Termo

Un termo[1] ou vaso de Dewar é un recipiente que se pode volver pechar mantendo excelentes características de illamento térmico.

Thermos bottle
Un termo convencional.

Características

No canto de confiar soamente nun termo para illar o interior do exterior, o envase selado, de feito, contén un baleiro. Un baleiro non conduce calor en absoluto por condución ou convección, e a radiación, a outra forma de traspaso térmico, é mantida ao mínimo cubrindo as superficies internas do baleiro con prata ou outro metal reflexivo. O termo común, ese que utilizamos para manter un litro de auga quente, trátase de dúas botellas de vidro, unha dentro da outra separadas por un espazo totalmente estanco no que se fixo un baleiro total. A superficie interior do termo espellouse, aproveitando a propiedade que este ten para impedir o paso da calor por radiación. O resto de calor que pasa a través do espello por condución e convección atópase co baleiro desa cámara e é sabido que no baleiro non hai transmisión de calor por devanditos mecanismos (excepto por radiación). Desa maneira, a temperatura non ten forma de saír ao exterior. O punto débil do conxunto é o tapón. Pero, en termos xerais, o grao de confiabilidade dun termo está dado pola separación entre os dous botellóns e o grao sen carga que se logrou.

En teoría, un termo podería, por tanto, ser unha aproximación a un illante perfecto para o seu contido, por exemplo, mantendo unha cunca de café quente durante unha década. Na práctica, con todo, a parede interior do recipiente únese á parede exterior, xeralmente na boca do envase, na cal unha leve condución da calor ocorre entre as paredes interiores e exteriores (quedando o baleiro no medio).

Os termos fixéronse historicamente de cristal aínda que agora tamén se fan de metal, que os fai máis duradeiros e menos propensos á fractura.

Historia

Os primeiros termos para uso comercial foron feitos en 1904, cando foi formada a compañía alemá Thermos GmbH. Thermos, que significa ‘calor’ en grego foi o nome elixido para o produto tras convocar un concurso de ideas. A marca concibida para o termo segue sendo unha marca rexistrada nalgúns países, pero foi declarada xenérica nos Estados Unidos en 1963, pois se considera sinónimo de todos os termos en xeral.

Existe na actualidade un variado número de instrumentos que permiten determinar os parámetros cambiantes asociados á temperatura e son as chamadas termobalanzas.

Termo de nitróxeno

Este tipo de termo é un envase cilíndrico que ten un tamaño de 70×20 centímetros. O seu interior está cheo de nitróxeno líquido, que conxela a unha temperatura de −190 °C. Este tipo de envase é moi utilizado na inseminación artificial en humanos e en animais.

O nitróxeno evapórase dentro del e suxírese un cambio de nitróxeno cada 2 meses.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para termo.

Véxase tamén

Outros artigos

Alcalde

Non confundir con alcaide.

Alcalde, termo derivado do árabe قاضي, qāḍī, que significa "xuíz", é un funcionario público que se atopa á fronte da administración local básica dun país ou forma parte dela.

Nos distintos países existe unha ampla variedade de regulacións legais ou consuetudinarias, tanto no relativo ás competencias e responsabilidades do alcalde como na forma en que é elixido.

Historicamente, en partes de Castela o alcalde tamén exercía tamén as funcións de xuíz. Os poboados que ostentaban ese privilexio tiñan o título de vila (ou de cidade). A administración municipal das outras poboacións estaba nas mans dun corrixidor. Por esta razón, as vilas tiñan dereito a erixir un rollo, lugar de axustizamento. Existiu ademais, no Reino de Castela, o cargo de Alcalde de Casa e Corte da súa Maxestade, funcionario xudicial que impartía xustiza na Sala de Alcaldes de Casa e Corte.

O cargo de alcalde ten unha duración normalmente de 4 a 6 anos e pode ser reelixido na maioría dos países. Habitualmente está ao cargo de velar polos intereses dos seus concidadáns, representándoos ante a autoridade xerárquica maior, ademais de impulsar políticas locais para mellorar a súa calidade de vida, como programas de saúde ou deporte, e combater contra a delincuencia, entre outras tarefas.

