Terra de Israel

A Terra de Israel (hebreo: ארץ ישראל— Eretz Yisrael) é un termo histórico empregado nas tradicións xudía e cristiá para referirse aos antigos reinos de Xudá e Israel, é dicir, ao territorio dos israelitas. A Biblia emprega as expresións "Terra Prometida" e "A Terra de Israel", provendo os contornos máximos, así como tamén os mínimos do territorio en cuestión.[1][2] Os cristiáns usan a miúdo a denominación "Terra Santa", expresión á súa vez tamén empregada ocasionalmente polos hebreos.

1695 Eretz Israel map in Amsterdam Haggada by Abraham Bar-Jacob
Eretz Israel (ארץ ישראל) ou "A Terra de Israel", coas doce tribos. Mapa en hebreo por Abraham Bar Jacob, Hagadá de Ámsterdam, 1695.
Davids-kingdom with captions specifiying vassal kingdoms-derivative-work
Israel en tempos de David.
Early-Historical-Israel-Dan-Beersheba-Judea-Corrected
Israel a fins do reinado de Salomón (rosa), con área de influencia xerosolimitana (vermello).
Map Land of Israel
Mapa cos límites da Terra de Israel a partir de Números 34 e Ezequiel 47.

Límites segundo o texto bíblico

Límetes máximos:

  • A túa descendencia darei esta terra, desde o río de Exipto ata o río grande, o Éufrates. —Xénese 15:18.[3]
  • Volvede e ide ao monte do amorreo e a todas as súas comarcas, no Arabá, no monte, nos vales, no Neguev e xunto á costa do mar, á terra do cananeo e ao Líbano, ata e gran río, eo río Éufrates. —Deuteronomio 1:7.[4]
  • Todo lugar que pise a planta de voso pie será voso: desde o deserto ata o Líbano, desde o río Éufrates ata o mar occidental será voso territorio. —Deuteronomio 11:24.[5]

Límites mínimos:

Historia do termo

Desde a época romana até o presente, a Terra de Israel tivo diferentes denominacións, ás veces incluíndo zonas de Exipto, Xordania, Siria e Turquía. Desde tempos do imperio persa (538 a. C.) e até a vitoria romana sobre os israelitas (70 d. C.), o territorio era en termos xerais denominado Xudea e, eventualmente, chegou a comprender Samaria e Galilea, así como tamén Idumea, Perea e Batanea.[8]

Logo da destrución de Xerusalén e o seu Templo, os romanos cambiaron o seu nome polo de "Palestina" .[9] Mais, durante case dous mil anos, até a creación do Estado de Israel, e mesmo a partir diso, o pobo xudeu seguiu e segue referíndose ao mencionado territorio ancestral a través da expresión Eretz Israel (ארץ ישראל), que significa "Terra de Israel" e, como expresión, áchase á súa vez intrinsecamente ligada á historia nacional do pobo de Israel (עם ישראל).

Silver shekel - First Jewish Revolt, 2nd year

Antigo shekel de prata de Israel, con cáliz de kidush e tres selectas simbólicas de Xudea, Samaria e Galilea, forxado no segundo ano da Primeira Guerra Xudía contra Roma, 66-73 d. C.

Fernão Vaz Dourado 1570-1 Middle East

Mapa de Xudea. Fernão Vaz Dourado, 1570.[1]

Cartografía: extensión xeográfica e pobo de Israel

Máis aló do título que poidan presentar, os seguintes mapas suxiren todos unha relación estreita entre o levante mediterráneo e o pobo xudeu en diferentes momentos do seu desenvolvemento histórico como nación, e incluíndo os mesmos unha serie de aspectos que concirnen aos patriarcas, as doce tribos de Israel, o Éxodo, as figuras de Moisés e Aarón, o Tetragramaton, o Tabernáculo e os seus implementos, o Templo de Xerusalén, o reino unificado de Israel en tempos do rei Salomón (século X a.[10] d. C.), os reinos de Xudá e Israel, así como tamén as descricións provistas polo profeta Ezequiel na Biblia.[11]

A forte ligazón histórica que existe entre a Biblia e a Terra Santa é explorada pola investigadora Sarah Kochab no seu libro titulado ’’Israel’’, obra onde tamén sinala a centralidade de Xerusalén, sinalándoa como capital de Israel e relacionándoa co rei David, así como tamén co Templo hebreo de devandita cidade.[12][13]

The National Library of Israel - Canaan as it was possessed both in Abraham and Israels dayes with with the stations and bordering nations

