Teixo

O teixo (Taxus baccata L.) é unha árbore conífera do xénero Taxus, que correntemente acada entre 12 a 15 metros de altura, da familia das taxáceas. Moi lonxevo, de medra lenta, posúe unha madeira que se presta ben para entalladura. Ten partes tóxicas: o latín taxus vén do grego taxon, que significa 'frecha envelenada'. É unha especie moi escasa e ameazada no territorio galego.

Teixo
Cleaned-Illustration Taxus baccata

Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Taxaceae
Xénero: Taxus
Especie: T. baccata
Nome binomial
Taxus baccata
L.

Descrición

O teixo é unha árbore baixa, se ben excepcionalmente pode atinxir ata 28 metros de altura. O seu perfil é variado cunha cima irregular e un tronco groso, curto e con nós, do que nacen pólas a só uns centímetros do chan. As formas arbustivas son tamén frecuentes.

A cortiza da árbore ten unha cor que oscila entre o castaño vermello, ás veces moi escuro, ata o púrpura. Esta cortiza é bastante fina e desescama con certa facilidade. As follas son agullas febles, planas e de cor entre o verde escuro por enriba e verde máis claro por embaixo, de base foliar decorrente. Miden polo xeral entre 1 e 4 cm. Estas agullas están inseridas en espiral arredor das pólas e gallas.

O teixo é unha especie dioica: os exemplares femias producen uns arilos carnosos ou bagas, de cor vermella moi viva, que envolven parcialmente ás sementes. Non son tóxicos, sendo consumidos polas aves, porén as sementes si son tóxicas, como todo o resto da planta. As flores dos exemplares machos producen un pole, amarelo, en primavera. O arilo madura nese mesmo verán.

Toxicidade

Taxus baccata MHNT
Imaxe das follas e das sementes, algunhas xa recubertas polo arilo.
Taxus baccata MHNT seed

Esta toxicidade da planta débese a unha mistura de alcaloides: taxoides, diterpenos cíclico esterificados por ácidos comúns e por ácidos aminados ou por compostos semellantes a estes mesmos aminados: taxina A, B, C, paclitaxel, 10-desacetilbaccatina III, taxifilina, cefalomanina etc. Só foi illado un glicósido: a taxicatina. O zume contén un aceite irritante para o tubo dixestivo. En total, un centenar de compostos foron illados. A taxina, que é a substancia illada dende hai máis tempo, é, polo xeral, considerada a responsábel da toxicidade, pero o resto das outras substancias tamén o é en maior ou menor grao. O taxol é un antitumoral importante para distintos tipos de cancro. A pesar da súa toxicidade emprégase considerablemente en xardinaría para facer sebes.

Distribución

O teixo esténdese dende o noroeste de África a Europa, Asia Menor, e aínda ata o Cáucaso e norte de Irán. Atura temperaturas moi baixas. Pódese atopar nos Alpes bávaros ata os 1.350 m de altitude e ata os 1.600 m no cantón suízo do Valais. Os seus límites setentrionais atinxen os 62º 30' de latitude norte en Noruega e os 61º N en Suecia, dentro da isoterma do mes de xaneiro de -5 °C. En Galicia é unha planta rara que aparece illada en lugares coma O Courel, os Ancares ou o Xurés, agás nun caso, o teixadal de Trevinca, onde se formou un pequeno bosque, cousa pouco habitual nesta especie. O abondoso de topónimos do tipo Teixeiro, Teixeira ou Teixido, mais a presenza doutros como Teixoeira e Teixidón suxire que antigamente era unha especie moito máis presente en Galicia.

Árbores senlleiras en Galiza

Os teixos, abundantes noutrora en Galiza, e moitas veces ligados ás igrexas, medraron durante séculos chegando a se converter en árbores monumentais.

Sete individuos de teixo aparecen recollidos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia:

Tradicións

Dentro da antiga cultura céltica o teixo (galo *eburos) tivo unha extraordinaria importancia. Unha pasaxe de César narra que Catuvolcus, xefe dos Eburones -literalmente "fillos do teixo"-, suicidouse envelenándose con teixo antes que entregarse a Roma (De bello Gallico 6:31). De xeito similar Floro (2: 33, 50-51) conta que os cántabros, asediados polo legado Gaio Furnio, no 22 a.C. preferiron suicidarse, ben pola espada ou lume ou ben por veleno extraído de teixos. E, así mesmo, Orosio relata que os galaicos sitiados no monte Medulio, preferiran morrer suicidados polas propias armas ou por veleno de teixo, antes que renderse aos romanos (6, 21, 1).

Nome común

Xardón, torobisco, teixo, freixo e arteixo.[1]

Notas

  1. "Teixo (Taxus baccata L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 8 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

A Ponte do Teixo, Lagoa, Alfoz

A Ponte do Teixo é un lugar da parroquia de Lagoa no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 8 habitantes (5 homes e 3 mulleres).

