Teodomiro (visigodo)

Teodomiro (en árabe تدمير Tūdmir) duque (dux) visigodo do século VIII gobernador de Provincia visigoda de Aurariola. Posteriormente coa dominación islámica, e mercé a un famoso e documentado Tratado asinado con Abd al-Aziz ibn Musa en abril de 713, gobernou a título de rei un territorio cristián visigodo autónomo dentro de Al-Ándalus, denominado kora de Tudmir, territorio que abarca aproximadamente na actualidade a Provincia de Alacant e a Rexión de Murcia, composto polas chamadas sete cidades que se citan no tratado, con capital en Orihuela.

O pacto asinado por Teodomiro parece que deixou de ter vigor coa instalación no territorio dunha parte do yund ou tropas sirias chegadas a Al-Ándalus uns anos antes desde Ifriquiya (provincia do norte de África). En calquera caso, cando Abderramán I creou a nova división administrativa, parece que o pacto non estaba en vigor.

Teodomiro
Nacementoséculo VII
Falecemento743
NacionalidadeReino Visigodo
EtniaVisigodos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.