Tempo Universal Coordinado

O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes.

Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxios atómicos. Debido ao feito de que a rotación da Terra se atrasa relativamente ao tempo atómico, o UTC sincronízase co día e a noite de UT1, ao que se suma ou subtrae segundos de salto tanto a finais de xullo como de decembro, cando é necesario. A entrada en circulación dos segundos de salto é determinada polo Servizo Internacional de Rotación da Terra, con base nas súas medicións da rotación da Terra.

"UTC" é unha abreviatura particular: é unha variante do tempo universal, (universal time, abreviadamente UT) e o modificador C (por "coordenado"), foi incluído para enfatizar que é unha variante de UT.

Os tempos UTC de verdadeira alta precisión só se poden determinar unha vez coñecido o tempo atómico, que se establece mediante a reconciliación das diferenzas observadas entre un conxunto de reloxios atómicos mantidos por un determinado número de oficinas do tempo nacionais. Isto só é feito baixo coordenación da Oficina Internacional de pesos e medidas (Bureau international des poids et mesures - BIPM ). Non obstante, os reloxios atómicos son tan exactos que só os máis precisos computadores necesitan usar estas correccións; e a maioría dos utilizadores de servizos de tempo utilizan os reloxios atómicos que teñan sido previamente configurados como UTC, para estimar a hora UTC.

Debido aos segundos de salto, é imposible determinar que representación virá a ter unha data futura, pois o número de segundos de salto que se ten que incluír na data é aínda descoñecido.

UTC é o sistema de tempo utilizado por moitos standards da Internet e da World Wide Web. En particular, deseñouse o Network Time Protocol como unha forma de distribuír o tempo UTC na Internet. Algunhas emisoras internacionais de radio e televisión, como a BBC World Service, utilizan a UTC nas súas emisións, así como os radioafeccionados DX e na aviación.

World Time Zones Map
Zonas horarias no mundo.

Exemplo

O servidor da Wikipedia, por exemplo, utiliza UTC como base para a súa lista de actualizacións de artigos. O horario UTC da Wikipedia neste momento é 09:10 (momento da impresión, en caso de que estea visualizando unha versión impresa).

Na literatura

En 2012 a Editorial Galaxia publicou a novela de Santiago Lopo, Hora zulú, cuxa trama xira en torno á medición da hora UTC, o paso do tempo e a súa influencia na vida das persoas. [1]

Notas

  1. "«Control do tempo, control da vida»" Galicia Confidencial, 29/01/2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aluaxe

Unha aluaxe é a chegada dunha aeronave na superficie da Lúa. Isto inclúe tanto as misións tripuladas como as robóticas. O primeiro obxecto feito por humanos que logrou chegar á superficie da Lúa foi a misión Luna 2 da Unión Soviética, o 13 de setembro de 1959.O Apollo 11 estadounidense foi a primeira misión tripulada en chegar á Lúa, o 20 de xullo de 1969. Realizáronse outras seis aluaxes tripuladas (entre 1969 e 1972) e numerosas aluaxes non tripuladas, sen aterraxes suaves entre o 22 de agosto de 1976 e o 14 de decembro de 2013.

Até o presente, os Estados Unidos de América é o único país en conseguir enviar misións tripuladas exitosas á Lúa, sendo a última delas en decembro de 1972.

Día

Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia.

Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite"). Non é unha unidade do SI, pero acéptase o seu uso con el. É unha unidade de tempo fundamental do sistema de unidades UAI.

O día, ademais de tratarse da primeira forma de medir o tempo que tivo o home, divídese en 24 horas de 60 minutos cada unha, que, á súa vez, subdivídense en curtos períodos de 60 segundos. Deste xeito, xa que logo, un día tamén dura 86.400 segundos.

Fuso horario

As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usábase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio. Os fusos horarios xeralmente están centrados nos meridianos das lonxitudes que son múltiplos de 15°; porén, como se ve no mapa anexo, as formas dos fusos horarios reais son ás veces bastante irregulares para se axustar mais ás fronteiras dos países.

Todos os fusos horarios defínense en relación ao Tempo Universal Coordinado (UTC), o fuso horario que contén Londres.

Liña internacional de cambio de data

A liña internacional de cambio de data é unha liña irregular imaxinaria na superficie da Terra trazada sobre o océano Pacífico, próxima ó meridiano 180, que cando se cruza supón o cambio de data (exactamente un día). Pasar a liña de leste a oeste fai que a data cambie ó día seguinte (perda dun día). Ó revés fai gañar un día. A súa necesidade radica na forma de variar a hora, cara ó Leste (máis temperán), ó Oeste máis tarde (en relación ó meridiano de Greenwich). Esta liña pasa polo estreito de Bering entre Alasca e Siberia, polo que ambas teñen diferentes datas, pero a maioría do percorrido transcorre en medio do océano e non dificulta o mantemento de ningunha hora local.

Translación da Terra

Denomínase translación ao movemento da Terra ao redor do Sol, a cal describe á súa ao redor unha órbita elíptica na que o Sol está nun dos focos.

Se se toma como referencia a posición dunha estrela, a Terra cumpre unha volta nun ano sideral (ou sidéreo) cuxa duración é de 365 días, 6 horas, 9 minutos e 10 segundos. O ano sideral é de pouca importancia práctica. Para as actividades terrestres ten maior importancia a medición do tempo segundo as estacións, divisións do ano que se definen de xeito astronómico pero que teñen sentido non só en relación ós cambios na posición do Sol no ceo, senón tamén na temperie.

Tomando como referencia o lapso transcorrido entre un inicio da primavera e outro, cando o Sol atópase no punto vernal, o ano trópico dura 365 días 4 horas 48 minutos e 46 segundos. Este é o ano utilizado para realizar os calendarios.

A órbita ten un perímetro de preto de 930 millóns de quilómetros, cunha distancia media ao Sol de preto de 150 000 000 km, distancia que se coñece como Unidade Astronómica (U.A.). Disto dedúcese que a Terra desprázase no espazo a unha velocidade de 106 000 km cada hora ou 29,5 km cada segundo.

O feito de que a órbita sexa elíptica fai que a Terra nalgún momento estea no lugar da órbita máis afastado do Sol, denominado afelio, feito que se pruduce en xullo. Nese punto a distancia do centro da Terra ao centro do Sol é de 152 097 701 km. De xeito análogo, o punto da órbita máis próximo ao Sol denomínase perihelio e ocorre en xaneiro, cunha distancia de 147 098 074 km entre centros. A situación da Terra no afelio e no perihelio correspóndese de xeito aproximado cos solsticios de verán e inverno (xa que non coinciden os puntos de máximo afastamento e máximo achegamento cos puntos de máixma inclinación do eixe da Terra coa liña Terra-Sol).

No ano 2017 o punto da órbita da Terra máis próximo ó Sol prodúxose o día 4 de xaneiro, ás 11:59 hora peninsular (10:59 Tempo Universal Coordinado), momento no que a Terra se achegou máis ó Sol

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.