Jacobus Tirinus, 1632.[2]

1632 Tirinus Map of the Holy Land - Israel w- numerous insets - Geographicus - HolyLand-tirinus-1632

Nicholas Sanson, 1662.[3]

Sanson. Geographiae Sacrae ex Veteris et Novo Testamento desuptae Tabula Secunda in qua Terra Promissa Sie Judaea. 1662

Abraham Bar-Jacob, Hagadá, 1695

1695 Eretz Israel map in Amsterdam Haggada by Abraham Bar-Jacob

Keur, 1702 (baseado en Visscher e Stoopendaal, 1650-9).[4]

1702 Visscher Stoopendaal Map of Israel, Palestine or the Holy Land - Geographicus - PerigrinatiaeVeertich-stoopendaal-1702

David Funck, 1720 (baseado en Visscher o Vello, 1659).[5]

1720 Funck Map of Israel - Palestine - Holy Land - Geographicus - TerraeSanctae-funck-1720

Schryver, 1729. Inclúe citas de Ezequiel, profeta hebreo, século VIN a. C.[6]

1729 Schryver Map of Israel showing 12 Tribes - Geographicus - Israel-schryver-1729

Johann Christoph Harenberg, 1750.[7]

1750 Homann Heirs Map of Israel - Palestine - Holy Land (12 Tribes) - Geographicus - Palestina-homannheirs-1750

Tobias Lotter, 1759 (baseado en Nicholas Sanson de Abeville, 1662).[8]

1759 map Holy Land and 12 Tribes

Rigobert Bonne, 1770.[9]

1770 Bonne Map of Israel showing the Twelve Tribes - Geographicus - Israel-bonne-1770

Charles François Delamarche, 1797 (baseado en Gilles Robert de Vaugondy, 1745).[10]

Charles Francois Delamarche. Carte De La Terre Hebreux ou Israelites partagee selon l'ordre de Dieu aux douze tirbus descendantes Des Douze Fils De Jacob. Paris 1797

Gaon de Vilna, "A Terra de Israel", 1802.[11]

The National Library of Israel - Vilna Gaon Map

Moshe Ganbash, Shiviti, 1835.[12]

Moshe Ganbash - Shiviti - Google Art Project

Rabí Chaim Salomon Pinta, "Terra de Israel", 1875.

Land of Israel by Rabbi Chaim Salomon Pinta of Zefat.1875

Claude Reignier Conder, 1889

1889 Palestine, as divided among the Twelve Tribes

Incorporan as figuras de Abraham, Moisés e Aarón, así como o Tabernáculo e os implementos, o Templo, referencias ou motivos bíblicos diversos:

  • Abraham Ortelius, Antuerpen 1586.[14]
  • John Speed, Londres 1595
  • Jean-Baptiste Liébaux, c. 1610.
  • Henri Liébaux, c. 1625.
  • Willem Blaeu, Ámsterdan 1629
  • Jacobus Tirinus, Antuerpen 1632
  • Visscher o Vello, Ámsterdan 1659.[15]
  • Nicholas Sanson de Abbeville, 1662
  • Abraham bar Jacob, Ámsterdan, 1695.
  • Keur, 1702.
  • Gilles Robert de Vaugondy, 1745.[16]
  • Johann Christoph Harenberg, Braunschweig 1750.[17]
  • Tobias Lotter, 1759
  • Rigobert Bonne, 1770
  • Charles François Delamarche, París 1797

Mostran os territorios das doce tribos israelitas:

  • Speed, 1595
  • Henri Liébaux, c. 1625
  • Blaeu, 1629
  • Tirinus, 1632
  • Sanson de Abbeville, 1662
  • Bar Jacob, Ámsterdan, 1695
  • Keur, 1702
  • Schryver, Holanda 1729
  • Vaugondy, 1745.[18]
  • Harenberg, 1750
  • Lotter, 1759
  • Rigobert Bonne, 1770
  • Delamarche, 1797
  • Gaon de Vilna, 1802
  • Claude Reignier Conder, 1889

Marcan a presenza de áreas denominadas Xudea, Samaria e Galilea:

  • Abraham Ortelius, Antuerpen 1570
  • Visscher, 1659
  • Keur, 1702
  • Adrian Reland, Utrecht 1714
  • Harenberg, 1750.[19]
  • Tobias Lotter, 1759.[20]

 As sete especies da Terra de Israel

A terra prometida e o que dela emana é enumerados no texto bíblico:

As sete especies da Terra de Israel aparecen representadas nunha serie de selos israelís deseñada por Zvi Narkiss en 1958.

