Tarragona

Tarragona é unha cidade localizada ao sur de Cataluña, España, na costa mediterránea, na Costa Daurada. É capital da provincia de Tarragona e da comarca do Tarragonès.

Na época romana, foi capital da provincia Tarraconense, motivo polo que aínda conserva notables restos arqueolóxicos da época, como o anfiteatro ou as murallas. É xunto a outras doce poboacións españolas Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Coordenadas: 41°6′56″N 1°14′0″L / 41.11556, -1.23333

Tarragona
Bandera de Tarragona
Escut de Tarragona
Tarragona9
Amphithéâtre de Tarragona Taragona tower
Vista praias da cidade (Tarragona)
Plaça de la Font
Localización
Tarragona en Cataluña

Tarragona
Tarragona
Tarragona en Provincia de Tarragona

Tarragona
Tarragona
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaTarragona
ComarcaTarragonès
Xeografía
Altitude68 msnm
Superficie62,35 km²
Demografía
Poboación137.536 hab. (2008)
Densidade2.205,87 hab./km²
XentilicioTarraconense
Outros datos
Código postal43001 - 43008
AlcaldeJosep Fèlix Ballesteros (PSC)
www.tarragona.cat

Xeografía

A cidade está na costa do mar Mediterráneo, na beira esquerda da desembocadura do río Francolí. O término municipal, o máis extenso e poboado da comarca, limita ao norte con Constantí, els Pallaresos, el Catllar e la Riera de Gaià, polo leste con Altafulla, polo sur co Mediterráneo e polo oeste con Vila-seca e Reus. Tarragona está situada sobre un pequeno monte, e a catedral está situada a 69 metros de altitude respecto ao nivel do mar.

Historia

As orixes de Tarragona remóntanse ao século III a.C., cando existiu unha poboación ibera co nome Kesse, que deu nome á tribo que habitaba na zona.

Tarragona Ampitheatre
Anfiteatro

Logo da conquista romana, Kesse foi ampliada e fortificada por Publio e Publio Cornelio Escipión o Africano que converteron a cidade na base contra os cartaxineses. Recibiu o nome de Tarraco e converteuse máis adiante na capital da provincia Tarraconense. Augusto pasou o inverno en Tarraco durante a campaña de Cantabria (27 aC), momento no que a cidade creceu e recibiu o título de Colonia Urbs Triumphalis Tarraconensis.

Despois da caída do Imperio Romano, chegaron os pobos xermánicos. O rei visigodo Eurico saqueou e destruíu a cidade o 480. Así, a maxestosa capital romana quedaría practicamente despoboada ao sur da nova capital, Barcelona. A cidade foi recuperando poboación ata ser unha das metrópoles máis importantes de Hispania, pero non chegou aos niveis da época romana. Foi importante a comunidade cristiá, dirixida polo arcebispo de Tarraco.

Os árabes chegaron a Tarraco no 719 e os exércitos de Mussa ibn Nussayr arrasaron a cidade. Cando desapareceu o Califato de Córdoba, formou parte da taifa de Zaragoza e posteriormente da taifa de Tortosa. Durante moitos anos, a fronteira entre cristiáns e musulmáns estableceuse entre os ríos Gaià e Llobregat, convertendo a zona de Tarragona en terra de ninguén.

O 1116 prodúcese a reconquista cristiá de Tarragona por parte das tropas de Ramón Berenguer III. A cidade empezou a crecer con poboadores procedentes da Cataluña Norte. A principios do século XIII, urbanízase a gran praza do foro romano e a cidade convértese nun importante centro de poder en Cataluña. Comezan a xurdir os primeiros barrios extramuros. En maio de 1348 chegou a peste negra, o que fixo que os habitantes volveran ó interior das murallas. A principios do século XV, a cidade recuperouse da peste ata que as guerras catalás deixárona moi afectada.

Entre os séculos XVI a cidade representou un centro importante de poder ao sur de Cataluña. Foron importantes as batallas entre as tropas castelás e catalás durante a Guerra dels Segadors e, especialmente, a represión posterior á Guerra de Sucesión.

A cidade tolerou o paso das tropas de Napoleón pola zona, pero rebelouse cando quixeron instalarse. A mediados do século XIX, comezou un proceso de industrialización e desenvolveuse o comercio.

Demografía

Tarragona ten un total de 134.933 habitantes, segundo o INE 2010. Tarragona é capital dunha área metropolitana de 456.042 habitantes. É a sexta cidade en poboación de Cataluña, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona, Terrassa e Sabadell, e xusto por diante de Lleida.

Lugares de interese

Tarragona.Pretorio
Torre do Pretorio
Spain.Tarragona.Catedral.Conques.02
Vista lateral da Catedral de Tarragona.

O conxunto arqueolóxico que forman as ruínas romanas de Tarraco foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2000, con catorce lugares distintos.

