Tautiška giesmė

Tautiška giesmė
En galego: O himno nacional
Himno deLituania Lituania
LetraVincas Kudirka
1898
MúsicaVincas Kudirka
1898
Adoptado1919 (de novo en 1988)
Até1950
Mostra da música
Tautiška giesmė (Instrumental)

Historia

Artigo principal: Historia de Lituania.

Tautiška giesmė é o nome do Himno nacional de Lituania. Foi escrito en 1898 por Vincas Kudirka e converteuse no himno nacional en 1919.

Letra

En lituano:
Lietuva, Tėvyne mūsų,
Tu didvyrių žeme,
Iš praeities Tavo sūnūs
Te stiprybę semia.
Tegul Tavo vaikai eina
Vien takais dorybės,
Tegul dirba Tavo naudai
Ir žmonių gėrybei.
Tegul saulė Lietuvoj
Tamsumas prašalina,
Ir šviesa, ir tiesa
Mūs žingsnius telydi.
Tegul meilė Lietuvos
Dega mūsų širdyse,
Vardan tos Lietuvos
Vienybė težydi!
En galego:
Lituania, Patria nosa,
terra de heroes.
¡Que os teus fillos do pasado
extraian fortaleza!
¡Que os teus fillos sempre sigan
sendeiros de virtude!
¡Que labouren en pro teu
e da Humanidade!
Que o sol de Lituania
disipe as tebras.
¡E a Luz e a verdade
guíen os nosos pasos!
Que o amor por Lituania
viva no noso corazón.
¡En nome de Lituania
floreza a unidade!
Lituania

Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuva, [ˈliɛtʊvaː] (AFI)), oficialmente República de Lituania ( pronunciación ) (en lituano: Lietuvos Respublika), é un país da Europa do norte localizado na rexión dos chamados países bálticos. Lituania atópase na beira sueste do mar Báltico, comparte fronteira con Letonia (453 km) polo norte, Belarús (502 km) polo sueste, Polonia (91 km), e o enclave ruso de Kaliningrado (227 km) polo suroeste. Lituania é membro da OTAN e da Unión Europea dende o 2004, ten unha poboación aproximada de 3,4 millóns de habitantes, a súa capital e cidade maior é Vilnius.

Durante o século XIII, Gran Ducado de Lituania constituía o maior país do continente europeo, estando formado polas actuais Belarús, Ucraína e partes de Polonia e Rusia. Coa Unión de Lublin de 1569 Polonia e Lituania formaron un novo país, a República das Dúas Nacións. A República existíu durante máis de dous séculos, ata que os seus países veciños se repartisen os seus territorios entre 1772 e 1795, quedando o Imperio Ruso coa maior parte das terras que hoxe forman Lituania. Co estourido da I Guerra Mundial Lituania asinou a súa acta de independencia o 16 de febreiro de 1918 volvendo a ser unha nación independente. A comezos da década de 1940, Lituania foi ocupada primeiro pola Unión Soviética e logo pola Alemaña Nazi. A finais da II Guerra Mundial , coa retirada dos alemáns en 1944 os soviéticos volveron ocupar o país. O 11 de marzo de 1990, Lituania converteuse na primeira das repúblicas bálticas en declarar de novo a súa independencia.

Actualmente Lituania presenta un dos maiores crecementos da Unión Europea, sendo alcumada o Tigre báltico, emulando ao Tigre céltico irlandés. Lituania converteuse nun membro do acordo Schengen o 21 de decembro de 2007. No ano 2009, Lituania vai celebrar os mil anos da existencia do seu nome.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.