Tejo (deporte)

O tejo ou turmequé[1] (tamén coñecido co nome da localidade de Turmequé) é un xogo que consiste en lanzar un disco metálico de preto de 680 gramos a través dunha cancha de arxila de 18 metros de longo para facer estoupar as mechas (pequenos sobres con pólvora) que se atopan no bocín (círculo metálico que se atopa na cancha) e así ir engadindo puntos. Está considerado deporte nacional de Colombia.

Bocce pictogram
Pictograma deportivo do Tejo.
Tejo cancha
Cancha de tejo.
Tejo measurements
Medidas do campo de tejo 1.Cancha 2.Zona de lanzamento.
Tejo field full
Campo de tejo con persoa.
Turmeque Estatua3
Estatua de indíxena practicando o deporte no concello de Turmequé, Boyacá.

Historia

Este deporte autóctono de Colombia, era practicado xa hai máis de 500 anos polos habitantes do altiplano cundiboyacense nos departamentos de Cundinamarca e Boyacá.

O xogo do turmequé consistía en lanzar un disco de ouro chamado "zepguagoscua", o cal evolucionou cos séculos no xogo do tejo practicado hoxe en Colombia. Ó popularizarse, o "zepguagoscua" foi substituído por un disco de pedra e actualmente emprégase un de metal (tejo).

O tejo é un deporte de competencia, no cal se enfrontan xogadores de xeito individual ou conformando equipos. O xogo consiste en guindar o tejo dende unha cancha até a outra, co obxectivo de enterralo dentro do bocín, reventar unha mecha ou no seu defecto, enterralo máis preto do bocín que os demais competidores.

Notas

  1. Definición de turmequé, segundo a Real Academia Española
Historia dos muiscas
Temas
Mitoloxía
Lugares
Gobernantes do norte
Gobernantes do sur

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.