The Chieftains

The Chieftains é unha banda irlandesa de música tradicional, fundada en 1963, ano da gravación do seu primeiro LP titulado simplemente The Chieftains. O grupo rexistrou numerosos álbums de música tradicional tanto instrumental como cantada. Máis aló dos ritmos de danzas, toman inspiración de compositores antigos como Turlough O'Carolan, e producen unha música variada, de sonoridade particular. O seu directorio esténdese da canción de bar (os pubs irlandeses) á música sinfónica composta polo cine.

Os seus compoñentes: Seán Keane, Martín Fay, Derek Bell, Matt Molloy, Kevin Conneff e Paddy Moloney realizaron no grupo trinta e tres gravacións, a parte das realizadas por cada un por separado. O grupo tamén realizou proxectos para revitalizar o folclore irlandés aínda que ultimamente o grupo intentou levar a súa música cara a unha fusión coa música doutros artistas como poden ser The Corrs, Mark Knopfler, Mick Jagger, Sting, Carlos Núñez, Sinéad O'Connor, Kepa Junkera ou Ry Cooder. En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

The Chieftains
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Chieftains-anoriant2008
Paddy Moloney e Matt Molloy nun concerto no 2008.
OrixeDublín, Irlanda Flag of Ireland.svg
Período1962 - actualidade
Xénero(s)Celta, Folk irlandés
Selo(s) discográfico(s)Claddagh Records
MembrosPaddy Moloney, Seán Keane, Kevin Conneff e Matt Molloy
Antigos membrosDerek Bell, Martin Fay, Michael Tubridy, Seán Potts, Peadar Mercier, Ronnie McShane e David Fallon
Páxina webwww.thechieftains.com

Discografía

  • The Chieftains 1 (1963)
  • The Chieftains 2 (1969)
  • The Chieftains 3 (1971)
  • The Chieftains 4 (1973)
  • The Chieftains 5 (1975)
  • The Chieftains 6: Bonaparte's Retreat (1976)
  • The Chieftains 7 (1977)
  • The Chieftains Live! (1977)
  • The Chieftains 8 (1978)
  • The Chieftains 9: Boil the Breakfast Early (1979)
  • The Chieftains 10: Cotton-Eyed Joe (1981)
  • The Year of the French (1982)
  • Concert Orchestra (1982)
  • The Chieftains in China (1985)
  • Ballad of the Irish Horse (1986)
  • Celtic Wedding (1987)
  • In Ireland (1987)
  • Irish Heartbeat (1988; con Van Morrison)
  • The Tailor Of Gloucester (1988)
  • A Chieftains Celebration (1989)
  • Over the Sea To Skye: The Celtic Connection (1990; con James Galway)
  • Bells of Dublin (1991)
  • Another Country (1992)
  • An Irish Evening (1992)
  • The Celtic Harp: A Tribute To Edward Bunting (1993)
  • The Long Black Veil (1995)
  • Film Cuts (1996)
  • Santiago (1996)
  • Long Journey Home (1998)
  • Fire in the Kitchen (1998)
  • Tears of Stone (1999)
  • Water From the Well (2000)
  • The Wide World Over (2002)
  • Down the Old Plank Road: The Nashville Sessions (2002)
  • Further Down the Old Plank Road (2003)
  • The Long Black Veil (2004 Mobile Fidelity Gold CD reissue)
  • Live From Dublin: A Tribute To Derek Bell (2005)
  • The Essential Chieftains (2006)
Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Carlos Núñez

Carlos Núñez Muñoz, nado en Vigo o 16 de xullo de 1971, é un músico galego recoñecido como intérprete de gaita galega, frauta galega, ocarina, frauta irlandesa, whistle e low whistle.

Cristina Pato

Cristina Pato Lorenzo, nada en Ourense o 17 de agosto de 1980, é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Festival Internacional do Mundo Celta

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un festival de música folk tradicional das nacións celtas que en 2018 cumpriu 40 anos. Celébrase cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila costeira de Ortigueira, situada no norte da provincia da Coruña. O evento está declarado festa de interese turístico internacional.

O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, coma Alan Stivell ou The Chieftains, entre moitos outros. Así mesmo, ata a edición do ano 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado Proxecto Runas, na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves. Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.

É o maior festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica (con miles de asistentes en cada edición).

I Know My Love

"I Know My Love" é unha canción tradicional irlandesa, existente dende polo menos 1922. É principalmente coñecida pola versión que fixo o grupo The Chieftains recollida no seu álbum Tears of Stone de 1999. Na elaboración do sinxelo tamén participou o grupo irlandés The Corrs.

A canción foi posteriormente incluída no álbum recompilatorio Dreams: The Ultimate Corrs Collection do 2006.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Matto Congrio

Matto Congrio foi un grupo galego de música instrumental, creado en 1993. Matto Congrio publicou un disco gravado en Dublín (9 temas) e Madrid (2 temas), e contou coa participación de Paddy Moloney (gaiteiro de The Chieftains). Algúns dos compoñentes do grupo van formar posteriormente Berrogüetto.

O grupo estaba formado por:

Carlos Núñez (gaita e frauta de pico)

Santiago Cribeiro (acordeón, piano e teclados)

Anxo Lois Pintos (violín, gaita e saxo soprano)

Diego Bouzón (guitarra española e eléctrica)

Isaac Palacín (batería e percusións)

Pancho Álvarez (baixo, mandolina e guitarra acústica)

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Solfafría

Solfafría é un álbum do grupo tradicional galego Milladoiro, foi gravado no ano 1984 en Dublín, nos Estudios Windmill Lane co técnico Brian Masterson. Consta de 9 temas tradicionais galegos, 1 bretón e 1 de composición propia e contou coa colaboración especial de Paddy Moloney (líder do grupo The Chieftains). Foi o primeiro álbum de Milladoiro gravado en Irlanda.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.