Territorio Británico de Ultramar

Os catorce Territorios Británicos de Ultramar (British Overseas Territory (BOT), en inglés) son territorios baixo a xurisdicción e soberanía do Reino Unido. Con todo, estas colonias non forman parte do Reino Unido, como é o caso de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.[1][2] Son aquelas partes do antigo Imperio Británico que non optaron pola independencia ou votaron para seguir sendo territorios británicos. A maior parte dos territorios habitados son internamente autónomos, o Reino Unido mantén a responsabilidade da defensa e as relacións exteriores. O resto están deshabitados ou teñen unha poboación transitoria de persoal militar ou científicos. Comparten a monarca británica (Isabel II) como xefe de Estado.

O término "territorio británico de ultramar" foi presentado pola Lei de territorios británicos de ultramar de 2002, substituíndo o término dependencia británica, introducido pola Lei de nacionalidade británica de 1981. Antes do 1 de xaneiro de 1983, os territorios chamábanse oficialmente Colonias da Coroa Británica. Séguese utilizando o título de Colonia da Coroa para as Illas Malvinas e o Territorio Antártico Británico. Coa excepción do Territorio Antártico Británico e Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur (que hospedan só a funcionarios e persoal da estación de investigación) e o Territorio Británico do Océano Índico (utilizado como base militar ), os territorios manteñen poboacións civís permanentes. A residencia permanente dos case 7.000 civís que viven nas zonas de soberanía de Akrotiri e Dhekelia limítase aos cidadáns da República de Chipre.

En conxunto, os territorios abarcan unha poboación de ao redor de 250.000 persoas e unha superficie duns 1.727.570 km². A gran maioría distos, 1.700.000 km², constitúen o Territorio Antártico Británico.[3][4] O Reino Unido participa no Tratado Antártico[5] e, como parte dun acordo mutuo, o territorio Antártico británico é recoñecido por catro das outras nacións soberanas que fan demandas do territorio antártico.

British Overseas
     Territorios británicos de ultramar.     Reino Unido.     Dependencias da Coroa.

Historia e características

Aínda que as dependencias da Coroa de Jersey, Guernsey e a Illa de Man tamén están baixo a soberanía da monarquía británica, están nunha relación constitucional diferente co Reino Unido.[6][7] Os territorios británicos de ultramar e as dependencias da Coroa son en se mesmos distintos dos Reinos da Commonwealth, un grupo de 15 países independentes (e o Reino Unido), que teñen á raíña Isabel II como a súa monarca reinante, e distintos da Commonwealth, unha asociación voluntaria de 53 países na súa maioría con vínculos históricos co Imperio británico (que tamén inclúe todos os reinos da Commonwealth).

A súa Maxestade a Raíña Isabel II é raíña destes territorios, como raíña do Reino Unido, a diferenza dos reinos da Commonwealth onde é raíña deses mesmos países (exm. Raíña de Canadá, Raíña de Australia...)

Hoxe en día os territorios dependentes non son administrados directamente polo Reino Unido senón que teñen o seu propio goberno que as administra, e o Reino Unido encárgase da súa protección, das relacións exteriores e asuntos de negocios.

O Parlamento Británico non ten representación destes territorios e foron rexeitadas propostas para incluílos como parte do Reino Unido.

O actual ministro responsable dos territorios é Alok Sharma MP, do Ministerio de Asuntos Exteriores. Gibraltar e a zonas de soberanía, con todo, son responsabilidade do Ministro de Europa, David Lidington MP, mentres que as Illas Malvinas son responsabilidade de Alan Duncan MP, tamén do Ministerio de Asuntos Exteriores.[8][9][10]

Cada territorio ten un gobernador elixido polo monarca do Reino Unido, que traballa como representante do «Goberno da súa Maxestade». Os gobernadores encárganse e teñen o poder da seguridade no territorio e da representación entre o territorio e o Goberno Británico; tamén disolven a lexislatura e actúan para facer cumprir as leis, dependendo do nivel de poder adoitan ser máis simbólicos ou teñen maior relevancia. Todos os gobernadores adoitan proceder do Reino Unido.