A inscrición citada en cada un dos selos ten a súa fonte de inspiración no texto orixinal que figura no quinto libro da Biblia hebrea:

Notas

  1. Xénese 15:18-21; Deuteronomio 1:7 y 11:24.
  2. Números 34:1-12, Ezequiel 47:15-20
  3. Xénese 15:18
  4. Deuteronomio 1:7
  5. Deuteronomio 11:24
  6. Números 34:1-12
  7. Ezequiel 47:15-20
  8. O territorio israelita pode verse en dous mapas da Tierra Santa que, George Adam Smith, seguindo a usanza vixente en su época, denominou "Palestina" e publicou no seu Atlas of the Historical Geography of the Holy Land de 1915.
  9. Os romanos tamén dispersaron a moitos dos israelitas fora da súa terra natal, dando lugar ao que se coñece como a diáspora xudía.
  10. Chámese Canaán, Terra Prometida, Terra de Israel, Tierra Santa, Reino de Israel, Reino de Xudá, Xudea ou Palestina.
  11. Carte du voïage des Israëlites dans le désert depuis leur sortie de l'Egipte jusqu'au passage du Jourdain, desenvolvido en Francia por Jean-Baptiste Liébaux cara 1610, e un máis delineado por Henri Liébaux, titulado "A Terra Prometida" Carte de la Terre promise dressée par l'auteur du commentaire sur Josué, posiblemente realizado cara 1625.
  12. Sarah Kochab, Israel, Barcelona: Folio, 2005, pp. 90-109.
  13. Kochab, Israel, pp. 94-95, 97, 100-102, 105, 110-113.
  14. Su mapa está baseado en gran territorio que se describe en Xénese 15 e fue concibido na súa disposición como se fose un tapiz; presenta a súa vez ao mapa rodeado por 22 medallóns adicados á vida do patriarca Abraham.
  15. Incorpora unha perspectiva do Tabernáculo.
  16. O mapa incorpora o Tetragramaton.
  17. O mapa posúe unha imaxe dos exploradores israelitas cargando o acio de uvas da Tierra Prometida e inclúe tamén as dúas caras do antigo shekel de Israel, co cáliz de kidush e tres granadas simbólicas de Xudea, Samaria e Galilea, pertencente ao período da Primeira Guerra Xudía contra Roma, 66-73 d. C.
  18. O mapa vai acompañado por outro adicado ao Reino de Israel en tempos do rei Salomón.
  19. Nun mapa secundario e incorporado ao principal dentro do motivo dun pergamiño.
  20. Combina nun mesmo mapa os territorios das doce tribos israelitas con aqueles dos reinos de Xudá e Israel.
  21. Deuteronomio 8:7-10
  22. Biblia hebrea: Devarim 8:8.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Kochab, Sarah. Israel, Barcelona: Folio, 2005
  • Sede-Rajna, Gabrielle. L’abecedaire du Judaïsme, París: Flammarion, 2000

Outros artigos

Bnei Akiva

Bnei Akiva (בני עקיבא) é un movemento xuvenil do sionismo relixioso. Activo en 30 países, conta con 50.000 membros. Bnei Akiva cre que é un crucial mitzvah (mandamento) do xudaísmo retornar á terra de Israel e afirma que a mocidade xudía da diáspora debe coñecer que o Estado de Israel precisa deles e eles precisan ao Estado de Israel. Bnei Akiva organiza de Shabbat locais, acampamentos de verán, seminarios e diversas actividades nos cinco continentes, aínda que Israel é o principal centro das súas actividades.

Canaán

Canaán (en fenicio 𐤊‏𐤍‏𐤏‏𐤍‏, knʕn; en hebreo: כְּנַעַן

, kanaʕan; en árabe کنعان, kanaʕān; en grego Χαναάν, Khanaán) é a denominación antiga dunha rexión de Asia Occidental, situada entre o mar Mediterráneo e o río Xordán e que abrangue parte da faixa sirio-fenicia coñecida tamén coma o Crecente fértil. En 2016 correspóndese co Estado de Israel, a Faixa de Gaza e Cisxordania, xunto coa zona occidental de Xordania e algúns puntos de Siria e o Líbano. As súas estremas comportarían dende a antiga Gaza ao Sur, deica a foz do río Orontes ao Norte, englobando todas as terras non desérticas do interior, até unha profundidade duns 150 km dende a beiramar Mediterránea, deica algúns quilómetros máis aló da ribeira oriental do río Xordán.

