Tarxeta de nadal

Unha tarxeta de nadal é unha tarxeta de felicitación que se envía a familiares, amigos ou clientes para desexarlles un bo nadal, tradicionalmente envíabase polo correo, dentro dun sobre ou franqueada como postal, xa unhas semanas antes do día de nadal, coa chegada de internet tamén se utiliza este medio para mandalas. Normalmente utilízase unha frase feita, en galego Bo Nadal e Feliz Aninovo.

Firstchristmascard
A primeira tarxeta de nadal imprimiuse en 1843 por iniciativa de Henry Cole, axudante de Rowland Hill, o deseño é do pintor John Callcott Horsley.

Historia

O establecemento dun sistema de correos económico, simbolizado na aparición do selo postal en 1840 e no envío de cartas en sobres, e o desenvolvemento por George Baxter dun sistema de impresión a cor que permitía a elaboración de ilustracións baratas[1] están na orixe da aparición e desenvolvemento da tarxeta de nadal no Reino Unido. A primeira tarxeta comercial de nadal débese a Henry Cole, colaborador de Rowland Hill, e a ilustración é do pintor John Callcott Horsley, o debuxo amosa unha familia, incluíndo un cativo, bebendo viño e unha cadeira baldeira, nas beiras aparecen agasallos, de roupa e comida, entregados aos pobres, desa primeira tarxeta vendéronse uns 1 000 exemplares [2] ao prezo dun xilin cada unha, relativamente cara para a época. Houbo que esperar ata 1848 para que se imprimise a segunda tarxeta de nadal debida a Maw Egley[3]. A partir da década de 1860[4] o envío de tarxetas de nadal fíxose moi popular no Reino Unido primeiro entre a clase media e alta e a partir de 1878-1890[5] entre as clases populares, calcúlase que só en Inglaterra imprimíranse máis de 200.000 deseños diferentes só ata 1894[6], os principais editores de tarxetas de nadal foron De la Rue, Raphael Tuck & Sons, Marcus Ward e Goodall[7], desde mediados da década de 1850 comezou a facerse tamén popular en moitos países de Europa[8].

Christmas card2 byLouisPrang
Tarxeta de nadal de Louis Prang

Nos Estados Unidos foi Louis Prang quen introduciu o costume, despois de asistir a unha Exposición en Viena en 1873, imprimiu tarxetas de nadal para o mercado británico e ao ano seguinte comercializounas nos Estados Unidos[9], con todo debido á alta calidade das tarxetas que implicaba uns prezos altos o costume de intercambialas quedou reducido ás clases máis altas, despois de 1890 cando se deixaron de emitir as tarxetas de Prang, o costume esmoreceu, en beneficio do intercambio de regalos de valor ínfimo, comercializándose tan só tarxetas importadas de moi baixa calidade que non resultaban atractivas. A produción nacional de tarxetas de nadal recuperouse en 1906, facéndose popular a partir de 1911[10].

En países como Francia aínda que existe o costume de enviar tarxetas de nadal, está máis arraigado o envío de tarxetas de ano novo que se envían durante o mes de xaneiro para desexar un bo ano[11], e aínda hai outros países como o Xapón no que a tradición é enviar tarxetas de aninovo, coñecidas como nengajō, que han de chegar o 1 de xaneiro[12].

Autores

Frances Ridley Havergal - Project Gutenberg eText 18444
Frances Ridley Harvegal foi unha das máis soadas autoras de textos para tarxetas de nadal

A maioría dos textos que aparecen nas tarxetas postais teñen carácter bíblico ou son de escritores coñecidos[13], pero tamén apareceron escritores especializados en escribir mensaxes de nadal, Helen Burnside escribiu entre 1874 e 1900 arredor de 6000 versos para tarxetas de nadal[14], Samuel Cowen só en 1884 escribiu máis de mil versos[15] e Frances Ridley Havergal, falecida en 1879 foi a autora máis coñecida da primeira época[16].

Deseños

As primeiras tarxetas inglesas non amosaban escenas relixiosas ou de inverno, pola contra seguindo a tradición das tarxetas de San Valentín, moi populares, tiñan deseños de flores, fadas, animais e nenos, deseños en xeral alegres. A partir de 1860[17] comezaron a aparecer os deseños que hoxe son arquetípicos, as festas do nadal, anxos, estrela de nadal, nenos xogando cos paxaros, a árbore de nadal, paisaxes nevadas.

Tipos

Oficiais

  • Nalgúns países emítense tarxetas de nadal oficiais, normalmente para o uso do Xefe de Estado. No Reino Unido a tradición data da raíña Vitoria[18] e nos Estados Unidos de 1953 durante a presidencia de Dwight D. Eisenhower, aínda que Franklin D. Roosevelt con anterioridade enviara as súas propias tarxetas de nadal, que eran persoais e polo tanto sen carácter oficial[19]. As tarxetas oficiais envíanse a outros xefes de estado, membros do goberno, xefes de organismos públicos e parlamentarios.

