 de decembro

O 29 de decembro é o 363º día do ano do calendario gregoriano e o 364º nos anos bisestos. Quedan 2 días para finalizar o ano.

Alexandre III, papa

Rolando Bandinelli, nado en Siena e finado en Civita Castellana o 3 de agosto de 1181, foi Papa da Igrexa católica desde 1159 co nome de Alexandre III.

Arquidiocese católica latina de Canterbury

A arquidiocese metropolitana de Canterbury foi unha diocese católica latina en Inglaterra, suprimida en 1558.

Castelo de Fontainebleau

O Royal Château de Fontainebleau é un dos maiores Châteaux Reais franceses. Está localizado na cidade de Fontainebleau, departamento de Seine-et-Marne, no norte de Francia.

O palacio reflicte, actualmente, o traballo de varios monarcas franceses, construído a partir dunha estrutura inicial de Francisco I. O edificio esténdese arredor dunha serie de patios.

A cidade de Fontainebleau creceu ao redor do que restaba do Bosque de Fontainebleau, un antigo parque de caza real.

Este pazo introduciu en Francia o Maneirismo italiano, tanto na decoración de interiores como nos xardíns, e transformouno ao facer a tralación a Francia. O Maneirismo francés na decoración de interiores do século XVI coñécese como "Estilo Fontainebleau": este combina escultura, traballos en metal, pintura, estuco e traballos en madeira. Exteriormente introduciu o parterre de xardín. O Estilo Fontainebleau combinou pinturas alegóricas en traballos de rebocador moldeados, onde o encadramento era tratado como se fose coiro ou papel, cortado enrolado en pergamiños con arabescos e grotescos.

Os ideais da beleza feminina en Fontainbleau son Maneiristas: unha pequena e graciosa cabeza nun pescozo longo, exaxeradamente longos torso e brazos, peitos pequenos e altos — case un regreso ás belezas do gótico tardío. Os novos traballos en Fontainebleau foron feitos en refinados e detallados gravados que circularon entre coñecedores e artistas.

A través dos gravados feitos pola "Escola de Fontainebleau", este novo estilo foi transmitido a outros centros do norte de Europa, especialmente Anveres, Alemaña e, máis tarde, tamén Londres.

Década de 1170

A década de 1170 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1170 e remata o 31 de decembro de 1179.

Eduardo II de Inglaterra

Eduardo II de Inglaterra tamén coñecido como Eduardo de Carnarvon, nado no castelo de Caernarfon o 25 de abril de 1284 e finado no castelo de Berkeley o 21 de setembro de 1327, foi rei de Inglaterra desde 1307 ata a súa deposición en xaneiro de 1327. Foi o cuarto fillo de Eduardo I, e converteuse en herdeiro ao trono tras a morte do seu irmán Afonso. A comezos do ano 1300 acompañou o seu pai nas campañas no marco das campañas para pacificar Escocia, e en 1306 foi nomeado cabaleiro nunha cerimonia celebrada na abadía de Westminster. Accedeu ao trono en 1307 tras a morte do seu pai. En 1308 casou con Isabel de Francia, filla de Filipe IV de Francia, como parte dos esforzos para resolver as tensións entre ambos os países.

Eduardo mantivo unha controvertida relación con Piers Gaveston, quen se unira á súa casa en 1300. A natureza da relación de Eduardo con Gaveston non está clara: puideron ser simples amigos, amantes ou irmáns de sangue. A arrogancia de Gaveston como favorito de Eduardo provocou o descontento tanto dos baróns como da familia real francesa, e Eduardo tivo que mandalo ao exilio. Tras o seu regreso, os baróns insistíronlle ao rei para que introducise unhas amplas reformas, coñecidas como Ordenanzas de 1311. Os baróns fixeron uso do seu novo poder desterrando a Gaveston, ao que Eduardo respondeu revogando as reformas e mandando chamar o seu favorito de regreso. Tras isto e dirixidos polo curmán de Eduardo, o conde de Lancaster, un grupo de baróns capturaron e executaron a Gaveston en 1312, comezando así varios anos de confrontación armada. As forzas inglesas foron expulsadas de Escocia, onde Eduardo sufriu unha derrota decisiva a mans de Robert Bruce na batalla de Bannockburn en 1314. Entre 1315 e 1317 tivo lugar unha Gran Fame, que provocou novas críticas ao rei.

