Tenis de mesa

O tenis de mesa é un deporte similar ó tenis coa característica especial de que a pelota golpéase ó rebotar nunha mesa. Tamén é coñecido como pimpón. Este termo procede dunha marca rexistrada da empresa John Jaques Ltd.

Competitive table tennis
Competición de tenis de mesa.

Características xerais do xogo

A mesa

As medidas da mesa son: unha lonxitude de 2.74 m (9 pés); unha anchura de 1.525 m (5 pés); a superficie de xogo estará a 76 cm (30 polgadas) do chan. No centro da mesa haberá unha rede cunha altura de 15.25 cm (6 polgadas), que separa os dous campos.

A bóla

A bóla ten un diámetro de entre 38 e 40 mm, circunferencia de 119 milímetros aproximadamente e pesa 2,7 gramos. Será de celuloide ou dun material plástico similar, branca ou laranxa, e mate. Ata fai uns anos, o diámetro da bóla era 38 milímetros, pero foi aumentado a 40 milímetros coa finalidade de conseguir tanteos máis longos.

O partido

Os partidos poden ser individuais ou dobres.

Ata o ano 2002 os partidos eran ó mellor de 3 ou 5 xogos, e constaban de 21 puntos. A partir de entón os partidos dispútanse ó mellor de 5 ou 7 xogos de 11 puntos cada un. O cambio realizouse para facer ó deporte máis atractivo visualmente.

A paleta pódese agarrar principalmente de dúas diferentes formas:

  • A presa europea, que permite utiliza-las dúas caras da pa, dando lugar ós golpes clásicos de dereita, e de revés. Utilizada por xogadores como Jan-Ove Waldner.
  • A presa asiática, que utiliza principalmente unha única cara. Wang Hao utilízaa.

O servizo

O que serve debe lanzar coa palma da man cara a arriba verticalmente a bóla verticalmente. Cando a pelota baixe, será golpeada coa raqueta de xeito que toque primeiro nun lado do campo e, tras pasar por riba da rede sen tocala, no outro. O servizo é incorrecto se, ademais de non se dar calquera das circunstancias anteriores, o xogador falla a pelota con intención de golpeala.

O cambio de saque realízase cada dous puntos e, continúase así ata o final da manga ou ata que o marcador acade 10-10, pois, a partir dese momento, hai un cambio de servizo cada punto.

O servizo deberá repetirse, se a bóla, tras realizalo, toca a rede ou un dos soportes e repetirase tantas veces como sexan necesarias para a realización dun servizo correcto.

Desenvolvemento

Un xogador perde un punto se:

  • Non realiza o servizo correctamente
  • Non consegue devolve-la bóla de xeito que esta bote unicamente no campo do contrincante.
  • Se a súa man libre toca a superficie da mesa mentres a pelota está en xogo.
  • Se golpea dúas veces a pelota consecutivamente.

Cambio de campo

O xogador que empeza nun campo nunha manga, iniciará a seguinte manga no outro campo e, así, ata a fin do partido. Na última manga os xogadores cambiarán de campo no momento en que un deles acade 5 puntos

Arbitraxe

O número de árbitros nun torneo debe ser de dous por mesa, quen levan conta de saques e puntos e supervisan o cumprimento do regulamento.

Historia

Este deporte ten a súa orixe a finais do século XIX en Inglaterra. Os membros dun club de tenis tiñan un local cuberto onde entraban cando chovía, e alí foi onde xurdiu o deporte. Ó principio empregábanse bólas de cortiza, de goma e finalmente se chegou á actual fabricada con celuloide.

En 1901 comezáronse a celebrar no Reino Unido torneos de tenis de mesa chegando a participar 300 xogadores. É deporte olímpico dende o ano 1988.

China é a maior potencia neste deporte, aínda que durante da década dos 90 Suecia acadou a vitoria repetidas veces grazas ós seus xogadores Jan-Ove Waldner (considerado por moitos o mellor xogador da historia), Jorgen Persson, Mikael Appelgreen e Peter Karlson.

Tenis de mesa adaptado

Dadas as características do tenis de mesa, é un moi bo deporte para persoas que sofren algunha minusvalía física, as cales se integran co resto de xogadores, minusválidos ou non. Estes xogadores, á marxe de que existen competicións específicas, forman parte dos campionatos e ligas regulares, participando bastantes deles en ligas nacionais (algún xogando en cadeira de rodas).

