Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Coordenadas: 42°45′N 8°30′O / 42.750, -8.500

Teo
Escudo de Teo
Ramallosa - Casa do concello de Teo
Casa do Concello.
Situacion Teo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación18.525 hab. (2018)
Área79,3 km²
Densidade233,61 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Capital do concelloA Ramallosa
Política (2019[2])
AlcaldeRafael Sisto Edreira (Son-ANOVA)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Outros: SON 4
Eleccións municipais en Teo
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes49,80%
Na rede
http://www.teo.gal/
correo@teo.dicoruna.es

Xeografía

Situación

O concello de Teo, de 80 km² de superficie, forma parte da comarca de Santiago. Limita ao norte con Ames e Santiago de Compostela, ao sur con Padrón e A Estrada, ao leste con Vedra e ao oeste con Brión e Rois. Abrangue 13 parroquias.

A superficie transcorre desde unha chaira na zona norte, con cumios como Pena Agrela (410 m), Alto de Montouto (339 m) e monte da Pulga (373 m), cara ao val do río Ulla, a menos de 100 m sobre o nivel do mar.

Orografía

Xeoloxicamente as terras de Teo están constituídas por materiais duros como xistos, lousas e granitos, e rochas sedimentarias nas áreas de menor altura, como os vales do Ulla e Santa Lucía. As superficies de erosión do norte o do oeste do municipio correspóndense con antigos macizos erosionados no secundario, que na actualidade forman unha sucesión de ondulacións con resaltes graníticos nas alturas comprendidas entre os 300 e os 400 m.

Clima

A climatoloxía desta zona pertence ao dominio oceánico hiperhúmido, con temperaturas suaves matizadas pola presenza do val do Ulla no sur e pola altitude das áreas setentrionais. A temperatura media anual está entre os 13 e os 14 °C, descendendo até os 7 e os 9 °C nos meses de inverno. As precipitacións son elevadas (entre 1.700 e 1.800 mm anuais), especialmente no norte, debido á exposición directa á entrada de masas húmidas.

Demografía

Censo total 18.254 (2014)
Menores de 15 anos 2.815 (15.42%)
Entre 15 e 64 anos 12.418 (68.02%)
Maiores de 65 anos 3.021 (16.55%)
Evolución da poboación de Teo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.036 7.998 9.242 11.071 16.428 17.807 18.266 18.454 17.942 18.254 18.505 18.510 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Dise que no castro Lupario ou de Francos estaba situado o castelo da Raíña Lupa, lugar ó que acoden os discípulos de Santiago, solicitando permiso para darlle sepultura.

No ano 967, unha grande expedición normanda comandada por Gunrod, formada por mais de cen navíos e con guías do país, ataca a ria de Arousa. Sisnando, o bispo que fortificará Compostela, failles fronte en Rarís. Sisnando morre na batalla.

No Antigo Réxime as parroquias de Calo, Cacheiras, Luou, Oza, Rarís, Recesende e Reis, formaban parte da xurisdición do Xiro da Rocha; as parroquias de Bamonde, Lucí, Vilariño e Teo pertencían á xurisdición de Vea; e a parroquia de Lampai pertencía á xurisdición de Quinta. As tres xurisdicións estaban integradas no señorío do Arcebispado de Santiago de Compostela.[4]

A comezos do século XIX, no trienio liberal, a maior parte do territorio ocupado na actualidade por Teo era coñecido co nome de Oza, pertencente ó partido xudicial de Sar. Coa división provincial de 1822 o concello de Oza seguía a formar parte do partido xudicial de Sar, á súa vez dependente da deputación da Coruña. Trala reforma xudicial de 1834 o municipio, xa co nome de Teo, quedou asignado ao partido xudicial de Padrón.

Con todo, no proxecto administrativo de 1835 contaba cunha parroquia máis. A aprobación definitiva de 1836 asignaba a parroquia de Rumille ao concello de Padrón.

O 23 de Abril de 1846, o coronel Miguel Solís, logo de proclama-la Xunta de Galicia, librará batalla nos campos de Cacheiras contra o xeneral De la Concha, enviado polo goberno de Madrid para afoga-la revolta. O resultado será a derrota dos liberais e o fusilamento dos oficiais en Carral.[5]

Cultura

Toponimia

"Teo" atópase escrito na documentación da Idade Media como Sancta Maria de Talegio e como Santa Maria de Teeio. Partindo disto Edelmiro Bascuas considera que estamos ante un hidrotopónimo procedente dunha raíz indoeuropea *tala‑, co significado de "fluír" (a mesma que Tui, mediante < *ta+la‑); Isidoro Millán relaciónao co río Tea, partindo tamén dunha raíz hidronímica *tekw‑, co mesmo significado de "fluír"; mentres que Joseph Piel cre que se trata dun nome de posesor de orixe xermánica *Teodone, isto é, o propietario das terras.[6]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Teo.
Ramallosa 050917 008