Carta de Cambon

A Carta de Cambon é unha carta escrita o 4 de xuño de 1917 por Jules Cambon, director da sección política do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, ao diplomático sionista Nahum Sokolow. A carta expresa as simpatías do goberno francés sobre a colonización xudía en Palestina. Considérase como un precursor político esencial da Declaración Balfour.

Declaración Balfour

A Declaración Balfour, redactada o 2 de novembro de 1917, foi unha manifestación formal e pública do goberno británico durante a primeira guerra mundial, para anunciar o seu apoio ao establecemento dun «fogar nacional» para o pobo xudeu na rexión de Palestina, que nese momento formaba parte do Imperio otomán. A declaración foi incluída nunha carta asinada polo ministro de Relacións Exteriores británico (Foreign Office) Arthur James Balfour dirixida ao barón Lionel Walter Rothschild, un líder da comunidade xudía en Gran Bretaña, para a súa transmisión á Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda. O texto foi publicado na prensa o 9 de novembro de 1917.

Durante o período das discusións do Gabinete de Guerra británico, que conduciu á declaración, a guerra máis ampla chegara a un período de estancamento. As tropas estadounidenses aínda non estaban despregadas e os rusos estaban distraídos pola axitación interna. O secretario do Gabinete, Mark Sykes, iniciou conversacións formais co líder sionista o 7 de febreiro de 1917, e Balfour pediu a Rothschild e a Chaim Weizmann que presentasen un proxecto de declaración pública o 19 de xuño. Outros borradores foron discutidos polo Gabinete británico durante setembro e outubro, con achegas de xudeus sionistas e antisionistas, pero sen representación da poboación local en Palestina, e a emisión da declaración final foi autorizada para o 31 de outubro. A discusión do gabinete sobre a aprobación describiu percibidos beneficios de propaganda entre a comunidade xudía mundial para o esforzo de guerra aliado. Na declaración pódese ler:

A primeira parte da declaración foi o primeiro apoio público ao sionismo, o dereito do pobo xudeu a establecerse na Terra de Israel, por parte dunha potencia mundial. O término «fogar nacional» non tiña precedentes no dereito internacional, e era intencionalmente confuso en canto a se estaba contemplado un Estado xudeu. Os límites previstos de Palestina non foron especificados, e o Goberno británico confirmou máis tarde que as palabras «en Palestina» non significaban que a totalidade de Palestina estaba destinada a ser o fogar nacional xudeu.

A segunda parte da Declaración foi engadida para satisfacer aos opositores desa política, quen afirmaban que doutro xeito se prexudicaría a posición da poboación local de Palestina e se fomentaría o antisemitismo contra os xudeus en todo o mundo. Mentres que a declaración tiña como obxectivo proporcionar a autodeterminación en Palestina para os xudeus de todo o mundo, fixo unha excepción á regra da autodeterminación dos árabes palestinos que formaban parte da gran maioría da poboación local, feito recoñecido polo Goberno británico en 2017.

A emisión da declaración tivo moitas consecuencias duradeiras. Galvanizou o apoio popular ao sionismo, levou á creación do Mandato británico de Palestina, que máis tarde se converteu en Israel e os territorios palestinos, e foi a orixe do conflito israelí-palestino, aínda en curso e considerado como o conflito máis intratable do mundo. Segue habendo controversia académica sobre varias áreas, incluíndo se a declaración contradí as promesas anteriores que os británicos puideron facer a Hussein ibn Ali al-Hashimi, o Xerife da Meca, na correspondencia McMahon-Hussein.

Declaración de independencia de Israel

A Declaración de independencia de Israel (en hebreo: הכרזת העצמאות) foi proclamada o 14 de maio de 1948 (5 de Iyar 5708) por David Ben-Gurion, director xeral da Organización Sionista Internacional, e presidente da Axencia Xudía para Palestina. Coincidindo coa finalización legal do Mandato Británico de Palestina, proclamouse a creación dun Estado xudeu na estrañada «Terra de Israel» (Eretz Israel), que sería coñecido como Estado de Israel. Este acto conmemórase anualmente en Israel cunha festividade nacional que coincide co 5 de Iyar de cada ano segundo o calendario xudeu.

Dreidel

Un dreidel (Yiddish: דריידל dreydl plural: dreydlekh, Hebreo: סביבון Sevivon) é unha perinola de catro caras, coa que se xoga durante a festa xudía de Hanuka. O dreidel é unha variante xudía da perinola, o xoguete atópase en moitas culturas europeas.