Os catorce territorios británico de ultramar son:[11]

Bandeira Escudo Nome Localización Lema Area Poboación Capital
Flag of the United Kingdom
Royal Coat of Arms of the United Kingdom.svg
Akrotiri e Dhekelia (Akrotiri and Dhekelia) Chipre, Mar Mediterráneo 255 km²[12] 7.700 (chipriotas)
8.000 non-permanente (personal militar do Reino Unido e as súas familias)
Episkopi Cantonment
Flag of Anguilla
Coat of arms of Anguilla.svg
Anguilla Caribe, Océano Atlántico Norte Strength and Endurance 91 km²[13] 13.500[14] The Valley
Flag of Bermuda
Coat of arms of Bermuda.svg
Bermudas (Bermuda) Océano Atlántico Norte Quo fata ferunt (Latín: "Whither the Fates carry [us]") 54 km²[15] 64.000 (2007 estimada)[16] Hamilton
Flag of the British Antarctic Territory
Coat of arms of the British Antarctic Territory.svg
Territorio Antártico Británico (British Antarctic Territory). Antártida Research and discovery 1.709.400 km²[13] 0
50 non-permanente no inverno, sobre 400 no verano (personal científico)[17]
Rothera (base principal)
Flag of the British Indian Ocean Territory
Coat of arms of the British Indian Ocean Territory.svg
Territorio Británico do Océano Índico (British Indian Ocean territory) Océano Índico In tutela nostra Limuria (Latín: "Limuria is in our charge") 46 km²[18] 0
3.000 non-permanente (personal militar e contratado do Reino Unico e dos EEUU)[19]
Diego García (base)
Flag of the British Virgin Islands
Coat of arms of the British Virgin Islands.svg
Illas Virxes Británicas (British Virgin Islands) Caribe, Océano Atlántico Norte Vigilate (Latín: "Be watchful") 153 km²[20] 27.000 (2005 estimada)[20] Road Town
Flag of the Cayman Islands (3-2) Illas Caimán (Cayman Islands) Caribe, Océano Atlántico Norte He hath founded it upon the seas 264 km²[21] 54.878 [21] George Town
Flag of the Falkland Islands
Coat of arms of the Falkland Islands.svg
Illas Malvinas (Falkland Islands) Océano Atlántico Sur Desire the right 12.173 km²[15] 2.955 (censo 2006)[22] Stanley
Flag of Gibraltar
Coat of arms of Gibraltar1.svg
Xibraltar Península Ibérica, Europa Nulli expugnabilis hosti (Latín: "No enemy shall expel us") 6´5 km²[23] 28.800 (2005)[24] Xibraltar
Flag of Montserrat
Coat of arms of Montserrat.svg
Montserrat Caribe, Océano Atlántico Norte A people of excellence, moulded by nature, nurtured by God 101 km²[25] 4.655 (2006 estimate)[25] Plymouth (abandonada pola erupción do volcán, de facto a capital é Brades)
Flag of the Pitcairn Islands
Coat of arms of the Pitcairn Islands.svg
Illas Pitcairn (Pitcairn Islands) Océano Pacífico 43 km²
(all islands)[26]
56 (2013) Adamstown
Flag of Saint Helena
Coat of arms of Saint Helena.svg
Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha (Saint Helena, Ascension and Tristan da Cunha). Océano Atlántico Sur Loyal and Unshakeable (Santa Helena) 420 km² 4.255 (Santa Helena; censo 2008)[27] Jamestown
Flag of Ascension Island
Coat of Arms of Ascension Island.svg
880 (Ascension; estimada)[28]
1.000 non-permanente (Ascension; personal militar do Reino Unido)[28]
Flag of Tristan da Cunha
Coat of arms of Tristan da Cunha.svg
Our faith is our strength (Tristan da Cunha) 300 (Tristan da Cunha; estimada)[28]
9 non-permanente (Tristan da Cunha; personal meteorolóxico)
5.530 (total; estimado)
Flag of South Georgia and the South Sandwich Islands
Coat of arms of South Georgia and the South Sandwich Islands.svg
Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur (South Georgia and South Sandwich Islands) Océano Atlántico Sur Leo terram propriam protegat (Latín: "Let the lion protect his own land") 4066 km²[29] 0
99 non-permanente (Personal oficial e científico)[30]
King Edward Point
Flag of the Turks and Caicos Islands
Coat of arms of the Turks and Caicos Islands.svg
Turks e Caicos (Turks and Caicos Islands) Lucayan Archipelago, Océano Atlántico Norte "Beautiful by nature, clean by choice" 430 km²[31] 32.000 (censo 2006 estimado)[31] Cockburn Town
Total 1.727.570 km² c. 250.000