Aminoácido

Un aminoácido é unha molécula orgánica difuncional, contén simultaneamente grupos funcionais amino (-NH2) e ácido carboxílico (-COOH), e diferéncianse entre si grazas á cadea lateral (R) específica para cada aminoácido. Os elementos básicos que os conforman son carbono (C), hidróxeno (H), osíxeno (O) e nitróxeno (N), mais pódense atopar outros elementos como o xofre (S) nas cadeas lateriais. Os aminoácidos clasifícanse en grandes grupos en función das posicións relativas entre os grupos amino e ácido, sendo alpha- (α-), beta- (β-), gamma- (γ-) ou delta- (δ-), mais dado que os α-aminoácidos son os proteinoxénicos, en bioquímica, o termo aminoácido úsase como termo curto e xeral para referirnos a estes.

Os aminoácidos proteinoxénicos son aqueles que unidos entre si en cadea por medio de enlaces peptídicos forman as proteínas, estes caracterízanse por teren na maioría estereoquímica S, agás a cisteína que ten R.

Animais

Un animal (do latín animus, "espírito", ou "principio vital") é, segundo a clasificación clásica, un ser vivo heterótrofo, é dicir, que se alimenta de substancias orgánicas. Hoxe en día resérvase o termo animais aos seres complexos e multicelulares, aínda que durante moito tempo se consideraban tamén os protozoos como animais unicelulares.

Nas clasificacións científicas dos seres vivos modernas, o reino dos animais constitúe un amplísimo grupo de organismos cuxo taxon se denomina Animalia , creado orixinalmente por Linné en 1758, ou ben Metazoa, sinónimo creado por Haeckel en 1874. Calquera que sexa o termo empregado, ou calquera que sexa a clasificación considearada (sistemática evolucionista ou cladista), os animais son consensuadamente descritos como organismos eucariotas, heterótrofos, pluricelulares e tisulares caracterizados pola súa capacidade para a locomoción, pola ausencia de clorofila e de parede nas súas células e polo seu desenvolvemento embrionario, que atravesa unha fase de blástula e determina un plan corporal fixo (aínda que moitas especies poden sufrir posteriormente metamorfoses).

Os animais forman un grupo natural estreitamente emparentado cos fungos (Fungi) e as plantas (Plantae). É un dos catro reinos do dominio Eukaryota, e a el pertence o ser humano.

A mobilidade é a característica que máis chama a atención dos membros do reino dos animais, pero non é exclusiva do grupo, o que dá lugar a que sexan nomeados a miúdo como animais certos organismos que pertencen ao reino dos protistas (Protista). (Véxase protistas e protozoos).

Na fala coloquial emprégase o termo animal contrapoñéndoo ao termo humano, pero débese ter en conta que desde o punto de vista científico o ser humano é unha especie máis do reino Animalia.

Bispo

Un bispo (do grego do Novo Testamento ἐπίσκοπος, epískopos, "supervisor", "gardián") é un membro do clero cristián que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas católica, ortodoxa, anglicana e veterocatólica, así como na Igrexa Asiria Oriental, os bispos pretenden ter sucesión apostólica, é dicir, unha liña directa descendente dos Doce Apóstolos. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o sacerdocio no seu máximo grao, é dicir, o episcopado, e quen poden ordenar sacerdotes e bispos. Algunhas igrexas protestantes e metodistas teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.

O termo epískopos non estaba nos comezos do cristianismo claramente diferenciado do termo presbýteros ("ancián", hoxe en día co significado de sacerdote), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de Ignacio de Antioquía (finado arredor de 108), e as fontes de mediados do século II xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a reforma protestante.

Calendario hindú

O termo calendario hindú é confuso xa que se refire ao conxunto de calendarios rexionais da India, que se comportan de distintos xeitos, así como ao Calendario nacional indio.

Poden ser "calculados" (como o calendario gregoriano por exemplo), de tal maneira que o número de mes, días no mes etc. son sempre os mesmos, determinados por regras, mediante os cales inténtase que dean resultados conforme ao movemento real das estacións, o sol e os astros.

Poden ser "astronómicos", de tal maneira que a observación efectiva dos eventos astronómicos determinan o comezo dos anos e os meses. Así, o número de días por mes e ano pode variar, non é un calendario previamente fixado ou planeado: o ceo, as observacións astronómicas son o calendario, pero iso redunda nunha perfecta exactitude.

Poden ser solares, fundamentados no movemento do sol.

Poden ser lunares, fundamentados no movemento da lúa; pero como iso conduce a incongruencia co movemento solar (como acontece no calendario musulmán), os calendarios lunares son máis exactamente lunar-solares, porque tamén se considera o movemento solar e inténtase seguilo da maneira máis fiel posíbel.Tamén existen varias eras.

a Era Vikram.

a Era Saka: o ano 0 é o 78, o 79 é o ano 1, o 21 de marzo de 2000 comezou o ano 1922; véxase orixe da era Saka.Por decreto publicado na Gazette of India estableceuse en 1957 o Indian National Calender (calendario nacional indio), que é de tipo calculado e solar, e cuxa era é a Saka.