Benéficas

  • Son moitas as organizacións que producen tarxetas de nadal como un vehículo para recadaren fondos, a primeira tarxeta de nadal benéfica emitiuna UNICEF[20] en 1949, e segue a facelo, reproducindo obras de arte recoñecidas internacionalmente. No Reino Unido o programa Cards for Good Causes, que agrupa a 300 institucións filantrópicas, vende tarxetas de nadal en igrexas, bibliotecas, museos, centros comunitarios e de información turística desde 1959[21]

Comerciais

  • Moitas empresas e comercios envían tarxetas de nadal aos seus clientes para felicitaren as festas, normalmente a única publicidade que levan é o nome do negocio, a súa orixe está nas tarxetas comerciais do século XVIII.

Notas

  1. György Buday The History of the Christmas Card. Rockliff, 1954, pp 37-38
  2. Michelle Higgs Christmas Cards: From the 1840s to the 1940s. Osprey Publishing, 1999, páxina 6
  3. Susan Evarts The Art and Craft of Greeting Cards. North Light, 1982, páxina 10
  4. J. John A Christmas Compendium. Continuum International Publishing Group, 2005, páxina 21
  5. Ronald Hutton The Stations of the Sun: A History of the Ritual Year in Britain. Oxford University Press, 1996, páxina 115
  6. Gleeson White Christmas Cards and Their Chief Designers. Studio, 1894, páxina 3
  7. György Buday, ob. cit., páxina 67-69
  8. Ace Collins Stories Behind the Great Traditions of Christmas. Zondervan, 2003, páxina 56
  9. Ace Collins, Ob. cit., páxina 58
  10. William B. Waits The Modern Christmas in America: A Cultural History of Gift Giving. NYU Press, 1994, pp. 70-72
  11. Ross Steele The French Way: Aspects of Behavior, Attitudes, and Customs of the French. McGraw-Hill Professional, 1995, páxina 14
  12. Roger J. Davies, Osamu Ikeno The Japanese Mind: Understanding Contemporary Japanese Culture. Tuttle Publishing, 2002, páxina 98
  13. Maurice Rickards e Michael Twyman The Encyclopedia of Ephemera: A Guide to the Fragmentary Documents of Everyday Life for the collector, Curator, and Historian. Routledge, 2000, páxina 91
  14. http://www.worldcollectorsnet.com/magazine/issue13/iss13p3.html Arquivado 05 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Victorian Chrismas Cards en World Collector Net Magazine 13
  15. Laura Seddon A Gallery of Greetings: A Guide to the Seddon Collection of Greeting Cards in Manchester Polytechnic Library. Manchester Polytechnic Library, 1992, p. XIX
  16. György Buday, Ob. cit, páxina 200
  17. Margaret Baker Discovering Christmas Customs and Folklore: A Guide to Seasonal Rites. Osprey Publishing, 1992, páxina 57
  18. Michelle Higgs, Ob. cit., páxina 13
  19. Albert J. Menéndez Christmas in the White House. Westminster John Knox Press, 1983, páxina 102
  20. J. John A Christmas Compendium. Continuum International Publishing Group, 2005, páxina 26
  21. "Cards for Good Causes". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2009. Consultado o 06 de novembro de 2009.

Galería de imaxes

Greeting Card Christmas c1860

contra 1860

Greeting Card Christmas Victorian 1870

Vitoriana, contra 1870

Greeting card Christmas Victorian 1885

Vitoriana, 1885

Christmas Postcard circa 1900

Tarxeta de nadal, contra 1900

Greeting Card Christmas 1920

Tarxeta de nadal estadouniense, contra 1920

Greeting Card Christmas 1940

Tarxeta de nadal estadouniense, contra 1940

Greeting Card Christmas War Stamp Album 1940

Relacionada coa guerra, contra 1943

Greeting Card Christmas Rust Craft circa 1950

contra 1950

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aninovo

O Aninovo é a festa que conmemora o inicio dun novo ano. A data en que se realiza esta celebración depende do tipo de calendario utilizado, sendo a máis común a do 1 de xaneiro, data segundo o calendario gregoriano, que foi instaurado polo papa Gregorio XIII en 1582 e utilízase na maioría dos países do mundo.

Apalpador

O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

Decembro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de decembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Ademais da máis coñecida denominación popular de Nadal ou mes de Nadal, por razóns obvias, decembro tamén recibe o nome de mes de Santa Baia, en Dumbría (Constantino García González).

