Televisión Española

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España. Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid). Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

TVE
TVE
Logo da TVE.
Inicio das emisións 28 de outubro de 1956
Propiedade de RTVE
Formato da imaxe 576i SD 4:3 16:9
720p HD 16:9
Slogan Parte de ti
País España España
Lingua español
Área de emisión España, mundial
Sede central Pozuelo de Alarcón, Madrid
Canle/s irmá(s) La 1
La 2
Clan
Canal 24h
Teledeporte
TVE HD
Servizo en diferido TVE Internacional
Páxina web Páxina web da RTVE
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT
Satélite
TVE Internacional

Historia

A aparición da Televisión Española no ano 1956 é o comezo da televisión en España. A Constitución española define a súa misión no artigo 20: "Que protexe o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión".

No ano 1962 pasa a depender do Ministerio de Información e Turismo, do cal era Ministro Manuel Fraga Iribarne. Os primeiros contidos da canle eran informativos, musicais e publicidade. Todos os programas emitíanse en directo dende o Paseo de la Habana (Madrid).

En novembro de 1966 aparece a segunda canle de TVE (TVE2). En TVE2 emitiríanse os contidos deportivos, culturais e de servizo público de baixa audiencia.

En 1974 comeza a emitir en galego a media hora do programa informativo Panorama de Galicia.

En 1990 aparece a Lei de Televisión Privada a trae con ela novas canles (Antena 3, Telecinco, Canal+).

En 1994 créanse as canles temáticas Teledeporte e Canal Clásico que emiten vía satélite (agora Teledeporte emite por TDT), tamén comeza a emitir por vía satélite TVE internacional lanzado en 1989.

O 1 de xaneiro de 2010 desapareceu a publicidade en todas as súas canles (igual que noutras cadeas públicas europeas como a BBC ou France 2). Ademais eliminouse a posibilidade de que TVE poida ter canles TDT de pagamento como os operadores privados.

Coa chegada da Televisión Dixital Terrestre Televisión Española conta con maior número de canles. O 3 de abril de 2010 completouse o apagamento analóxico, cesando definitivamente as emisións de La 1 e La 2 por este medio.

Logotipos

1er logo TVE Logo de TVE (1960'-1991) Logo TVE (1991-2008) TVE
1956 - 1962 1962 - 1991 1991 - 2008 2008 - Actualidade

Canles

Canles de TVE
Cadea Descrición Dispoñible por
Logo TVE-1.svg
La 1
Cadea xeralista que contén principalmente series españolas e latinoamericanas, cine (sobre todo nacional e norteamericano), magazines e reportaxes de actualidade, informativos e algunhas das competicións deportivas máis populares. É a primeira canle de televisión creada en España, o 28 de outubro de 1956. TDT / Digital+ / Euskaltel / Imagenio / Cable / Orange TV / ONO
Logo TVE-2.svg
La 2
Cadea cultural e de atención ao cidadán que emite unha programación composta por espazos de cultura e cidadanía, series norteamericanas, documentais, cine español e europeo, reportaxes e debates, informativos alternativos, culturais e musicais, e antigamente espazos de teleteatro. Ofrece unha televisión alternativa ás televisións xeralistas. Foi antigamente coñecida como a segunda cadea ou o UHF, xa que foi a primeira canle española que utilizou esta banda de emisión. É a segunda canle máis antiga de España, lanzada o 15 de novembro de 1966. TDT / Digital+ / Euskaltel / Imagenio / Cable / Orange TV / ONO
Logo TVE-24h
24h
Canle temática de noticias creada en 1997, que emite informativos cada media hora, espazos de debate e análise, entrevistas, magazines de actualidade e reportaxes emitidas noutras canles de TVE. É a primeira canle de noticias en España. TDT / Digital+ / Hotbird / Hispasat / IA13 / NSS7 / Cable / Imagenio / Orange TV / Euskaltel / ONO / GTD Manquehue
Tve teledeporte
Teledeporte
Canle temática creada en 1994 que emite competicións deportivas que non poden ser emitidas en directo por La 1 ou La 2, ou que son minoritarios e de audiencia escasa. Ademais produce resumos da xornada deportiva. TDT / Digital+ / Hispasat / Euskaltel / Cable / Imagenio / Orange TV / ONO
Tve clan
Clan
Canle temática principalmente infantil creada en 2005, pero tamén emite programación xuvenil pola noite e series repetidas de TVE pola madrugada. A súa programación é case completamente de ficción (animada ou non). TDT / Digital+ / Cable / Imagenio / Euskaltel / ONO
Logo TVE-Internacional
TVE Internacional
Sinal internacional de Televisión Española para a emisión de contidos televisivos no estranxeiro, creado en 1989. Transmite programas de La 1, La 2 e o 24h. Divídese á súa vez en tres sinais, destinadas para América, Europa e Asia respectivamente. Satélite Hot Bird 13ºE
Logo TVE-HD
TVE HD
Canle en alta definición de TVE creada en 2008 que emite en probas a través da TDT en toda España tras o apagamento analóxico do 4 de abril. TDT