Os membros da familia Despenser, en particular Hugh Despenser o Novo, trabaron boa amizade e convertéronse en conselleiros de Eduardo. Porén en 1312, Lancaster e os baróns conseguiron expropiar as terras da familia e que o rei os mandase ao exilio. En resposta, Eduardo dirixiu unha pequena campaña militar na que capturou e executou a Lancaster. O rei e os seus favoritos reforzaron o seu poder, revogando formalmente as reformas de 1311, executando os seus inimigos e confiscando propiedades. Dada a incapacidade para avanzar en Escocia, Eduardo asinou unha tregua con Bruce. A oposición ao réxime aumentou, e cando en 1325 Isabel foi enviada a Francia para negociar a paz da Guerra de San-Sardos, volveuse na contra do rei e rexeitou regresar ao país. Isabel aliouse co exiliado Roger Mortimer e invadiu Inglaterra cun pequeno exército en 1326. O réxime de Eduardo colapsou e fuxiu a Gales, onde foi capturado en novembro. Tras isto foi obrigado a abdicar en xaneiro de 1327 en favor do seu fillo de 14 anos, Eduardo III. O rei finou no castelo de Berkeley o 21 de setembro dese ano, probablemente por orde do novo réxime.

As relacións de Eduardo con Gaveston inspiraron a obra de 1592 de Christopher Marlowe, Edward II, xunto a outras pezas, filmes e novelas. Moitas destas obras centráronse na posible relación sexual entre os dous homes. Os seus contemporáneos criticaron a súa actuación como rei, resaltando o seu fracaso en Escocia e o réxime de opresión durante os seus últimos anos, aínda que os académicos do século XIX afirmaron que o incremento das institucións parlamentarias durante o seu reinado tivo un efecto positivo para Inglaterra durante un longo período. O debate continúa no século XXI sobre se Eduardo foi un rei nugallán e incompetente ou simplemente un gobernante redundante e infrutuoso.

Froila Arias de Traba

Froila Arias de Traba foi un conde galego, señor das terras e o castelo de Traba, durante a segunda metade do século XI. Foi fillo de arias Tedoniz, irmán do bispo Cresconio de Iria e pai de Urraca Froilaz, a primeira esposa de Pedro Froilaz, Conde de Galiza.

Gregorio VIII, papa

Gregorio VIII, nado coma Alberto de Morra en Benevento (Italia) cara a 1100 e finado en Pisa o 17 de decembro de 1187, foi o 173º Papa da Igrexa católica en 1187, referido coma Ensis Laurentii nas profecías de San Malaquías.

Henrique II de Inglaterra

Henrique II de Plantegenet, nado o 5 de marzo de 1133 en Le Mans, Francia e finado o 6 de xullo de 1189 en Chinon, Francia, foi rei de Inglaterra, duque de Normandía e Aquitania e conde de Anjou.

Fillo primoxénito de Godofredo V de Anjou e da súa esposa Matilde de Inglaterra, foi o primeiro rei da dinastía Plantagenet.

Leonor Plantagenet

Leonor Plantagenet ou Leonor de Inglaterra, nada no castelo de Domfront, en Normandía, o 13 de outubro de 1160 - Mosteiro das Huelgas de Burgos, 31 de outubro de 1214) foi princesa de Inglaterra, filla de Henrique II de Inglaterra e da súa esposa a raíña Leonor de Aquitania, e raíña consorte de Castela entre os anos 1170 e 1214, polo seu matrimonio co rei Afonso VIII de Castela. Foi nai, entre outros, dos reis Henrique I de Castela e Berenguela de León e Castela.