Epifanía

A Epifanía (do grego ἐπιφάνεια que significa 'manifestación, fenómeno milagroso') é unha festa relixiosa cristiá segundo a cal Xesús toma unha presenza humana na terra, é dicir Xesús dáse a coñecer.

Henry Cole

Henry Cole, nado en Bath en 1808, finado en Londres en 1882, foi un deseñador inglés do século XIX. Foi un home polifacético que traballou en diversos oficios e que se considera o autor da primeira tarxeta de nadal do mundo.

Foi un funcionario civil, que xunto a un grupo de seguidores, inicia no seu país no ano 1845 un movemento que pretende eliminar a brecha existente entre o industrial e o artista ou deseñador, e estimular así o gusto dos usuarios. En palabras do propio Cole, o obxectivo central era “demostrar a unión do mellor arte coa manufactura”, había que reformar a produción, e pensando que “unha alianza entre arte e fabricante promovería o gusto do público”.

Hold Nickar

Hold Nickar, aínda que sexa relacionado por algúns con Nickar (nikr ou nicor, un demo escandinavo das augas), parece ser, na verdade, unha forma corrompida de Hjaldr Hnikar, un dos títulos do deus teutónico Odín e que significa «Incitador de Batallas». O Odín «Hjaldr Hnikar» causaba destrución a través de tempestades no océano. Tanto o Nickar canto Odín son representados como vellos con cabelos e barba agrisados, aínda que o demo Nickar tamén poida asumir a aparencia dun neno con pernas de cabalo.Hold Nickar pode ser aínda a orixe do nome «Old Nick», un sinónimo para «diaño» en lingua inglesa.

Mari Lwyd

O Mari Lwyd é unha celebración que forma parte das tradicións do nadal e aninovo de Gales e que se conserva nalgunhas zonas, en particular en Llangynwyd e Maesteg, recuperándose recentemente noutras localidades.

Nadal

Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.O Nadal (do latín dies natalis 'día do nacemento') é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa católica latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

Noitevella

A Noitevella é a derradeira noite do ano, comprendendo dende 31 de decembro ata o 1 de xaneiro (día de Aninovo).

Olentzero

O olentzero ou olentzaro é un personaxe da tradición do Nadal vasca. Trátase dun carboeiro mitolóxico que trae os agasallos o día de Nadal. Sobre da súa orixe, a hipótese máis estendida[Cómpre referencia] é que o olentzero é anterior á cristianización do País Vasco e que, como indica Claude Labat "o personaxe do Olentzero debe ser situado dentro das celebracións do solsticio de inverno". Estaría ligado á tradición do Apalpador en Galiza.[Cómpre referencia]

Panxoliña

A panxoliña é un subxénero da lírica consistente nunha composición popular de tema relixioso que se canta polo nadal.

Segundo Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, as panxoliñas non son o mesmo que os vilancicos. Estes son pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usan na liturxia das festas principais en xeral. As panxoliñas, pola contra, son cancións populares cantadas polo pobo, en grupo ou individualmente ante o Belén ou na festa do Nadal.

Sábese da existencia de panxoliñas desde o século XV, mais non nos chegou ningún documento que explique as súas características, só referencias a como se organizaban os veciños para lle iren cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

Papá Noel

Papá Noel ou Santa Claus é o personaxe lendario que segundo a cultura occidental trae agasallos aos nenos por Nadal. É un personaxe inspirado nun bispo cristián de orixe grega chamado Nicolao, que viviu no século IV na Anatolia, nos vales de Licia (na actual Turquía). Era unha das persoas máis veneradas polos cristiáns da Idade Media, do que aínda hoxe se conservan as súas reliquias na basílica de San Nicolao, en Bari (Italia).

Poio

Poio (do latín podium, altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas ) é un concello da comarca de Pontevedra, na provincia do mesmo nome. Segundo datos do IGE no ano 2015 tiña unha poboación total de 16.842 habitantes (homes: 8.326, mulleres: 8.516). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é poiense.

Sitúase na banda norte da ría de Pontevedra, pertencente ás denominadas Rías Baixas. Ten unha superficie de 34,17 km². Limita ó leste co concello de Pontevedra (límite natural marcado polo río Lérez), polo oeste cos concellos de Meaño, Meis e Sanxenxo, polo norte co concello de Meis e polo sur coa ría de Pontevedra. Destaca a presenza do Monte Castrove que marca o límite natural co concello de Meis, o punto máis elevado do municipio con 613 metros de altitude.

Na ría de Pontevedra atópase a Illa de Tambo, tamén pertencente ó concello de Poio.

Reis Magos

Os Reis Magos (tamén coñecidos como os Magos de Oriente) é o nome polo que tradicionalmente se denomina aos visitantes que, tras o nacemento do Neno Xesús, acudiron desde países estranxeiros para renderlle homenaxe e entregarlle agasallos de gran riqueza simbólica: ouro, incenso e mirra.