Nas competicións de xogadores en cadeira de rodas, a bóla debe saír pola liña de fondo da mesa para que o punto sexa sumado. No caso de que saia por un lateral, o punto será nulo. Nos partidos de dobres de cadeira de rodas a parella non ten por que golpear a bóla alternativamente.

AD Xiria

A Asociación Deportiva Xiria é un club polideportivo da cidade de Carballo, A Coruña (Galiza) que conta na actualidade con equipos federados de balonmán, baloncesto, xadrez e voleibol. Fundada en 1983 tamén contou con seccións de atletismo e tenis de mesa, que finalmente acabarían por desaparecer.O primeiro deporte federado da asociación foi o voleibol, presentándose cun equipo en categoría infantil masculina que chagou disputar o Campionato de España ese mesmo ano. Posteriormente foron aparecendo novas seccións, das que algunhas desapareceron e outras foron medrando no seu número de equipos e nivel deportivo, o que levou á asociación a separar as partidas económicas e que cada unha delas se autoxestionara.

A Graña, Ferrol

Santa Rosa de Viterbo da Graña é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 448 habitantes (245 mulleres e 203 homes) distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 541 habitantes.

Limita ao norte coa parroquia de Brión, ao leste coa Cabana, ao oeste con Brión e ao sur coa ría de Ferrol. O topónimo fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola.

A Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Y da Graña desenvolve actividades como o fútbol, remo, balonmán ou tenis de mesa.

Alemaña nos Xogos Europeos de 2015

Alemaña participa nos Xogos Europeos de Bakú 2015 cunha delegación de 266 deportistas. O responsábel do equipo nacional é o Deutscher Olympischer Sportbund, así como as federacións deportivas nacionais responsábeis de cada deporte con participación nos xogos.

Almtuna IS

O Almtuna IS é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Uppsala, no condado homónimo (Suecia). Actualmente compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco, a Hockeyallsvenskan. Xoga os seus partidos como local no Metallåtervinning Arena, un pavillón con capacidade para aproximadamente 2.800 espectadores.

O Almtuna IS foi fundado en 1932 con equipos de fútbol, bandy e tenis de mesa. En 1947 engadiuse o hóckey sobre xeo ás disciplinas do club, e nos anos 1980s o club converteuse nun club adicado exclusivamente a esta modalidade deportiva, engadindo un equipo feminino en 2006.

CDUP

O Centro Desportivo Universitário do Porto ou CDUP é un club de rugby portugués da cidade de Porto. O CDUP é un dos equipos máis importantes de Portugal ao achegar tres xogadores á Selección de rugby de Portugal na Copa do Mundo de Rugby 2007. En Portugal, o rugby é considerado traditionalmente un deporte universitario.

O club foi fundado en 1964 e evolucionou ata a máxima categoría do rugby portugués, o Campionato portugués de rugby ou División de Honra.

Ademais da sección de rugby conta con moitas outras modalidades deportivas tales coma: atletismo, balonmán, bádminton, baloncesto, bridge, piragüismo, natación, wáter-polo, remo, tenis de mesa, voleibol e xadrez.

Centro Recreativo Cultural de Redondela (tenis de mesa)

O Centro Recreativo Cultural de Redondela é un equipo de tenis de mesa que pertence á 3ª división galega, vencellado ao Centro Recreativo Cultural de Redondela.

Fundouno no ano 2004 José Virulegio. En 2004 rematou último da clasificación e en 2005, con Joaquín Ojea como adestrador, o equipo acadou a 9ª plaza da 3ª división galega sur. En 2006 o equipo rematou na 3ª praza, a 10 puntos do ascenso.

Os seus xogadores son Óscar Villaverde, Manuel Vila, José Ángel Campos, Olmo Amoedo e Óscar Couñago. O delegado é José Virulegio e o árbitro David Sánchez Tierra. Xogan na sede do Centro Recreativo Cultural, en Redondela.

Club Atlético San Sebastián

O Club Atlético San Sebastián é unha entidade polideportiva da cidade de Donostia, fundada no ano 1958, que ten seccións de rugby, atletismo, baloncesto, natación, pelota, tenis, sófbol, hóckey, piragüismo, tríatlon e tenis de mesa. O club ten uns 4000 socios e preto duns 1000 deportistas federados.

Club Sport Emelec

O Club Sport Emelec é unha entidade polideportiva ecuatoriana da cidade de Guayaquil, fundada o 28 de abril de 1929, mais coñecida pola sección de fútbol, unha das máis laureadas do país con 10 títulos da Liga ecuatoriana, incluída a edición inaugural de 1957.