Matilde de Inglaterra

Matilde ou Maude, coñecida como a emperatriz Matilde (en latín, Mathildis [Imperatrix]; en anglonormando, [Imperatrice] Mahaut; en inglés moderno, [Empress] Matilda), nada en Winchester ou Sutton Courtenay posiblemente o 7 de febreiro de 1102 e finada en Ruán o 10 de setembro de 1167, foi reclamante do trono inglés durante a guerra civil coñecida como a Anarquía. Filla do rei Henrique I de Inglaterra, mudouse ao Sacro Imperio e sendo nena casou co futuro emperador Henrique V. Viaxou co seu marido a Italia en 1116, foi coroada na basílica de San Pedro baixo unha gran polémica e actuou como rexente imperial en Italia. Matilde e Henrique V non tiveron fillos e cando el morreu en 1125, a Coroa foi reclamada por Lotario II, un dos seus inimigos políticos.

Namentres, o irmán menor de Matilde, Guillerme Adelin, morreu no desastre do Barco Branco en 1120, o que deixou Inglaterra nunha inminente crise de sucesión. Despois da morte de Henrique V, Matilde foi chamada a Normandía polo seu pai, quen fixo os arranxos para que casase con Godofredo de Anjou e así formar unha alianza para protexer as súas fronteiras meridionais. Henrique non tiña fillos lexítimos e nomeou a Matilde como a súa herdeira, o que obrigaba a súa corte a xurar lealdade cara a ela e os seus sucesores, mais a decisión non foi popular na corte anglonormanda. Henrique I morreu en 1135, pero Matilde e Godofredo V enfrontáronse á oposición dos baróns normandos e non puideron continuar coas súas reclamacións. O trono foi tomado polo primo de Matilde, Estevo de Blois, quen gozaba do respaldo da Igrexa católica en Inglaterra. Estevo tomou medidas para consolidar o seu novo réxime, pero enfrontou ameazas tanto das potencias veciñas como dos opositores dentro do seu reino.

En 1139, Matilde arribou a Inglaterra para tomar o reino pola forza, co apoio do seu medio irmán, Roberto de Gloucester, e o seu tío, o rei David I de Escocia, mentres que Godofredo V se concentrou na conquista de Normandía. As forzas de Matilde capturaron a Estevo na batalla de Lincoln de 1141, pero o seu intento de ser coroada raíña en Westminster fracasou ante a dura oposición das multitudes de Londres. Como resultado da súa retirada, Matilde nunca foi formalmente declarada raíña de Inglaterra e, en cambio, foi titulada «señora dos ingleses». Roberto foi capturado durante o tumulto de Winchester en 1141 e Matilde aceptou cambialo por Estevo. Quedou aprisionada no castelo de Oxford polas forzas de Estevo no inverno dese ano e viuse forzada a escapar a través do xeado río Támese pola noite para evitar a súa captura. A guerra estancouse, con Matilde controlando gran parte do suroeste de Inglaterra e Estevo o sueste e as Midlands. O resto do país estaba en mans de baróns locais e independentes.

En 1148, Matilde regresou a Normandía, xa en mans do seu esposo, e legou o seu fillo máis vello para continuar a campaña en Inglaterra, quen finalmente ascendeu ao trono como Henrique II en 1154. Ela estableceu a súa corte preto de Ruán e o resto da súa vida encargouse da administración de Normandía, actuando en nome de Henrique II cando foi necesario. Nos primeiros anos do reinado do seu fillo, proporcionou asesoramento político e tentou mediar durante a controversia de Becket. Traballou exhaustivamente coa Igrexa, fundou mosteiros cistercienses e era coñecida pola súa piedade. Foi inhumada baixo o altar maior da abadía de Bec despois da súa morte en 1167.

Os contos de Canterbury

Os contos de Canterbury (en inglés medio: Tales of Caunterbury; en inglés, The Canterbury Tales) é unha colección de 24 contos escritos en inglés medio polo escritor inglés Geoffrey Chaucer entre 1387 e 1400. Foron escritos na súa maioría en verso, aínda que hai dous en prosa, e son presentados como parte dunha competencia de narración de historias dun grupo de peregrinos durante unha viaxe de Londres a Canterbury para visitar o santuario de Thomas Becket na catedral de Canterbury. O premio é unha comida na taberna Tabard de Southwark ó seu regreso. Os contos presentan unha estrutura semellante ó Decamerón de Boccaccio.