Centros territoriais e de produción

Ademais dos seus estudos en Madrid, TVE conta ademais con dous centros de produción:

  • TVE Cataluña: destinado á produción de programas rexionais en catalán, e de outros programas a nivel nacional, como Saber y Ganar, ademais dalgunhas cadeas da corporación, como La 2 ou Teledeporte. O centro fundouse en Miramar en 1959, e os seus estudos atópanse actualmente, e desde 1983, en Sant Cugat del Vallès. Emite o seu informativo territorial L'informatiu todos os días.
  • TVE Canarias: dedicado á produción de programas da rexión e á adaptación de programación debido á diferenza horaria de Canarias. Fundado en 1964, ten a súa sede nas Palmas de Gran Canaria, e ata 1971 tivo autonomía completa relativa á programación ata que puido enlazar a La 1 peninsular a través da rede de satélites Intelsat. Emite o seu informativo territorial todos os días.

No resto de comunidades, TVE conta en cada unha delas cun Centro Territorial encargado de realizar o informativo da rexión. O devandito informativo emítese de luns a venres ás dúas en punto (agás Canarias, que emite tamén os sábados e domingos; e Cataluña, que ademais emite unha segunda emisión do seu informativo territorial ás 8 en La 2). Os seus nomes, idioma e anos de creación son:

Televisión Española non conta cun Centro Territorial na Comunidade de Madrid, debido a que a sede central da Corporación RTVE xa se atopa en Madrid, aínda que si emite Informativo Madrid.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Canal 24 Horas

O Canal 24 Horas é unha canle de televisión pertencente a Televisión Española, que emite noticias de xeito ininterrompido para España e o mundo. Comezou as súas emisións ás 14 horas do 15 de setembro de 1997, dentro da plataforma de televisión por satélite Vía Dixital, sendo a primeira canle de información continua en España.

A programación estrutúrase en bloques de noticias de media hora de duración que comprenden información sobre a actualidade nacional e internacional, sociedade, cultura, economía, deportes e información meteorolóxica.

Cifras e letras

Cifras e letras é un programa concurso de preguntas e respostas, emitido pola Televisión de Galicia inspirado no programa francés Des chiffres et des lettres. Entre 1991 e 1996, houbo unha versión en español, emitida en La 2 de Televisión Española.

O programa é obra das produtoras CTV S.A. e Centroña PC. Preséntao Paco Lodeiro, coa colaboración técnica da escritora María Canosa (que substituíu a Yolanda Castaño desde o 21 de setembro de 2011) e do físico Jorge Mira, ela como experta en letras e el como experto en cifras. Emitiuse, dende o 13 de febreiro de 2006, de luns a venres, ás 15:30 ata principios de 2013 cando foi substituído polo concurso Verbas van, contando co mesmo presentador e colaboradores.

Clan TVE

Clan é unha canle de televisión infantil de Televisión Española, que emite series e debuxos animados a través da TDT, e en plataformas de televisión por cable e ADSL como ONO (cable) ou Imagenio (ADSL) e en Dixital (satélite).

Cuéntame cómo pasó

Cuéntame cómo pasó, máis coñecida como Cuéntame, é unha serie de televisión española emitida por La 1 de Televisión Española, desde o ano 2001. O seu nome orixinal (Cuéntame) tivo que ser modificado por problemas de dereito de autoría.A serie narra, apoiándose nunha combinación de microhistoria e macrohistoria, as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española, e é á vez unha crónica socio-política da época. O seu nome provén dun famoso tema dos anos sesenta do grupo de música pop Fórmula V, titulado "Cuéntame".

A serie creouse co propósito de celebrar o primeiro cuarto de século transcorrido desde a Transición e o seu espírito claramente didáctico queda patente nalgúns capítulos puntuais especiais, nos que se inclúen entrevistas documentais a personaxes históricos da época, por exemplo os correspondentes ao asasinato do presidente Carrero Blanco ou á morte de Franco.

