Tareixa de Ávila

Tareixa de Ávila[4][5][6] ou Tareixa de Xesús,[7] nada como Teresa de Cepeda y Ahumada en Ávila o 28 de marzo de 1515,[8] e finada en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582, foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Foi a fundadora da Orde dos Carmelitas Descalzos.

Xunto con san Xoán da Cruz, é considerada o cumio da mística experimental cristiá[9][10] e unha das grandes mestras da vida espiritual da Igrexa católica.

Santa Tareixa de Ávila
Teresa of Avila dsc01644
Santa Tareixa de Ávila pintada por Rubens.
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1515 en Gotarrendura, Ávila, Reino de Castela
Pasamento4 de outubro de 1582 (67 anos) en Alba de Tormes, Salamanca, Reino de España
Proceso de canonización
Beatificación24 de abril de 1614 por Paulo V
Canonización12 de marzo de 1622 por Gregorio XV
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Igrexa luterana[1]
Igrexa anglicana[2][3]
Festividade15 de outubro

Traxectoria

Primeiros anos

Teresa de Cepeda y Ahumada naceu en 1515 en Gotarrendura, unha cidade na provincia de Ávila, no Reino de Castela. O seu avó paterno, Juan Sánchez, era um marrano (un converso) e foi condenado pola Inquisición española por ter supostamente retornado ó xudaísmo. O seu pai, Alonso Sánchez de Cepeda, comprou un título cabaleiro e conseguiu con éxito ser asimilado pola sociedade católica. A nai de Santa Tareixa, Beatriz de Ahumada y Cuevas,[11] foi especialmente dedicada á misión de criar a filla como unha piedosa cristiá. Tareixa estaba fascinada polos relatos sobre vidas de santos e fuxiu ós sete anos co seu irmán máis novo Rodrigo para tentar conseguir o seu martirio entre os mouros. O seu tío conseguiu impedilo ó velos xa fóra das murallas cando volvía doutra cidade.[12]

A morte de Beatriz cando Tareixa tiña só catorce anos provocoulle unha tremenda tristura que a estimulou refuxiarse aínda máis a devoción á Virxe María como a súa nai espiritual. Porén, ela adquiriu tamén un interese esaxerado na lectura de ficciónns populares, principalmente novelas de cabalaría, e un anovado interese na súa propia aparencia.[13] Na mesma época, foi enviada como interna para unha escola de monxas agostinianas en Ávila,[14] o Convento de Nosa Señora da Graza.

Pouco despois, empeorou dunha doenza que comezara a molestala antes de profesar os seus votos e o seu pai sacouna do convento. A irmá Joana Suárez acompañou a Tareixa para axudala. Os médicos, malia tódolos tratamentos, déronse por vencidos e a doenza, probabelmente malaria, agravouse. Tareixa conseguiu soportar o sufrimento, grazas a un libro devocional que lle fora dado de agasallo polo seu tío Pedro, "O Terceiro Alfabeto Espiritual", do Padre Francisco de Osuna. Esta obra, seguindo o exemplo de diversas outras de místicos medievais, consistía en instrucións para exames de conciencia, para autoconcentración espiritual e contemplación interior (técnicas coñecidas no misticismo como oratio recollectionis ou oratio mentalis). Tareixa tamén empregaba outras obras ascetas como o Tractatus de oratione et meditatione de Pedro de Alcântara, se cadra moitas das obras nas cales Ignacio de Loiola baseou os seus "Exercicios Espirituais" e posiblemente os propios "Exercicios". Tareixa seguiu as instrucións da obra e comezou a practicar a oración mental. Finalmente, após tres anos, recuperou a saúde e regresou directamente para tomar o hábito no Carmelo.

Tareixa conta que durante a súa enfermidade, ascendía dende o andar máis baixo, da "oración mental", ó de "oración do silencio" ou mesmo ó de "devocións de éxtase", que era unha de union perfecta con Deus. Durante esta estado final, Tareixa conta que experimentaba a miúdo unha rica "bendición de bágoas". Conforme a distinción católica entre pecado mortal e venial foise tornando clara para ela, pasou tamén a comprender o terror profundo do pecado e a natureza do pecado orixinal. En paralelo, tomou conciencia da súa propia impotencia en confrontar o pecado e decatouse da necesidade da suxeición absoluta a Deus.

