Teresa Rodríguez

María Teresa Rodríguez-Rubio Vázquez, nada en Rota o 18 de setembro de 1981, é unha política andaluza.

Teresa Rodríguez
Teresa Rodríguez 2015c (cropped)
Nome completoMaría Teresa Rodríguez-Rubio Vázquez
Nacemento18 de setembro de 1981
 Rota, Cádiz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla e University of Cádiz
Ocupaciónpolítica, sindicalista e profesor de secundaria

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía árabe[1] e eurodeputada da formación Podemos.[2] No momento de ser elixida eurodeputada nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, traballaba en Cádiz como profesora de Lingua e literatura españolas no ensino secundario.[3]

Notas

  1. Entrevista a María Teresa Rodríguez-Rubio, Diario Bahía de Cádiz, 5 de maio de 2011.
  2. [1], nova aparecida en El Periódico de Catalunya o 26 de maio de 2014
  3. Podemos irrumpe con cinco eurodiputados y se estrena como cuarta fuerza, en InfoLibre o 26 de maio de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso VIII de León e Galicia

Afonso VIII de León e Galicia, denominado pola historiografía española como Afonso IX, nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei de León e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, historicamente asignóuselle o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—. Ademais, nas Sete Partidas do seu neto Afonso X o Sabio, este afirmaba ser Afonso IX.

Bolívar (serie de televisión)

Bolivar, una lucha admirable ou sinxelamente Bolívar, é unha serie televisiva biográfica colombiana escrita por Juana Uribe e distribuída pola canle Caracol Televisión. A serie está baseada na vida de Simón Bolívar e está protagonizada por Luis Gerónimo Abreu e José Ramón Barreto.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Fundación Castelao

A Fundación Castelao, unha fundación de carácter privado e declarada de interese galego, fundouse o 28 de decembro de 1984 por iniciativa de Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo coa finalidade de estimular e favorecer a cultura galega e en especial nos campos nos que se distinguiu a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A fundación ten a súa sede na cidade de Santiago de Compostela e publica, baixo a coordinación de Henrique Monteagudo, os Cadernos Castelao.

O seu primeiro presidente foi Ramón Martínez López e Teresa Rodríguez Castelao, irmá de Daniel, foi a presidenta de honra ata a súa morte. O actual presidente é Carlos Mella, tras o pasamento de Avelino Pousa Antelo en 2012.

Gómez Manrique

Gómez Manrique foi un eclesiástico castelán pertencente á poderosa familia palentina dos Manriques de Lara, bispo de Palencia, bispo de Tui[Cómpre referencia] (1348-1351), arcebispo de Santiago de Compostela (1351-1362) e arcebispo de Toledo (1362-1375).

Hai que botalos

Hai que botalos é unha produción documental galega consistente en vinte e catro curtametraxes de cadanseu director, que no seu conxunto ofrecen unha visión desde unha perspectiva crítica de aspectos políticos, sociais e naturais de Galicia coincidindo coas elección autonómicas celebradas na comunidade no mes de xuño de 2005. O obxectivo era precisamente facer ver as razóns polas que o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, non debía impoñerse de novo nos comicios, como así sucedeu.

A dirección das distintas curtas corre a cargo de Carlos Alberto Alonso, Enrique Banet, Jorge Bouza, Manuel Cotelo, Margarita Ledo, Juan Lesta, Tomás Lijó, Emilio MacGregor, Marcelo Martínez, Belén Montero, Enrique Otero, Xosé Antón Perozo, Fernando Pujalte, Roberto Ribao, Suso Sueiro, Xosé Zapata e Xurxo García.

Entre os intérpretes están Xulio Abonjo, Xosé Barato, Carlos Blanco, Evaristo Calvo, Mónica Camaño, Paula Carballeira, Debora Castro, Xoán Cejudo, Lorena Conde, Manuel Cortés, Leonardo Fernández, Anabel Gago, César Goldi, Anxo Laborda, Miguel de Lira, Paco Lodeiro, Patricia de Lorenzo, Vicente Montoto, Víctor Mosqueira, Manel Pardo, Marta Pazo, Chiqui Pereira, Iria Pinheiro, Marcos PTT, Mabel Rivera, Pablo Rodríguez, Teresa Rodríguez, Xesús Ron e Bernardo Tejeda.

María Jesús Lamas

María Jesús Lamas Díaz é unha farmacéutica e investigadora galega que, desde o 20 de xullo de 2018, exerce o cargo de directora da Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios.

Maximino Rodríguez Buján

Maximino Rodríguez Buján, coñecido como Máximo Sar, nado en Padrón o 18 de outubro de 1922, é un xuíz e escritor galego.

Medalla de Galicia

A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica.

Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición. Coa chegada ao goberno do bipartito liderado por Emilio Pérez Touriño reduciuse outra vez o número e a tipoloxía a unha soa, e de ouro.

É notoria a escaseza de mulleres entre os premiados.

O Burgo de Negral, O Pacio, Friol

O Burgo de Negral é un lugar da parroquia do Pacio no concello lucense de Friol na comarca de Lugo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 28 habitantes (17 homes e once mulleres).

Está atravesado polo Camiño Primitivo, na vía cara a Santiago de Compostela. Mediante un documento de 1223 o matrimonio composto por Fernando Muñoz e Teresa Rodríguez doou un hospital para peregrinos e pobres. Por esa época aparece documentado como O Burgo de Negralle.

Podemos

Podemos é un partido político español fundado en xaneiro de 2014, cuxo secretario xeral é Pablo Iglesias Turrión.Catro meses despois da súa formación, Podemos participou nas eleccións europeas de 2014, logrando cinco escanos (de 54) co 7,98 % dos votos, o que o converteu no cuarto partido máis votado de España. No primeiros vinte días que permitiu a inscrición, reuniu máis de 100 000 membros, converténdose no terceiro partido en número de afiliados. En outubro ostentaba xa o segundo lugar, con máis de 200 000. Tamén chegou a aparecer como o primeiro partido do país en intención directa de voto, segundo as enquisas.

Récords de Galicia de atletismo

Os récords de Galicia de atletismo son as mellores marcas en categoría absoluta, masculinas e femininas, obtidas por atletas galegos. Estes rexistros son recoñecidos pola Federación Galega de Atletismo (FGA). Devanditas marcas divídense, á súa vez, en récords ó aire libre ou absolutos (tempada de verán) e en pista cuberta ou indoor (tempada de inverno). Os organismos oficiais de atletismo recoñecen como récords absolutos as marcas realizadas en pista cuberta, se estas superan as obtidas ó aire libre.

Simón Bolívar

Simón Bolívar ( pronunciación ), nado en Caracas o 24 de xullo de 1783 e finado en Santa Marta (Colombia) o 17 de decembro de 1830, foi un líder político suramericano. Loitou pola independencia dos territorios baixo o dominio español que hoxe forman Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Panamá e Bolivia. Reverenciado hoxe como heroe nestes países e tamén en case todo o resto da América Latina xunto con José de San Martín.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.