Teodorico o Grande

Teodorico o Grande (Dacia, 454 - Rávena, 526). Rei dos ostrogodos (474-526).

Teodorico o Grande
Theoderic Quarter Siliqua 80000847
Nacemento12 de maio de 454
 Pannonia
Falecemento30 de agosto de 526 e 26 de agosto de 526
 Ravenna
SoterradoMausoleum of Theodoric
NacionalidadeReino ostrogodo
EtniaOstrogodos
RelixiónArianismo
OcupaciónXefe tribal e monarca
PaiTeodomiro
NaiErelieva
CónxuxeAudofleda
FillosAmalasunta, Teodegoda e Ostrogoda
IrmánsAmalafrida

Traxectoria

Fillo do caudillo ostrogodo Teodomiro, da liñaxe dos Amalos, foi enviado polo seu pai como refén á cidade de Constantinopla (actual Istambul), sendo un neno (462). Alí recibiu unha educación baseada na cultura grecolatina. Sucedeu en 474 ao seu pai, como líder dos ostrogodos.

Ostrogothic Kingdom
Reino de Teodorico o Grande

Foi nomeado patricio e magister militum polo augusto Zenón, emperador de Oriente. Este en 488 cedeulle o goberno de Italia coa condición de vencer a Odoacro, rei dos hérulos que depuxera a Rómulo Augústulo, último emperador romano de Occidente (476). Teodorico penetrou na península itálica á fronte do seu pobo, cuxo número se estima nunhas cen mil persoas. Conseguiu ocupar Rávena, onde finalmente morreu Odoacro (493).

Proclamouse rei de Italia (494) fixando a súa residencia en Rávena e foi recoñecido como rex Italiae polo augusto Anastasio, emperador de Oriente, en 497, a quen debía unha teórica submisión. Mantivo as diferenzas entre os ostrogodos, de relixión ariana, que retiveron o poder militar, e os romanos, católicos, que concentraron o poder civil, dentro dun difícil equilibrio.

Mausoleum of Theoderic
O Mausoleo de Teodorico en Rávena.

Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como Boecio e Casiodoro. Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a francos, vándalos, visigodos e ostrogodos. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.

En 511 interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de Alarico II na batalla de Vouillé (507), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador Xesaleico e coroou ao seu neto Amalarico, fillo de Alarico e da súa filla Tindigota. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de Teudis, un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo (526), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.

Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de Rávena, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.

Permitiu a coexistencia do catolicismo e do arianismo durante a maior parte do seu reinado, pero esta tolerancia finalizou nos últimos anos da súa vida, debido aos enfrontamentos co Papado e co Imperio Bizantino, que o levaron a encerrar e decapitar ao seu conselleiro Boecio (524) e a encarcerar ao papa Xoán I.

Deixou como sucesor ao seu neto, fillo da súa filla Amalasunta, falecendo o 30 de agosto do 526. O estalido dunha guerra civil permitiu ao emperador Xustiniano converter Italia nunha nova provincia bizantina e dispersar aos ostrogodos, que desapareceron como pobo (555).

Reino ostrogodo

Segue a:
Teodomiro
Teodorico o Grande
Precede a:
Atalarico
Reino de Italia

Segue a:
Odoacro
Teodorico o Grande
Precede a:
Atalarico
Reino visigodo

Segue a:
Xesaleico
Teodorico o Grande
Precede a:
Amalarico

Véxase tamén

Outros artigos

Alarico II

Alarico II foi o rei dos visigodos desde o ano 484 ata o 507. Casou con Tindigota, unha filla ilexítima de Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos.

En 486 Alarico II negou refuxio a Afranio Siagrio, gobernante romano do chamado Dominio de Soissons (último reduto do Imperio Romano de Occidente) derrotado por Clodoveo I. Alarmado polas intimidacións de Clodoveo, Alarico remitiulle ao nobre romano, que foi decapitado.

Morre na batalla de Vouillé en 507, que enfrontou aos visigodos coas tropas do rei franco Clodoveo I. A derrota dos visigodos nesta batalla marca a desaparición do reino de Tolosa, pois as posesións galas, excepto a Narbonense, perdéronse.

Sucédelle o seu fillo Xesaleico, o cal emprende o repregamento dos restos do reino de Tolosa cara a Hispania.

Alarico II elaborou un código de leis coñecido como Breviario de Alarico (506), para os seus súbditos "romanos", segundo a teoría tradicional, aplicándose aos godos o dereito consuetudinario do pobo visigodo (recompilado no ano 475 polo rei Eurico no Codex Euricianus ou Código de Eurico).

O mesmo ano permitiu aos Bispos católicos da Galia que se reunisen nun Concilio en Agatha (Agde) na Narbonense.

Amalasunta

Amalasunta foi unha raíña ostrogoda, filla de Teodorico o Grande.