Por volta do ano 1556, varios amigos suxeriron que este coñecemento que lle fora revelado a Tareixa era de orixe diabólica e non divina e, como resultado, Tareixa pasou a inflixirse a si mesma diversas torturas e outras formas de mortificación. Mais o seu confesor, o padre xesuíta Francisco de Borja, asegurou a divina inspiración dos seus pensamentos. No día de San Pedro de 1559, Tareixa convenceuse firmemente que Xesús Cristo se lle apareceu de corpo presente, só que invisíbel. Estas visións continuaron por máis de dous anos ininterrompidos e, nunha delas, un serafín traspasou repetidamente o seu corazón coa punta inflamada dunha lanza dourada provocando nela unha inefábel dor espiritual e corporal: Modelo:Citação2

Esta visión foi a inspiración dunha das máis famosas obras de Bernini, a escultura "Éxtase de Santa Tareixa", que está na Igrexa de Santa Maria da Vitoria, en Roma. A memoria deste episodio serviu de inspiración polo resto da vida de Tareixa e motivou a súa perenne disposición de imitar a vida e os sufrimentos de Xesús, epitomizada no lema xeralmente asociado com ela: "Señor, ou me deixa sufrir ou me deixa morrer".

Notas

  1. "Notable Lutheran Saints" (en inglés).
  2. "Church of England calendar of "Holy Days"" (en inglés).
  3. "Holy Men and Holy Women" (PDF) (en inglés).
  4. portaldaspalabras.gal (ed.). "Achar / Botar de menos". Consultado o 31 de outubro de 2017.
  5. Rey Castelao, Ofelia (1998). Galaxia, ed. A Galicia clásica e barroca. Vigo. p. 208. ISBN 84-8288-245-7.
  6. IES San Clemente (ed.). "Antroponimia e onomástica galega" (PDF). Consultado o 30 de outubro de 2017.
  7. Concello de Santiago (2003). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Historia da cidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. p. 404. ISBN 84-9750-140-3.
  8. Santa Teresa de Jesús. Libro de la vida. p. 5. Consultado o 18 de xuño de 2017.
  9. Barrio Maestre, José María (2012). Antropología del hecho religioso. Madrid: Ediciones Rialp. p. 126. ISBN 978-84-321-3948-2.
  10. Congregatio pro Causis Sanctorum (1970). Junta Nacional Española para el Doctorado de Santa Teresa de Jesús, ed. Santa Teresa de Jesús, doctora de la Iglesia: documentos oficiales del proceso canónico. Editorial de Espiritualidad. p. 246.
  11. Zupeda, Reginald. From Spain to Texas (en inglés). ISBN 9781479770083.
  12. Medwick, Cathleen (1999). Teresa of Avila: The Progress of a Soul (en inglés). Knopf. ISBN 0-394-54794-2.
  13. Catholic News Agency (ed.). "St. Teresa of Avila" (en inglés).
  14. Zimmerman, Benedict (1912). The Catholic Encyclopedia (en inglés) 14. Nova York: Robert Appleton Company.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Boudot, Pierre: la Jouissance de Dieu ou le Roman courtois de Thérèse d'Avila (préface de Xavier Tilliette). Cluny: A contrario, coll. « La sœur de l'ange. Les classiques méconnus », 2005 ISBN 2-7534-0032-6.
  • Etxeberri, Xabier: Vida y obra de Santa Teresa de Ávila. Barcelona: Cartes, 1955.
  • García Valdés, Olvido: Santa Teresa de Jesús. Barcelona: Ediciones Omega S.A., 2001. ISBN 84-282-1235-X.
  • Lope de Vega, Félix: Santa Teresa de Jesús. Barcelona: Linkgua ediciones, 2005. ISBN 84-96428-91-5.
  • Martínez-Blat, Vicente: La andariega: Biografía íntima de Santa Teresa de Jesús. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 2005. ISBN 84-7914-779-2.
  • Ribera, Francisco: La vida de la madre Teresa de Jesús: Fundadora de las descalzas y descalzos carmelitas. Madrid: Edibesa, 2005. ISBN 84-8407-427-7.
  • Dževad Karahasan: El ángel extasiada: Viena, Salzburgo y Klagenfurt: Arbos, 2005.
  • Santa Teresa de Jesús: Castillo interior, o Las moradas. Madrid: Aguilar, 1957.
  • Santa Teresa de Jesús: Exclamaciones del alma a su Dios. Madrid: Aguilar, 1957. Colección Crisol.
  • Santa Teresa de Jesús: Poesías. Madrid: Aguilar, 1957. Colección Crisol.

Outros artigos

  • Éxtase de santa Tareixa

Ligazóns externas

Calendario gregoriano

O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea utilizado en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a. C.

Camelia Cociña de Llansó

Luisa Purificación Camelia Cociña de Llansó, de solteira María de la Purificación Camelia Cociña de Riveira, nada en Córdoba en 1847, foi unha escritora galega. Empregou o pseudónimo de Cecilia.