Cada lado da perinola ten unha letra do alfabeto hebreo: נ (Nun), ג (Gimel), ה (Hei), ש (Shin), que xuntos forman o acrónimo de "נס גדול היה שם" (Nes Gadol Haia Sham - "un gran milagre ocorreu alí"). Estas letras forman tamén unha regra mnemotécnica para as regras dun xogo de azar xogado cun dreidel: Nun representa a palabra yiddish nisht ("nada"), Hei representa halb ("medio"), Gimel para gants ("todos"), e Shin para shtel ayn ("colocar"). En Israel, o cuarto lado da maioría dos dreidels está inscrito coa letra פ (Pei), facendo que o acrónimo, נס גדול היה פה (Nes Gadol Haia Poh - "Un gran milagre ocorreu aquí"), en referencia ao milagre que ocorre na terra de Israel. Algunhas tendas nos barrios haredí venden dreidels coa letra ש.

Enterro

Enterro defínese como a acción de enterrar un cadáver. En consecuencia, calquera outro destino que se dea aos cadáveres (sepulcro, nicho ou cremación) non entrará dentro do concepto estrito de enterro.

Hanuka

Hanuka (en hebreo: חֲנֻכָּה) ou Festa das luces, é a festa xudía na que se conmemora a vitoria do pobo xudeu fronte ó proceso de asimilación promovido por Antíoco IV, do Imperio Seléucida no século Ii a.C.. Antíoco IV tratou de acabar coa relixión xudía, buscando a helenización da porción da Terra de Israel que naquel momento estaba no control dos seléucidas. A rebeldía a esta asimilación desembocou na Revolta Macabea, que concluíu con Xudea como estado independente.

Durante estes sucesos, os xudeus recuperaron e purificaron o Templo e Xerusalén. Tradicionalmente sostense que a gran menorá (candelabro) do Templo de Xerusalén estivo aceso durante oito días, a pesar de que non había aceite dabondo para que isto sucedese. Este milagre, rexistrado no Talmud, constitúe a razón principal da celebración de Hannuka, e un recordo da vitoria contra a asimilación.

As festas poden producirse dende o 26 de novembro ata o 27 de decembro, segundo coincida no Calendario hebreo. O elemento principal da festividade é a hanukía (candelabro de nove brazos). Durante os oito días da celebración usase a candea central para ir acendendo cada unha das restantes do candelabro. As familias xudías reúnense nos fogares para conmemorar estas datas con cantigas típicas destas festas.

Cabe destacar que existen outras tradicións adicionais no Hanukka, como por exemplo a de facer xirar unha buxaina chamada maioritariamente dreidel. En cada lado da buxaina aparecen as letras hebreas que inician as palabras "Un grande milagre aconteceu alí". Ademais tamén é común o intercambio de regalos, se ben esta tradición particular constitúe claramente unha asimilación do Nadal cristián.

Hatikvah

Hatikvah (do hebreo:הַתִּקְוָה,Esperanza), é o nome do himno nacional de Israel. A letra foi escrita en 1878 por Naftali Herz, poeta polaco. En 1948, co recoñecemento internacional do Estado de Israel o Hatikvah foi declarado himno nacional. A melodía esta baseada no mesmo tema musical que o Vltava, poema sinfónico do compositor checo Smetana.

Irgun

O Irgun (en hebreo: ארגון, abreviatura de HaIrgun HaTzva'i Ale'umi BeEretz Yisra'o, (hebreo הארגון הצבאי הלאומי בארץ ישראל), "Organización Militar Nacional na Terra de Israel"), popularmente coñecido como Etzel (hebreo אצ"ל), acrónimo das súas iniciais en hebreo Irgun Zevai Leumi (hebreoארגון צבאיארגון צבאי לאומי), foi unha organización paramilitar sionista que operou durante o Mandato británico de Palestina, entre os anos 1931 e 1948. Estableceuse como unha derivación militante da Haganá (hebreo ההגנה - «A Defensa»). Por razóns de segredo, as persoas referíanse ao Irgun, durante ese tempo, como Haganá Bet (hebreo הגנה ב en hebreo literalmente «Defensa "B"» ou «Segunda Defensa»), HaHaganah Haleumit (hebreo|ההגנה הלאומית) ou HaMa'amade (hebreo|המעמד).