Desde o seu primeiro capítulo, emitido o 13 de setembro de 2001, Cuéntame reflectirá os cambios experimentados no país a partir de 1968. A 11ª tempada estreouse o 10 de setembro de 2009 e terminou o xoves 17 de decembro de 2009 cun récord absoluto de audiencia desde o 2007 e superando a de Gran Hermano.

A pesar de levar máis de 8 anos en antena a serie converteuse en todo un referente e a súa audiencia segue intacta, plantando cara a Gran Hermano.

Entre o 3 de xaneiro e o 23 de maio de 2013 emitiuse a súa décimo cuarta tempada.

DMAX

DMAX antigamente Discovery MAX é unha canle de televisión española que emite pola TDT en ámbito nacional e aberto. A canle está operada por Discovery Communications e por Unidad Editorial.

Esport3

Esport3 é unha canle de televisión española propiedade de Televisió de Catalunya. A canle adícase exclusivamente ao deporte. Iniciou as súas emisións en probas o 18 de outubro de 2010 e as regulares o 5 de febreiro de 2011.

Gol Televisión

Gol Televisión é unha canle de televisión española privada de pago, propiedade de Mediapro. É a primeira canle de televisión privada española de pago.

As transmisións son exclusivamente de fútbol español ou internacional, se ben emitiu eventos especiais como o Eurobasket 2009.

Para evitar equívocos coa canle de Estados Unidos e Latinoamérica GolTV, cambiaron a mosca a GolT. O equipo humano da canle intégrano máis de 200 persoas, con José Joaquín Brotons á cabeza, como responsable de contidos.

Gol Televisión distribúese a través da TDT, nunha das canles de Gestora de Inversiones Audiovisuales La Sexta, así como nos operadores de cable ONO, Telecable, Euskaltel, R, Aotec, Iseca e Orange TV, na plataforma de IPTV Movistar+, e nas compañías de Telefonía móbil Movistar, Vodafone e Orange.

Ademais deste sinal, algunhas plataformas dispoñen doutros sinais da canle. Un deles, en alta definición, Gol Televisión HD dispoñible en Imagenio e Telecable; outra cun sinal unha hora máis tarde, Gol Televisión +1 dispoñible en ONO; e unha terceira para bares e restaurantes con tarifa plana de PPV, Gol Bar.

LaSexta3

laSexta3 foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT. Comezou as súas emisións regulares o 1 de novembro de 2010 e cesounas o 5 de maio do 2014. A súa oferta estaba baseada en cine tanto de produción española como internacional.

LaSiete

LaSiete foi unha canle de televisión española privada da TDT, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Mediaset España. Comezou as súas emisións o 18 de febreiro de 2009, substituíndo na súa frecuencia a Telecinco 2. A canle cesou as súas emisións o 5 de maio do 2014.

La 1

La 1 é a primeira cadea de televisión de Televisión Española, grupo pertencente á corporación pública Radiotelevisión Española. Conta cunha programación xeralista para todos os públicos, e foi líder de audiencia en España entre 2009 e 2012.É a primeira canle de televisión que emitiu en España, ao comezar as súas emisións oficiais o 28 de outubro de 1956. Dende entón recibiu varios nomes como VHF, Primer Programa, Programa Nacional, Primera Cadena, TVE1, La Primera ou o actual La 1. A denominación Televisión Española tamén se utilizou para referirse só a esta canle, se ben o grupo xestiona máis canles.

La 2

La 2, tamén coñecida como La Dos ou TVE 2, é a segunda cadea de televisión que emitiu en España. Pertence ao grupo Radiotelevisión Española (RTVE). A cadea comezou as súas emisións o 1 de xaneiro de 1965 e a programación regular o 15 de novembro de 1966.

Destaca por ter unha programación máis minoritaria, cultural e de atención ao cidadán que a súa cadea irmá La 1, e que a maioría das cadeas xeralistas a nivel nacional.

Nueve

Nueve foi unha canle de televisión española privada da TDT, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Mediaset España. Comezou as súas emisións o 31 de decembro do 2012 e cesounas o 5 de maio do 2014.

O final do camiño

O final do camiño é unha serie de televisión de Voz Audiovisual para La 1 de TVE e TVG, dirixida por Miguel Alcantud. Está protagonizada por Antonio Velázquez, Asier Etxeandía, Javier Rey, entre outros. A súa estrea foi o 11 de xaneiro de 2017.

Radio Televisión Española

A Corporación Radio Televisión Española, S.A. ou RTVE (ata 2006, Ente Público Radio Televisión Española) é unha sociedade mercantil estatal que organiza a xestión indirecta do servizo público de radio e televisión española.

