Territorio dependente

Os territorios dependentes son territorios que por diversas razóns non gozan dos privilexios de total independencia ou soberanía e, polo tanto, son gobernados por outros estados, chamados tamén metrópoles. Moitos deles poden ser considerados como colonias.

Os territorios dependentes contan cun sistema administrativo diferente ao da metrópole ou as unidades que conforman a metrópole (por exemplo, provincias e departamentos). Polo xeral gozan de menores dereitos administrativos e políticos que unha subunidade nacional (autonomía ou goberno local). Este tipo de administración varía segundo o nivel de dependencia do territorio. Así existen territorios completamente deshabitados.

A maioría destes estados dependentes corresponden a illas de baixa poboación que non poden soster un goberno autónomo.

Lista de territorios dependentes

Territorio País Superficie Poboación Tipo de dependencia
Flag of Åland.svg Åland Finlandia Finlandia 6.784 km² 26.711 Provincia autónoma
Akrotiri and Dhekelia flag.jpg Akrotiri e Dhekelia Reino Unido Reino Unido 154 km² 14.500 Bases soberanas
Proposed flag of Antarctica (Graham Bartram).svg Antártida ' 14.000.000 km² 1.000 Reclamacións territoriais de sete países, conxeladas en virtude do Tratado Antártico
Flag of Anguilla.svg Anguila Reino Unido Reino Unido 91 km² 12.800 Territorio de ultramar
Flag of the Netherlands Antilles (1986–2010).svg Antillas Neerlandesas Países Baixos Países Baixos 960 km² 212.226 País autónomo
Flag of Aruba.svg Aruba Países Baixos Países Baixos 180 km² 103.000 País autónomo
Flag of Bermuda.svg Bermudas Reino Unido Reino Unido 53 km² 64.482 Territorio de ultramar
Groenlandia Groenlandia Dinamarca Dinamarca 2.166.086 km² 56.375 Territorio autónomo
Guam Guam Estados Unidos de América Estados Unidos 549 km² 163.941 Área organizada non incorporada
Flag of the United States.svg Guantánamo Estados Unidos de América Estados Unidos 116 km² 550 Base militar arrendada a Cuba
Guernsey Guernsey Reino Unido Reino Unido 78 km² 65.031 Dependencia da Coroa
Flag of Hong Kong.svg Hong Kong Flag of the People's Republic of China.svg China 1.092 km² 7.303.334 Rexión administrativa especial
Flag of Norway.svg Illa Bouvet Noruega Noruega 58,5 km² 0 Sen status
Francia Illa Clipperton Flag of France.svg Francia 7 km² 0 Illa non incorporada
Man Illa de Man Reino Unido Reino Unido 572 km² 75.049 Dependencia da Coroa
Flag of Montserrat.svg Illa Montserrat Reino Unido Reino Unido 102 km² 9.341 Territorio de ultramar
Illa de Nadal Illa de Nadal Australia Australia 135´0 km² 1.500 Territorio sen autogoberno
Flag of Norfolk Island.svg Illa Norfolk Australia Australia 34,6 km² 1.828 Territorio externo
Australia Illas Ashmore e Cartier Australia Australia 5,0 km² 0 Territorio sen autogoberno
Flag of the Cayman Islands (3-2).svg Illas Caimán Reino Unido Reino Unido 260 km² 41.934 Territorio de ultramar
Illas Cocos Illas Cocos Australia Australia 14,2 km² 629 Territorio externo
Illas Cook Illas Cook Nova Zelandia Nova Zelandia 240 km² 21.388 Estado asociado
Francia Illas Dispersas Flag of France.svg Francia 80 km² 0 Illa non incorporada
Illas Feroe Illas Feroe Dinamarca Dinamarca 1.399 km² 48.228 Territorio autónomo