O Irgun era a expresión armada da ideoloxía do nacente sionismo revisionista fundado por Zeev Jabotinsky. El expresaba esta ideoloxía como que todo xudeu ten dereito a entrar a Eretz Israel; só activas represalias disuadirán aos árabes e aos británicos, só unha forza armada xudía garantiría un Estado xudeu.Nos anos 40, o Irgun foi acusado polas autoridades británicas de perpetrar actos de terrorismo contra o goberno do Mandato británico, á vez que moitos consideraban que se trataba dun "movemento de liberación". Por causa diso, o Irgun contou con considerable apoio dentro do movemento sionista.

O Irgun foi o predecesor do partido político nacionalista Herut ("Liberdade"), o que conduciu ao actual partido Likud. O Likud conduciu ou foi parte da maioría dos gobernos israelís desde 1977.

Israel

O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo.Despois dunha resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 29 de novembro de 1947, recomendando a adhesión e introdución do Plan de Partición de Palestina para substituír o Mandato Británico, o 14 maio de 1948, David Ben-Gurion, o xefe-executivo da Organización Sionista Mundial e presidente da Axencia Xudaica para Palestina, declarou o estabelecemento dun Estado Xudeu en Eretz Israel, a ser coñecido como o Estado de Israel, unha entidade independente do control británico. As nacións árabes veciñas invadiron o recentemente creado país ao día seguinte, en apoio aos árabes palestinos. Israel, dende aquela, levou a cabo varias guerras cos Estados árabes circundantes, no transcurso das cales ocupou os territorios de Cisxordania, península do Sinaí, faixa de Gaza e altos do Golán. Partes desas áreas ocupadas, incluíndo Xerusalén Oriental, foron anexionadas por Israel, mais a fronteira coa veciña Cisxordania aínda non foi definida de forma permanente. Israel asinou tratados de paz con Exipto e Xordania, porén os esforzos para solucionar o conflito israelí-palestino ata agora non deron como resultado a paz.

O centro financeiro de Israel é Tel Aviv, mentres que Xerusalén é a cidade máis populosa do país e súa capital (aínda que non sexa recoñecida como tal pola comunidade internacional). A poboación israelí, conforme o definido pola Oficina Central de Estatísticas de Israel, foi estimada en 2017 en 8.758.600 habitantes, dos cales un 74.8% eran xudeus. Os árabes constitúen a segunda maior etnia do país, cun 20.8% de habitantes, incluíndo aos árabes de Xerusalén Leste. A gran maioría dos árabes israelís son musulmáns sunnitas, incluíndo un número significativo de beduínos do Negev semi-sedentarios, o resto son cristiáns e drusos. Outras minorías inclúen varias denominacións étnicas e etno-relixiosas, como os circasianos, samaritanos e maronitas, entre outros.

Israel é unha democracia representativa cun sistema parlamentario, representación proporcional e sufraxio universal. O primeiro ministro serve como xefe de goberno e o Knesset como o corpo lexislativo unicameral do país. Israel ten unha das máis altas expectativas de vida do mundo e é considerado un país desenvolvido, sendo membro da OCDE e da ONU. O seu produto interno bruto (PIB) nominal foi o 37º maior do mundo en 2014, mentres que o país ten o nivel de vida máis alto de Oriente Medio. No entanto, organizacións como Amnistía Internacional e Human Rights Watch teñen sido críticas coas políticas de Israel en relación aos palestinos, mentres que o goberno dos Estados Unidos e algúns países de Europa, como o Reino Unido e Alemaña, xeralmente apoian a Israel bélica e financeiramente.

Mandato británico de Palestina

O Mandato británico de Palestina foi unha administración territorial encomendada pola Sociedade de Nacións ao Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte en Oriente Medio, tras a Primeira Guerra Mundial e como parte da partición do Imperio otomán, co status de territorio baixo mandato. O territorio sobre o que se estableceu correspondía á rexión meridional do Levante mediterráneo, unha rexión que o Imperio otomán perdeu como consecuencia da súa derrota na guerra.

Aínda que o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda administraba estes territorios de facto desde 1917, o Mandato entrou en vigor en xuño de 1922 e expirou en maio de 1948. Nun primeiro momento incluíu os actuais territorios de Xordania, Israel e os Territorios Palestinos, aínda que a partir de setembro de 1922 o Reino Unido separou a parte oriental do mesmo, creando o Emirato de Transxordania.

Moisés

Moisés, (hebreo: מֹשֶׁה Moshe; árabe: موسى, Mūsā); foi un antigo bíblico líder relixioso hebreo, lexislador, profeta e historiador.