Estacións e meses nos calendarios hindús

Catolicismo

Catolicismo (do grego καθολικός, katholikós, 'universal, que comprende todo') é un termo que fai referencia á principal rama actual do cristianismo, xurdida tralo Cisma de Oriente. Os católicos son fieis á Igrexa católica, como así tamén á teoloxía, doutrina, liturxia, principios éticos e normas de comportamento derivadas, do mesmo xeito que ao conxunto dos seus seguidores como un todo, a quen se lles denomina «católicos». O vocábulo «catolicismo» úsase polo xeral para facer alusión á experiencia relixiosa compartida polas persoas que viven en comuñón coa Igrexa de Roma.O termo refírese aos cristiáns pertencentes á Igrexa católica, composta por 23 igrexas sui iuris que se atopan en completa comuñón co Papa e que en conxunto reúnen a máis de mil millóns de fieis (unha sexta parte da poboación mundial e máis da metade de todos os fieis cristiáns). A principal característica distintiva da Igrexa católica é o recoñecemento da autoridade e primacía do papa, bispo de Roma. Con todo hai varias igrexas que comparten tamén o adxectivo cualificativo de «católicas», como a Igrexa ortodoxa e as Antigas igrexas orientais, a Igrexa asiria do Oriente e as Igrexas que constitúen a Comuñón anglicana

ChEBI

O ChEBI (Chemical Entities of Biological Interest ou Entidades Químicas de Interese Biolóxico) é unha base de datos e de ontoloxía de entidades moleculares enfocada a "pequenos" compostos químicos, que forma parte do proxecto Open Biomedical Ontologies (Ontoloxías Biomédicas Abertas). O termo "entidade molecular" refírese a calquera "átomo, molécula, ión, par de ións, radical, ión radical, complexo, confórmero etc., constitucional e isotopicamente distinto, identificable como unha entidade distinguible por separado". As entidades moleculares en cuestión son produtos de natureza sintética ou produtos que teñen bioactividade potencial. Porén, as moléculas codificadas directamente polo xenoma, como ácidos nucleicos, proteínas e péptidos derivados de proteínas por corte proteolítico, como regra non son incluídos no ChEBI.

O ChEBI usa a nomenclatura, simbolismo e terminoloxia da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e o Comité de Nomenclatura da Unión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular (NC-IUBMB).

Dramaturgo

Un dramaturgo é un autor de obras teatrais. Os dramaturgos máis antigos dos que sobreviven obras son gregos do século V a.C., entre os que destacan Esquilo, Sófocles, Eurípides e Aristófanes.

O termo dramaturgo resérvase ás veces para o autor de dramas, en contraposición cos autores de comedias ou farsas.

Escandinavia

Escandinavia é a rexión cultural e histórica da Península Escandinava. Os países escandinavos son Noruega, Suecia e Dinamarca, que se recoñecen mutuamente como partes da Escandinavia. O rótulo colectivo "Escandinavia" reflicte a similitude cultural, e mailos fortes lazos históricos, entre eses países a pesar da súa independencia política.

O uso e o significado do termo fóra da Escandinavia é un tanto ambiguo, ás veces inclúese Finlandia e Islandia e outras veces exclúese Dinamarca. Eses significados alternativos son considerados incorrectos na Escandinavia, e ocasionalmente algunhas persoas pódense ofender con tal uso.

Para evitar ambigüidades, úsase o termo países nórdicos incluíndo os reinos escandinavos da Noruega, Suecia, Dinamarca e mailas repúblicas da Finlandia e Islandia.

Os termos Fenoscandia e Feno-Escandinavia poden tanto ser usados para incluír á península Escandinava, á península de Kola, Karelia e Finlandia no mesmo termo que alude ao Escudo Fenoscandiano, como se poden usar nun senso máis cultural, máis ou menos como sinónimo de países nórdicos, significando o contacto historicamente estreito entre as culturas e pobos fínicos, saami e escandinavos.

Fóra da Europa, os Países Baixos ás veces tamén se considera, de modo erróneo, Escandinavia. A razón para isto semella ser unha confusión con Dinamarca: ámbolos dous son pequenos países teutónicos con fronteiras no mar do Norte e os adxectivos en inglés Dutch e Danish (neerlandés e dinamarqués, respectivamente) son un pouco semellantes.