Arilo

Un arilo (ou arillus) é unha cobertura carnosa dalgunhas sementes formado do funículo (punto de unión da semente ao ovario).

O arilo pode crearse dunha estrutura frutal (coñecida como falso froito) producida en poucas especies de ximnospermas, en especial coníferas da familias das Taxaceae e das Cephalotaxaceae. En vez de ter un cono leñoso de conífera como as típicas ximnospermas, a estrutura reprodutiva destas especies consiste nunha única sementa que se recobre dunha carnosidade. Esta cuberta derívase dun cono profundamente modificado.

No teixo (Taxus baccata), os arilos comenzan como unha banda verde na base da semente, madura a pardo e a vermello mentres se alonga e segue envolvéndoa, pasando a moi carnosa e escarlata en cor a madurez. O arilo é atractivo para as aves e non é tóxico (todas as outras partes do teixo o son), servindo á dispersión da especie, que dixiren o arilo carnoso como alimentación, e os excretan despois.

O termo botánico arilo non se limita aos teixos. Significa calquera crecemento especializado do funículo que cobre ou se agrega á semente.

Beloi, Lagoa, Alfoz

Beloi é un lugar da parroquia de Lagoa no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 23 habitantes (12 homes e 11 mulleres).

Cabalar, A Capela

Santa María de Cabalar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello da Capela. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 300 habitantes distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.

Cabarcos, Barreiros

San Xulián de Cabarcos é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 421 habitantes (224 mulleres e 197 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 484 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 332 habitantes, sendo 153 homes e 179 mulleres.

Galán, Lagoa, Alfoz

Galán é un lugar da parroquia de Lagoa no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 8 habitantes (2 homes e 6 mulleres).

Lagoa, Alfoz

San Vicente de Lagoa é unha das nove parroquias do concello lugués de Alfoz. En 2004 tiña 387 habitantes, distribuídos en 34 entidades de poboación e 4 lugares, cunha densidade media de 34,2 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 308 habitantes, sendo 145 homes e 163 mulleres.

Lavanco, Lagoa, Alfoz

Lavanco é un lugar da parroquia de Lagoa no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 6 habitantes (2 homes e 4 mulleres).

O Teixo

Co topónimo O Teixo podemos facer referencia a:

O lugar do Teixo da parroquia de Cabarcos no concello de Barreiros.

O lugar do Teixo da parroquia de Cabalar no concello da Capela.

O Teixo, Cabalar, A Capela

O Teixo é un lugar na parroquia de Cabalar no concello da Capela, na comarca do Eume, na provincia da Coruña. No ano 2010 tiña 5 habitantes segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, deles 1 era home e 4 eran mulleres.

O Teixo, Cabarcos, Barreiros

O Teixo é un lugar da parroquia de Cabarcos no concello lugués de Barreiros na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, en 2011 tiña 17 habitantes (8 homes e 9 mulleres).

Sisto, Lagoa, Alfoz

Sisto é un lugar da parroquia de Lagoa no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 24 habitantes (10 homes e 14 mulleres).

Teixo dos Tenreiro

O teixo dos Tenreiro é unha árbore senlleira centenaria que se atopa na casa grande do mesmo nome en Pontedeume. En 2012 o seu estado sanitario calificouse de crítico ; en 2015 considerouse case insalvábel.

Teixos

Taxus é un xénero de árbores coníferas da familia Taxaceae, chamados teixos.

Teixugo

O teixugo euroasiático ou porco teixo (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda.

O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles. As súas principais subespecies son o Meles meles meles (na Europa occidental), o Meles meles marianensis (na Península Ibérica), o Meles meles leptorynchus (en Rusia), o Meles meles leucurus (na China e no Tíbet) e o Meles meles anaguma (no Xapón).

Trátase dun animal de hábitos nocturnos, sendo moi raro atopalo durante o día. O teixugo pode rubir polas árbores, aínda que non se atopa adaptado para facelo. Tamén pode correr con certa rapidez e nadar. En caso de perigo, ao verse ameazado emite fortes bruídos (Reinochholf, 1995). É moi rebuldeiro cos membros da súa especie, tanto de novo como de adulto e participa no aseo corporal dos compañeiros de especie.

Vao, Lagoa, Alfoz

Vao é un lugar da parroquia de Lagoa no concello lugués de Alfoz na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE, en 2011 tiña 4 habitantes (3 homes e 1 muller).

Xabier Cordal

Xabier Cordal Fustes, nado na Coruña o 27 de novembro de 1965, é un escritor galego.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

Évreux

Évreux é un municipio francés situado no departamento do Eure, na rexión de Normandía.

Os seus habitantes denomínanse Ébroïciens.

O nome de Évreux (na antigüidade Meiolanum Aulercorum, despois Eburovices e, na Idade Media, Ebroïcum) provén da tribo gala dos eburovices (literalmente: os que venceron polo teixo; eburo significa teixo en galo).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.