Para as relixións monoteístas Moisés é á vez o autor e principal personaxe da Biblia. Foi el, quen, baixo ditado divino, tería escrito o Pentateuco (os cinco primeiros libros da Biblia: o Xénese, o Éxodo, o Levítico, o libro dos Números e o Deuteronomio) (tería contado a súa propia historia, a dos Patriarcas, os seus antepasados, e a do pobo de Israel). É o profeta e a guía que conduce os Fillos de Israel fóra de Exipto, onde estaban reducidos á escravitude, e é pola súa man que os « prodixios divinos » (as Dez pragas de Exipto) ocorrerán para permitir a liberación do seu pobo e conducilo cara ao país de Canaán. Recibe de Deus os Dez Mandamentos e un conxunto de leis relixiosas, sociais e alimentarias (Torá escrita e Torá oral; en hebreo Toráh).

Moisés, fillo de Amram é tamén citado no Corán, co nome de Mūsā como profeta e mensaxeiro de Allah. A azora 3 do Corán titúlase A familia de Amram.

É considerado tamén un profeta pola fe Bahá'í.

Segundo a Biblia, tería nacido en Exipto de nai hebrea que o abandonou cando un Faraón ordenou que todos os recentemente nados hebreos debían ser matados; porén acabou sendo adoptado pola familia real exipcia. Xa maior, despois de matar el a un amo de escravos exipcio, escapou e viviu como pastor. Máis tarde foi enviado por Deus para librar os hebreos da escravitude. Logo das "Dez Pragas" foron soltados, e Moisés conduciunos fóra de Exipto, a través do Mar Vermello e do deserto nunha viaxe de 40 anos. A pesar de vivir 120 anos, non puido entrar na Terra de Israel (cfr. Números 20:11-12).

Monte Sión

O monte Sión (en hebreo: הַר צִיוֹן Har Tsiyyon, en árabe: جبل صهيون Jabel Sahyoun) é un outeiro de Xerusalén, fóra dos muros da Cidade Antiga. O termo monte Sión ten sido empregado Biblia hebrea primeiro para a Cidade de David e despois para o monte do Templo, pero o seu significado mudou e hoxe emprégase para o Outeiro Occidental da antiga Xerusalén. No senso amplo, o termo emprégase tamén para a completa Terra de Israel.

Partido Laborista de Israel

O Partido Laborista (העבודה HaAvoda) é un partido político israelí sionista de esquerdas, membro da Internacional Socialista e membro observador do Partido dos Socialista Europeo.

Pobo xudeu

Os xudeus (en hebreo: יְהוּדִי, Yehuda ; e en yiddish: ייִד, YID ), tamén coñecidos como pobo xudeu son unha nación e un grupo etnorelixioso que descenden dos hebreos e antigos israelitas do próximo oriente. A relixión constitúe un posible aspecto de pertenza ao pobo xudeu así como tamén as tradicións, prácticas culturais, sociais e lingüísticas. E, aínda que poden presentar características comúns, tales como o idioma ou a crenza, os xudeus non constitúen un grupo étnico homoxéneo, por iso a definición precisa de xudeu é controvertida e pode variar dependendo do énfase que se faga na observancia relixiosa ou na identidade secular.Os xudeus sufriron unha longa historia de persecución en diferentes lugares e a súa poboación foi variando ao longo dos séculos. Hoxe en día, a maioría das autoridades estiman que a actual poboación xudía mundial oscila entre os 12 e os 15 millóns, representando ao redor dun 0,2 por cento da poboación mundial. A maioría deles reside en Estados Unidos e Israel. Segundo investigacións levadas a cabo na Universidade Hebrea de Xerusalén, o 96 por cento dos xudeus que residen fóra de Israel tende a concentrarse en dez países, todos hoxe en día, países democráticos.

Presidente de Israel

O Presidente de Israel (en hebreo, נְשִׂיא הַמְּדִינָה, Nesí Hamediná) é o Xefe de Estado de Israel. Como adoita ser habitual nas repúblicas parlamentarias, o cargo ten función protocolaria, quedando o poder executivo en mans do primeiro ministro. O Parlamento ou Knesset elixe ao presidente por maioría simple para un único período de sete anos.

No ano 2007 Dalia Itzik ocupou o cargo de forma interina substituíndo a Moshe Katsav, que dimitiu.

Presidentes do Estado de Israel

Todos os presidentes de Israel que accederon ao cargo desde a política, desde Jaim Weizmann até o seu sobriño Ezer Weizman, foron membros ou estiveron conectados co Partido Laborista Israelí. Moshé Katsav, foi o primeiro membro do Likud que accedeu á presidencia do Estado de Israel. Shimon Peres, foi membro do partido laborista e perteneceu ao partido Kadima.