Os contos de Canterbury é unha das obras máis importantes da literatura inglesa, e quizais a mellor obra da Idade Media en Inglaterra. Foi a derradeira obra de Geoffrey Chaucer, quen en 1386 foi nomeado Contralor de Aduana e Xustiza de Paz en 1386 e, en 1389, escriba da obra do rei. A versión da obra que prevalece hoxe en día procede de dous manuscritos ingleses diferentes, o Ellesmere e os manuscritos Hengwrt. A súa maior contribución á literatura inglesa foi a popularización do inglés vernáculo na literatura, en oposición ó francés, o italiano e o latín. Porén, o inglés fora utilizado como lingua literaria séculos antes de Chaucer e varios dos seus contemporáneos como John Gower, William Langland, o Poeta Pearl e Xuliana de Norwich tamén escribiron obras literarias prominentes en inglés. É incerto até que punto foi Chaucer crucial na evolución desta preferencia literaria.

Reino de Gwynedd

O reino de Gwynedd (pr. [ˈɡwɪnɛð]) é un dos pequenos reinos que formaban Gales na Idade Media. Xurdiu no século V na Britania posromana. Tiña a súa base nas antigas terras britanas de tribos celtas como ordovicos, ganganos e os deceanglos, colectivamente coñecidas como Venedotia nos documentos romano-británicos tardíos. Entre os séculos V e XIII, Gwynedd creceu ata incluír Anglesey e todo Gales do Norte entre o río Dyfi no sur e o río Dee (en galés, Dyfrdwy) no nordés. O mar de Irlanda (Môr Iwerddon) baña as costas de Gwynedd polo oeste e o norte, mentres que as terras que foron parte do Reino de Powys limitan con Gwynedd ao sueste.

Parte da forza de Gwynedd residía en parte na montañosa xeografía da rexión, que facía difícil para os invasores acampar e impor a súa vontade efectivamente.

Unha tradición popular atribuída a Nennio, un cronista galés do século X, atribúe a fundación de Gwynedd a Cunedda. Segundo Nennio, Cunedda migrou cos seus fillos e simpatizantes desde a rexión celta de Lothian, ao sur de Escocia, no século V.A corte principal de Gwynedd atopábase orixinalmente en Deganwy, onde estaba a fortaleza de Maelgwn Gwynedd (morto en 547). A liña principal de descendentes de Rhodri o Grande convertería a Aberffraw en Ynys Mon na súa principal sede ata 1170, mentres que os gobernantes posteriores de Gwynedd adoptarían o título de "Príncipe de Aberffraw" ou "Señor de Snowdon". No século XIII Llywelyn Fawr, o seu fillo Dafydd ap Llywelyn e o seu neto Llywelyn ap Gruffydd terían o seu fogar en Abergwyngregyn na costa norte.

The Pillars of the Earth

The Pillars of the Earth é unha novela histórica do autor británico Ken Follett, publicada en 1989. Está ambientada na Inglaterra da Idade Media, en concreto no século XII, durante un período de guerra civil coñecido como anarquía inglesa, comprendido entre o afundimiento do White Ship e o asasinato do arcebispo Thomas Becket. Porén, tamén se recrea unha viaxe de peregrinación a Santiago de Compostela a través de Francia e España.

A novela describe o desenvolvemento da arquitectura gótica a partir da súa precursora, a arquitectura románica e as vicisitudes do priorato de Kingsbridge, cun pano de fondo cheo dos acontecementos históricos que estaban a acontecer nese intre. Malia que Kingsbridge é o nome dunha localidade inglesa real, o Kingsbridge ó que se fai referencia na novela é, en realidade, un emprazamento ficticio representativo da típica vila inglesa no que se establecían mercados na época.

O autor sorprendeu con esta novela non só ós seus lectores, ávidos de thrillers, senón tamén ós seus editores, co seu contido e lonxitude (máis de 1.000 páxinas). A novela foi incluída na posición 33 da enquisa realizada pola BBC en 2003, cuxo obxectivo era atopa-las obras máis apreciadas da literatura británica. Ademais, foi elixida en 2007 polo club literario Oprah's Book Club.

