Tapadeira

A tapadeira[1][2] ou ambroíño de río[3] (Nymphaea alba, tamén chamada ninfea branca europea ou rosa de Venus) é unha planta acuática da familia das ninfáceas, que medra nos regueiros quedos e nos encoros das rexións temperadas de Europa, tolerando incluso augas poluídas. Florea entre xuño e setembro, sendo a recolla da flor polo verán e polo outono. Común nas augas quedas de toda Galiza.

Tapadeira
Ninfea branca

Ninfea branca
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Magnoliidae
Orde: Nymphaeales
Familia: Nymphaeaceae
Xénero: Nymphaea
Especie: N. alba
Nome binomial
Nymphaea alba
L.
Nymphaea alba range

Sinonimia
  • N. officinalis Gaterau, 1789, nom. illeg
  • Castalia speciosa Salisb., 1805, nom. illeg.
  • N. parviflora Hentze, 1848
  • N. rotundifolia Hentze, 1848
  • N. splendens Hentze, 1848
  • N. urceolata Hentze, 1848
  • N. venusta Hentze, 1848
  • N. erythrocarpa Hentze, 1852
  • N. exumbonata Rupr., 1854
  • N. alba var. melocarpa Casp., 1855
  • N. alba var. rubra Lönnr., 1857
  • N. suaveolens Dumort., 1864
  • N. alba var. rosea C. Hartm., 1870
  • N. casparyi Carrière, 1879
  • N. polystigma E.H.L. Krause, 1901
  • Castalia minoriflora Simonk., 1908
  • N. alba var. occidentalis Ostenf., 1912
  • N. alba f. limosa Soó, 1965
  • N. alba f. csepelensis Soó, 1973)

Descrición

O froito é unha baga que madura baixo a auga. Florece entre xuño e xullo.

A tapadeira ten un rizoma reptante, carnoso e horizontal, que prende no leito do curso ou encoro de auga no que a ninfea mora. As follas, de 10 a 30 cm de diámetro, boian grazas aos longos pecíolos; son grandes, cordiformes e ben lobuladas, de textura coriácea e cor verde clara. As flores, tamén arredondadas, miden de 5 a 12 cm e levan moitos pétalos que forman unha coroa branca; gradualmente transfórmanse en estames con filamentos brancos e anteras amarelas. Son moi recendentes e fican solitarias, son hermafroditas, cun longo pedúnculo e de cores abrancazadas e rosadas; o cáliz componse de catro sépalos, e a corola de até unha cincuentena de pétalos grosos. Os estames son numerosos, provistos de anteras amarelas. A polinización pode ser autógama ou entomógama. O froito, un aquenio, espalla as sementes por hidrocoria. 2n = 56, 84.

Distínguese da estreitamente emparentada ninfea branca boreal, Nymphaea candida J.Presl & C.Presl 1822 , polo número de cromosomas nas células somáticas (2n = 84). Coñécense dúas subespecies, Nymphaea alba subsp. alba, xa descrita por Linné, e Nymphaea alba subsp. occidentalis.

Distribución

Dende a China, a India, Rusia, o suroeste asiático e o Cáucaso até Europa e até Marrocos, Alxeria, Tunisia polo sur.

Galiza

As tapadeiras aparecen en ríos de pouca corrente e lagoas de toda Galiza onde florea entre xuño e xullo. O nome de tapadeira fai referencia ao xeito de cubrir ou tapar a tona da auga coas súas follas. O termo ambroíño de río fai referencia á forma do froito, coma un ambroíño (unha ameixa).

Lenda de Cupido e Ninfea

Irritado polos desprezos da deusa Diana, Cupido tomou un día as súas setas, montou o seu arco, colleu unha delas e apuntouna ao corazón de Diana. A seta voou ao seu albo, mais non feriu a Diana, que nun movemento rápido puido esquivala. Porén, a seta furou o seo de Ninfea, unha das ninfas de Diana.

Ninfea ficou así namorada, e o seu corazón experimentou o que nunca antes sentira; unha ardencia descoñecida consumíaa. debateuse logo entre un desexo cego e o pudor. Maldiciu as leis austeras, e amargamente queixouse do xugo que lle impuña a necesidade. Tratou dentro de si de arrincar a seta, mais non puido. Soltou laios polas fragas. «Oh, rubor! -exclamou-; ti, o máis precioso e máis fermoso enfeite dunha ninfa sacra; se o meu espírito é culpábel para contigo dun sentimento vivo que che ofende, o meu corpo é aínda inocente; que sexa de abondo esta vítima para a túa furia suprema; que esta pura onda me lave dun crime que concebín para a miña pena, e que a miña vontade con horror aborrece.»[4] Así dixo, e erguendo ao ceo os seus ollos, cheos de bágoas, precipitouse ás augas. As súas compañeiras mentres tanto andaban na súa procura. As dríades atopárona finalmente. Diana deplorou o horríbel fado de Ninfea, mais non permitiu que o seu corpo se mergullase. Sobre das ondas da auga, fíxoa boiar, e convertiuna na flor que leva o seu nome ninfea, dun brancor brillante, cun talo maxestoso de largas follas verdes. Dende aquela, as augas que arrodean as ninfeas son quedas e calmas.