Os territorios das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e as Illas Malvinas están reclamdos por Arxentina, o Territorio Antártico Británico por Arxentina e Chile, Xibraltar por España e o Territorio Británico do Océano Índico por Mauricio e Seychelles.

Galería de imaxes

City Hall in Hamilton, Bermuda

Casa do Concello, Hamilton, Bermudas

Aerial photo Port Stanley

Stanley, Illas Malvinas

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. "Supporting the Overseas Territories". UK Government. Consultado o 8 November 2014. Hai 14 territorios de ultramar, que manteñen unha relación constitucional co Reino Unido. .... A maioría dos territorios son en gran parte autónomos, cada un coa súa propia constitución e o seu propio goberno, que aproba as leis locais. Malia que a relación ten as súas raíces en catro séculos de historia compartida, a relación do goberno do Reino Unido cos seus territorios a día de hoxe é moderna, baseada nos beneficios e responsabilidades mutuas. As bases desta relación son de asociación, valores compartidos e o dereito dos habitantes de cada territorio para elixir libremente se siguen sendo un territorio británico de ultramar ou de buscar unha alternativa de futuro.
  2. "What is the British Constitution: The Primary Structures of the British State". The Constitution Society. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 15 November 2014. O Reino Unido tamén xestiona unha serie de territorios que, mentres que na súa maioría teñen as súas propias formas de goberno, teñen a Raíña como o seu xefe de Estado, e baséanse no Reino Unido para a defensa e a seguridade, Asuntos exteriores e de representación a nivel internacional. Non forman parte do Reino Unido, pero teñen unha relación constitucional ambigua co Reino Unido.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2013. Consultado o 08 de agosto de 2016.
  4. "CIA – The World Factbook 2002 – South Georgia and the South Sandwich Islands". Faqs.org. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  5. "CIA – The World Factbook". Cia.gov. Consultado o 28 de abril de 2013.
  6. "States of Guernsey: About Guernsey". Gov.gg. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  7. "Government – Isle of Man Public Services". Gov.im. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  8. "New O.T. Minister for Cayman". Cayman 27. 6 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 28 de abril de 2013.
  9. "UPDATE: Foreign Office reveals Boston MP’s responsibilities after reshuffle appointment – Local". Boston Standard. 6 September 2012. Consultado o 28 de abril de 2013.
  10. "Falklands and Latin America affairs responsibility of Minister of State Hugo Swire – MercoPress". En.mercopress.com. Consultado o 28 de abril de 2013.
  11. "[ARCHIVED CONTENT] UK Overseas Territories Foreign & Commonwealth Office". Collections.europarchive.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 8 December 2010.
  12. "SBA Cyprus". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  13. 13,0 13,1 "British Antarctic Territory". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  14. "Commonwealth Secretariat – Anguilla". Thecommonwealth.org. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  15. 15,0 15,1 "UNdata | record view | Surface area in km2". United Nations. 4 de novembro de 2009. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  16. "Bermuda". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  17. "Commonwealth Secretariat – British Antarctic Territory". Thecommonwealth.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  18. "British Indian Ocean Territory". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  19. "Commonwealth Secretariat – British Indian Ocean Territory". Thecommonwealth.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  20. 20,0 20,1 "British Virgin Islands (BVI)". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  21. 21,0 21,1 "The World Factbook: Cayman Islands". CIA. Consultado o 10 de decembro de 2011.
  22. "Commonwealth Secretariat – Falkland Islands". Thecommonwealth.org. 14 de xuño de 1982. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  23. "Gibraltar". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  24. "Commonwealth Secretariat – Gibraltar". Thecommonwealth.org. 7 de novembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  25. 25,0 25,1 "Montserrat". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  26. "Pitcairn Island". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  27. "UN Statistics – St Helena census 2008" (PDF). United Nations. Consultado o 4 de xaneiro de 2011.
  28. 28,0 28,1 28,2 "St Helena, Ascension, Tristan da Cunha profiles". BBC. 16 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016.
  29. Vital Statistics – SOUTH GEORGIA AND THE SOUTH SANDWICH ISLANDS. 22 de xaneiro de 1993. CIA WORLD FACTBOOK 1992 via the Libraries of the Univ. of Missouri-St. Louis.
  30. "Population of Grytviken, South Georgia and the South Sandwich Islands". Population.mongabay.com. 31 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 8 de decembro de 2010.
  31. 31,0 31,1 "Turks and Caicos Islands". Jncc.gov.uk. 1 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2010. Consultado o 8 de decembro de 2010.
.ac