Terra Santa

A Terra Santa (hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh, latín: Terra Sancta; árabe: الأرض المقدسة Al-Arḍ Al-Muqaddasah) é unha área aproximadamente localizada entre o río Xordán e o mar mediterráneo, mais tamén inclúe a beira oriental do río Xordán. Historicamente, é sinónimo tanto da Terra de Israel como de Palestina, e actualmente son parte dela o Estado de Israel, os Territorios Palestinos, a República do Líbano, a República Árabe de Siria e o Reino Haxemita de Xordania. É considerada santa polos xudeus, os cristiáns e os musulmáns.

Parte da relevancia desta terra ten as súas raíces na importancia relixiosa de Xerusalén, a cidade máis santa do xudaísmo, a rexión histórica do ministerio de Xesús, e no islam o lugar onde aconteceu o mi'raj (ascenso de Mahoma os ceos) e onde está o Monte Nebo, onde Moisés presumiblemente morreu. A suposta santidade da terra foi un dos motivos polos que os cristiáns europeos tentaron gañarlla aos musulmáns turcos selxúcidas durante as Cruzadas. Os turcos tomaron Terra Santa despois de derrotar os musulmáns árabes, que á súa vez conquistaran a rexión do Imperio Bizantino cristián.

Moitos lugares de Terra Santa durante longo tempo foron destino de peregrinación para os fieis das relixións abrahamicas, incluíndo xudeus, cristiáns, musulmáns, e bahá'ís. Os peregrinos visitan Terra Santa para tocar e ver manifestacións físicas da súa fe, confirmar as súas crenzas nun contexto santo e nun marco de emoción colectiva e conectarse persoalmente coa Terra Santa.

Xudaísmo

O termo xudaísmo (do hebreo יהדות Yahadut, do termo יהודה Yehudá) refírese á relixión, á tradición, á cultura ou á forma de vida do pobo xudeu. É a máis antiga das tres relixións monoteístas, as chamadas «relixións do Libro» ou «abrahámicas» xunto co cristianismo e o islam, e a menor delas en número de fieis. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte importante dos fundamentos históricos das outras dúas relixións.

Aínda que non existe un corpo único que sistematice e fixe o contido dogmático do xudaísmo, a súa práctica baséase nas ensinanzas da Torá, tamén chamada Pentateuco, composto por cinco libros. Á súa vez, a Torá ou o Pentateuco é un dos tres libros que conforman o Tanakh (ou Antigo Testamento, segundo o cristianismo), aos que se atribúe inspiración divina.

Na práctica relixiosa ortodoxa, a tradición oral tamén desempeña un papel importante. Segundo as crenzas, foi entregada a Moisés xunto coa Torá e conservada desde a súa época e a dos profetas. A tradición oral rexe a interpretación do texto bíblico, a codificación e o comentario. Esta tradición oral foi transcrita, dando nacemento á Mishná, que posteriormente sería a base do Talmud e dun enorme corpo esexético, desenvolvido ata o día de hoxe polos estudosos. O compendio das leis extraídas destes textos forma a lei xudía ou Halajá.

O trazo principal da fe xudía é a crenza nun Deus omnisciente, omnipotente e próvido, que tería creado o universo e elixido ao pobo xudeu para revelarlle a lei contida nos Dez Mandamentos e as prescricións rituais dos libros terceiro e cuarto da Torá. Consecuentemente, as normas derivadas de tales textos e da tradición oral constitúen a guía de vida dos xudeus, aínda que a observancia das mesmas varía moito duns grupos a outros.

Outra das características do xudaísmo, que o diferencia das outras relixións monoteístas, radica en que se considera non só como unha relixión, senón tamén como unha tradición, unha cultura e unha nación. As outras relixións transcenden varias nacións e culturas, mentres que o xudaísmo considera a relixión e a cultura concibida para un pobo específico. O xudaísmo non esixe dos non xudeus unirse ao pobo xudeu nin adoptar a súa relixión, aínda que os conversos son recoñecidos como xudeus en todo o sentido da palabra. Así mesmo, xudeu foi comisionado polas súas escrituras a ser «luz ás nacións» e propagar o monoteísmo ético por todo o mundo. A relixión, a cultura e o pobo xudeu poden considerarse conceptos separados, pero están estreitamente interrelacionados. A tradición e a cultura xudía son moi diversas e heteroxéneas, xa que se desenvolveron de modos distintos en diferentes comunidades e cada comunidade local incorporou elementos culturais dos distintos países aos que chegaron os xudeus a partir da dispersión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.