Escritor

Un escritor é unha persoa que escribe textos en calquera tipo de documento, un autor de obras escritas ou impresas que usa a escritura para difundir as súas ideas ou as alleas.

Desde a alfabetización infantil, poderiamos considerar a calquera un escritor, pero o termo adoita restrinxirse ós que desenvolven esta faceta como actividade profesional. De tódolos xeitos calquera que desexe selo pode converterse en escritor aínda que o seu traballo non chegue a publicarse baixo ningún formato.

Algunhas das innumerables formas nas que un escritor pode exercitarse como tal son poesía, prosa, ensaio, xornalismo, guión, ou calquera dos xéneros literarios existentes.

Hungría

Hungría ( pronunciación ) (en húngaro: Magyarország [ˈmɒɟɒrorsaːɡ] ) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ao oeste, Eslovaquia e Ucraína ao norte, Romanía ao leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ao sur. Ten unha poboación de ao redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.

A súa capital é Budapest, a maior cidade do país que concentra o 25% de toda a poboación húngara. A poboación é das máis homoxéneas etnicamente de toda Europa, estando composta na súa maioría polos maxiares, termo polo cal os húngaros se chaman. Os maxiares eran un pobo nómade que ocupou o planalto dos Cárpatos no século IX, loitando contra outros pobos durante séculos para manterse no mesmo lugar. Mesmo oprimidos por austríacos, turcos e rusos, os maxiares permaneceron unidos.

O nome Hungría vén do turco On-ogur que significa Dez lanzas e simbolizaba a unión das dez tribos que ocuparan o territorio húngaro no século IX, sete tribos maxiares e tres khazares. O termo latino hunni para os hunos, antigo pobo que dominou Hungría ata o século IV, xerou os termos latinos para definir Hungría. O termo maxiar probablemente vén das palabras magi e eri, a primeira de raíz proto-úgrica significa home ou pobo e a segunda do turco, co mesmo significado de pobo. O 1 de xaneiro do 2004 Hungría pasou a formar parte da Unión Europea, xunto a outros dez países, a maioría do leste europeo, entre os que se atopaban os países bálticos, a República Checa, Eslovaquia e Polonia.

Indie rock

O indie rock é un subxénero do rock alternativo aparecido no Reino Unido e nos Estados Unidos non anos 80. O significado do termo "indie rock" é discutido aínda hoxe en día por moitos músicos, siareiros e xornalistas. Principalmente o termo úsase para describir calquera tipo de rock producido por artistas que traballan con selos discográficos independentes e salas underground, que apareceron nos Estados Unidos e noutros lugares nos anos 80 e 90. Outros ven ao indie rock como un xénero propio dentro do rock cunha estética específica, e danlle menos importancia ao contexto no que apareceu. Moitos adoptan os dous significados do termo, crendo que a estética do xénero e a súa filosofía de produción están profundamente entrelazados.

Os artistas do indie rock son coñecidos por procurar manter o control completo da súa música e as súas carreiras, editando álbums en discográficas independentes e confiando nas xiras, no boca a boca, na emisións dos seus temas en radios universitarias ou independentes e, en anos máis recentes, na promoción a través da internet. Porén, nos anos 2000 moitos artistas cun estilo musical definido como "indie" asinaron con grandes discográficas ou as súas subsidiarias, e comezaron a promocionarse a través de medios de comunicación máis tradicionais. Isto deu lugar a unha nova confusión no significado do termo.

Jazz

O jazz é un estilo musical, nacido entre 1890 e 1910 en Nova Orleáns. A súas raíces remontan á música dos negros e crioulos dos Estados Unidos desde as súas épocas como escravos que datan pouco antes de 1850. As influencias nomean o ragtime, as worksongs músicas cantadas polos negros ao traballaren e o blues, principalmente, non se sabe moi ben como era esta música anterior a 1910, o primeiro músico do que se ten noticia é Buddy Bolden, do que só se conservan unha foto e as opinións dos seus compañeiros, que falan dun virtuoso cun son potente e limpo.

Manufactura

A manufactura (do latín manus 'man' e factura 'feitura') describe a transformación de materias primas en produtos terminados para a súa venda. Tamén involucra procesos de elaboración de produtos semimanufacturados. É coñecida tamén polo termo de industria secundaria. Algunhas industrias, como as manufacturas de semicondutores ou de aceiro, por exemplo, usan o termo de fabricación.

