Teatro Principal de Pontevedra

O Teatro Principal de Pontevedra é un centro de representación escénica localizado na zona vella da cidade.

Coordenadas: 42°25′57″N 08°38′47″O / 42.43250, -8.64639

Teatro Principal de Pontevedra
TPPontevedra
Fachada do edificio
CidadePontevedra
PaísGalicia Galiza
Corporación municipal Pontevedra
Pleno municipal do concello de Pontevedra.

Historia

O soar onde está actualmente o Teatro Principal estivo ocupado pola igrexa de San Bartolomeu o Vello até mediados do século XIX. Esta construción, de finais da Idade Media, xa estaba en mal estado a finais do século XVIII. En 1769 propúxose o seu derrubamento, ao que se opuxo o Frei padre Sarmiento, derrubamento levado a cabo finalmente en 1844.

Logo de varios anos como praza aberta, en 1864 construíuse un Liceo Casino (obra de Domingo Lareu) e o Teatro Principal (obra de Faustino Flores), inaugurado este último o 2 de agosto de 1878. Este edificio acolleu en abril de 1900 a primeira proxección cinematográfica de Pontevedra, e en decembro do mesmo ano a primeira audición de fonógrafo con bucina.

O 14 de abril de 1980 un incendio destruíu os dous edificios, aínda que os muros e as parede mestras seguiron en pé. O 22 de agosto de 1983 o concello adquiriu as ruínas do teatro, e o 9 de xaneiro de 1984 convocouse un concurso público para a súa reconstrución.

O edificio actual, inaugurado en xaneiro de 1997, é obra do arquitecto José Miyer Caridad, que gañou o concurso de anteproxecto. O teatro distribúese en cinco andares e dous sotos, nos cales alberga dúas salas de exposicións e un auditorio cunha capacidade total de 434 persoas. O seu escenario, que ocupa 52 metros cadrados, está dotado dunha plataforma móbil. O espazo conta cun falso teito que contribúe a mellorar a acústica, así coma a agochar a instalación da iluminación. O seu estilo decorativo buscou combinar aspecto dos teatros do século XIX cun interior máis actual.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pontevedra recupera su Teatro Principal. Concello de Pontevedra, 1985.

Ligazóns externas

Andrea Costas

Andrea Costas Lago, nada en Vigo en 1978, é unha artista e fotógrafa galega. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

Banda Municipal de Silleda

A Banda de Música Municipal de Silleda é unha agrupación musical con sede na parroquia de Silleda, no concello do mesmo nome. Fundada a finais do século XIX, desapareceu en 1977, sendo reflotada 8 anos máis tarde. Actualmente, consolidouse como unha das grandes formacións do panorama bandístico galego.

Benigno López Sanmartín

Benigno López Sanmartín, nado en Vilagarcía de Arousa en 1861 e finado en Pontevedra o 26 de marzo de 1928, foi un pintor, profesor e músico galego.

Carlo Goldoni

Carlo Osvaldo Goldoni, nado o 25 de febreiro de 1707 e finado o 6 de febreiro de 1793, foi un dramaturgo italiano, un dos máis grandes de Europa e xunto a Luigi Pirandello un dos máis coñecidos de Italia. Nas súas obras mestura o italiano co dialecto veneciano da lingua véneta e nos últimos anos escribiu algunha comedia en francés.

En galego foi editada a súa obra A pousadeira (La locandiera, 1751), traducida por Cándido Pazó. Foi estreada polo Centro Dramático Galego no Teatro Principal de Pontevedra en 1987, baixo dirección de Ernesto Chao.

Carmen Martín Serantes

Carmen Martín Serantes, nada en Winterthur (Suíza) en 1971, é unha pintora galega.

Celso López Blanco

Celso López Blanco, nado en Laza o 14 de outubro de 1891 e finado en Pontevedra o 23 de setembro de 1958, foi un médico odontólogo e político galego.

César Boente

César Boente Álvarez, nado en Pontevedra a finais do século XIX e finado en Zaragoza o 23 de agosto de 1920, foi un enxeñeiro galego.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Enrique Barreiro

Juan Enrique Barreiro Vázquez, nado en Castronuño (Valladolid) en 1899 e finado en Sanxenxo en 1984, foi un director de cine e fotógrafo galego.

Leo Bassi

Leo Bassi, nado en Nova York en 1952, é un actor e cómico italiano.

Leonor Watling

Leonor Ceballos Watling, coñecida como Leonor Watling, nada en Madrid o 28 de xullo de 1975, é unha actriz española de orixe inglesa.

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

Miss Ledyia

Miss Ledyia ou Miss Ledya é o primeiro filme de ficción galego que se coñece, rodado en 1916. Foi dirixido por Xosé Gil y Gil, con guión de Rafael López de Haro, e ten unha duración de 20 minutos.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Ramón Barreiro

Ramón Barreiro Vázquez, nado en Pontevedra o 28 de agosto de 1908 e finado en Madrid en 1981, foi un fotógrafo, cineasta e escritor galego.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

A Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra naceu, presidida por Antón Losada Diéguez, como unha reunión de amigos da música. No grupo inicial estiveron Antonio Iglesias Vilarelle, Joaquín Maquieira Fernández, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Álvaro Losada, Antonio Blanco Porto, Vicente Barreiro Viñas, Carlos Gastañaduy Ozores e Prudencio Otero Bermúdez de Castro. A primeira presentación foi o 9 de abril de 1925, Xoves Santo, na igrexa de San Francisco de Pontevedra, coa interpretación dun concerto sacro que se repetiu ó día seguinte na Basílica de Santa María a Maior, e o primeiro concerto foi no Teatro Principal de Pontevedra o 23 de marzo de 1926. Dende entón seguiu a liña proposta polos fundadores: polifonía clásica profana, polifonía sacra e melodías populares axustadas a unha interpretación polifónica depurada.

Tomás Abeigón Pazos

Tomás Jesús Juan Abeigón Pazos, nado en Pontevedra o 28 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 19 de marzo de 1975, foi un médico e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.