Televisión de Galicia

A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, é unha canle televisiva galega que forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia do Bando, no concello de Santiago de Compostela.

No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia[1], pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia[2].

Coordenadas: 42°53′30.42″N 8°28′10.96″O / 42.8917833, -8.4697111

TVG
Televisión de Galicia Logo
Logo da TVG.
Inicio das emisións 24 de xullo de 1985 (34 anos)
Propiedade de CRTVG
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 9,9% (marzo de 2019, TVG)
País Galicia Galicia
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Sede central Santiago de Compostela
Canle/s irmá(s) tvG2
TVG Europa
TVG América
Páxina web TVG
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 25 (A Coruña)
40 (Santiago)
59 (Lugo)
50 (Ourense)
58 (Pontevedra)
Satélite
Digital+ Dial 303
Cable
R Dial 110
R TVG 2 Dial 118
Bragatel Dial 29
IPTV
ONO Dial 991
Imagenio Dial 174
Televisión por internet
TVG á carta TVG á carta

Historia e características

Logo+TVG
Antigo logo da TVG.

As obras da súa sede comezaron o 8 de outubro de 1984, a dirección xeral de medios de comunicación tivo que crear unha rede de reemisores[3] para que puidese transmitir, finalmente inaugurou as súas emisións ás 19:30 do 24 de xullo de 1985 cos actos en directo da súa inauguración[4] e pola noite a retransmisión en directo dos actos do Día do Apóstolo en Santiago. O 25 de xullo emitiu a súa primeira película, a curtametraxe Mamasunción de Chano Piñeiro. Logo destas probas suspendeu a transmisión, emitindo nos meses seguintes 150 horas en probas[5] ata o 1 de setembro, cando comezou a programación regular, con 39 horas de emisión á semana. Emite 168 horas á semana e preto do 70% é de produción propia. [Cómpre referencia]

Ó longo da historia, os diversos directores da canle foron Guillermo Montes, Xosé Luis Blanco Campaña, Gerardo González Martín, Xerardo Rodríguez, Xosé Rodil Lombardía, Arturo Maneiro, Anxo Quintanilla, Suso Iglesias e Rosa Vilas.

O 31 de decembro de 1996 a canle Galeusca TV, da que tamén formaban parte ETB e TV3, iniciou as súas emisións regulares cara América vía satélite e o 17 de maio do ano seguinte a TVG comezou a transmitir pola internet. Desde a desaparición da Galeusca TV, a TVG emite para o resto de España e Europa por satélite e redes de cable a canle Galicia TV Europa e para América Galicia TV América.

A TVG emite integramente en galego para Galicia, malia iso emite algún programa en castelán para o exterior; a publicidade, que durante moito tempo foi predominantemente en castelán, tende a igualarse nas dúas linguas. Non obstante, a primeira canle televisiva en emitir en galego, malia que parcialmente, foi o Centro Territorial de RTVE en Galicia.

A TVG forma parte da FORTA, unha federación de diferentes televisións autonómicas do estado español.

A segunda canle

Artigo principal: tvG2.

Aínda que dixera que poría en marcha a súa segunda canle, G2, o 25 de xullo de 2008[6], ao final fíxoo, tras fallar outubro de 2008[7][8], o 2 de febreiro de 2009[9][10]. Facéndoo con demora, porque xa se apuntara noutrora que ía ser no 2006 e, co anterior director, no 2005.

Esta segunda canle emite de luns a venres bloques infantís de 13.45 a 15.30 e de 18.00 a 20.30 e o resto das horas reemite a programación de Galicia TV América; as fins de semana están exclusivamente dedicadas ó deporte. O director da CRTVG na época de aparición da G2, Benigno Sánchez, tiña previsto que a canle emitira de luns a venres de 07.00 a 00.45 programación de divulgación, cultural, deportiva, documentais, cine e programación infantil e xuvenil; para as fins de semana centrarse no deporte, con especial atención ó minoritario e ó de base, e na cultura. Na década do 2000, anunciárase a creación dunha canle de noticias para o 2010 e dunha cuarta canle posterior sen confirmar a temática. Finalmente, ningunha destas dúas canles viu a luz.

Imaxe corporativa

TVG 1985

Logo de Televisión de Galicia dende 1985 a 1994

TVG 1996

Logo de Televisión de Galicia dende 1994 a 1997

TVG 1999

Logo de Televisión de Galicia dende 1997 a 2006

Televisión de Galicia Logo

Logo de Televisión de Galicia dende 2006

Gravación Luar
Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.
Presentador TVG-Festa Malla Doade 2015 13
Conexión da TVG na Festa da Malla de Doade (2015)

Clasificación dos programas máis vistos por tempada

Artigo principal: Clasificación dos programas galegos máis vistos por tempada.

Notas

  1. "A TVG, líder autonómica por primeira vez na súa historia", La Voz de Galicia.
  2. Arturo Maneiro e Alfonso Cabaleiro, "A TVG". Lea, 1993, páxina 47.
  3. Mª Luz Ríos Rodríguez e Mª Carmen Saavedra Vázquez (coord.) As institucions galegas na historia. USC, 2004, páxina 608
  4. "25 anos da TVG". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2010.
  5. Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52
  6. El País - La apertura de un segundo canal aboca a TVG a aumentar el gasto
  7. Mundoplus - El segundo canal de la TVG costará el primer año dos millones
  8. agalega.info - 'Cousiñas' será o primeiro programa da Galega para menores de 3 anos[Ligazón morta]
  9. "A Nosa Terra - En 15 días emitirá G2, a segunda canle da Galega". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de xaneiro de 2009.
  10. G2, a segunda canle da Galega, estrearase o vindeiro luns

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Apaga a luz

Apaga a luz foi unha serie da TVG, emitida en 1999. Estaba dirixida por Carlos Alleres e Miguel Piñeiro.

