Tensión eléctrica

A tensión eléctrica, tamén denominada diferenza de potencial ou voltaxe, é a diferenza de potencial eléctrico entre dous puntos[1]. A súa unidade de medida é o Volt, en homenaxe ao físico italiano Alessandro Volta. É, pois, unha magnitude física. Tamén se pode definir como o traballo por unidade de carga exercido polo campo eléctrico sobre unha partícula cargada para movela entre dúas posicións determinadas. Pódese medir cun voltímetro.[2]

A tensión é independente do camiño percorrido pola carga e depende exclusivamente do potencial eléctrico dos puntos A e B no campo eléctrico, que é un campo conservativo.

Se dous puntos que teñen unha diferenza de potencial se unen mediante un condutor, producirase un fluxo de electróns. Parte da carga que crea o punto de maior potencial trasladarase a través do condutor ao punto de menor potencial e, en ausencia dunha fonte externa (xerador), esta corrente cesará cando ambos puntos igualen o seu potencial eléctrico (lei de Henry). Este traslado de cargas é o que se coñece como corrente eléctrica.

Cando se fala sobre unha diferenza de potencial nun só punto, ou potencial, refírese á diferenza de potencial entre este punto e algún outro onde o potencial se defina como cero.

High voltage warning
Símbolo internacional de seguranza: "Atención, risco de choque eléctrico" (ISO 3864).

Características

O potencial eléctrico mide a forza que unha carga eléctrica experimenta no seo dun campo eléctrico, expresa pola lei de Coulomb, polo tanto a tensión é a tendencia que unha carga ten de ir dun punto para outro. Normalmente tómase un punto que se considera de tensión cero e mídese a tensión do resto dos puntos relativos a este.

A tensión eléctrica entre dous puntos, ou sexa [(+) e (-)] é definida matematicamente como a integral de liña do campo eléctrico:

Para facilitar o entendemento da tensión eléctrica pódese facer un paralelo desta coa presión hidráulica[3]. Canto maior a diferenza de presión hidráulica entre dous puntos, maior será o fluxo, caso haxa comunicación entre estes dous puntos. O fluxo (que en electrodinámica sería a corrente eléctrica) será así unha función da presión hidráulica (tensión eléctrica) e da oposición á pasaxe do fluído (resistencia eléctrica). Este é o fundamento da lei de Ohm, para a corrente continua:

onde:

  • R = Resistencia (Ohms)
  • I = Intensidade da corrente (Amperes)
  • U = Diferenza de potencial ou tensión (Volts)

En corrente alternada, substitúese a resistencia pola impedancia:

onde:

  • Z = Impedancia (Ohms)

Polo método fasorial, en corrente alternada, todas as variábeis da ecuación son complexas. A impedancia representa, alén da resistencia a pasaxe de corrente eléctrica, tamén o deslocamento angular na forma de onda producido polo equipamento (capacitores e bobinas ou indutores).

Polaridade en corrente continua

Polaridad
Polaridade dunha diferenza de potencial.

Cando entre dous puntos dun circuíto pode circular unha corrente eléctrica continua, a polaridade da tensión vén determinada polo sentido que segue a corrente (cargas positivas), que é oposto ao sentido que seguen os electróns (cargas negativas); isto é, desde o punto con maior potencial cara ao que ten menor potencial. Polo tanto, se polo resistor R da figura da dereita circula unha corrente de intensidade I, desde o punto A até o B, producirase unha caída de tensión na mesma coa polaridade indicada.

Tensión en compoñentes pasivos

A diferenza de potencial entre os terminais dun compoñente pasivo dependen das características do compoñente e da intensidade da corrente eléctrica.

Tensión nun condensador

Tensión nunha bobina

Tensión eficaz

Digital Multimeter Aka
Un multímetro coa función de voltímetro seleccionada. En corrente alterna indica o valor eficaz da tensión.

A tensión eficaz ou valor eficaz da tensión é o valor medido pola maioría dos voltímetros de corrente alterna. Equivale a unha tensión constante que, aplicada sobre unha mesma resistencia eléctrica, consome a mesma potencia eléctrica, transformando a enerxía eléctrica en enerxía térmica por efecto Joule.