Australia Illas Heard e McDonald Australia Australia 412 km² 0 Territorio externo
Flag of the Northern Mariana Islands.svg Illas Marianas do Norte Estados Unidos de América Estados Unidos 477 km² 80.006 Estado Libre Asociado
Flag of the Falkland Islands.svg Illas Malvinas Reino Unido Reino Unido 12.173 km² 2.967 Territorio de ultramarTerritorios reclamados por Arxentina, pero baixo administración británica
Australia Illas do Mar do Coral Australia Australia 3,0 km² 0 Territorio externo
Illas Periféricas Menores dos Estados Unidos Illas Periféricas Menores dos Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 34 km² 0 Reservas naturais non incorporadas
Flag of the Pitcairn Islands.svg Illas Pitcairn Reino Unido Reino Unido 47 km² 46 Territorio de ultramar
Flag of the British Virgin Islands.svg Illas Virxes Británicas Reino Unido Reino Unido 153 km² 22.643 Territorio de ultramar
Flag of the United States Virgin Islands.svg Illas Virxes Estadounidenses Estados Unidos de América Estados Unidos 35 km² 124.778 Área organizada non incorporada
Flag of Norway.svg Jan Mayen Noruega Noruega 373 km² 0 Sen estátus
Flag of Macau.svg Macau Flag of the People's Republic of China.svg China 27,3 km² 451.000 Rexión administrativa especial
Flag of Mayotte (local).svg Mayotte Flag of France.svg Francia 374 km² 193.633 Colectividade de ultramar
Niue Niue Nova Zelandia Nova Zelandia 260 km² 2.166 Estado asociado
Nova Caledonia Nova Caledonia Flag of France.svg Francia 19.060 km² 216.494 País de ultramar
Polinesia Francesa Polinesia Francesa Flag of France.svg Francia 4.167 km² 270.485 Territorio de ultramar
Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico Estados Unidos de América Estados Unidos 9.104 km² 3.916.632 Estado libre asociado
Samoa Americana Samoa Americana Estados Unidos de América Estados Unidos 199 km² 57.881 Área non organizada nin incorporada
Flag of France.svg Saint-Pierre-et-Miquelon Flag of France.svg Francia 242 km² 7.012 Colectividade de ultramar
Flag of Saint Helena.svg Santa Helena Reino Unido Reino Unido 410 km² 7.460 Territorio de ultramar
Flag of Norway.svg Svalbard Noruega Noruega 62.049 km² 2.701 Territorio
Flag of the British Indian Ocean Territory.svg Territorio Británico do Océano Índico Reino Unido Reino Unido 60 km² 3.500 Territorio de ultramar
Flag of the French Southern and Antarctic Lands.svg Territorios Austrais Franceses Flag of France.svg Francia 7.829 km² 0 Territorio de ultramar
Flag of Tokelau.svg Tokelau Nova Zelandia Nova Zelandia 10 km² 1.405 Territorio asociado
Flag of the Turks and Caicos Islands.svg Turks e Caicos Reino Unido Reino Unido 430 km² 20.556 Territorio de ultramar
Wallis e Futuna Wallis e Futuna Flag of France.svg Francia 274 km² 16.025 Territorio de ultramar
Flag of South Georgia and the South Sandwich Islands.svg Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur Reino Unido Reino Unido 3.093 km² 0 Territorio de ultramar, territorios reclamados por Arxentina, pero baixo administración británica
Xersei Illa de Jersey Reino Unido Reino Unido 116 km² 90.812 Dependencia da Coroa
Xibraltar Xibraltar Reino Unido Reino Unido 6,5 km² 27.776 Territorio de ultramar
Atol Palmyra