Década de 1570

A década de 1570 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1570 e remata o 31 de decembro de 1579.

== 1570 ==

=== Asia ===

Apertura do porto de Nagasaki (Xapón) ao comercio exterior.

=== América ===

Fundación da Confederación Iroquesa sob o impulso dos xefes indios iroqueses Dekananida e Hiawatha. A súa posta en funcións provocará un movemento xeral de pobos amerindios en América do Norte.

8 de febreiro - En Chile a cidade de Concepción é destruída por un terremoto.

=== Oriente Próximo ===

9 de setembro - Os turcos, sob o sultán Selim II, emprenden a conquista de Chipre, pondo sitio a Famagusta, que completarán no ano seguinte.

=== Europa ===

2 de xullo - A Monarquía española inicia negociacións con a Santa Sede a fin de organizar a Santa Liga contra a expansión otomá.

=== Ciencia e tecnoloxía ===

Andrea Palladio publica I Quattro Libri dell'Architettura ("Os Catro Libros da Arquitectura").

20 de maio: Publícase o Theatrum Orbis Terrarum de Ortelius, primeiro atlas moderno.

== 1571 ==

=== América ===

Túpac Amaru tórnase o novo inca do Tihuntinsuyo (até 1572) tras a morte de Tiku Kusi.

=== Asia ===

24 de xuño - Miguel López de Legazpi funda Manila, Filipinas.

=== Europa ===

1 de agosto - Os turcos toman Famagusta, o que provoca a caída de Chipre no seu poder.

7 de outubro - Batalla de Lepanto, unha frota cristiá (Santa Liga) vence ós turcos no golfo de Lepanto, Grecia.

=== Arte e cultura ===

Remátase a vila "La Rotonda" do arquitecto Andrea Palladio.

== 1572 ==

=== América ===

Os españois ocupan Vilcabamba, capital do resistente Imperio inca, aínda que este devece, non desparece de todo.

=== Europa ===

24 de agosto - Matanza do día de San Bartolomeu: máis de 3.000 hugonotes son asasinados na cidade de París a maos dos católicos.

=== Arte e cultura ===

Camòes, Os Lusíadas.

== 1573 ==

=== América ===

13 de xullo - Ordenanza do rei Filipe II de España, pola que se dan normas legais para o urbanismo das novas cidades a construír en América: prazas e rúas deben seguir un trazado rectilíneo.

15 de novembro, Juan de Garay funda Santa Fe.

Fundación da cidade arxentina de Córdoba.

=== Europa ===

Francis Bacon ingresa no Trinity College de Cambridge.

No mes de outubro prodúcese a Batalla de Delft, nesa localidade dos Países Baixos, entre tropas españolas e unha alianza anglo-holandesa.

=== Arte e cultura ===

Paolo Veronese executa o cadro "Cea na casa de Leví".

== 1574 ==

1 de xaneiro, Bolivia: O conquistador español Santiago Barba de Padilla funda a cidade de Oropesa, que foi chamada Cochabamba a partir de 1786.

Filipe Neri atende a máis de 140 000 peregrinos, enfermos e esfameados no ano santo xubilar de Roma

== 1575 ==

Primeiro auto de fe da Inquisición da Galiza.

=== Arte e cultura ===

Torquato Tasso, poeta italiano, publica "Xerusalén liberada".

=== Ciencia e tecnoloxía ===

Imprímese por vez primeira a Arithmetica de Diofanto de Alexandría.

== 1576 ==

== 1577 ==

=== Asia ===

O gurú indio Ram Das funda a cidade de Amritsar, no Punjab, cidade santa sikh.

=== Europa ===

El Greco instálase en Toledo.

A raíña Isabel I de Inglaterra encarga a Francis Drake obstaculizar o comercio español no Pacífico.

=== Arte e cultura ===

Tareixa de Ávila publica "Las Moradas".

== 1578 ==

Publicación da segunda parte de A Araucana de Alonso de Ercilla.

== 1579 ==

Décimas ao Apóstolo Santiago

As Décimas ao apóstolo Santiago, de Martín Torrado Mariño (1627), foron moi populares no seu tempo. Nelas recóllese a polémica consistente en considerar se Santiago o Maior debía de ser o único santo patrón de España ou se, pola contra, debía compartir esa honra con Tareixa de Ávila. Esta obra pertence aos, denominados en Galicia, Séculos Escuros. Esta é unha das conservadas durante ese período de escaseza literaria.

Día das Escritoras

O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns seguinte á data do 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila.

Francisca Sarasate

Francisca Sarasate Navascués, nada na Coruña o 29 de novembro de 1853 e finada en Pamplona o 1 de maio de 1922, foi unha escritora navarra de orixe galega. Asinou algúns dos seus libros como Francisca Sarasate de Mena debido ao apelido do seu home.