.ac é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para a Illa Ascensión, un Territorio Británico de Ultramar.

.ms

.ms é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Montserrat, un Territorio Británico de Ultramar.

Aeroporto L.F. Wade

O aeroporto internacional L.F. Wade (IATA: BDA, OACI: TXKF), anteriormente chamado aeroporto internacional de Bermuda, é o único aeroporto que serve ao territorio británico de ultramar das Bermudas, no océano Atlántico. Está situado na parroquia de St. George's e atópase a 11 quilómetro ao nordés da cidade de Hamilton, a capital do arquipélago. Ten unha terminal de pasaxeiros, unha de carga, oito postos de estacionamento de aviñons e pode operar todos os tamaños de aparellos, incluído un Airbus A380. A día de hoxe sete aeroliñas operan servizos regulares ás Bermudas, voando a destinos en Canadá, Reino Unido e Estados Unidos.

Baía de Alxeciras

A Baía de Alxeciras é unha baía situada no sur da península Ibérica, no estreito de Xibraltar, pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a Rocha de Xibraltar. Ten uns 10 km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7500 hectáreas, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.

As súas ribeiras pertencen, de oeste a leste e en sentido horario, aos municipios de Alxeciras, Los Barrios, San Roque e La Línea de la Concepción (na provincia española de Cádiz), e ao Territorio Británico de Ultramar de Xibraltar.

Nas súas beiras atópanse dous activos portos, o de Xibraltar e o de Alxeciras (o cal, co nome de Baía de Alxeciras, ocupa a práctica totalidade da ribeira española).

Dous faros sinalizan a entrada á baía, o de Punta de Europa, en Xibraltar, ao leste, e o de Punta Carnero, na costa alxecireña, ao oeste.

Bermudas

As illas Bermudas (en inglés: Bermuda) son un arquipélago de América do Norte no océano Atlántico que forman parte do Territorio Británico de Ultramar.

A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra das Bermudas en paridade co dólar americano. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.

Caribe (rexión)

O Caribe refírese ao grupo de illas e estados insulares no mar Caribe, tamén chamados de Antillas ou Indias Occidentais, nome orixinado pola crenza inicial de que o continente americano fose na verdade a India.

O Caribe está localizado na súa propia placa tectónica - a Placa caribeña, que abrangue tamén a parte sur da América Central. Na fronteira desta placa coa Placa suramericana, ao leste, xunta do océano Atlántico, existe unha zona de subdución volcanicamente activa, que orixinou as Pequenas Antillas.