Palmyra é un atol deshabitado, de 12 km² de área, na parte central do Océano Pacífico. É unha das Espóradas Ecuatoriais (ao sueste do Arrecife Kingman e ao norte de Kiribati), localizado case directamente ao sur das illas Hawaianas, aproximadamente na metade do percorrido entre Hawai e Samoa. Os seus 14,5 km de costa teñen un fondeadoiro coñecido como West Lagoon (Lagoa Occidental). O atol consiste nun extenso arrecife de coral, dúas lagoas, e uns cincuenta illotes de area, rochas, arrecifes e barreiras cubertos pola vexetación, composta por cocos, Scaevolas, e altas Pisonias.

Fóra das illas Sand, ao oeste, e Varren, ao leste, a maioría delas están conectadas entre si. A maior das illas é a illa Cooper, que está ao norte, seguida pola illa Kaula, situada ao sur. O arco de illotes máis setentrional está formado polas illas Strawn, Cooper, Aviation, Quail, e Whippoorwill, acompañados ao leste polas illas Eastern, Papala e Pelican, e ao sur polas illas Bird, Holei, Engineer, Marine, Kaula, Paradise e Home (sentido horario).

Palmyra é un territorio dependente dos Estados Unidos, o que significa que está suxeito a todas as normas contidas na Constitución estadounidense e está permanentemente baixo a súa soberanía. Tamén é un territorio desorganizado, xa que non hai ningúnha disposición do Congreso que especifique como debería ser gobernado. A única lei relevante simplemente dá ao Presidente a decisión de administrar a illa como el queira . Non hai poboación indíxena nin razón ningunha para pensar que a haberá nun futuro. É polo tanto, actualmente, o único territorio estadounidense desorganizado e incorporado. A súa enteira propiedade está reservada á The Nature Conservancy, que trata o atol como unha reserva natural, sendo administrado dende Washington, DC pola Office of Insular Affairs, da United States Department of the Interior. As augas que o rodean, ata o límite de 12 millas, foron transferidas á United States Fish and Wildlife Service, e designadas como Palmyra Atoll National Wildlife Refuge en 2001. A defensa é responsabilidade de Estados Unidos.

A día de hoxe, non hai ningunha actividade económica nas illas. Construíronse moitas estradas e calzadas durante a Segunda Guerra Mundial, pero están nun estado deplorable e cubertas pola vexetación. Tamén hai unha pista de aviación de aproximadamente 2 km na illa, sen pavimentación e que necesita melloras.

Bandeira de Tokelau

A bandeira de Tokelau foi adoptada polo parlamento local de dito territorio dependente de Nova Zelandia en maio de 2008. Ata esa data, a bandeira oficial correspondía á bandeira de Nova Zelandia.

A bandeira de Tokelau está composta por un fondo azul mariño sobre o que hai un triángulo curvado de cor amarela con catro estrelas formando a Cruz do Sur no cantón. O fondo representa o Océano Pacífico mentres que as estrelas son unha referencia a Nova Zelandia e ós tres atois que forman Tokelau (Atafu, Nukunono e Fakaofo) e a illa Swains, reclamada por Tokelau pero baixo administración actual dos Estados Unidos de América (a través da Samoa Americana).

En 1989 foi deseñada unha bandeira de carácter non oficial destinada a representar a Tokelau. Esta bandeira consiste nun pano de cor azul no que figuran tres aneis concéntricos dourados. Estes aneis aparecen cortados na súa parte esquerda e dereita. No corte dos aneis que está situado máis preto do mastro hai tres estrelas brancas de cinco puntas cada unha e no que está máis afastado, unha palmeira de cor verde. As estrelas e os aneis representan de igual forma ós atois do arquipélago, aínda que non inclúen a Swains.

Diocese de Dumio

A Diocese de Dumio foi unha antiga diocese do reino de Galicia, sita no norte de Portugal, sendo actualmente unha sé titular.

Dominio de primeiro nivel xeográfico

Un dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) é un dominio de Internet usado e reservado para un país ou territorio dependente.

Existen uns 243 ccTLD, cunha lonxitude de dous ou tres caracteres, a maioría ó estándar de código de países ISO 3166-1. Cada país designa xestores para seus ccTLT, por exemplo Cataluña (.cat), Italia (.it) ou Alemaña (.de).

Edgeøya

Edgeøxa (ás veces anglicizada como illa Edge) é unha illa deshabitada do arquipélago das illas Svalbard, localizada ao leste de Spitsbergen e ao sur da illa de Barents. Administrativamente, pertence a Svalbard, un territorio dependente de Noruega.

Edimburgo dos Sete Mares

Edimburgo dos Sete Mares (ou sinxelamente Edimburgo, en inglés: Edinburgh of the Seven Seas) é o principal asentamento e capital da illa Tristan da Cunha, un territorio dependente de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha e, por conseguinte, do Reino Unido. Os habitantes da illa denomínana como "The Settlement" ("O Asentamento") ou "The Village".Tamén é coñecido por ser considerado polo Libro Guinness dos Récords como o asentamento humano estable máis remoto do planeta, xa que o máis achegado fica na illa Santa Helena, a 2.173 km ó norte.