A enerxía consumida nun período de tempo T por unha resistencia eléctrica é igual a

,

onde W é a enerxía consumida, P é a potencia, T é o período de tempo, Ief é a intensidade eléctrica, Vef é a tensión eficaz e V(t) é o valor instantáneo da tensión en función do tempo t.

Despexando a tensión eficaz obtense a media cuadrática da tensión:

.
Sin
Onda sinusoidal.

En corrente alterna, a tensión varía conforme unha onda sinusoidal.

,

onde se expresa a tensión V en función do tempo t. V0 é a amplitude da tensión, é a frecuencia angular e é o desfase.

Tomando como período de integración o período da onda (), tense:

;

Como a amplitude da tensión V0 é constante pode sacarse fóra da integral.

.

Aplicando unha identidade trigonométrica para eliminar a potencia cuadrática dunha función trigonométrica:

;

Integrando:

Notas

  1. De acordo coa IEC.
  2. Física general, escrito por Santiago Burbano de Ercilla, Carlos Gracía Muñoz (en castelán)
  3. Understanding electrecity: an analogy with water
A guerra das galaxias (filme)

Star Wars é unha película estadounidense de 1977 do subxénero de ciencia ficción space opera, escrita e dirixida por George Lucas; renomeada como Star Wars: Episode IV - A New Hope en 1999. En galego titulouse orixinalmente A guerra das galaxias e tras ser renomeada coñécese como A guerra das galaxias: Episodio IV - Unha esperanza nova ou Star Wars: Episodio IV - Unha esperanza nova. Foi a primeira película que se estreou da saga Star Wars, e ordénase como a cuarta en termos da súa cronoloxía interna. Dous filmes subseguintes continuarían a trama da triloxía orixinal (O imperio contraataca e O retorno do Jedi), namentres que outra triloxía (The Phantom Menace, Attack of the Clones e Revenge of the Sith) describiría os eventos previos a A guerra das galaxias, centrada en torno ó antagonista principal Darth Vader. A estrea desta precuela provocou o cambio no título orixinal da primeira película, que pasou a incorporar o número de episodio IV (catro en numeración romana) e o subtítulo A New Hope («Unha esperanza nova» en galego).

O guión foi redactado por George Lucas mentres dirixía a súa primeira longametraxe, influenciado principalmente polos cómics de Flash Gordon, as películas sobre samurais de Akira Kurosawa e a obra The Hero with a Thousand Faces de Joseph Campbell. Ó finalizar o Festival de Cannes de 1971, Lucas firmou un acordo coa produtora Universal Studios para realizar dúas películas, que máis tarde se converterían en American Graffiti e Star Wars. O elenco estivo integrado por Mark Hamill, Harrison Ford, Carrie Fisher, Peter Cushing, Alec Guinness, Anthony Daniels, Kenny Baker, Peter Mayhew e David Prowse; a rodaxe realizouse na estepa tunisiana, Londres e Guatemala. Os efectos especiais correron a cargo de Industrial Light & Magic, empresa creada especificamente para esta película.

A trama describe a historia dun grupo de guerrilleiros —coñecidos como a Alianza Rebelde— que ten como obxectivo destruír a estación espacial Estrela da Morte, creada polo opresor Imperio Galáctico. Dende unha perspectiva xeral, a historia enfócase nun mozo campesiño chamado Luke Skywalker, quen, de xeito repentino se converte nun heroe conforme acompaña ó Mestre Jedi Obi-Wan Kenobi, nunha misión que o levará a unirse a Alianza Rebelde para axudarlles a destruíla estación espacial do Imperio.