Quixo Diana que, posto que Ninfea calmara os lumes da paixón do fillo de Venus no frío elemento da auga, así mesmo a flor ninfea tivese a propiedae de calmar, e de depauperar os sentidos para non se entregar aos ardores da voluptuosidade.

Dende entón, as ninfas non temen xa as setas de Cupido, pois a humilde flor ninfea as protexe, abeira e lles serve coma antídoto aos ataques do amor.

Usos

Atribuíronselle propiedades medicinais como afrodisíaco, calmante e anticolinérxico. Usábase noutrora en mosteiros e seminarios a xeito de infusión. Supostamente pódese usar en ninfomanías e erectismo xenital.

As sementes poden usarse como sucedáneo do café e as flores poden conservarse en moira.

Porén, o cultivo da tapadeira (N. alba) é maiormente ornamental; unha variedade de cor vermella, procedente do lago Fagertärn en Tividen, Suecia, ten moita sona, malia estar a colla moi restrinxida coma planta brava hoxe en día.

Notas

  1. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=tapadeira&tipo_busca=lema
  2. https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm?#10619368
  3. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=ambro%ED%F1o&tipo_busca=lema
  4. [1], La higiene o el arte de conservar la salud: poema latino. Página 262. Geoffroy, Etienne Louis. 1803.

Véxase tamén

49ª edición dos Óscar

A 49.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 28 de marzo de 1977 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Richard Pryor, Jane Fonda, Ellen Burstyn e Warren Beatty.

Bidé

Un bidé é un elemento sanitario destinado ao lavado íntimo dos xenitais e do ano. Pode así mesmo servir para lavar outras partes do corpo humano, tales como pés ou cabelos.

A pesar da súa semellanza co retrete, está máis próxima á función dunha cunca ou dunha bañeira: é práctico para lavar un bebé ou para axudar ás persoas de mobilidade reducida a manter unha hixiene corpórea adecuada. Os usuarios que non están afeitos aos bidés confúndenos a miúdo cun urinario ou mesmo cunha fonte de auga. O bidé debe de ser utilizado sentando enriba, de costas á billa ou ben de fronte.

Os máis antigos modelos de bidés eran mobles inamovíbeis, conformados polo xerla por unha cubeta de porcelana dentro dun moble de madeira provisto de catro pés, e cuberto dunha tapadeira tamén de madeira. Hoxe en día, fabrícanse de porcelana ou de esmalte e están equipados cunha billa mesturadora para enchelos de auga, e dun sistema de drenaxe para baleiralos. A billa debe estar orientada de xeito que proxecte un chorro de auga dirixido directamente cara aos xenitais.

Campá (homónimos)

O termo campá pódese referir a:

Sino, instrumento que consiste nunha peza oca que resoa ao ser golpeado.

Por extensión calquera peza de forma semellante (como un vaso de campá ou unha campá graduada: vaso ou tubo de cristal no que se gravaron certo número de divisións.).

Cubrepratos, tapadeira, xeralmente metálica, que se coloca sobre un prato para que non arrefríen os alimentos ou para protexelos de impurezas.

Etapa de campá, terceira etapa do proceso de desenvolvemento dentario.

Cambota, a campá do comezo da cheminea, especialmente nas lareiras.

Cambota extractora, a campá extractora dunha cociña moderna.

Cambota de aspiración, a campá de aspiración nun laboratorio por exemplo, campá de fumes, cambota de fumes.

Campá de Gauss, curva simétrica de forma acampanada que representa unha distribución normal, curva normal, curva de Gauss.

Curva de campá, en matemática.

Son de campá, en medicina, son que se percibe no pneumotórax.

Interruptor de campá, en informática.

Chisqueiro

Un chisqueiro, ou tamén chamado acendedor, é un aparello empregado para acender outra substancia que será a encargada de manter a chama por máis tempo.

Década de 2000

A década de 2000 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 2000 e remata o 31 de decembro de 2009.

Nymphaea

O xénero Nymphaea L., 1753, as ninfeas ou tapadeiras, comprende entre 7 e 17 especies (segundo os autores) de herbas perennes acuáticas, e pertence á familia das Nymphaeaceae. A súa especie tipo é a tapadeira (Nymphaea alba L., 1753), común nos encoros e augas quedas de toda Galiza.

Nymphaea lotus

Nymphaea lotus, a tapadeira exipcia, ninfea branca exipcia ou loto do Exipto, é unha planta acuática da familia das ninfáceas.