No exercicio da súa función de servizo público, a Corporación RTVE deberá, entre outras cousas:

Promover o coñecemento e difusión dos principios constitucionais e os valores cívicos.

Garantir a información obxectiva, veraz e plural.

Facilitar o debate democrático e a libre expresión de opinións.

Promover a cohesión territorial, a pluralidade e a diversidade lingüística e cultural de España.

Ofrecer acceso aos distintos xéneros de programación e aos acontecementos institucionais, sociais, culturais e deportivos, dirixidos a todos os sectores da audiencia, prestando atención a aqueles temas de especial interese público.

Ter por obxectivo atender á máis ampla audiencia, asegurando a máxima continuidade e cobertura xeográfica e social, co compromiso de ofrecer calidade, diversidade, innovación e esixencia ética.O seu funcionamento, desde xaneiro do 2010, é pagado mediante unha partida dos Orzamentos Xerais do Estado, que cobre o 50% dos gastos, mentres que a outra metade provén dun imposto extra do 0,9% ás compañías telefónicas, o 3% dos ingresos das televisións privadas abertas e o 1,5% das televisións de pago.

TVE HD

TVE HD foi unha cadea de televisión en alta definición de Televisión Española que emitiu a través da TDT. Comezou as súas emisións o 17 de xuño de 2009 en Valladolid, e aumentou progresivamente a súa área de cobertura, chegando ata o 84% dos fogares españois en setembro de 2010.Emitiu en probas con calidade de imaxe 720p a 50 fotogramas por segundo e son Dolby Dixital Plus 2.0.

A programación da canle baseábase en reposicións de series que TVE ten en HD cando non é un simulcast con La 1, La 2 ou Teledeporte.

A canle cesou as súas emisións o 31 de decembro do 2013 para dar paso a La 1 HD, e tamén lanzaron a canle Teledeporte HD.

Teledeporte

Teledeporte é unha canle temática de Televisión Española dedicada ao mundo do deporte.

Telediario

Telediario é o programa informativo de La 1 de Televisión Española, cuxa primeira emisión produciuse o día 15 de setembro de 1957 desde os estudos do Paseo de la Habana de Madrid, sendo conducido por Jesús Álvarez.

O Telediario, con tres edicións diarias, unha matinal de longa duración e dúas de 1 hora, informa das noticias máis relevantes nos ámbitos nacional, internacional, social e deportes. A súa calidade informativa supúxolle ser considerado como un dos mellores informativos do mundo (a súa segunda edición foi elixida como o mellor en 2009 e como o segundo mellor en 2010).

Torrespaña

Torrespaña, coñecida popularmente como o Pirulí, é unha torre de comunicacións pertencente á empresa Abertis (antes pertenceu a RTVE) e situada en Madrid (España) na confluencia de rúa de O'Donnell coa autovía de circunvalación M-30. Ademais, Torrespaña é o nome do complexo que teñen os Servizos Informativos centrais de TVE xunto á torre. Alí prodúcense os telexornais e os programas informativos das canles públicas españois La 1, La 2, o Canal 24 Horas, Teledeporte e Clan. A nova división de Medios Interactivos de RTVE (iRTVE) ten tamén a súa sede neste complexo.

Torrespaña ten unha altura de 220 metros (232 metros coa antena de comunicacións). Comezou a levantarse o 17 de febreiro de 1981, terminándose en trece meses. A inauguración foi o 7 de xuño de 1982, xusto a punto para utilizar a torre durante a Campionato Mundial de Fútbol de España'82. A torre foi construída por unha unión temporal de empresas composta polas empresas españolas Dragados e Agroman con proxecto do arquitecto Emilio Fernández Martínez de Velasco. Ten unha superficie interior de 1.945 m².

Sobre o fuste de 120 metros aparece o volume do centro de control que se compón de catro plantas, pechadas con paneis de aceiro. Por encima elévanse outras catro plataformas para antenas e, finalmente, unha antena de 45 metros. O acceso ás zonas superiores da torre, só permitido ao persoal que traballa nelas, realízase mediante un ascensor instalado no interior do fuste. A escaleira ten 1.208 banzos.

Desde Torrespaña emiten oito cadeas de televisión, catorce cadeas de radio analóxica FM, dezaoito canles de radio dixital (DAB) e vinte canles de televisión dixital terrestre.

Canles de televisión nacionais de Europa
Países:
Outros:
Desaparecidos:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.