A partir do seu lanzamento mundial, o 25 de maio de 1977, foi considerada un fito na historia do cine, principalmente polo uso de efectos especiais innovadores na época. Ademais, é unha das películas de máis éxito de tódolos tempos, así como unha das máis influentes na cinematografía contemporánea. Obtivo sete premios Oscar dun total de dez candidaturas (incluíndo a de «mellor película», que perdeu fronte a Annie Hall de Woody Allen). Star Wars converteuse na película que acadou máis recadación de tódolos tempos, superando a Tiburón (1975), alcanzando unha cifra superior ós 775 millóns USD en todo o mundo, e mantivo o récord ata que foi superada por E.T. the Extra-Terrestrial (1982) de Steven Spielberg. En 1989 a filmoteca National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos engadiu o título á súa escolma ó considerala unha «película cultural, estética ou historicamente relevante», namentres que o guión de Lucas foi escollido polo gremio Writers Guild of America como un dos mellores xamais redactados.

A película foi reeditada en varias ocasións a instancia de George Lucas, incorporando moitos cambios que inclúen; a adición de imaxes xeradas por ordenador, alteración de diálogos, reedición de secuencias, banda sonora mesturada e escenas engadidas.

Alta tensión eléctrica

Alta tensión eléctrica é un termo técnico e legal empregado para designar os niveis eléctricos superiores a 1000 voltios en corrente alterna e 1 500 voltios en corrente continua. Esta definición e limitación está baseada en España polo REBT de 2002 segundo definicións fixadas internacionalmente pola Comisión Electrotécnica Internacional e de obrigado cumprimento da CE.

Batería de Bagdad

Batería de Bagdad é o nome dado a diversos floreiros fabricados durante o período parto (antes do ano 226d.C.), que algúns supón que funcionaban como unha pila eléctrica.

En 1936, durante unhas escavacións nun outeiro de Kujut Rabua, unha aldea ao sueste de Bagdad (Iraq), os traballadores do Departamento Estatal Iraquí do Ferrocarril descubriron unha tumba bella cuberta cunha laxa de pedra. Durante dous meses, o Departamento Iraquí de Antigüidades extraeu de alí un total de 613 abelorios, figurillas de arxila, ladrillos cincelados e outras pezas. Foron datados no período dos partos (case cincocentos anos entre 248 a.C. e 226 d.C.). Tamén acharon uns recipientes moi singulares de arxila, con forma de floreiro e de cor amarela claro. No seu interior había un cilindro de cobre, fixado con asfalto á embocadura do pescozo. Dentro do cilindro había unha vara de ferro.

O recipiente medía 13 cm de alto por 4 cm de diámetro, mentres que o cilindro de cobre medía 9 cm de alto por 2,6 cm de diámetro. A vara de ferro sobresaía 1 centímetro e daba a impresión de haber estado revestida dunha fina capa de chumbo.

Nese ano (1939), o arqueólogo alemán Wilhelm König, entón a cargo do Laboratorio do Museo Estatal de Bagdad, identificouno como unha probable pila eléctrica. Describiu o seu achado no 9 Jahre Iraq, publicado en Austria en 1940. A primeira análise deste obxecto consistiu en introducir no seu interior un electrólito, e conectarlle unha lámpada, que se acendeu moi debilmente. O informe oficial que se redactou despois dicía que este obxecto comportábase exactamente igual que unha pila eléctrica moderna.

De regreso ao Museo de Berlín (Alemaña), König relacionou o descubrimento con outros cilindros, varillas e tapóns de asfalto similares provenientes de Mesopotamia; todos eles con varillas delgadas de ferro e bronce. Pareceulle que estas "baterías" puidéronse unir en serie (unha detrás doutra) para aumentar a voltaxe producida.

Logo da Segunda Guerra Mundial, Willard Gray, enxeñeiro en electrónica do Laboratorio de Alta Voltaxe, da General Electric Company, de Pittsfield (Massachussets, EE.UU.), fabricou un duplicado destas baterías e encheunas con sulfato de cobre (aínda que declarou que se podería usar outro líquido electrólito ao alcance dos habitantes de Iraq da época: zume de uva corrente). A pila funcionou e xerou entre un e dous voltios.

Gray dixo que introduciu ademais unha figura de prata, que en dúas horas volveuse dourada. Segundo el, demostrara que a batería funcionaba, e que o seu probable uso era de restaurar obxectos de prata.