Outras seccións do club adícanse ó béisbol (17 títulos nacionais), baloncesto (14 títulos nacionais), boxeo, natación, ximnasia, voleibol, tenis de mesa, birlos, ciclismo, judo, fisioculturismo, levantamento de pesos e hóckey.

O club mantén unha intensa rivalidade co seu veciño de Guayaquil, o Barcelona SC, co cal disputa anualmente o chamado Clásico do Estaleiro, un dos derbis mais importantes do país. Tamén existe moita rivalidade deportiva con outros grandes clubs de Ecuador como o LDU Quito, o CD El Nacional ou o Deportivo Quito.

O equipo de fútbol do CS Emelec xoga os seus encontros como local no Estadio George Capwell, así chamado en memoria do fundador do club, un empresario norteamericano que construíu unha central eléctrica na cidade, e que fundou o club para que os traballadores da Empresa Eléctrica de Ecuador practicasen os seus deportes preferidos (de aí o nome do club). O estadio, inaugurado o 2 de decembro de 1945, foi o primeiro estadio do país propiedade dun club. Actualmente ten capacidade para acoller a 30.016 seareiros nas bancadas.

En xuño de 2010, a IFFHS elixiu ó CS Emelec como mellor equipo do mes en todo o mundo, feito insólito no fútbol ecuatoriano.

FC Köln

O Fußball-Club Köln é un equipo de fútbol alemán, da cidade de Colonia. Foi fundado en 1948, como unha fusión dos equipos Kölner Ballspiel-Club 1901 e SpVgg Sülz 07.

Como moitos doutros clubs profesionais de fútbol de Alemaña, o FC Köln tamén incorpora departamentos doutros deportes, neste caso o balonmán, tenis de mesa e ximnasia. Os principais rivais do club son Bayer Leverkusen, Borussia Mönchengladbach, e Fortuna Düsseldorf - todos os clubs da mesma rexión xeral, cerca do río Rin.

Illa Palm

A illa Palm é unha pequena illa do arquipélago das Illas Granadinas, a 1´6 km da illa Unión, e só accesible por barco. Ten unha superficie de 0´55 km², e ten cinco praias.

Orixinalmente coñecida como a illa de Prune, Illa Palm debe o seu nome actual aos antigos propietarios, o falecido John Caldwell (coñecido como Johnny Coconuts, "Johnny Cocos") e a súa esposa Mary, prantaron centos de cocos, producindo a transformación do deserto e os pantanos infestados de mosquitos existentes na illa nun territorio cuberto de palmas. A súa pista de aterraxe de herba foi sacrificado para sementala de palmas, trala construción dunha pista de cemento de 752 m na veciña illa Unión. O edificio circular da torre de control de tráfico aéreo segue en pe malia que agora se utiliza como vivero de palmas novas.

En Palm Island é o fogar do resort Palm Island e vinte residencias privadas. Hai dous restaurantes (o restaurante Royal Palm e o Sunset Grill), dous bares, un spa, piscina, ximnasio, biblioteca, pista de tenis, tenis de mesa e sala de TV/Internet ademais doutras instalacións para os hóspedes. Normalmente, o complexo atende a 80 persoas con 93 empregados.

A illa é agora un refuxio para a fauna e durante o ano 2015, introducíronse 125 tartarugas de terra para substituír a pequena poboación que foi arrastrada polo furacán Iván en 2004. Malia que non é indíxena, a vexetación é similar á illa Unión, de onde se traen as tartarugas que son liberadas cando crecen máis aló do tamaño que lles serían ser presa das iguanas terrestres nativas.

Jan-Ove Waldner

Jan-Ove Waldner, nado en Estocolmo o 3 de outubro de 1965, é un xogador de tenis de mesa retirado sueco. Foi coñecido como "o Mozart do tenis de mesa", e está considerado un dos mellores xogadores de tenis de mesa de todos os tempos. É unha lenda do deporte en Suecia e na China, onde é coñecido como 老瓦 Lǎo Wǎ ("Vello Waldner") ou 常青树 Cháng Qīng Shù ("Árbore Sempre Verde"), a causa da súa extraordinaria lonxevidade e competitividade.