Episkopi Cantonment

Episkopí é a capital de Akrotiri e Dhekelia, un Territorio Británico de Ultramar na illa de Chipre, administrado como unha zona de soberanía. Atópase no centro da zona de soberanía oeste, unha das dúas áreas que comprenden o territorio. Atópase en 34°40′N 32°51′L. Aínda que non é a máis grande das bases militares do británicas na illa, é a base da sé da administración civil e militar das zonas de soberanía.

Gobernador das Illas Malvinas

O gobernador do Territorio Británico de Ultramar das Illas Malvinas é o representante da Coroa británica nas Illas Malvinas, actuando "en nome da súa Maxestade", como xefe do Estado de facto na ausencia da monarca británica. O papel e as facultades de devandito gobernador descríbense no capítulo II da Constitución das Illas Malvinas.

Gran Turca

A Illa Gran Turca (Grand Turk Island) é a principal illa do territorio británico de ultramar das illas Turks e Caicos, correspondente ao arquipélago de Illas Turcas (que debe ser distinguido do arquipélago das Illas Caicos). Na illa atópase a capital do territorio, Cockburn Town e ten a segunda poboación en importancia con 3.720 habitantes.

A Illa Gran Turca tivo a atención internacional en 1962 cando a cápsula Friendship 7 do Proxecto Mercury de John Glenn amarizóu preto da illa. Unha réplica da cápsula atópase exposta no aeroporto.

O nome provén dunha especie de cacto da illa, que ten un tope distintivo, que recorda o gorro turco chamado fez.

A illa foi indicada como a verdadeira Guanahani, a primeira illa americana á que chegase Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492

Hamilton, Bermudas

Hamilton é a capital do territorio británico de ultramar das Bermudas. É o centro financeiro e un dos portos principais e destino turístico.

Illa Scrub

A illa Scrub (en español antigamente Isla Anguilita) é a segunda illa en tamaño do arquipélago de Anguila, no Mar Caribe, localizado concretamente ao noroeste da illa de Anguila, un territorio británico de ultramar no Caribe. Posúe unha superficie de 7.8 km² e atópase deshabitada.

Pódese chegar facilmente en barco. De propiedade privada, aínda existen os restos dun campo de aviación. Hai varias casas abandonadas na illa, principalmente debido aos danos causados polos furacáns. Non hai electricidade nin auga corrente.

Illas Virxes

As Illas Virxes conforman un arquipélago no mar Caribe, ao leste da illa de Porto Rico. As illas están divididas en dúas zonas de soberanía:

As Illas Virxes Británicas (British Virgin Islands, en inglés) que son un territorio dependente do Reino Unido organizado coma un Territorio Británico de Ultramar

As Illas Virxes Estadounidenses (United States Virgin Islands en inglés) que son un territorio dependente dos Estados Unidos de América organizado como un "Territorio non incorporado".

Illas Virxes Británicas

As Illas Virxes Británicas (IVB) oficialmente simplemente as Illas Virxes son un Territorio Británico de Ultramar do Reino Unido no Caribe, que corresponde á metade oriental das Illas Virxes (as maiores son Tórtola, Virgin Gorda e Anegada). Ten fronteira marítima ao oeste coas Illas Virxes Americanas. Ao leste a Pasaxe Anegada sepáraas doutro territorio británico, Anguila. A súa capital é Road Town.

Jamestown, Santa Helena

Jamestown é a capital e a única cidade de Santa Helena. Ten unha poboación de arredor de 800 persoas.

Lista de países

Esta é unha lista alfabética de países do mundo.

Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas.

A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados. A columna "situación" indica estados cuxa soberanía é indiscutible (191 estados) e estados cuxa soberanía se disputa (15 estados, dos cales hai 5 estados membros, 1 estado observador e 9 estados máis).

A compilación dunha lista como esta pode ser un proceso difícil e controvertido, xa que non hai ningunha definición que sexa vinculante para todos os membros da comunidade de nacións respecto dos criterios para estado soberano. A lista ten como obxectivo incluír as entidades que foron recoñecidas como "estado de de facto" como estados soberanos, e a inclusión non debe ser vista como un endoso de calquera reclamación específica de estado en termos xurídicos.