Ramallosa

Lugares de Teo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Teo vexa: Lugares de Teo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. [1]
  5. López Carreira (2013). Historia de Galicia, p. 221: "En Cacheiras [...] líbrase unha escaramuza, seguida pola retirada de Solís, que procurou o amparo dos muros de Compostela."
  6. Artigo sobre o topónimo Teo en Portal das palabras da RAG

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Apeadoiro de Osebe

Osebe foi unha estación posteriormente convertida en apeadoiro ferroviario de Adif situado en Osebe, no concello de Teo, provincia da Coruña. Ten servizos de Rexional operado por Renfe.

Bamonde, Teo

Santa María de Bamonde é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Teo. Segundo o IGE en 2011 tiña 223 habitantes (114 mulleres e 109 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación en 2,6 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 258 habitantes.

Cacheiras, Teo

San Simón de Ons de Cacheiras é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Teo. Segundo o IGE en 2013 tiña 5.428 habitantes (2.690 homes e 2.738 mulleres) distribuídos en 25 entidades de poboación en 12,4 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.590 habitantes.

Calo, Teo

San Xoán de Calo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 3.961 habitantes (2.021 mulleres e 1.190 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación en 15,1 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 3.758 habitantes.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Gonzalo Rodríguez Mourullo

Gonzalo Rodríguez Mourullo, nado en Balcaide (Calo, Teo) o 17 de maio de 1935, é un escritor, avogado e xurista galego.

Lampai, Teo

Santa María de Lampai é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 286 habitantes (146 homes e 140 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación en 4,3 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 297 habitantes.

Luou, Teo

Non confundir con Luohu, en Shenzhen (China)''Santa María de Luou é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 875 habitantes distribuídos en 13 entidades de poboación en 8,7 km², o que supón un aumento importante en relación ao ano 1999 cando tiña 866 habitantes. Ten unha superficie de 680 hectáreas.

Manuel Agrasar Cajaraville

Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, nado en Padrón e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Oza, Teo

Santa Baia de Oza é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Teo. Segundo o IGE en 2013 tiña 936 habitantes (502 mulleres e 434 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación en 5,8 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 826 habitantes.

Rarís, Teo

San Miguel de Rarís é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Teo. Segundo o IGE en 2013 tiña 585 habitantes (305 homes e 280 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación en 7 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 579 habitantes.

Rarís ten vistas do Pico Sacro e de diversos lugares da redonda. Destaca o espazo natural do Pozo da Xerpa.

O equipo local de fútbol xoga no grupo 9 da Terceira Autonómica de Galicia, e xoga no campo das Medas.

O primeiro sábado de xullo fanse alfombras florais en honra ó Santísimo.

Recesende, Teo

San Xoán de Recesende é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Teo. Segundo o IGE en 2013 tiña 442 habitantes (241 mulleres e 201 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación en 3,3 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 459 habitantes.

Reis, Teo

San Cristovo de Reis é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Teo na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 785 habitantes (404 mulleres e 381 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación en 8,4 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 752 habitantes.

Ribasar, Rois

Santa Mariña de Ribasar é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Limita ao norte co concello de Brión, ao leste co de Teo, ao sur co de Padrón e no oeste coa parroquia de Sorribas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 435 habitantes (211 homes e 224 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Santiago TV

Santiago TV, coñecida como Localia Santiago ata novembro de 2010, é unha televisión local de Santiago de Compostela, propiedade do grupo de comunicación La Región que emite a través da canle 23 da Televisión Dixital Terrestre na demarcación de Santiago de Compostela, que tamén inclúe os concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.

A canle pertence ao grupo UTEGA, que distribúe contidos entre diversas televisións locais galegas.

Teo, Teo

Santa María de Teo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Teo. Segundo o IGE en 2011 tiña 358 habitantes (195 mulleres e 163 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación en 4,5 km², o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 427 habitantes.

Teo Fabi

Teodorico Fabi (nado o 9 de marzo de 1955 en Milán, Italia), máis coñecido como Teo Fabi, é un ex piloto italiano de carreiras que participou na Fórmula Un e nas carreiras de coches deportivos, logrou a pole position no seu debut nas 500 Millas de Indianápolis. tamén é o irmán maior do ex piloto de Fórmula Un Corrado Fabi.

Vilariño, Teo

San Tomé de Vilariño é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Teo. Segundo o IGE en 2013 tiña 163 habitantes (88 mulleres e 75 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación en 1,2 km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.