Club Deportivo Estradense

O Club Deportivo Estradense é un club de fútbol galego do concello da Estrada. Foi fundado en 1925 e milita na Preferente Autonómica.

Condensador

Un condensador é un compoñente electrónico pasivo que consiste nun par de condutores separados por un dieléctrico (illante) o polo baleiro. Cando existe unha diferenza de potencial (voltaxe) entre os condutores, créase un campo eléctrico estático no dieléctrico que almacena enerxía e produce unha forza mecánica entre os condutores. Un condensador ideal caracterízase por un único valor constante, capacitancia, medido en faradios. Este é o ratio da carga eléctrica en cada condutor da diferenza de potencial entre eles.

Os condensadores son moi usados en circuítos electrónicos para bloquearen a corrente continua mentres permiten pasar corrente alterna, en redes de filtrado, para suavizaren a saída das fontes de alimentación, nos circuítos resoadores que axustan os radiotransmisores a frecuencias particulares e para outros moitos propósitos.

O efecto é maior cando hai unha separación estreita entre grandes áreas do condutor, de aí que aos condutores do condensador se lles adoite chamar "placas", en referencia a un antigo método de construción. Na práctica, o dieléctrico entre as placas deixa pasar unha pequena cantidade de corrente de fuga e ten un límite de forza no campo eléctrico, o que resulta nunha voltaxe de ruptura, mentres que os condutores e as patillas introducen unha indutancia e unha resistencia non desexadas.

Historia da electricidade

A historia da electricidade refírese ao estudo e uso humano da electricidade, ao descubrimento das súas leis como fenómeno físico e á invención de artefactos para o seu uso práctico.

O fenómeno en si, fóra da súa relación co observador humano, non ten historia; considerándoa como parte da historia natural, tería tanta como o tempo, o espazo, a materia e a enerxía. Como tamén se denomina electricidade á rama da ciencia que estuda o fenómeno e á rama da tecnoloxía que o aplica, a historia da electricidade é a rama da historia da ciencia e da historia da tecnoloxía que se ocupa do seu rexurdimento e evolución.

Latour-de-Carol

Latour-de-Carol (en catalán: La Tor de Querol) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Prades e ao cantón de Saillagouse e contaba con 401 habitantes en 2007.

Situada na Alta Cerdaña, no antigo territorio do Rosellón, é atravesada polo río Carol, afluente do Segre. Linda con España, concretamente co concello de Guils de Cerdanya, na provincia de Xirona.

Lente líquida

A tecnoloxía da lente líquida propón substituír o plástico, ou vidro, de entre os materias máis comúns para a produción do obxectivo dunha cámara fotográfica por unha cápsula de almacenamento de líquido con axeitadas propiedades ópticas, por exemplo unha maior transparencia que os plásticos usados neste proceso de fabricación como o acrílico.

Micrófono

Un micrófono é un dispositivo transdutor ou sensor electroacústico que transforma o son nun sinal eléctrico. Os micrófonos utilízanse en moitas aplicacións, como teléfonos, gravadores, aparellos auditivos, produción de filmes, transmisión de radio, televisión, recoñecemento de voz, entre outros usos.

A maioría dos micrófonos usan a indución electromagnética (micrófono dinámico), o cambio de capacitancia (micrófono condensador), xeración piezoeléctrico ou modulación de luz para producir un sinal de voltaxe eléctrica desde a vibración mecánica.

Máquina de corrente continua

Unha máquina de corrente continua é unha máquina capaz de converter enerxía mecánica en enerxía eléctrica (xerador) ou enerxía eléctrica en mecánica (motor).

Poble Lliure

Poble Lliure (PL) é unha organización independentista e socialista catalá. Forma parte de Esquerra Independentista dels Països Catalans, espazo dende o que defende unha estratexia de unidade popular coas restante organizacións que integrantes.

