Teodosio I

Teodosio I (Flavius Theodosius), nado en 346 e finado o 17 de xaneiro de 395, foi emperador romano e emperador bizantino de 379 a 395. Era fillo de Teodosio o Vello.

Teodosio I
Theodosius I. Roman Coin
Nome completoFlavius Theodosius
Nacemento11 de xaneiro de 347
 Coca e Itálica
Falecemento17 de xaneiro de 395
 Milán
SoterradoIgreja dos Santos Apóstolos e Constantinopla
NacionalidadeRoma Antiga e Imperio Bizantino
Ocupaciónpolítico
PaiConde Teodósio
NaiTermância
CónxuxeAélia Flacila e Gala
FillosGala Placidia, Flavio Honorio, Arcadio e Pulquéria
Theodosius
Retrato de Teodosio I.

Traxectoria

De orixe hispana, dunha familia cristiá. O bispo Hidacio e mailo historiador bizantino Zósimo concretan a súa orixe na Gallaecia, concretamente no lugar de Cauca.

Foi proclamado emperador en 379 por Graciano e recibiu o Oriente, a Macedonia e a Dacia. En 380, con Graciano, detiveron aos godos en Epiro e en Dalmacia. Teodosio instalou unha parte dos ostrogodos en Panonia, e el mesmo instalouse en Constantinopla.

O mesmo ano, adheriuse ao concilio de Nicea, converteuse no ardente defensor dos cristiáns e en Tesalónica, publicou o edicto seguinte: «Todos os pobos deben unirse á fe transmitida aos romanos polo apóstolo Pedro, a que recoñecen Dámaso e Pedro de Alexandría, é dicir, a Santa Trindade do Pai, do Fillo e do Espírito Santo». O catolicismo volvíase relixión do Estado.

Condenou o arianismo tras o segundo concilio ecuménico de Constantinopla en 381. En 382, instalou aos visigodos en Mesia.

Entre 383 e 388, tivo que facer fronte á usurpación de Máximo (Magnus Clemens Maximus), que, tras ter derrotado a Graciano, se apoderara de toda a prefectura das Galias e ocupaba Roma e toda Italia en detrimento de Valentiniano II. Teodosio venceu a Máximo, que foi morto en Aquileia, en 388.

De 388 a 391, Teodosio estivo en Occidente, case sempre en Milán. En 390, publicou unha lei que castigaba coa morte aos homosexuais e reprimiu ferozmente unha revolta en Tesalónica. A represión causou de sete a dez mil mortos, segundo as fontes, cousa que lle valeu a Teodosio a excomuñón polo bispo Ambrosio de Milán. Cómpre indicar que os masacrados foron aquí maioritariamente romanos e os asasinos antigos bárbaros, poboacións nas que o exército era recrutado – cousa que pode explicar a amplitude do masacre.

Durante varios meses, Teodosio e Ambrosio camparon nas súas respectivas posicións. Despois Teodosio, notando que a súa se volvía insostíbel, aceptou vir se humillar ante Ambrosio para obter a súa reintegración á Igrexa. Esta é unha das raras vitorias desta sobre o poder temporal.

En 391, probabelmente baixo a influencia de santo Ambrosio, suprimiu as últimas manifestacións do paganismo «oficial» no Imperio (con todo, o culto sobreviviu na clandestinidade), fundando así o primeiro estado cristián ortodoxo. Isto valeulle o título de Grande.

Entre 392 e 394, reprimiu a usurpación de Uxío, un funcionario pagán que foi proclamado emperador tras o suicidio de Valentiniano II.

En 394, foi o autor do decreto que prohibía os Xogos Olímpicos acusados de difundir o paganismo.

Morreu pouco despois, o 17 de xaneiro de 395. Nesta data o Imperio está reunificado por primeira vez desde había trinta anos pero tamén por última vez na súa historia.

Do seu primeiro matrimonio con Aelia Flacilla, Teodosio tivera dous fillos: Augusto Arcadio en 383, e Honorio en 393. Dividiu entre eles o Imperio: Honorio (10 anos) recibiu o Occidente e Arcadio (18 anos) o Oriente, e encargou ao vándalo Estilicón de velar polos dous.