Francisco Xabier

Francisco Xabier, nado o 7 de abril de 1506 e falecido o 3 de decembro de 1552, é un santo navarro, patrón de Navarra, das misións, da India e dos navegantes. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

Luis de León

Luis de León, chamado frei Luis de León, nado en Belmonte (Cuenca) en 1527 ou 1528 e finado en Madrigal de las Altas Torres (Ávila) o 23 de agosto de 1591, foi un poeta, humanista e relixioso agostiño español.

Foi un dos escritores máis destacados da segunda metade do Renacemento español, xunto a Fernando de Herrera, Juan de la Cruz, Tareixa de Xesús, Francisco de Aldana ou Alonso de Ercilla. A súa poesía orixinal trata fundamentalmente de moral cotiá, excepto un número pequeno de odas de temática estritamente relixiosa. Todas elas tratan sobre o que debe facer o home para acadar a harmonía e o xusto medio como fin do individuo, algo que se poderá conseguir coa busca de Deus.

María Antonia Pereira

Non confundir con María Antonia de Jesús Tirado (Jerez de la Frontera 1740-1810), tamén relixiosa.María Antonia Pereira do Campo ou María Antonia Pereira de Andrade, nada en Baños de Cuntis (Cuntis) o 5 de outubro de 1700 e finada en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1760, foi unha relixiosa e escritora galega, coñecida como a serva de Deus María Antonia de Xesús, ou Monxiña do Penedo.

Orde dos Carmelitas Descalzos

A Orde dos Carmelitas Descalzos (en latín: Ordo Fratrum Discalceatorum Beatissimae Mariae Virginis de Monte Carmelo) é unha orde mendicante católica, estabelecida en 1593 como unha reforma da Orde Carmelita por dous santos españois, Tareixa de Ávila e Xoán da Cruz.

Resol

Resol foi unha revista literaria editada en Santiago de Compostela entre 1932 e 1936.

Santo

Os santos (do latín sanctus, -i, de sanctus, -a, -um, 'sagrado', 'venerado'; en grego αγίος (hagíos); en hebreo qâdosh, 'elixido por Deus') son homes ou mulleres distinguidos nas diversas tradicións relixiosas polas súas atribuídas relacións especiais coas divindades.

Estas relacións conducen a unha especial distinción dos suxeitos polas súas calidades en especial morais, e este sentido presérvase en tradicións espirituais no necesariamente teístas.

A influencia dun santo supera o ámbito da súa relixión cando a aceptación da súa moralidade adquire compoñentes universais: por exemplo, é o caso de Tareixa de Calcuta e, en xeral, polo menos até certo punto, de todo os fundadores das grandes relixións.

Sección Femenina

A Sección Femenina fai referencia á institución creada en 1934, durante a Segunda República española, e que acadaría unha gran relevancia coa transformación do Estado Español nun réxime ditatorial de corte fascista.

Xosé Ferreiro

Xosé Antonio Mauro Ferreiro Suárez, nado en Noia en 1738 e falecido en Hermisende (Zamora) en 1830, foi un escultor galego. Está considerado unha figura prestixiosa da arte escultórico do neoclasicismo galego do século XIX. Foi autor de innumerables imaxes relixiosas, moitas delas presentes en igrexas compostelás.

Xoán da Cruz

San Xoán da Cruz, de nome secular Juan de Yepes Álvarez e coñecido primeiramente como frei Juan de San Matías, nado en Fontiveros (Ávila) o 24 de xuño de 1542 e finado en Úbeda (Xaén) o 14 de decembro de 1591, foi un relixioso e poeta místico do renacemento español. Foi reformador da Orde da nosa Señora do Monte Carmelo e cofundador da Orde dos Carmelitas Descalzos con santa Tareixa de Xesús.

Xunto con Tareixa de Xesús, considérase a Xoán da Cruz o cume da mística experimental cristiá. Poetas de extracción diversa como Rubén Darío, Juan Ramón Jiménez, Paul Valéry e T. S. Eliot consideraron os poemas de Xoán da Cruz non só como o cume da mística española, senón da poesía en lingua castelá. Dende 1952 é o patrón dos poetas en lingua castelá.

Éxtase de Santa Tareixa

A Éxtase de Santa Tareixa de Ávila (tamén coñecida como Transverberación de Santa Tareixa) é unha escultura de mármore e bronce dourado de Gian Lorenzo Bernini, feita entre 1647 e 1652 e situada na igrexa de Santa Maria della Vittoria, en Roma, na capela de Cornaro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.