Sensor

Un sensor é un dispositivo capaz de detectar magnitudes físicas ou químicas, chamadas variables de instrumentación, e transformalas en variables eléctricas. As variables de instrumentación poden ser por exemplo: temperatura, intensidade lumínica, distancia, aceleración, inclinación, desprazamento, presión, forza, torsión, humidade, movemento, pH etc. Unha magnitude eléctrica pode ser unha resistencia eléctrica(como nunha RTD), unha capacidade eléctrica (coma nun sensor de humidade), unha tensión eléctrica (coma nun termopar), unha corrente eléctrica (como nun fototransistor) etc.

Un sensor diferénciase dun transductor en que o sensor está sempre en contacto coa variable de instrumentación co que pode dicirse tamén que é un dispositivo que aproveita unha das súas propiedades co fin de adaptar o sinal que mide para que o poida interpretar outro dispositivo. Como por exemplo o termómetro de mercurio que aproveita a propiedade que posúe o mercurio de dilatarse ou contraerse pola acción da temperatura. Un sensor tamén pode dicirse que é un dispositivo que converte unha forma de enerxía noutra.

Áreas de aplicación dos sensores: Industria automotriz, robótica, industria aeroespacial, medicina, industria de manufactura etc.

Os sensores poden estar conectados a unha computadora para obter vantaxes como son o acceso a unha base de datos, a toma de valores dende o sensor etc

Tensión

O termo tensión pode referirse a:

A tensión mecánica (física)

A tensión superficial (física)

A tensión eléctrica (electricidade)

Nas ciencias da saúde, á tensión psicolóxica ou estrés.

A Tensión sanguínea á a presión do sangue no interior dos vasos sanguíneos.

En música, unha tensión é a forza harmónica existente nun intervalo non perfectamente consoante como unha novena ou unha onceava.

Transformador

Denomínase transformador a un aparello electromagnético que permite aumentar ou diminuír a voltaxe e a intensidade dunha corrente alterna, mantendo a potencia. A potencia que ingresa no equipo, no caso dun transformador ideal (isto é, sen perdas), é igual á que se obtén na saída. As máquinas reais presentan unha pequena porcentaxe de perdas, dependendo do seu deseño e tamaño, entre outros factores.

O transformador converte a enerxía eléctrica alterna dun certo nivel de tensión, en enerxía alterna doutro nivel de tensión, baseándose no fenómeno da indución electromagnética. Está constituído por dúas bobinas de material condutor, enroladas sobre un núcleo pechado de material ferromagnético, mais illadas entre si electricamente. A única conexión entre as bobinas constitúea o fluxo magnético común que se estabelece no núcleo. Polo xeral, o núcleo é fabricado ben sexa de ferro ou de láminas apiladas de aceiro eléctrico, aliaxe axeitada para optimizar o fluxo magnético. As bobinas ou enrolamentos denomínanse primario e secundario segundo correspondan á entrada ou saída do sistema en cuestión, respectivamente. Tamén existen transformadores con máis enrolamentos; neste caso, pode existir un enrolamento "terciario", de menor tensión que o secundario.

Volt

Volt, ou menos recomendable voltio, é a unidade do SI da tensión eléctrica, derivada a partir do ampere e mais do watt. O seu nome vénlle polo físico italiano Alessandro Volta, e o seu símbolo é V.

Volt, no sistema métrico decimal, é unha unidade de medida de diferenza de potencial eléctrico. Un volt é igual á diferenza de potencial existente entre dúas secións transversais dun condutor percorrido por unha corrente eléctrica variable de 1 A, cando a potencia disipada entre as dúas seccións é igual a 1 watt.

Watt

O watt ou tamén vatio, de símbolo: W, é a unidade do SI para potencia. É equivalente a un joule por segundo−1 (1 J/s), ou en unidades eléctricas, 1 volt-ampere (1 V · A). Na industria adóitase utilizar o cabalo de vapor (1 CV = 735,49875 W).

Ecuacións :

A unidade do watt recibiu o nome de James Watt polas súas contribucións ao desenvolvemento do motor a vapor, e foi adoptada polo II congreso da asociación británica para o avance da ciencia en 1889.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.