Teodosio cometeu o erro de enrolar no exército romano continxentes de bárbaros permitíndolles unha organización autónoma; estes federados prepararon a ocupación do Imperio polos bárbaros.

Teodosio e o cristianismo

Os emperadores Teodosio, polo Imperio de Oriente e Graciano, polo Imperio de Occidente, os dous católicos, elevan o cristianismo ao rango de relixión única oficial e obrigatoria polo Edicto de Tesalónica o 28 de febreiro de 380. O emperador Graciano cesa daquela de levar o título de «sumo pontífice» dos cultos pagáns. Este título será dado de novo ao bispo de Roma algúns séculos despois. Os templos pagáns son pechados e a estatua da deusa Vitoria é retirada da sala onde se reunía o Senado romano. En 393, Teodosio esmagou a usurpación do pagán Uxío que favorecía a antiga relixión romana e anulara as medidas tomadas por Teodosio. Esta data é considerada por algúns como o fin do mundo antigo.

Imperio Romano

Segue a:
Valentiniano II
Teodosio I
Precede a:
Honorio
Valentiniana-Teodosiana
Imperio Bizantino

Segue a:
Valentiniano II
Teodosio I
Precede a:
Arcadio
Dinastía Valentiniana-Teodosiana
24 de novembro

O 24 de novembro é o 328º día do ano no Calendario Gregoriano e o 329º nos anos bisestos. Quedan 37 días para rematar o ano.

Arcadio

Flavius Arcadius, en galego Arcadio (377/378 - 1 de maio de 408) foi Emperador do Imperio Romano de Oriente desde 395 ata a súa morte en 408.

Coventina

Coventina é a deusa celta das augas. Representa a abundancia e a fecundidade.

Foi adorada no sur de Francia, na Gallaecia e moi especialmente no norte de Inglaterra. Nesta última zona, concretamente en Carrawburgh, condado de Northumberland, atópase un templo na súa honra, situado na muralla de Adriano, onde se atoparon gran cantidade de restos arqueolóxicos como moedas, pedras, aneis, cristalería e cerámicas. É por iso que se cre que este lugar tivo que ser abandonado a finais do século IV, probablemente debido a un edicto antipagán do emperador romano Teodosio I.

Década de 370

A década de 370 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 370 e remata o 31 de decembro de 379.

Década de 380

A década de 380 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 380 e remata o 31 de decembro de 389.

Década de 390

A década de 390 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 390 e remata o 31 de decembro de 399.

Gala Placidia

Gala Placidia, nada en Tesalónica en 388 e finada en Roma o 27 de novembro de 450, foi unha nobre romana, filla do emperador Teodosio I e da súa segunda esposa Gala, filla á súa vez de Valentiniano I, emperador de Occidente.

Imperio Romano

O Imperio romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sahara. A súa superficie máxima estimada foi duns 6,5 millóns de km².

O imperio xurdiu trala da vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a.C. Aínda que Octavio nunca se proclamou emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O Imperio foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros. Aínda que Octavio non aboliu legalmente a República e compartía o poder co Senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O Imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.

Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo converteuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano o Apóstata tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun Imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e se desmembrou. Finalmente, no ano 476 Roma caeu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, só sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, até que en 1453 os turcos tomaron Constantinopla.

Imperio Romano de Occidente

O Imperio Romano de Occidente é o nome que se lle deu á parte occidental do Imperio Romano despois da súa división por Diocleciano no ano 286. Tivo unha existencia política separada tras a morte de Teodosio I (395), quen deixou a parte occidental do seu imperio a Honorio.

O Imperio Romano de Occidente finalizou oficialmente coa abdicación de Rómulo Augústulo o 4 de setembro de 476 polas presións do xefe xermánico Odoacro.

Século IV

século III < século IV > século V

Período de tempo dende o ano 301 ata o ano 400 despois de Cristo.

Acontecementos relevantes

395, Teodosio o Grande divide o Imperio romano entre os seus fillos Honorio e Arcadio.

Nos últimos anos comeza a crise espiritual, social, económica e militar do Imperio Romano.Personaxes destacadas

Teodosio I, emperador romano.

Santo Agostiño de Hipona

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.