Escudo de Groenlandia

O escudo de Groenlandia é un dos símbolos oficiais de Groenlandia, un territorio dependente de Dinamarca.

Estado asociado

Un estado asociado é o socio menor nunha relación formal e libre entre un territorio político cun grao de estado e unha nación (normalmente maior), para o cal non se adopta ningún outro termo específico, tal como protectorado. Os detalles desta asociación gratuíta están recollidos na resolución 1541 (XV) Principio VI, un Tratado de Libre Asociación ou Acto de estado asociado e son específicos para os países implicados. No caso das Illas Cook e Niue, os detalles do seu acordo de libre asociación están recollidos en varios documentos, como as súas respectivas constitucións, o intercambio de cartas de 1983 entre os gobernos de Nova Zelandia e as Illas Cook, e a Declaración Centenaria Común de 2001. Os estados libre asociados poden ser descritos como independentes ou non, pero a asociación libre non é unha cualificación da condición ou status dunha entidade como un suxeito ao dereito internacional.

Informalmente pode considerarse máis amplamente: desde unha forma post-colonial de protección amiga, protectorado, a unha confederación de membros desiguais cando o(s) socio(s) menor(es) delega no principal (moitas veces a ex-potencia colonial) algún poder normalmente exclusivo dun estado soberano, xeralmente en campos como a defensa e as relacións exteriores, mentres que a miúdo gozan de condicións económicas favorables como o acceso ao mercado.

Segundo algúns estudiosos, unha forma de asociación baseada na protección e delegación de soberanía benigna pódese ver como unha característica definitoria dos microestados.Unha federación, é un tipo de goberno onde polo menos unha das subunidades dun estado unitario goza de autonomía como unha subunidade dentro dunha federación, é semellante a un estado asociado, con tal subunidade(s) cunha considerable independencia n cuestións internas, agás asuntos exteriores e defensa. Non obstante, en termos de dereito internacional [Cómpre referencia] é unha situación completamente diferente porque as subunidades non son entidades internacionais independentes e non teñen ningún dereito potencial á independencia.

Exarcado de Cartago

O exarcado de Cartago era un territorio dependente do Imperio Bizantino e correspondente ás antigas provincias de África e de Numidia, e as illas de Córsega e de Sardeña (judicats de Sardeña).

A súa creación, como a do exarcado de Rávena, pretende protexer unha provincia xeograficamente excéntrica das presións exteriores ao concentrar os poderes civís e militares nas mans do exarca (representante plenipotenciario do emperador).

O exarcado desaparece coa conquista árabe.

Illa Jarvis

Jarvis é unha illa deshabitada de 4,5 km² localizada a 0°22' a Sur e 160°03' a Oeste, no sur do Océano Pacífico, aproximadamente na metade do camiño entre o Hawai e as Illas Cook. É un territorio dependente dos Estados Unidos, administrado de Washington pola United States Fish and Wildlife Service, que é parte da United States Department of the Interior, controlada polo sistema da National Wildlife Refuge.

A illa foi descuberta en 21 de agosto de 1821 polo navío británico Eliza Francis, e foi nomeada polo seu comandante, Capitán Brown. Ela foi anexada polos Estados Unidos en 1858, mais abandonada en 1879 despois que toneladas de guano foran xa quitadas. A Gran Bretaña anexou a illa en 1889, mais nunca realizou planos de exploración. Os depósitos de guano foron minerados ata o final do século XIX. Os EUA ocuparon e reclamaron a illa en 1935.

O poboado de Millersville, na parte oeste da illa, foi utilizado como unha estación meteorolóxica de 1935 ata o inicio da Segunda Guerra Mundial, cando foi entón abandonado; só foi reocupado en 1957 por científicos, durante o Ano Internacional da Xeofísica, porén novamente abandonado en 1958.

A visita pública á Illa Jarvis require unha licenza especial da U.S. Fish and Wildlife Service, e é xeralmente restrinxido a científicos e educadores. A illa é visitada anualmente pola U.S. Fish and Wildlife Service e pola Garda Costeira Americana.

