Terraza

A terraza, azotea, eirado ou airado é a parte chá situada no alto dun edificio, cubríndoo total ou parcialmente. Adoita permitirse o acceso a ela para se asomar, tender a roupa ou colocar antenas. En edificios especialmente altos e grandes pode atoparse incluso un heliporto[1] ou repetidores da televisión.[2]

Moitas terrazas foron transformadas en xardíns, chamados teitos ou cubertas verdes (roof gardens).

Por extensión, tamén se denomina terraza á parte dunha cafetaría ou dun bar situada na beirarrúa ou nunha praza.

Museum of Scotland roof terrace
Terraza no edificio do museo de Escocia.

Galicia

A diferenza da arquitectura mediterránea ou de climas calorosos, a casa popular galega non posúe terrazas chás, xa que a abundancia de choivas requería a construción dunha cuberta sempre inclinada, reservando os espazos abertos a balcóns, patíns, solainas e corredores. Hoxe atopamos terrazas nos edificios das principais cidades galegas. Cómpre ter unha boa impermeabilización para evitar infiltracións de auga.

Notas

  1. DEIA.com - La Torre Iberdrola será el primer edificio vasco en contar con helipuerto
  2. mundoplus.tv - ¿Qué necesito para recibir la TDT?[Ligazón morta]

Véxase tamén

Outros artigos

A Terraza

A Terraza é un edificio modernista sito na cidade de Sada, declarado Monumento Histórico Artístico nacional por decreto publicado no BOE con data do 4 de abril de 1975. En 2018 iniciouse o expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural.

A Terraza (A Coruña)

A Terraza é un edificio situado nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

Amán

Amán ou Aman (Árabe: عمان ʿAmmān), a capital do reino de Xordania, con máis de 1 200 000 habitantes, é o centro comercial, industrial e administrativo do país.

Antonio López Hernández

Antonio López Hernández, nado na Coruña en 1879 e finado en Madrid o 16 de xullo de 1950, foi un arquitecto galego.

Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos Científicos Coruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. Tres piscinas exteriores albergan ademais focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo. Non se exhiben peixes vistosos doutras latitudes, senón o ecosistema mariño da costa galega. Foi inaugurado o 5 de xuño de 1999.

Bergantiños Fútbol Club

O Bergantiños Fútbol Club é un equipo de fútbol de Carballo (A Coruña). Foi fundado en 1923 e compite na Terceira División. Disputa os seus partidos como local no Estadio As Eiroas da capital bergantiñá.

Casa do Consulado

A Casa de Ramos, posteriormente chamada Casa Real do Consulado e, abreviadamente, Casa do Consulado, é un edificio de estilo neoclásico da cidade da Coruña construído no século XVIII.

Delos

Delos, (grego Δήλος, Dhilos) estable e visible, é unha das máis pequenas illas das Cícladas, no mar Exeo tamén chamada Lagia, illa das lebres; Ortigia, illa dos paspallás; Cintera, tamén Clamidia, Cintos, Pirpile e Pelasgia.

Frankfurt

Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder.

Frankfurt (en alemán: Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hesse (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.

Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.

La Seu d'Urgell

La Seu d'Urgell (antigamente Urgell ou Ciutat d'Urgell) é unha cidade e concello da provincia de Lleida, situado nos Pireneos cataláns, capital da comarca do Alt Urgell e cabeza do partido xudicial de La Seu d'Urgell. É a sede do bispado de Urgell (o catalán seu é o equivalente do galego sé, "catedral") e foino tamén do antigo Condado de Urgell.

Atópase preto da confluencia dos ríos Segre e Valira, nunha terraza fluvial. Forma parte do Urgellet, comarca natural pirenaica formada por 16 concellos do Alt Urgell e que xuntamente con Andorra correspondíase co territorio orixinario do Condado de Urgell, con capital en La Seu ata a expansión cara ao sur. A proximidade con Andorra está a repercutir no seu desenvolvemento demográfico e económico. En 2016 tiña unha poboación de 12.185 habitantes.

O Castro, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

O Castro é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 21 habitantes (11 homes e 10 mulleres), o que supón un aumento dunha persoa con respecto ó ano 2006.

Neste lugar atópanse os restos dun castro da idade de ferro, con croa, terraza, parapeto e foxo.