O termo pode referirse a unha variedade enorme da actividade humana, da artesanía á alta tecnoloxía, pero é máis comunmente aplicado á produción industrial, na cal as materias primas son transformadas en bens terminados a grande escala.

A fabricación prodúcese baixo todos os tipos de sistemas económicos. Nunha economía capitalista, a fabricación diríxese polo xeral cara á fabricación en serie de produtos para a venda a consumidores cunha ganancia. Nunha economía colectivista, a fabricación está frecuentemente dirixida por unha axencia estatal. Nas economías modernas, a fabricación discorre baixo algún grao de regulación gobernamental.

A fabricación moderna inclúe tódolos procesos intermedios requiridos para a produción e a integración dos compoñentes dun produto. O sector industrial está estreitamente relacionado coa enxeñería e o deseño industrial.

O proceso pode ser manual (orixe do termo) ou coa utilización de máquinas. Para obter maior volume de produción é aplicada a técnica da división do traballo, onde cada traballador executa só unha pequena porción da tarefa. Así, especialízase e economiza movementos, o que vai repercutir nunha maior velocidade de produción.

Aínda que a produción artesanal formou parte da humanidade desde fai moito tempo (desde a Idade Media), pénsase que a manufactura moderna xorde ao redor de 1780 coa Revolución Industrial británica, expandíndose a partir de entón a toda a Europa continental, logo a Norteamérica e finalmente ao resto do mundo.

A manufactura converteuse nunha porción inmensa da economía do mundo moderno. Segundo algúns economistas, a fabricación é un sector que produce riqueza nunha economía, mentres que o sector servizos tende a ser o consumo da riqueza

Presidencia

A presidencia é un cargo que ostentan as/os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentarse'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.

Nunha república, a xefatura de Estado recibe o nome de presidenta/e desa república. Nalgúns países con goberno presidencialista a presidencia é tamén da xefatura de goberno (ex: Arxentina, Estados Unidos), namentres, noutros con réxime parlamentario (ex: Italia) o xefatura de goberno é do Primeiro Ministro.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Rock alternativo

O rock alternativo (tamén chamado música alternativa ou sinxelamente alternativo) é un xénero do rock que apareceu nos anos 80 e fíxose moi popular na década dos 90.

O nome "alternativo" foi usado nos 80 para describir a bandas de punk rock de selos discográficos independentes que non encaixaban dentro dos xéneros do mainstream da época.

Como un xénero específico de música, o rock alternativo está formado por varios subxéneros que emerxeron dende a escena musical indie dende os anos 80, así como grunge, indie rock, britpop, rock gótico e indie pop tamén son considerados rock alternativo.

A pesar de que o xénero é considerado de rock, algúns dos seus subxéneros están influenciados pola música folk, o reggae, a música electrónica ou o jazz á parte doutros xéneros. Ás veces o termo rock alternativo foi usado como unha etiqueta para designar ao rock de todos os artistas underground dos anos 80, a todos os descendentes do punk rock (incluíndo ao punk mesmo, ao New Wave e ao post-punk), e, ironicamente, a toda a música rock en xeral dos anos 90 e 2000.

Mentres que un feixe de artistas coma R.E.M. e The Cure acadaron o éxito comercial, a meirande parte dos artistas de rock alternativo dos 80 foron obxecto de culto, eran bandas que gravaban con selos independentes e eran coñecidos só a través dos programas das college radios ou polo "boca a boca". Coa irrupción de Nirvana e coa popularidade dos movementos grunge e britpop a principios dos 90, o rock alternativo entrou no mainstream, e moitas bandas alternativas conseguirían acadar un certo éxito comercial.

Taxonomía

A taxonomía ou taxinomía (do grego ταξις, taxis, "ordenamento", e νομος, nomos, "norma" ou "regra") é a ciencia da clasificación. Xeralmente se emprega o termo para designar a taxonomía biolóxica, ciencia que ordena os organismos vivos nun sistema de clasificación composto por taxons agrupados en categorías taxonómicas.

Venres

O venres ou sexta feira é o quinto día da semana. O termo "venres" vén do latín Veneris (dies) ou día de Venus, deusa romana do amor, e o termo "sexta feira" procede do latín eclesiástico sexta feria (ou feria sexta).

Xoves

O xoves ou quinta feira é o cuarto día da semana. O termo "xoves" vén do latín Iovis (dies) ou día de Xúpiter, deus supremo romano, e o termo "quinta feira" procede do latín quinta feria (ou feria quinta).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.