Entre os seus actores estaban Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Santi Prego.

As leis de Celavella

As leis de Celavella é unha serie de televisión de suspense e misterio emitida pola Televisión de Galicia e producida por Voz Audiovisual dende o 19 de xaneiro do 2004 e o 2006. Gañadora de nove estatuíñas do premio Mestre Mateo 2004, 10 no 2005.

Ambientada en 1925, conta a historia dun avogado que volta á súa vila logo de estudar en Santiago de Compostela para dirixir o despacho de seu pai.

Casa Manola

Casa Manola é unha serie de televisión, do xénero da comedia, con guión de Jacobo Paz Limia e Xosé Antón Moure Ferreiro, producida por Filmanova para Televisión de Galicia dende 2014.

Chapa e pintura

Chapa e pintura é unha comedia de situación emitida pola Televisión de Galicia dende o 7 de outubro de 2013.

Corporación de Radio e Televisión de Galicia

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de Galicia. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas Televisión de Galicia S.A. e Radio-televisión de Galicia S.A. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.

Escoba!

Escoba! é unha serie de televisión coral, que foi emitida pola Televisión de Galicia entre 2011 é 2014.

Fíos

Fíos foi unha serie que se realizou en 2001 e que se emitiu na TVG en 2002, produciuna La Región TV e custou 757.272 €. Comedia dirixida por Suso Iglesias, estaba ambientada nunha empresa téxtil familiar.

Luci

Luci é unha comedia de situación emitida pola Televisión de Galicia dende abril de 2014 (cun episodio piloto en 2013).

Maridos e mulleres

Maridos e mulleres é unha serie producida por Zenit para a Televisión de Galicia en 2005. Consta de 26 capítulos, a acción localízase na urbanización dos Anxos, no concello de Ames, próxima á cidade de Santiago de Compostela e o argumento corre arredor de catro familias novas.

Pepe o inglés

Pepe o inglés é unha serie da Televisión de Galicia que comezou a emitirse o 13 de febreiro de 2006. Comedia de situación, céntrase en Pepe, propietario dun taller de reciclaxe, home fascinado por todo o inglés, con Suso, un seu axudante, fai pequenos inventos. Todo mudará coa chegada de Pilar ó barrio.

Pequeno Hotel

Pequeno Hotel é unha comedia de televisión producida por CTV e que emitiu a Televisión de Galicia no ano 2001. A acción céntrase nas vivencias dos traballadores e clientes dun hotel localizado a carón da muralla de Lugo. A trama céntrase nas relacións entre os personaxes, donos e empregados do hotel, e os hóspedes que nel se aloxan.

A boa situación do hotel dará pé á presenza de moitos famosos que ou ben interveñen nas tramas ou participan coa súa presenza. O ton de comedia é o predominante e o humor será o fundamental na resolución de todas as situacións.

Radio Galega

Radio Galega (RG) é o nome da radio pública de Galicia, integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, que inclúe tamén á Televisión de Galicia (TVG). Comezou a emitir, en fase de probas, o 24 de febreiro de 1985 e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo dese ano. Desde mediados de 2009 a súa directora é a xornalista Rosa Martínez, en substitución do tamén xornalista Virxilio Costas.

Rías Baixas (serie de televisión)

Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).

Servicio de urxencias

Servicio de urxencias é unha serie realizada pola Televisión de Galicia, tratábase da primeira serie de ficción de produción propia.

Terra de Miranda

Terra de Miranda é unha serie feita por Zopilote e Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, cos exteriores gravados en Mondoñedo. Comezou a emitirse en 2001. Pechou o seu exitoso percorrido na pequena pantalla no 2007 cunha tempada de 26 capítulos nos que acadou unha media de 150.000 espectadores e un 14,7% de share.

A serie comeza cunha veterinaria que chega a unha vila da Galicia interior cos seus dous fillos pequenos para esquecer a súa separación, pero coa xubilación próxima dun seu tío alí residente, tamén veterinario, decide facerse cargo do posto que deixa vacante.

TvG2

A tvG2, ata setembro do 2009 chamada G2, é a segunda canle de televisión da Corporación de Radio-Televisión de Galicia.

Un mundo de historias

Un mundo de historias é unha serie producida por Pórtico Comunicación que se gravou no ano 2000 e emitiu a TVG no ano 2002. Dirixiuna Antón Dobao e conta as vivencias do cineasta de ficción Hadrián Castiñeira tras a volta á súa terra de orixe logo da morte de seu pai. Cada un dos sete capítulos baséase nun conto da literatura galega dos autores Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Carlos Casares, Rafael Dieste, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Ramón Otero Pedrayo e Eduardo Blanco Amor.

Unha de romanos

Unha de romanos foi unha serie de humor da Televisión de Galicia que se emitiu en 1991.

Viradeira

Viradeira é unha serie de televisión emitida pola Televisión de Galicia, creada e producida por Voz Audiovisual.

Os seus exteriores fílmanse en Mugardos, que na serie fai de Dorneda, a vila mariñeira onde se desenvolve a acción.

Canles de televisión nacionais de Europa
Países:
Outros:
Desaparecidos:
Programación da Televisión de Galicia
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Produción allea
Televisión en España
Cadeas xeralistas
TDT
Desaparecidas
Operadores de pago
Cadeas autonómicas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.