Parque do Laberint d'Horta

O parque do Laberint d'Horta é un xardín histórico situado no distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, o máis antigo que se conserva na cidade. Atópase na antiga propiedade da familia Desvalls, nunha ladeira da serra de Collserola. Iniciado en 1794 e acabado na súa primeira fase en 1808, foi obra do arquitecto italiano Domenico Bagutti. O parque inclúe un xardín neoclásico do século XVIII e un xardín romántico do século XIX.

Persépole

Persépole (do grego Περσέπολις, Persépolis, literalmente «a cidade persa»), en antigo persa: Pars, en persa moderno: تخت جمشید, Tajt-e Yamshid «o trono de Yamshid», foi a capital do Imperio Persa durante a época aqueménida (550-330 a.C.). Atópase a uns 70 km da cidade de Shiraz, provincia de Fars, Irán, preto do lugar no que o río Pulwar desemboca no Kur (Kyrus).

A súa construción, comenzada por Darío I, continuou ao longo de máis de dous séculos, ata a conquista do Imperio Persa por Alexandre Magno. As ruínas de Persépole foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1979.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Praia de San Roque

A Praia de San Roque é unha pequena praia urbana da Coruña situada en San Roque de Fóra, ó oeste de Riazor. Zona rochosa. Ten area fina e está resgardada do vento.

Sada

Sada é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 15.156 habitantes (14.922 no 2012, 14.487 no 2009, 13.606 no 2007, 13.134 no 2006, 12.867 no 2005, 12.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sadés» e «sadense».

Terraza (xeoloxía)

En xeoloxía, unha terraza é un accidente xeográfico con forma de bancada ou banzo de orixe natural. Unha terraza consiste nunha superficie xeomórfica chaira ou cunha lixeira pendente, que está normalmente limitada por un lado por unha pendente ou escarpa forte descendente. Esta superficie plana xunto coa escarpa constitúen en conxunto a terraza. As terrazas poden consistir tamén nunha superficie plana limitada a ambos os lados por escarpas descendentes.O corpo de sedimentos que forman a terraza non é propiamente a terraza, xa que a terraza é, simplemente, unha forma do relevo.As terrazas fórmanse de diferentes maneiras, polo que hai diversos tipos.

Terraza fluvial

As terrazas fluviais son terrazas ou bancadas alongadas que flanquean os lados dunha chaira de inundación ou val fluvial creadas de forma natural pola erosión dos ríos. Non hai que confundilas coas construcións artificiais en bancadas reforzadas por muros de uso agrícola para realizar cultivos en zonas con moita pendente, chamadas socalcos.As terrazas fluviais consisten en bandas de terreo situadas a un mesmo nivel relativo, separadas dunha chaira fluvial adxacente, doutra terraza fluvial situada a outro nivel, ou de elevacións de maior pendente. As terrazas discorren paralelamente e a maior nivel que o leito do río e a súa chaira de inundación. Debido á maneira en que se forman, as terrazas fluviais normalmente teñen debaixo sedimentos fluviais (aluvións) de grosor moi variable, aínda que nalgúns casos o río pode formar terrazas no leito de rocha do fondo do val.

As terrazas fluviais son os restos que quedan de antigas chairas de inundación que existían cando o río fluía a unha maior altura antes de que a canle do río as erosionase e crease unha nova chaira de inundación a menor altura. Estes cambios de elevación altitudinal adoitan deberse a cambios no nivel de base do río do sistema fluvial (elevación do punto máis baixo do sistema fluvial, xeralmente da cunca hidrográfica), o que orixina unha erosión en dirección á cabeceira do río ao longo de toda a lonxitude do río, rebaixando así gradualmente a súa elevación. Pode deberse a unha diminución do nivel do mar ou elevación do terreo. A erosión profundizando o seu leito feita por un río principal, pode causar un aumento da velocidade dun afluente, o que fai que este erosione en dirección á súa cabeceira. As terrazas poden tamén orixinarse cando o volume do fluxo fluvial declina debido a cambios no clima, típico de áreas que están cubertas de xeo durante períodos de glaciación, e as súas cuncas hidrográficas adxacentes.

Xardíns de Méndez Núñez

Os Xardíns de Méndez Núñez son uns xardíns da cidade da Coruña situados entre Os Cantóns e o porto. Están dedicados ao mariño Casto Méndez Núñez, heroe da Primeira Guerra do Pacífico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.