Non hai portos nin peiraos na illa, mais hai puntos de ancoradoiro próximos á costa. Só hai área de desembarque de barcos no medio da costa oeste e outro preto da parte suroeste da illa. Un faro diúrno érguese no medio da costa oeste.

O clima é tropical, con escasas choivas, ventos constantes e sol forte. Variando do nivel do mar a 7 metros de altura, o terreo é areoso, e a illa de corais é circundada por unha estreita orla de arrecifes. O os seus pequenos gramados, as súas viñas, e os seus arbustos son, principalmente, un hábitat para aniñaren e alimentárense paxaros mariños, costeiros, e a vida mariña. Non hai auga mineral na illa.

Illa do Oso

A illa do Oso (en noruegués Bjørnøya), é unha pequena illa habitada do arquipélago noruegués das illas Svalbard, no mar de Barents. Administrativamente pertence a Svalbard, un territorio dependente de Noruega.

Foi descuberta por Willem Barents e Jacob van Heemskerk o 10 de xuño de 1596. Debe o seu nome a un oso polar que foi visto nadando cerca. A illa era considerada terra nullius até que o tratado de Svalbard de 1920 púxoa baixo soberanía norueguesa.

A pesar da sú remota situación e a súa natureza estéril, a illa foi testigo de actividades comerciais durante séculos, tales como minaría de carbón, pesca e caza de baleas. Porén, os asentamentos non duraron máis que uns poucos anos, e hoxe está habitada unicamente polo persoal que traballa na estación meteorolóxica Herwighamna, 9 persoas.

No 2002, e xunto ás suás augas adxacentes, foi declarada reserva natural.

Illas Ashmore e Cartier

As illas Ashmore e Cartier son un territorio dependente de Australia (Territory of Ashmore and Cartier Islands), formado por dous grupos de pequenas illas tropicais deshabitadas, localizadas no Océano Índico, a 320 km ao noroeste de Australia e a 170 km ao sur da illa indonesia de Roti. O grupo fórmano o arrefice de Ashmore (formado polos illotes de West, Middle e East) e a illa de Cartier, que forman parte do Territorio do Norte australiano.

Illas Feroe

As Illas Feroe (en feroés: Føroyar, en dinamarqués: Færøerne, literalmente illas das ovellas) é un arquipélago situado no Atlántico Norte entre Escocia e Islandia e que constitúe un territorio dependente do Reino de Dinamarca, xunto con Groenlandia, posuíndo dende 1948 un goberno autónomo para case tódolos asuntos exceptuando a defensa e as relacións exteriores. Ademais a bandeira das Illas Feroe (Merkið) así como a súa condición de nación foron recoñecidas polo Estado Dinamarqués o 29 de marzo de 2005.

Tradicionalmente ligadas con Islandia, Shetland, Órcadas e as Hébridas Exteriores, o país está politicamente asociado a Dinamarca dende 1380, cando Noruega entrou na Unión de Kalmar, o que foi supoñendo un control gradual das illas por parte dos dinamarqueses, mais esta asociación cesou en 1814. As illas son un membro asociado ao Consello Nórdico e, a diferenza de Dinamarca, non pertencen á Unión Europea.

Illas Virxes

As Illas Virxes conforman un arquipélago no mar Caribe, ao leste da illa de Porto Rico. As illas están divididas en dúas zonas de soberanía:

As Illas Virxes Británicas (British Virgin Islands, en inglés) que son un territorio dependente do Reino Unido organizado coma un Territorio Británico de Ultramar

As Illas Virxes Estadounidenses (United States Virgin Islands en inglés) que son un territorio dependente dos Estados Unidos de América organizado como un "Territorio non incorporado".

Lista de illas por superficie

Esta é unha lista de illas no mundo ordenadas por superficie. Inclúe todas as illas cunha superficie de máis de 1.000 km². Por comparación, amósanse tamén os continentes da Terra. Aínda que unha illa é, en xeral, calquera masa de terra que estea completamente rodeada de auga, normalmente adóitase excluír as masas de terra o suficientemente grandes como para ser consideradas continentes. Ao clasificar Australia como continente, aínda cando hai argumentos sobre se tecnicamente é un continente ou sinxelamente parte dun continente maior chamado Australasia, Groenlandia nesta listaxe é considerada a maior illa do mundo.