Tarxeta

Con tarxeta podemos referinos a:

Unha tarxeta intelixente é unha tarxeta que inclúe un chip no que se pode almacenar información.

Unha tarxeta de banda magnética é un tipo de tarxeta capaz de almacenar datos modificando o magnetismo da súa banda.

Unha tarxeta de proximidade contén unha pequena cantidade de información que pode ser lida sen necesidade de contacto físico co dispositivo lector.

Unha tarxeta de crédito, ou a unha tarxeta de débito, tarxetas de plástico que serven para realizar compras.

Unha tarxeta de felicitación, tarxetas de papel entregadas en ocasións especiais.

Unha tarxeta perforada, un antigo sistema de almacenamento de datos.

Unha tarxeta de negocios, pequena tarxeta coa información de contacto dunha persoa ou empresa.

Unha tarxeta sanitaria, empregada para identificar ao paciente.

Tarxetas de penalización por incumprir as regras do xogo, utilizadas en distintos deportes. Exemplo: tarxeta amarela, tarxeta vermella.

Unha tarxeta SIM, tarxeta intelixente que identifica ao subscritor dun servizo de telefonía móbil.Na placa base dun ordenador atopamos distintas placas con circuítos impresos:

A tarxeta gráfica, ou tarxeta de vídeo, encargada de xerar a información visual presentada na pantalla do ordenador.

A tarxeta de rede, que permite a un ordenador conectarse a unha rede informática.

A tarxeta de son, que transforma a información que lle chega do microprocesador en son.

A tarxeta de nadal, coa que se felicitan as festa de nadal.

Tarxeta de felicitación

As tarxetas de felicitación utilizanse para transmitir felicitacións para unha ocasión dada. Na súa forma máis antiga, as tarxetas de felicitación existen baixo a forma de papel imprimido sobre o cal se anota unha mensaxe á intención dun amigo, dun membro da familia ou aínda dun colega de traballo. Hoxe en día, máis persoas vólvense cara á utilización de tarxetas de felicitación virtuais coñecidas tamén baixo o nome de tarxetas de felicitación electrónicas.

Tió de Nadal

O Tió de Nadal é un personaxe mitolóxico catalán e a base dunha tradición moi arraigada en Cataluña. Esta tradición tamén se pode atopar en Occitania baixo o nome Cachafuòc ou Soc de Nadal, e en Aragón como Tronca de Nadal ou Toza.

Estaría emparentado coa a árbore de Nadal e, en Galicia co tizón de Nadal, un tronco que se deixa queimar dende a Noiteboa ata Aninovo para afastar os espíritos da casa.

Vilancico

O vilancico é un subxénero da lírica consistente nunha cancionciña de corte popular, de métrica moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de estrofas iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de Nadal galegos, escritos e cantados en toda a Península Ibérica durante os Séculos Escuros.

Carlos Villanueva Abelairas, profesor da Universidade de Santiago e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre panxoliñas e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no século XV e XVI, non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.

Hai moita documentación sobre vilancicos a través das partituras que quedan nas principais catedrais galegas, entre as que destacan as de Mondoñedo e a de Santiago polo número de textos conservados.

Por outra banda, formalmente o vilancico converteuse nunha especie de cantata, cun esquema típico: unha introdución (para solista), un refrán (para seis, oito, dez ou doce voces) e unhas coplas (para un pequeno conxunto vocal ou voz solista) que alternaban co refrán.

Un exemplo de vilancico galego:

Vinde, vinde, vinde, vinde,

vinde, vinde, nosas queridiñas,

vinde, vinde, vinde, vinde,

veréde-lo neno das mil marabillas.

¡Ai, que bunito, que lindo é!

¡Que pés, que pernas, que dentes, que maus!

¡Ai, que olliños! Son dúas estrelas;

non se viu tal no noso lugar.

Espertou rindo. Dixo: queridiñas,

calade, calade, calade, calá;

qu'eu ben vos sei o qu'agora fixestes,

satisfaréivo-la curiosidá. (...)

Árbore de Nadal

Unha árbore de Nadal é unha árbore decorativa, típica da festa de Nadal. Tradicionalmente emprégase unha conífera de folla perenne, coma piñeiros, piceas e abetos, destacando entre elas as especies Abies nordmanniana, Picea abies e Picea excelsa. En Galiza tamén se empregan exemplares novos de piñeiro bravo. Na actualidade tamén está moi popularizado o uso de árbores artificiais de plástico e outros materiais sintéticos. Decórase con elementos propios do Nadal como esferas, luces, estrelas, lazos, grilandas e outros elementos decorativos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.