Teodomiro (bispo)

Teodomiro foi bispo da diocese de Iria Flavia a comezos do século IX, até a súa morte no ano 847.

Foi quen puxo en coñecemento da corte de Afonso II de Oviedo.[1] o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, nalgún momento entre o ano 818, cando aínda vivía o seu predecesor, o bispo Quendulfo, e mais o ano 842. Comunicoullo ao rei, e este acudiu rapidamente desde Oviedo a visita-lo lugar, converténdose así no primeiro peregrino documentado.

A lauda sepulcral foi atopada nas escavacións realizadas por Chamoso Lamas no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela, próximo ó suposto sepulcro do Apóstolo. Na lauda dáse constancia da data da súa morte, o 20 de outubro de 847.

Teodomiro
Bispo Teodomiro
Falecemento847
Soterradocatedral de Santiago de Compostela
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote

Galería de imaxes

Sartego do bispo Teodomiro, na catedral de Santiago de Compostela.
Sartego do bispo Teodomiro, na catedral de Santiago de Compostela. 
Lápida do sepulcro. Detalle da inscrición do nome do bispo.
Lápida do sepulcro. Detalle da inscrición do nome do bispo. 

Notas

  1. Fletcher, R.A. (1984) Saint James's catapult : the life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela. Clarendon Press: Oxford. isbn=978-0198225812
Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Fogo fatuo

Un fogo fatuo (ignis fatuus) é unha manifestación luminosa que ten a aprencia dunha pequena lapa emitida polas substancias que emana un corpo en descomposición. Coñecido e descrito dende hai moitos séculos, esta manifestación foi durante moito tempo vista coma espíritos malignos e de ánimas en pena que se aparecían a xeito de pequenas lapas en fragas, brañas, lameiros, illós e cemiterios que deu pé a aparición dun importante folclore, tanto sobre a orixes deses espíritos, como o xeito de acabar con eles. Recentemente, investigacións cetéticas orientadas á química aportan diversas explicacións científicas do fenómeno.

Historia de Lugo

Lugo, o asentamento urbano máis antigo de Galicia, érguese sobre o antigo emprazamento dun castro galaico. Arredor do ano 25 a. C, Caius Antistus Vetus, legado de Octavio Augusto na Tarraconense ao mando das tropas romanas que loitaban nas Guerras Cántabras, establece preto deste castro un campamento militar. Posteriormente, en nome do emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" sobre este campamento. A partir do ano 50 asístese á expansión da cidade co asentamento de galaicos dos castros próximos. Posteriormente a cidade convértese nun importante núcleo urbano, representativo da cultura e do modo de vida romano.

Dende a chegada dos suevos a Galicia alternáronse na cidade ciclos de decadencia e rexurdimento. No ano 585 o Reino de Galicia pasa a mans visigodas, perdendo Lugo a súa condición de sé metropolitana por mor da fin da división de Galicia en dúas provincias. Iníciase así un período de decadencia que se vería acentuado pola invasión musulmá de principios do século VIII.

Entre os séculos XI e XIII, coma outras cidades do Camiño Xacobeo, foi protagonista duna serie de revoltas populares contra o poder feudal. En Lugo esta rebelión sería contra o bispo, quen compartía a súa potestas co Cabido. A comezos do século XIII, os burgueses de Lugo comezaron a desafiar, coma nunca antes fixeran, esta potestade xurisdicional.A principios do século XVI, a pesar de ser nomeada capital do Reino de Galicia por Carlos I, Lugo iniciou un longo declive. Esta etapa prolongouse até finais do século XVII, mentres que Santiago de Compostela cobraba protagonismo. No século XVIII comeza un novo ascenso económico e cultural da cidade, converténdose na gran capital agraria de Galicia. As feiras de San Froilán cobran unha extraordinaria importancia económica, abastecendo de gando cabalar e mular a León e Castela; importancia que se reforzou coa chegada do ferrocarril en 1875 e que fixo de Lugo o maior mercado gandeiro de vacún de toda a península.

Libredón

Libredón era un monte ou bosque próximo a Santiago de Compostela no que, segundo a lenda, se soterrou o corpo do apóstolo Santiago.

O Códice Calixtino, escrito en 1139, relata que os discípulos de Santiago Teodoro e Atanasio trasladaron o seu corpo desde Padrón nun carro tirado por bois até o bosque Libredón (anteriormente Liberum Donum), no que foi soterrado. O lugar foi esquecido até que, no século X, o ermitán Paio (Pelagius) viu unhas luces que iluminaban o lugar. Imaxinando a razón, pois coñecía a tradición, avisou a Teodomiro, bispo de Iria Flavia. Este atopou unha pequena capela cun altar e unha cripta na que había tres tumbas, a de Santiago e a dos seus dous discípulos. Informou ao rei de Asturias, Afonso II o Casto, que viaxou desde Oviedo polo que se denomina o Camiño Antigo, para verificar que os ósos correspondían cos do apóstolo. De Oviedo viñeron doce monxes beneditinos, a primeira basílica ergueuse no bosque de Libredón e ao seu redor naceu Compostela.

Teodomiro

O antropónimo masculino Teodomiro pode referirse a:

Teodomiro, rei ostrogodo do século V;

Teodomiro, monarca do Reino Suevo do século VI;

Teodomiro, duque visigodo do século VIII;

Teodomiro, bispo de Iria no século IX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.