Terra Eo-Navia

A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia)[1] é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.

Coordenadas: 43°23′55″N 6°54′48″O / 43.39861, -6.91333

Terra Eo-Navia
Localización
Eo-Navia e Ibias
Datos
Capital Navia
Comunidade Autónoma Principado de Asturias Asturias
Superficie 1.645 km²
Poboación (2007) 36.208 hab.
Densidade de poboación 22,01 hab./km²

Orixe

O termo naceu en sectores do galeguismo[Cómpre referencia], e en primeira instancia correspóndese cunha realidade lingüística e cultural, xa que fai referencia aos concellos do Principado nos que se fala o galego.

En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte do dominio lingüístico galego e fala dunha necesidade de cooficialización do galego nesa área[2]. En troques, algunhas publicacións como La Nueva España ou a propia Academia Asturiana negan e rexeitan[3] frontalmente o galeguismo desta zona limítrofe coa provincia de Lugo.

Datos

Segundo un estudo do profesor da Universidade Complutense de Madrid Alberto Gómez Bautista, na Galicia estremeira (que abrangue as zonas de Eo-Navia, Ancares Leste, Bierzo Occidental e As Portelas) existen entre 70.000 e 100.000 galegofalantes, é dicir un 50% da poboación ten o galego como lingua de uso cotián. Así mesmo, algúns falantes do Eo-Navia e tamén do Bierzo tamén falan astur-leonés[Cómpre referencia].[4]

Notas

  1. Informe lingüístico sobre a terra Eo-Navia
  2. Carlos Varela, académico da RAG, fala dun tabú a se referir á lingua como galego na zona Eo-Navia
  3. "Plataforma Cultural Eonaviega contra o galeguismo no Occidente de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 06 de maio de 2009.
  4. 2004, 7 63-66 (páxina II) Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Veiga, Asturias

A Veiga (en castelán: Vegadeo) é un concello situado na costa do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia, no fondo da ría de Ribadeo. O seu nome orixinal é A Veiga de Ribadeo como aínda aparece na actualidade nunha inscrición no templete da música do parque d'El Medal, no centro da capital municipal.

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. En xaneiro de 2016 converteuse no primeiro municipio da comarca do Eo-Navia en situar o galego ao mesmo nivel ca o castelán.

Abertal

Non confundir coa viguesa Asociación Xuvenil Abertal.A asociación cultural Abertal creouse no ano 2003 para defender a lingua e cultura galegas da Terra Eo-Navia. Entre os seus fins está o de lograr o recoñecemento da cooficialidade do galego en Asturias e servir de ponte de instauración de relacións co mundo cultural galego-portugués .

O actual presidente da asociación é Carlos Varela Aenlle, quen ademais é académico correspondente da RAG na rexión eonaviega.

Allande

Allande (en asturiano: Ayande, en galego de Asturias e castelán: Allande) é un concello de Asturias. Limita ao norte con Villaión, ao sur con Cangas del Narcea e Ibias, ao leste con Tineo e ao oeste con Pezós, Grandas de Salime e Negueira de Muñiz. O concello cobre unha superficie de 342 km² e contaba cun total 1742 habitantes no ano 2017, o que dá unha densidade de poboación de 5,08 h/km².

As Portelas

As Portelas ou Alta Seabra (Alta Senabria en leonés e Alta Sanabria en castelán) é unha rexión ou subcomarca non oficial da comarca de Seabra, ao noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León, que testa con Galicia e con Portugal, e na que historicamente se fala o galego, aínda que legalmente non está recoñecido como oficial. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portelao/á» .

Comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende. Ademais, no lugar de Calabor, en Pedralba de la Pradería tamén se fala o galego. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e a Terra Eo-Navia en Asturias considérase a este territorio como parte da Galicia estremeira.

En 2018, a área galegofalante da provincia de Zamora tiña 938 habitantes repartidos da seguinte maneira:

concello de Lubián - 302 hab. (2 no mapa)

concello de Hermisende - 247 hab. (4 no mapa)

concello de Porto - 165 hab. (1 no mapa)

concello de Pías - 123 hab. (3 no mapa)

lugar de Calabor no concello de Pedralba de la Pradería - 101 hab. (5 no mapa)

Coaña

Coaña ou Cuaña (segundo a norma da Academia de la Llingua Asturiana) é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Boal, ao leste con Navia e Villaión e ao oeste con El Franco. O concello cobre unha superficie de 65 km² e contaba cun total 3.522 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 54,18 hab./km².

De entre os restos arqueolóxicos destacan o castro de Coaña e o castro de Mouguías.

Comarca do Eo-Navia

A Comarca do Eo-Navia é unha das oito comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial en que está dividido o Principado de Asturias para os efectos de homoxeneización espacial dos datos procedentes dos concellos nas estatísticas rexionais. A súa capital é Navia.

Aínda que o Estatuto de Autonomía de Asturias prevé a división do territorio asturiano en comarcas, estas aínda non foron desenvolvidas oficialmente.

Todos os seus concellos excepto Valdés forman parte da coñecida como Terra Eo-Navia, na que se fala galego eonaviego.

