Teodomiro dos Suevos

Teodomiro foi un monarca do Reino Suevo de Galicia (559-570)[1][2]. Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa católica. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.

Gregorio de Tours fálanos do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia[3].

King of Galicia - Rei de Galicia - Ariamirus
Teodomiro (ou Ariamiro), rei de Galiza cos bispos Lucrecio, André e Martiño. Códice Vixiliano.

Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:

  • Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra
  • A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.
  • A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) aos diferentes bispados (concretado na Divisio Theodemiri, a "división de Teodomiro", ou Parochiale suevorum).
  • A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.
  • A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.
  • A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amigables.
  • A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por Martiño de Dumio.
  • Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.

O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.

Teodomiro dos Suevos
Teodomiro rey suevo-570-ret
Estatua de Teodomiro
Nacementoséculo Vxuliano
Falecemento570
NacionalidadeReino de Galicia
EtniaSuevos
FillosMiro

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.

Outros artigos

Teodomiro dos Suevos
Descoñecida
Nacemento: ? Falecemento: 570
Títulos Reais
Precedido por
Carriarico
Rei de Galicia
559–570
Sucedido  por
Miro
  1. Tejada y Ramiro, Juan, ed. (1855). Actas concilio de Lugo (Colección de cánones y de todos los concilios de la Iglesia de Espana ed.). p. 654. ego Theodomirus rex cognomento et Mirus, Galleciae totius provinciae rex
  2. de Gembloux, Sigeberto. "XIX". De scriptoribus ecclesiasticis. Theudomirum [al. Mironem] regem Galliciae
  3. de Tours, Gregorio. Libri de virtutibus sancti Martini episcopi I. Chararici cuiusdam regis Galliciae filius graviter aegrotabat
Reis suevos
Reis visigodos
Señores territoriais
Reis desde Oviedo
Reis desde León
Reis de Galicia e León
Primeira liñaxe real (409-456)
Guerra Civil Sueva (456-469)
Período Escuro (469-550)
Período final (550-585)

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.