Annonaria (eparquía)

Annonaria era un antigo territorio bizantino na Italia nororiental, centrado en Rávena e que comprendía os territorios da Romaña, do Véneto, parte da actual Lombardía e as Marcas. Probabelmente o nome deriva da función de asegurar o aprovisionamento alimentario, ou anona, ás capitais de Milán e Rávena.

Co nome de Italia Annonaria coñecíase durante o tardo Imperio e despois no Imperio de Occidente, ata o tempo de Teodosio, a diocese que comprendía gran parte da Italia setentrional e que dependía da prefectura de Italia.

A función annonaria foi recuperada posteriormente por Teodorico o Grande.

Atalarico

Atalarico, nado no ano 516 e finado o 2 de outubro de 534, foi rei dos ostrogodos do 526 ao 534, como sucesor do seu avó materno Teodorico o Grande.

Década de 500

A década de 500 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 500 e remata o 31 de decembro de 509.

Década de 510

A década de 510 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 510 e remata o 31 de decembro de 519.

Década de 520

A década de 520 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 520 e remata o 31 de decembro de 529.

Fiz III, papa

San Fiz IV, nado en Benevento, Samni ou Campania e finado en Roma o 530, a miúdo tamén chamado Fiz III, foi escollido Papa o 12 de xullo de 526.

Logo da morte de Xoán I, Fiz foi elixido Papa por Teodorico o Grande, que controlaba a curia romana. Esta alianza reportou grandes beneficios á Igrexa.

Este Papa fixo construír a basílica dos santos Cosme e Damián de Roma.

Morreu o 22 de setembro de 530 en Roma.

Lista dos reis visigodos

Lista dos reis visigodos.

Lourenzo, antipapa

Lourenzo, tamén coñecido como Laurentius ou Laurencio, nado en 460 e finado en 508, foi un antipapa da Igrexa Católica entre 498 e 506.

Odoacro

Odoacro, nado preto do ano 433 e finado en 493, tamén coñecido como Odovacar, posiblemente derivado do xermánico Audawakrs ('que busca a riqueza'). Foi o xefe da tribo xermana dos hérulos, de orixe huna e escira. Na historia salienta por ser quen destituíu ó derradeiro emperador romano de Occidente, Rómulo Augústulo, en 476, quen foi deportado ó Castellum Lucullanum na baía de Nápoles.

Ostrogodos

Cara ao 370, a partir das invasións dos hunos, os godos dividíronse en dúas pólas separadas. Os ostrogodos constituíron un vasto reino ao leste do río Dnister, nas terras ao redor do mar Negro (o que hoxe é parte da actual Ucraína e Belarús). Os visigodos foron os godos do occidente, cuxo dominio territorial se estendía desde o Dniéster ata o Danubio.

Os ostrogodos estiveron sometidos aos hunos desde o 375 ata a morte de Atila, ocorrida en 453, cando recobraron a súa independencia e se estableceron como un pobo federado de Roma. Posteriormente uníronselles outros godos que fuxiran das súas terras á chegada dos hunos. No 474 foi elixido rei Teodorico, o máis coñecido dos monarcas ostrogodos. Houbo varios períodos de guerras e treguas entre el e o emperador bizantino Zenón. En 488 Teodorico invadiu Italia e en 493 derrotou e deu morte en Adda a Odoacro, rei dos hérulos.

Trala súa morte no 526, a situación volveuse tan violenta que no 535 o emperador bizantino Xustiniano I enviou ao seu xeneral Belisario en contra dos exércitos ostrogodos en Italia. A superioridade do exército bizantino foi a clave para o exterminio e o esmagamento da resistencia ostrogoda.

Este pobo foi finalmente asimilado en forma gradual por outras tribos xermánicas tales como os vándalos e os francos.

Teudis

Teudis, finado no ano 548, foi un rei visigodo de Hispania cuxo mandato se estendeu do ano 531 ao 548. Amais, foi o antigo comandante de Teodorico o Grande. Accedeu ao poder tras a morte de Amalarico. Trasladou a capital visigoda de Narbona a Barcelona.

Xesaleico

Xesaleico foi un rei visigodo da Hispania visigoda entre 507 e 511, ou 513. Fillo ilexítimo e sucesor de Alarico II, foi elixido pola nobreza despois do falecemento do seu pai. Tivo a oposición de Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos, que desexaba o reinado para Amalarico, fillo lexítimo de Alarico II e suposto neto seu, mentres se constituía en rexente.

Acosado, tivo que abandonar a Galia e refuxiarse en Barcelona, que se converteu en capital do reino. Posteriormente partíu ao norte de África en busca de axuda vándala, pero foi derrotado ao seu regreso, en Ibbas, Barcelona, no 511, onde foi capturado e executado. Teodorico o Grande faise cargo da rexencia xa que Amalarico era menor de idade, iniciandose un período de dominación ostrogoda.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.