Pavillón Multiusos Fontes do Sar

O Pavillón Multiusos Fontes do Sar é un pavillón cuberto multiusos, situado en Santiago de Compostela e construído en 1998. Pertence ao concello capitalino, e está xestionado pola sociedade mixta XADE. Ten unha capacidade de 5.060 espectadores (6.050 coa instalación de bancadas supletorias e 9.000 para concertos).

Serve de feudo aos equipos Santiago Futsal de fútbol sala, Blusens Monbus Obradoiro de baloncesto, e ao Arteal de tenis de mesa.

Ten 10.000 m² de superficie e conta cun amplo ximnasio público. Nos exteriores ten piscinas ao ar libre e 700 prazas de aparcadoiro. Está situado na rúa de Diego Bernal s/n.

Reus Deportiu

O Reus Deportiu é un club polideportivo catalán, da cidade de Reus (Tarragona). É especialmente coñecido polo seu equipo de hóckey a patíns, aínda que tamén conta con seccóns de xadrez, atletismo, baloncesto, excursionismo, ximnasia rítmica, patinaxe artístico, rugby, tenis, tenis de mesa, espeleoloxía e balonmán, entroutras. Foi fundado en 1909, aínda que non debe confundirse co CF Reus Deportiu; a pesar de que ámbolos dous clubs compartiron un pasado común, e as mesmos cores (negro e vermello), dende 1951 son sociedades distintas.

Section Paloise

O Section Paloise é un equipo de rugby francés da cidade bearnesa de Pau, nos Pireneos Atlánticos, que compite na Pro D2, a segunda categoría do rugby francés. Ademais da sección de rugby consta doutras seccións deportivas: boxeo, esgrima, karate, kendo, tenis de mesa e pelota vasca.

Selección de tenis de mesa de Galicia

A selección galega de tenis de mesa é o combinado galego de xogadores e xogadoras galegas de tenis de mesa.

A selección masculina xogou o seu primeiro partido internacional o 15 de xullo de 2006 no Pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, fronte á selección de Portugal. O encontro foi de carácter amigábel, e rematou con derrota galega por 0-5. O partido desenvolvíase no marco do trofeo Galiza de seleccións. Os xogadores galegos foron Adrián Vidal, Xoán Enseñat, Valeri Malov e Xacobe Enseñat. O seleccionador foi Fernando Xosé Padín.

Xogos Europeos de 2015

Os Xogos Europeos de 2015 tamén denominados Bacú 2015 foron a edición inaugural dos Xogos Europeos, un evento multideportivo disputado entre atletas dos Comités Olímpicos Nacionais de Europa. Os xogos dispútanse na cidade de Bacú, Acerbaixán entre os días 12 e 28 de xuño de 2015. Este evento citou a máis de 6.000 atletas dos diferentes Comités Olímpicos Nacionais do continente europeo para competir en 253 eventos de 20 deportes diferentes.

Xogos Olímpicos de 1988

Os Xogos Olímpicos de 1988, oficialmente chamados Xogos da XXIV Olimpíada, foron realizados en Seúl, capital da Corea do Sur, entre o 17 de setembro e o 2 de outubro de 1988, coa participación récord de 159 países e 8.465 atletas, entre eles 2.194 mulleres.

Após os boicots ocorridos nos xogos anteriores en Montreal, Moscova e Os Ánxeles, estes Xogos tiveron a presenza de estados de todo o planeta, a excepción de Corea do Norte, a súa veciña comunista, que non tivo atendido o seu pedido para unha co-participación como sede olímpica e de Cuba.

Países como Etiopía, Illas Seychelles e Nicaragua tampouco participaron debido a dificultades económicas para enviaren os seus equipos.

Os Xogos de Seúl lémbranse polo seu suceso máis escandaloso: o dopaxe do velocista canadense Ben Johnson, que conseguira unha medalla de ouro e unha marca mundial na proba dos 100 metros lisos.

Xogos Olímpicos de 2012

Os Xogos Olímpicos de 2012, correspondentes aos Xogos da XXX Olimpíada, tiveron lugar en Londres entre o 27 de xullo e o 12 de agosto de 2012.

Xogos Olímpicos de 2016

Os Xogos Olímpicos de 2016, (en portugués: Jogos Olímpicos de Verão de 2016), oficialmente coñecidos como Xogos da XXXI Olimpiada ou máis comunmente coñecidos como Rio 2016, foron un evento multideportivo internacional celebrado no Río de Xaneiro, Brasil, dende o 5 ó 21 de agosto de 2016.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.