Degaña

Degaña é un concello de Asturias. Limita ao norte con Cangas del Narcea, ao sur con Castela e León e ao oeste con Ibias. O concello cobre unha superficie de 87,16 km² e contaba cun total 1.350 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 10,55 h/km².

Eilao

Eilao (en castelá Illano) é un concello de Asturias. Limita ao norte con Boal, ao sur con San Martín de Ozcos, ao leste con Boal, Villaión e Allande e ao oeste con Vilanova de Ozcos e Castropol. O concello cobre unha superficie de 78 km² e contaba cun total 522 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 5,8 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

El Franco, Asturias

El Franco é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Castropol e Boal, ao leste con Coaña e ao oeste con Tapia. O concello cobre unha superficie de 71 km² e contaba cun total 4.101 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 57,76 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio eonaviego (véxase no Galizionario) é «franquíu»

Galego exterior

Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas zonas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833 (aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza) e, polo tanto, non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, coa Fala de Estremadura sendo unha póla separada do tronco galego-portugués.

Estas falas situadas ao oriente da Galiza administrativa tamén reciben outros nomes como “galego estremeiro” ou “galego da franxa exterior”.

Estas falas organízanse xeograficamente en:

Terra Eo-Navia (Asturias), arredor de 40.000 persoas

O Bierzo baixo (León) arredor de 30.000 a 35.000 persoas

As Portelas (Zamora), arredor de 1.000 persoas

Val de Xálima (Cáceres), arredor de 4.500 persoas

Galego oriental

Agrúpanse no galego oriental as falas do galego situadas xeograficamente máis ao leste e que teñen como características os seguintes fenómenos lingüísticos:

Falas moi conservadoras, mantendo algunhas características medievais hai tempo desaparecidas no resto da Galiza (vogais nasais nos Ancares).

Sistema tónico con oito vogais, as sete do galego común máis un [a] palatal.

Plurais de palabras terminadas en -an -en -on > -ais -eis -ois: pantalón-pantalois.

Conservación dos ditongos latinos qua e gua: cuatro, guardar.

Galicia estremeira

Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.

Grandas de Salime

Grandas de Salime é un concello de Asturias. Limita ao norte co Santalla de Ozcos, San Martín de Ozcos e Pezós, ao leste con Allande e polo sur con Negueira de Muñiz e A Fonsagrada. O concello cobre unha superficie de 181 km² e contaba cun total 1.186 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 6,55 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Ibias

Ibias é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Allande, ao leste con Cangas del Narcea e Degaña, ao sur con Peranzais e Candín e polo oeste con Navia de Suarna. O concello cobre unha superficie de 230 km² e contaba cun total 1.903 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 8,27 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

O Bierzo

O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.

A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega. Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta.

Pezós

Pezós (en español e oficialmente Pesoz) é un concello de Asturias. Limita ao norte con Eilao, ao sur con Grandas de Salime, ao leste con Allande e ao oeste con San Martín de Ozcos. O concello cobre unha superficie de 39 km² e contaba cun total 218 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 5,59 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Principado de Asturias

O Principado de Asturias (en asturiano: Principáu d'Asturies, en galego eonaviego: Principao d'Asturias) é unha comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica. Limita con Galiza ao oeste, con Cantabria ao leste, con Castela e León ao sur, e co Mar Cantábrico ao norte. Coincide coa antiga provincia de Oviedo e recibe o nome de Principado por razóns históricas, ao ostentar o herdeiro da Coroa de España o título de Príncipe de Asturias. A súa capital é Oviedo, aínda que Xixón é a cidade máis poboada.

Asturias segundo o seu Estatuto de Autonomía está considerada comunidade histórica no seu artigo 1. Posúe un órgano de autogoberno medieval chamado Xunta Xeral fundado no ano 1388, como consecuencia da súa transformación en Principado por orde de Xoán I de Castela. Tamén posúe unha lingua propia, o asturiano ou bable, lingua que, aínda non sendo considerada lingua oficial, posúe un status xurídico de protección. A parte máis occidental da comunidade, coñecida como Terra Eo-Navia, é de fala galega.

Taramundi

Taramundi é un concello de Asturias. Limita ao norte con Santiso de Abres e A Veiga, ao leste con Vilanova de Ozcos e A Veiga, ao sur con Santalla de Ozcos e A Fonsagrada e ao oeste coa Pontenova. O concello cobre unha superficie de 82 km² e contaba cun total 840 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 10,2 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

O concello é coñecido pola fabricación artesanal de navallas e coitelos.

Villaión

Villaión (en castelán, eonaviego, asturiano e oficialmente: Villayón) é un concello de Asturias. Limita ao norte con Navia, ao oeste con Coaña e Boal e Eilao, ao leste con Valdés, Tinéu e Allande e ao sur de novo con Allande. O concello cobre unha superficie de 130 km² e contaba cun total 1.582 habitantes no ano 2009, o que dá unha densidade de poboación de 12 h/km².

Terra Eo-Navia | Concellos galegofalantes de Asturias
Parcialmente galegofalantes
Territorios de fala galega

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.