Tenorio, Cerdedo-Cotobade

San Pedro de Tenorio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. É a parroquia con maior poboación do concello. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.

Pola parroquia discorre a estrada N-541.

Coordenadas: 42°28′00″N 8°33′33″O / 42.4666114, -8.5591517

Tenorio
Tenorio
ConcelloCerdedo-Cotobade
Área13,1 km²
Poboación1168 hab. (2015)
Densidade89,16 hab./km²
Entidades de poboación15
N-541 entrada Cachadiñas, Tenorio
Entrada na aldea de Cachadiñas desde un tramo vello da estrada N-541.

Patrimonio

No lugar de Parada está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.

Na parroquia está o mosteiro de San Pedro de Tenorio, e preto del atopábase o castelo de Tenorio, derrubado na Gran Guerra Irmandiña. Neste castelo naceu o nobre medieval Alonso Jofre Tenorio, fillo de Diego Alonso Tenorio, que participou xunto ao rei Afonso X o Sabio en varias campañas militares.

Represión en Tenorio

Tralo Alzamento Nacional de xullo de 1936, leváronse a cabo varias accións represivas na parroquia, ben contra habitantes da mesma, ben contra persoas doutros lugares. O 9 de novembro dese ano foron asasinados 6 dirixentes das sociedades obreiras de Lalín: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luís Varela Sobrado, José Montouto Rodríguez e Eliseo Garra Lalín;[2] catro republicanos de Arbo, Alfonso Alonso Portugués, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo e Telmo Rodríguez Alonso; e Antonio Picallo Buela, da Estrada.

Cultura

A Unión Musical de Tenorio ten a súa orixe na Banda de Música Xuvenil 85, formada en 1985 por José Bugallo Diz. Logo de desavenzas a Banda dividiuse, nacendo a Banda de Música Lírica de Tenorio. As dúas agrupacións reunificáronse en 1999, contando actualmente con máis de 40 membros de entre 10 e 35 anos. En 2002 acadou o 3º posto no II certame de bandas da Deputación de Pontevedra.

Once dos membros da Unión Musical forman parte ao tempo da charanga Charandonga de Tenorio, formada en 2007 e cun repertorio máis festivo e actual.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Tenorio, Cerdedo-Cotobade.
Ponte río Tenorio

Ponte sobre o río Tenorio.

Tenorio4

Vista do Convento e da Igrexa de San Pedro.

Dos llaves gigantes (estatua en Tenorio, Cotobade - 2007)

Estatua dedicada a San Pedro.

Pan de Tenorio, Cotobade

Pan de Tenorio.

Notas

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego).
  2. Igrexas, Manuel: "A masacre dos líderes obreiros en Tenorio" (30/8/2012) en Historias de Deza.

Lugares e parroquias

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Véxase tamén

Outros artigos

A Laxe, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

A Laxe é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 119 habitantes (60 homes e 59 mulleres), o que supón unha diminución de sete persoas con respecto ó ano 2006.

Neste lugar está o petróglifo do Concilleiro.

A Torre Vella, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

A Torre Vella é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 47 habitantes (20 homes e 27 mulleres), catro persoas máis que no ano 2006.

Neste lugar está o cruceiro de Torrevella, feito en 1974 por Eladio Martínez Arosa, e inclúe a inscrición "Tenorio 1974".

Alfonso Alonso Portugués

Alfonso Alonso Portugués, nado en Mourentán en 1903, e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.

Antonio Picallo Buela

Antonio Picallo Buela, nado na Estrada cara a 1896 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un político galego.

Barro, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Barro é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 52 habitantes (27 homes e 25 mulleres).

Neste lugar atópase o cruceiro de Barro.

Calvelo, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Calvelo é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 131 habitantes (66 homes e 65 mulleres), o que supón un aumento de 12 persoas respecto ó ano 2006.

Covas, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Covas é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 161 habitantes (76 homes e 85 mulleres), 21 máis ca en 2006.

A aldea está cruzada de leste a oeste polo rego da Troita, que desauga no río Lérez. Amais, está atravesada de norte a sur polo tramo vello da estrada N-541, agora convertido en travesía.

Galería de imaxes de Tenorio, Cerdedo-Cotobade

San Pedro de Tenorio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

José Gómez Sampayo

José Gómez Sampayo, nado no Pazo de Sande (Arbo) en 1903 en finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.

Lérez, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Lérez é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 109 habitantes (59 homes e 50 mulleres), o que supón un aumento de 15 persoas con respecto ó ano 2006.

Neste lugar está o cruceiro de Lérez. A súa cruz, coas figuras do Cristo e a Virxe, e o capitel foron construídos por Miro, o fillo de Daniel de Tomeza. O varal fíxoo Eloi de Lourido, e a basamenta foi feita polo propietario do cruceiro, José Argibay Pérez.

Manuel Ángel Couto

Manuel Ángel Couto, nado no Río Tenorio (Cerdedo-Cotobade) en 1807 e finado en Caldas de Reis o 1 de abril de 1861, foi un avogado, xuíz e xornalista galego.

O Castro, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

O Castro é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 21 habitantes (11 homes e 10 mulleres), o que supón un aumento dunha persoa con respecto ó ano 2006.

Neste lugar atópanse os restos dun castro da idade de ferro, con croa, terraza, parapeto e foxo.

O Río Tenorio, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

O Río Tenorio é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 43 habitantes (20 homes e 23 mulleres), o que supón unha diminución de cinco persoas con respecto ó ano 2006.

O río Tenorio, afluente do río Lérez, dá nome ó lugar.

Parada, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Parada é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 103 habitantes (50 homes e 53 mulleres), o que supón unha diminución de 5 persoas con respecto ó ano 2006.

Neste lugar, á beira do río Lérez, está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.

Rascadería, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Rascadería é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 41 habitantes (20 homes e 21 mulleres), o mesmo número que no ano 2006.

Neste lugar está o cruceiro da Rascadería.

Tralasmós, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Tralamós é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 105 habitantes (57 homes e 48 mulleres), o que supón un aumento dunha persoa con respecto ó ano 2006.

Neste lugar está o cruceiro de Tralasmós.

Vilanova, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Vilanova é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2017 tiña 196 habitantes (93 homes e 103 mulleres). É a entidade máis poboada da parroquia.

Xosé Núñez Búa

Xosé Núñez Búa, nado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) en 1897 e finado en La Plata en xaneiro de 1981, foi un político, xurista, mestre, escritor e intelectual galego no exilio arxentino.

Zamar, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Zamar é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 38 habitantes (19 homes e 19 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.