Nymphaeaceae

Nymphaeaceae, as ninfeáceas, é unha familia que comprende 75 especies de ninfeas ou nenúfares agrupadas en oito xéneros. Son plantas acuáticas perennes, rizomatosas con follas e flores boiantes, das cales a maior é a vitoria rexia presente no río Amazonas.

Opérculo

O termo opérculo (do latín operculum, -i, 'cuberta', 'tapadeira') pode referirse a:

Opérculo, unha peza anatómica dos peixes óseos que recobre as galadas.

Opérculo, estrutura en forma de "tapón" nos ovos dos insectos, zona por onde emerxen as larvas logo da eclosión.

Opérculo, un elemento da cuncha dalgúns moluscos gasterópodos.

Opérculo, un elemento propio dos vermes da clase dos cestodos.

Opérculo, varios elementos propios dalgúns tipos de plantas.

Opérculo (gasterópodos)

Nos gasterópodos, o opérculo é a peza da parte superior do pé, en forma de disco córneo ou calcificado, que encaixa exactamente no estoma ou boca a modo de tapadeira, cerrándoo ao retraerse o animal dentro da cuncha.O metapodio nos prosobranquios é quen produce o opérculo nos gasterópodos.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Pozo

Un pozo ( pronunciación ) é un orificio ou túnel vertical perforado na terra, até unha profundidade suficiente para alcanzar o que se busca, normalmente unha reserva de auga subterránea do nivel freático ou materias como o petróleo (pozo petrolífero). Xeralmente de forma cilíndrica, sóese tomar a precaución de asegurar as súas paredes con pedra, cemento ou madeira para evitar o seu derrube.

Os pozos tradicionais para buscar auga están nas eiras e currais das casas teñen un brocal (parede que sobresae do nivel do chan até unha altura suficiente para que ninguén caia dentro), un cigüeño ou unha polea para subir o caldeiro e unha tapadeira para protexelo da sucidade.

Nas cidades o nivel freático pode estar contaminado por filtración de augas residuais, polo que non se considera potable.

Tapa (recipiente)

Unha tapa, tampa, tapadeira ou cuberta, é unha peza móbil de forma en xeral aplanada con que se cobre calquera recipiente ou caixa, que pode ser independente ou estar articulada polo bordo mediante un gonzo ou bisagra, empregada para pechar ou selar dito recipiente para protexer o seu contido e tamén para evitar que este se derramo.

Nalgúns casos leva un elemento de agarre (unha asa, unha peza para calcar co dedo polgar ou unha forma ornamental (froitas, verduras ou landra).

Encontráronse tapas realizadas en cerámica que se remontan ao 3100 a. C.[Cómpre referencia]

Tom Cruise

Thomas Cruise Mapother IV, nado en Siracusa (Estado de Nova York) o 3 de xullo de 1962, máis coñecido como Tom Cruise, é un actor estadounidense. Protagonizou películas como Risky Business, Top Gun, A cor do diñeiro, Rain Man, Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles e a saga de Misión: Imposible. Tamén obtivo tres nomeamentos para o Óscar ao mellor actor: en 1990 por Nacido o 4 de xullo, en 1997 por Jerry Maguire e en 2000 por Magnolia.

Considerado un dos sex symbol do cinema actual, a súa vida sentimental viuse exposta nos medios de comunicación. Contraeu matrimonio con tres coñecidas actrices: Mimi Rogers, Nicole Kidman e Katie Holmes. A súa relación con Penélope Cruz tamén deu que falar, do mesmo xeito que a súa afiliación e propaganda á Igrexa da Ciencioloxía. Estes feitos controvertidos afectaron nos últimos anos á súa imaxe pública e ao seu progreso profesional. A súa compañía de moitos anos, Paramount Pictures, decidiu prescindir del, e para proseguir a súa carreira Cruise reactivou outra veterana firma, United Artists, coa que espera producir os seus futuros proxectos.

Vanity Fair publicou a lista dos Top 40 celebridades de Hollywood con máis ingresos ao longo de 2010. Cruise foi clasificado no 35 na lista, gañou un estimado $14.5 millóns polas súas películas.

Trompeta

A trompeta é un instrumento musical da familia de vento metal , fabricado en aliaxe de metal. O son da trompeta prodúcese coa vibración dos beizos na boquilla a partir da columna do aire (fluxo de aire). A trompeta, comunmente, está afinada en si bemol, é dicir, un ton por debaixo da afinación real (tamén hai trompetas afinadas en fa, en dó, en la e en mi bemol. É o instrumento máis agudo da súa familia (vento metal). O músico que toca a trompeta é chamado trompetista ou tamén simplemente trompeta.

Está composta por tres pistóns que regulan o paso do aire que pasa desde a boquilla ata a campá.

Óscar ó mellor argumento

O Óscar ao mellor argumento orixinal (Academy Award for Best Story) foi un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Óscar. Entregouse dende o inicio dos premios ata 1957, cando foi eliminado a favor do Óscar ao mellor guión orixinal, que foi entregado en 1940.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.