Montserrat

O topónimo catalán Montserrat (mont, "monte", e serrat, "serrado") pode referirse a:

Montaña de Montserrat, en Cataluña;

Illa Montserrat, Territorio Británico de Ultramar no mar Caribe;

Montserrat, concello da provincia de Valencia;

Monistrol de Montserrat, concello da provincia de Barcelona;

Olesa de Montserrat, concello da provincia de Barcelona;Amais como antropónimo feminino pode referirse a:

Montserrat, nome de orixe catalá;

Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha

Santa Elena, Ascensión e Tristán da Cunha. (en inglés, Saint Helena, Ascension and Tristan da Cunha) é un territorio británico de ultramar, composto por diversas illas situadas no Atlántico sur, entre África e Sudamérica.

Os principais territorios insulares que compoñen esta entidade territorial son a Santa Helena, onde se sitúa Jamestown que é o principal centro poboado e capital do territorio, a Illa de Ascensión e o grupo de illas de Tristan da Cunha. É de destacar a enorme distancia que hai entre as illas: entre Ascensión e Santa Helena hai 1300 quilómetros, e desta última a Tristán da Acunha máis de 2700 quilómetros.

Ata o ano 2009, este territorio foi chamado Santa Helena e Dependencias (Saint Helena and Dependencies en inglés) ou simplemente Santa Helena. Con todo, o 1 de setembro dese mesmo ano, entrou en vixencia unha nova constitución que estableceu o actual nome e entregou igual status a cada territorio insular.

A illa de Santa Elena é mundialmente coñecida por ser o lugar onde foi exiliado e onde morreu Napoleón Bonaparte en 1821.

Territorio Antártico Británico

Territorio Antártico Británico (en inglés British Antarctic Territory) é a denominación que lle dá o Reino Unido ao territorio da Antártida sobre o que o reclama a soberanía, que abarca todas as terras ao sur do paralelo 60° S, entre o meridiano 20° O e 80° O, cunha superficie aproximada de 1.709.400 km². Esta reclamación superponse parcialmente coa área reclamada por Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa da Arxentina (Antártida Arxentina). Estas reclamacións están suspendidas por aplicación do artigo 4 do Tratado Antártico de 1959.

En 1908 mediante "Cartas Patentes", Gran Bretaña declarou do seu dominio todas as terras situadas ao sur do paralelo 50° S, entre os 20° e 80° lonxitude Oeste de Greenwich. Como esa definición incluía a parte austral de América do Sur (Chile e Arxentina), ditáronse unhas novas Cartas Patentes en 1917, esta vez excluíndo a zona ao oeste do meridiano 50° O ao norte do paralelo 58° S.

O territorio inclúe parte da Terra de Coats, a Península Antártica, as Illas Orcadas do Sur, as Shetland do Sur, a Illa Alexandre I e moitas outras.

O territorio foi declarado "Dependencia das Illas Malvinas".

Actualmente o Reino Unido considera esta rexión como Territorio británico de ultramar, separado das Malvinas.

Xibraltar

Xibraltar (en inglés e castelán: Gibraltar) é un Territorio Británico de Ultramar situado no extremo meridional da Península Ibérica, ao leste da baía de Alxeciras, que se estende sobre a formación xeolóxica da rocha de Xibraltar (en inglés: the Rock of Gibraltar ou tamén, The Rock), península que domina a beira norte do estreito de Xibraltar, comunicando o mar Mediterráneo e o Océano Atlántico.

Xibraltar limita ao norte con España e alberga unha poboación de preto de 29.000 habitantes nunha superficie de menos de 7 km², cunha economía baseada no sector de servizos, principalmente como centro financeiro e turístico. Aproveitando a súa privilexiada posición estratéxica, é tamén unha base aeronaval das Forzas Armadas Británicas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.