Xoán I de Inglaterra

Xoán I de Inglaterra, nado o 24 de decembro de 1166 e finado 19 de outubro de 1216, tamén coñecido como Xoán sen Terra (en anglonormando: Johan sanz Terre), foi rei de Inglaterra desde o 6 de abril de 1199 ata a súa morte en 1216. Xoán perdeu o Ducado de Normandía fronte ao rei Filipe II de Francia, o que provocou a perda da maior parte do Imperio anxevino e o subsecuente aumento de poder da dinastía dos Capetos durante o século XIII. A revolta dos baróns ao final do reinado de Xoán levou á sinatura da Carta Magna, un documento que se considera ás veces o primeiro paso na evolución da constitución do Reino Unido.

Xoán foi o máis novo dos cinco fillos do rei Henrique II de Inglaterra e Leonor de Aquitania, e nun primeiro momento non se esperaba que herdase unha gran cantidade de terras. Trala errada revolta dos seus irmáns máis vellos entre 1173 e 1174, Xoán pasou a ser o favorito do rei. Recibiu en 1177 o Señorío de Irlanda así como unha gran cantidade de terras en Inglaterra e no continente. Os irmáns de Xoán, Guillerme, Henrique e Godofredo morreron novos; nese momento Ricardo I ascendeu ao trono en 1189, e Xoán pasou a ser o potencial herdeiro. Mentres o seu irmán Ricardo participaba na Terceira Cruzada, Xoán liderou un intento de rebelión contra o administrador real. Porén, trala morte de Ricardo en 1199, Xoán foi proclamado rei de Inglaterra e chegou a un acordo con Filipe II de Francia polo que o francés recoñecía as posesións continentais de Xoán polo tratado de Le Goulet do ano 1200.

A guerra con Francia estoupou de novo en 1202. Xoán obtivo varias vitorias, pero a escaseza de recursos militares e o seu trato aos nobres normandos, bretóns e de Anjou fixo que perdese as súas posesións do norte de Francia en 1204. Xoán pasou a maior parte da seguinte década tratando de recuperar esas terras, reformando o exército e refacendo as alianzas continentais. As reformas xudiciais de Xoán tiveron un importante impacto no sistema inglés da common law, así como un grande aumento dos ingresos. O rei foi excomungado en 1209 debido a unha disputa co papa Inocencio III, aínda que o problema se resolveu no 1213. Os intentos de Xoán de derrotar o rei de Francia en 1214 fracasaron debido á vitoria francesa sobre os aliados de Inglaterra na batalla de Bouvines. Cando regresou a Inglaterra, Xoán tivo que afrontar unha rebelión de moitos dos seus baróns, que estaban descontentos pola súa política fiscal e o seu trato á nobreza. Como resultado desta rebelión Xoán acordou asinar a Carta Magna en 1215, aínda que ningún dos dous bandos cumpriu coas condicións. A primeira guerra dos baróns estoupou pouco despois, coa axuda de Luís de Francia. Axiña a guerra entrou nunha situación de estancamento. Xoán morreu de disentería, durante a campaña no leste de Inglaterra en 1216; os partidarios do seu fillo Henrique lograron a vitoria sobre Luís e os baróns ao ano seguinte.

Os cronistas contemporáneos foron moi críticos coas actuacións de Xoán como rei, e o seu reinado foi obxecto de debate e revisión polos historiadores desde o século XVI. O historiador Jim Bradbury resumiu a opinión histórica actual das cualidades positivas de Xoán, observando que hoxe en día segue a ser considerado como un "bo administrador, un bo home e un bo xeneral". Porén, a historiografía moderna está de acordo en que tamén cometeu moitos erros como rei, incluíndo o que Ralph Turner describe como "unha personalidade de mal gusto, incluso perigosa", con trazos de crueldade. Estas cualidades negativas deron suficiente material á literatura da época vitoriana, e Xoán continúa sendo visto como un infame na cultura popular, principalmente por historias como a de Robin Hood.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.