Teatro crítico universal

Teatro crítico universal, subtitulado Discursos varios en todo género de materias para desengaño de errores comunes, é unha extensa colección de ensaios escrita por Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, publicada en oito tomos entre 1726 e 1739. Ten a súa continuación en Cartas eruditas y curiosas, publicadas en seis tomos entre 1742 e 1760.

Theatro crítico universal, tomo primero, MDCCXXVI
Theatro crítico universal, t. 1º, MDCCXXVI.

Características

Benito Jerónimo Feijoo
Benito Jerónimo Feijoo.

A obra, escrita no contexto da era da Ilustración, recolle no título a acepción teatro como panorama xeral, común naquel momento. Abrangue cento dezaoito ensaios que abordan as máis diversas materias, como filoloxía, física, matemática, ciencias naturais, medicina, astronomía, xeografía, economía, dereito, relixión, política, filosofía ou literatura. O obxectivo de Feijoo, xa indicado no subtítulo, pretende corrixir vellas supersticións, prexuízos e costumes, cuestión que xa emprenderan autores europeos como Thomas Browne en Inglaterra e Christian Thomasius en Alemaña. Feijoo aparece como unha figura defensora do método experimental en ciencia, amósase moderadamente escéptico en asuntos relativos á haxiografía, aínda que sen reflectir ningunha dúbida sobre o dogma católico. Feijoo escribiu esta obra cun estilo sinxelo, con influencia do estilo e aire, entón predominante, da prosa francesa[1].

Foi unha das obras máis divulgadas e polémicas do século XVIII español, chegando aos 600.000 exemplares vendidos, e sendo traducida ao inglés, francés, italiano, alemán e portugués. Recibiu a crítica de coetáneos seus, como Salvador José Mañer, que chegou a escribir un Anti-Theatro Crítico. Porén, recibiu boa acollida por parte do papa Bieito XIV e de diversos prelados e escritores. O rei Fernando VI de España nomeou ao Padre Feixoo Conselleiro do reino, se ben o padre beneditino rechazou permanecer na corte.

Temática

Un dos ensaios, Defensa de las mujeres, aborda a igualdade entre o home e a muller, centrada no aspecto do entendemento. Esta obra provocou numerosas opinións en contra, tanto por parte do estamento eclesiástico como do Secular. O texto adoita incluírse como unha das obras precursoras do feminismo[2].

Notas

  1. Ferrarin, A. R., Diccionario Literario Bompiani de obras y personajes de todos los tiempos y todos los países, tomo X. página 41. Barcelona: Hora, 1992.
  2. Oliva Blanco: La polémica feminista en la España Ilustrada. ISBN 978-84-937184-7-3 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Armesto, V.: Dos gallegos, Feijóo y Sarmiento, La Coruña: Moret, 1964.
  • Bibliographie des sources françaises de Feijoo, París: Hachette, 1936.
  • Menéndez Pelayo, M.: Historia de los heterodoxos españoles (tomo III, pp. 67-82), Madrid, 1881.
  • Morayta, M.: El Padre Feyjóo y sus obras, Valencia, 1913.
  • Otero Pedrayo, R.: El padre Feijóo: su vida, doctrina e influencias, Ourense: Instituto de Estudios Orensanos, 1972.
  • Rodríguez Pardo, J. M.: El alma de los brutos en el entorno del Padre Feijoo, Oviedo: Fundación Gustavo Bueno, Pentalfa, 2008.
  • Santos, J.: Indice general alfabético de las cosas más notables que contienen las obras de Feyjóo, Madrid, 1774.
  • Sempere y Guarinos, J.: Ensayo de una biblioteca española de los mejores escritores del reinado de Carlos III, tomo III, pp. 18-46, Madrid, 1789.

Ligazóns externas

Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Cartas eruditas y curiosas

Cartas eruditas y curiosas en que, por la mayor parte se continúa el designio del Teatro Crítico Universal, impugnando, o reduciendo a dudosas, varias opiniones comunes é unha obra de Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, publicada en cinco volumes entre 1742 e 1760.

É unha obra de carácter continuísta respecto á súa obra anterior, Teatro crítico universal (1726-1739), e inclúe 163 cartas analizando diversas materias. Está escrita desde un punto de vista racionalista, propio da Ilustración, de carácter desmitificador e favorable ao método experimental e a reforma da educación. Ten un estilo sinxelo, alleo á ornamentación e a artificiosidade do barroco, e inclúe numerosos galicismos.

Dorotea Bucca

Dorotea Bucca, nada en Boloña en 1360 e finada en 1436, coñecida tamén co nome de Dorotea Bocchi, foi unha médica, filósofa e universitaria italiana de finais do século XIV e comezos do XV. Aínda que as mulleres tiñan prohibido o ensino superior e o desempeño de moitas profesións, foi a primeira muller en ocupar unha cátedra na universidade italiana.

Festival MUTIS

O Festival MUTIS de teatro independente e nova creación é unha mostra participativa celebrada en Barcelona desde 2010 cada equinoccio de primavera, na que conflúen actividades relacionadas coas artes escénicas interpretadas por grupos universitarios de toda España, que conta tamén cun apartado de teatro infantil e xuvenil.

María de Zayas

María de Zayas Sotomayor, nada en Madrid en 1590 e finada en 1661, foi unha escritora española do Século de Ouro. As súas novelas curtas tiveron gran éxito e seguíronse reimprimiendo ata que no século XVIII a Inquisición decidiu prohibilas. Foi, xunto a Ana Caro de Mallén e sor Juana Inés da Cruz, unha das tres grandes escritoras do século XVII español.

Ser de España

O Ser de España ou Problema de España é o nome que adoita designar

un debate intelectual acerca da identidade nacional española que xorde co rexeneracionismo a finais do século XIX, e coincidindo coa aparición dos nacionalismos periféricos. Conflúe co tópico das Dúas Españas, imaxe moi descritiva da división violenta e o enfrontamento fratricida como característica da historia contemporánea de España.

O obxecto do debate non foi propiamente político ou xurídico-constitucional —a definición de España como nación en sentido xurídico, tema que foi debatido no proceso constituínte da carta magna de 1978, onde se enfrontaron posturas de negación, matización e afirmación da Nación española—; nin tampouco propiamente historiográfico —estudar a construción da identidade nacional española, que se fixo historicamente como consecuencia da prolongada existencia no tempo das institucións do Antigo Réxime e, ás veces, a pesar de elas—. O que aqueles pensadores pretendían era dilucidar a preexistencia dun carácter nacional ou Ser de España, é dicir: cales son «as esencias» de «o español», e sobre todo, por que é algo problemático en si mesmo ou non o é, fronte ao aparente maior consenso nacional doutras nacións «máis exitosas» na súa definición, como a francesa ou a alemá, expondo a posibilidade de que España sexa ou non unha excepción histórica. Todo isto deu orixe a un famoso debate ensaístico, literario e historiográfico que se prolongou por décadas e non terminou na actualidade, con formulacións e puntos de vista moi diferentes. En moitas ocasións o propio debate foi obxecto de crítica en si mesmo, por unha banda polo que supón de introspección negativa, e por outro pola previa condición de buscar un esencialismo, é dicir, unha perspectiva filosófica en canto é unha reflexión sobre a esencia, cando o propio dunha perspectiva "histórica" sería o cambio no tempo, pois as nacións non son entes inmutables, senón construcións dos humanos ao longo da historia, mesmo restrinxidas á historia máis contemporánea no que respecta aos modernos conceptos de nación e nacionalismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.