Porto Rico

O Estado Libre Asociado de Porto Rico é un grupo de illas na parte oriental do Mar Caribe, territorio non incorporado dos Estados Unidos desde o ano 1898. No 1952 conformouse o "Estado Libre Asociado de Porto Rico", traducido oficialmente ao inglés como Commonwealth of Porto Rico. É de interese o feito de que o tipo de goberno en Porto Rico non é unha "mancomunidade", posto que o E.L.A. é unha fórmula de autonomía política de natureza limitada, territorial e sen a soberanía dun país independente. Véxase como referencia Mancomunidade Británica de Nacións e Commonwealth

O arquipélago está formado pola illa de Porto Rico (a menor das Grandes Antillas ou Antillas Maiores) e varias illas, illotes e caios, entre os que se atopan as illas de Vieques, Culebra e a Mona, esta última unha reserva natural deshabitada. A illa maior de Porto Rico, con 9.100 km², ocupa o lugar número 82 entre as illas do mundo por tamaño, sendo pouco menor que Chipre e maior que Córsega e Chiloé, así como o número 169 entre os países e territorios do mundo por tamaño.

Porto Rico, localizado ao leste de República Dominicana e ao oeste das Antillas Menores, está comprendido entre os 17º 50´ e 18º 30´ de latitude norte e os 65º 30´ e 65º 15´ de lonxitude oeste do Meridiano de Greenwich onde se funden o Atlántico e o Mar Caribe, ao leste co Canle de Vieques que a separa das Illas Virxes Estadounidenses e ao oeste coa illa de Mona, na canle do mesmo nome que a separa da República Dominicana. O Estado Libre Asociado está dividido en setenta e oito municipios, tendo como capital a cidade de San Xoán.

Turks e Caicos

As Illas Turks e Caicos (en inglés: Turks and Caicos Islands; e abreviado TCI; /tɜːrks/ e /ˈkeɪkəs, -koʊs, -kɒs/) son un territorio de ultramar dependente do Reino Unido e están situadas ao norte da illa A Española, onde se atopan Haití e a República Dominicana, en augas do océano Atlántico.

Consisten na gran illa de Caicos Central e as pequenas Illas Turks ou Turcas, dous grupos de illas tropicais no Arquipélago das Lucayas no Océano Atlántico e ao norte das Indias occidentais. Son coñecidas principalmente polo turismo e como un centro financeiro extraterritorial. A poboación residente era de 31.458 en 2012 dos que 23.769 viven en Providenciales nas Illas Caicos. As estimacións de xullo de 2018 sitúan a poboación en 53.700. É o terceiro maior dos territorios británicos no exterior por poboación.

Water Island

Water Island (galego:Illa da auga) é a cuarta e máis recentemente adquirida das Illas Virxes dos Estados Unidos, co status de Territorio Dependente dos Estados Unidos. Atópase situada no mar Caribe. Esta illa é de orixe volcánico e atópase a 1 km ao sur da illa de San Tomé. Está comunicada con San Tomé mediante un servizo de transbordador que parte de forma regular desde Crown Bay, San Tomé a Phillips Landing, Water Island; o percorrido en transbordador dura uns 10 minutos.

Cuns 2 km cadrados de extensión, Water Island é a máis pequena das Illas Virxes dos Estados Unidos. Administrativamente forma parte do subdistrito de San Tomé. Trátase dunha illa residencial, cunha poboación de 182 habitantes (censo do ano 2010), e ningún establecemento comercial significativo. Varias das casas de Water Island foron acomodadas para turistas e visitantes. As principais atraccións da illa son as praias, especialmente Honeymoon Beach (Praia da Lúa de Mel), as antigas plantacións e Fort Segarra, un forte subterráneo parcialmente construído polos Estados Unidos durante a Segunda Guerra Mundial. O extremo norte da illa é unha comunidade privada, Sprat Bay Estates, estendida ata a praia de Sprat Bay. Todas as praias son de uso público.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.