  • A Zona Vella. Na parte alta da cidade, coincide co antigo Fórum Provincial de Tarraco. Está rodeada pola Muralla romana, cuxa lonxitude cara ao século III a.C. era duns 4 km. Con todo, na actualidade só se conserva ao redor de 1 km e unha porta adoelada orixinal. A zona vella, coñecida popularmente como "Part Alta", é hoxe en día unha das zonas máis visitadas tanto por turistas como por autóctonos grazas á oferta gastronómica e de lecer que esta ofrece.
  • O Anfiteatro de Tarraco. Do século I, no seu interior conserva tamén restos dunha basílica visigoda e unha igrexa románica.
  • O mercado central. Edificio modernista do ano 1915, deseñado polo arquitecto Josep Maria Pujol de Barberá.
  • O Balcón do Mediterráneo. Miradoiro situado sobre un cantil ao bordo do mar, ao final da Rambla Nova. Está bordeado por unha antiga varanda de ferro forxada por Joan Miquel Guinart, no inicio do século XX. Desde el pódese contemplar parte da cidade, o porto, a estación, o anfiteatro, a praia e A Punta do Milagre, ademais dunha magnífica panorámica do mar, sobre cuxo horizonte nos días claros, pódese apreciar a curvatura de a Terra. A Punta do Milagre é tamén o escenario onde se celebra cada ano no mes de xullo, durante seis noites, o famoso Concurso Internacional de Castelos de Fogos artificiais de Tarragona no que participan importantes empresas pirotécnicas españolas e estranxeiras, e que se converteu no certame de referencia do Mediterráneo[1].
  • O Circo romano de Tarraco. Dentro da zona vella da cidade, achamos hoxe en día os restos arqueolóxicos do que foi o circo, que ofrecía carreiras de carros. Poden visitarse en diferentes establecementos da cidade; así como o que se coñece como "capçalera", a curva final do percorrido. As "cárceres", que había a saída, áchanse baixo os cimentos do actual concello de Tarragona, na Plaça de la Font.
  • A catedral é un expoñente magnífico de templo relixioso cristián iniciado cara ao século XII. O seu estilo arquitectónico está dacabalo entre o románico e o gótico, achando neste peculiar edificio da cidade unha harmonía soante de estilos artísticos diferenciados entre si, que fan do conxunto un grande edificio digno dunha sede episcopal primada.
  • O Portal de Sant Antoni é unha porta da muralla construída en 1737, en pedra e mármore.
  • A Casa da Festa de Tarragona é un equipamento cultural que permite durante todo o ano coñecer os elementos identitarios das Festas de Santa Tecla de Tarragona e a súa secuencia ritual, declaradas Festa Tradicional de Interese Nacional pola Generalitat de Cataluña e Festa de Interese Turístico Nacional polo Goberno de España. Situada na Vía Augusta número 4, abre as súas portas en 2007 e de xeito permanente en 2008.
  • O Porto de Tarragona, un dos máis importantes de España.
  • Teatro Metropol, do arquitecto Josep Maria Jujol, discípulo de Gaudí.
  • Altar de Jesus i Maria, do arquitecto Antoni Gaudí.

Vistas da cidade

Panoramic view of Tarragona 02
Vista desde a parte alta.
Vista desde forti de la reina
Vista desde el Fortí de la Reina.
Tarragona.noroeste
Vista da zona noroeste da cidade.
Rambla2
Rambla Nova.

Cidades irmandadas

Desde 1968, Tarragona mantén unha relación de irmanamento con varias cidades:

Notas

  1. "Tarragona Piroart". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alcanar

Alcanar é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. É un pequeno municipio da comarca de Montsià, no límite co País Valenciano.

Almoster

Almoster é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Camp de Tarragona.

Altafulla

Altafulla é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Camp de Tarragona.

Amposta

Amposta é un concello catalán localizado na provincia de Tarragona.

Batea, Tarragona

Batea é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. É un pequeno municipio da comarca de Terra Alta, no linde con Aragón.

Benifallet

Benifallet é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Ebre.

Blancafort, Tarragona

Blancafort é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Conca de Barberà.

Bot, Tarragona

Bot é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Terra Alta.

El Molar, Tarragona

El Molar é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Priorat.

Falset

Falset é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Priorat.

Miravet

Miravet é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Ribera d'Ebre.

Montblanc, Tarragona

Montblanc é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Conca de Barberà, da cal é capital. Posúe o título de Vila Ducal desde o 1387, e a zona vella foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1948.

Montblanc está no sur da comarca, ao centro da depresión formada polos ríos Anguera e Francolí. Está situada aos pés do pequeno monte coñecido como Pla de Santa Bárbara, preto da unión dos ríos Francolí e Anguera.

Prades, Tarragona

Prades é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Camp.

Provincia de Tarragona

A provincia de Tarragona é a provincia máis meridional das catro con que conta a Comunidade Autónoma de Cataluña. A súa capital é a cidade homónima de Tarragona. Ten unha superficie de 6.283,8 km² e a súa poboación era de 704.907 habitantes (2005), dos cales case o 20 % vivían na capital provincial.

As cidades de Tarragona (121.076 habs.), e Reus (94.407 habs.), son as únicas da provincia que superan os 50.000 habitantes.

Querol

Querol é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Alt Camp.

Riudoms

Riudoms é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Camp.

Salou

Salou é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Tarragonès. Está localizada na Costa Daurada, a 10 km da cidade de Tarragona. É considerada a capital da Costa Dourada, ao ser o destino turistico máis importante. Nas proximidades da localidade atópase o parque temático Port Aventura.

Fundada polos gregos o século VI aC, a cidade constituíu un destacado porto comercial durante a Idade Media e a Idade Moderna. Ao longo do século XX, Salou converteuse nun importante centro turístico, condición que mantén na actualidade.

Xerta

Xerta é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Ebre.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.