Teatro García Barbón

O Centro Cultural Afundación Vigo é un centro cultural cuxa sede se atopa no Teatro García Barbón no concello de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica.

Teatro Afundación Vigo
Teatro García Barbón
Teatro García Barbón.
Localización de Teatro García Barbón en Galicia

Teatro García Barbón
Situación en Galiza
EnderezoPolicarpo Sanz, 13, Vigo. 36202, Pontevedra
CidadeVigo
PaísGalicia Galiza
Coordenadas42°14′16″N 8°43′24″O / 42.237903, -8.723389Coordenadas: 42°14′16″N 8°43′24″O / 42.237903, -8.723389
Arquitecto/sDesiderio Pernas e Antonio Palacios
Propiedade deAfundación
Capacidade994
Inauguración23 de abril de 1927
Reapertura22 de marzo de 1984
Outros nomesTeatro García Barbón
Páxina webPáxina web

Historia

Teatro García Barbón, rúa Marques de Valladares
Fachada traseira.

O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe no Teatro Rosalía de Castro queimado polo lume no mes de febreiro de 1910, localizado no mesmo emprazamento, cuxos derradeiros propietarios foron os herdeiros de Xosé García Barbón.[1][2][3]

Tralo lume as sobriñas de García Barbón encargaron ao arquitecto Antonio Palacios, un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da Opera de París e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra comezouse no ano 1913 no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa opereta Madame Pompadour. A edificación non defraudou e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.

A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de granito, material típico do Porriño natal do arquitecto. O seu estilo cualifícase como neobarroco, dentro da corrente modernista de comenzos do século pasado.[4]

En 1970 foi adquirido pola Caja de Ahorros de Vigo (despois Caixanova, logo Novacaixagalicia e finalmente Afundación) que pretendía convertelo nun centro cultural. Entre os anos 1982 e 1984 o inmoble foi restaurado polo arquitecto Desiderio Pernas. Entre as novidades da restauración destaca a cúpula de cobre engadida para acoller a biblioteca do derradeiro andar. Rematando o edificio, engadíronse tamén dúas esculturas dos cabalos de bronce de Juan Oliveira Viéitez nos machóns da fachada principal e o resto das figuras de pedra de Manuel García Buciños, alegorías da pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música[4]. Rematados os traballos de restauración, o teatro, convertido no Centro Cultural Caixavigo foi aberto de novo o 22 de marzo de 1984[5]. Cumpridos vinte anos da súa inauguración, o centro levou a cabo unhas 300.000 actividades, tivo uns 8 millóns de usuarios, e unha media de catro actos ao día.[5]

Notas

  1. Inventario de cines de Galicia Arquivado 18 de xullo de 2015 en Archive.is Fundación Barrié.
  2. "Un Martes de Carnaval y ceniza" Faro de Vigo, 31/1/2010 (en castelán).
  3. "Tres nombres para un teatro" Faro de Vigo, 11/12/11 (en castelán).
  4. 4,0 4,1 Teatro Afundación.
  5. 5,0 5,1 O Centro Cultural Caixanova de Vigo fai balance dos seus vinte anos de actividade.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

8 de febreiro

O 8 de febreiro é o 39º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 326 días para finalizar o ano, 327 nos anos bisestos.

Antonio Palacios Ramilo

Antonio Palacios Ramilo, nado no Porriño o 8 de xaneiro de 1874 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1945, foi un arquitecto galego.

Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

O Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo é un auditorio e pazo de congresos de máis de 23.000 m², situado na Avenida de Beiramar do concello de Vigo, ao carón do porto e, polo tanto, da ría.

Desiderio Pernas

Desiderio Pernas Martínez, nado en Vigo o 26 de marzo de 1930 e finado na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1996, foi un arquitecto galego recoñecido internacionalmente e artífice da introdución da nova linguaxe moderna en Vigo. Ademais da súa obra como arquitecto sentiu unha gran paixón pola pintura e a música, feito que se vería reflectido na súa obra.

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Eugenio Fadrique González

Eugenio Fadrique González, nado en 1879 e finado en Vigo en 1971, foi un empresario e político galego.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

García Barbón

Os apelidos García Barbón poden referirse a:

Xosé García Barbón, empresario e mecenas vigués (1831 - 1909).

O Teatro García Barbón, nomeado en honra do anterior.

A rúa García Barbón de Vigo, idem.

A praza García Barbón de Verín.

Joan Baez

Joan Chandos Báez, nada en Staten Island (Nova York) o 9 de xaneiro de 1941, é unha cantante estadounidense de folk, chamada a raíña da canción protesta e coñecida pola súa actividade pública a prol do pacifismo.

Juan Oliveira Viéitez

Juan José Oliveira Viéitez nado o 22 de outubro de 1928 en Pazos de Reis, Tui, e finado o 16 de abril de 2002 en Canido, Vigo, foi un escultor galego.

Manuel García, Buciños

Manuel García Vázquez, chamado Buciños, nado o 10 de decembro de 1938 en Buciños (Carballedo) é un escultor galego. A vila de orixe deste escultor rematou por configurar o seu nome ata o punto de ser coñecido polo citado topónimo, coma se realmente fose o seu primeiro apelido.

Rúa Reconquista de Vigo

A rúa Reconquista é unha rúa da cidade olívica que debe o seu nome, dende maio de 1882, á conmemoración da expulsión do exército francés, o 28 de marzo de 1809, por parte dos vigueses. Liga a rúa Policarpo Sanz coa praza de Compostela.

Teatro Cine Fraga

O Fraga é unha construción senlleira concibida como teatro e principalmente cinema, construída en 1942 na rúa do Uruguai, no centro da cidade de Vigo.

Teatro Rosalía de Castro de Vigo

O Teatro Rosalía de Castro, de Vigo, inaugurado en 1900 e desaparecido nun incendio en 1910, foi o mellor de Galicia do seu tempo.

Templo Votivo do Mar

O Templo Votivo do Mar é un templo católico adicado a San Xoán Bautista, tamén coñecido como igrexa parroquial de San Xoán de Panxón. Situado na parroquia do mesmo nome pertencente ao concello de Nigrán.

Este edificio foi deseñado polo arquitecto galego Antonio Palacios Ramilo autor de obras como o Palacio de Comunicacións de Madrid, o Teatro García Barbón de Vigo (hoxe Centro Cultural Afundación Vigo) ou a Virxe da Rocha en Baiona. A súa construción tivo lugar entre 1932 e 1937.

Treixadura (grupo musical)

Treixadura é grupo de música galega creado en Redondela en 1990.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Xosé García Barbón

Xosé Manuel García-Barbón Sola, nado en Verín o 30 de marzo de 1831 e finado en Vigo o 7 de marzo de 1909, foi un prominente empresario e mecenas do seu tempo.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.