Tapa

Unha tapa[1] é esencialmente un aperitivo que se serve nun bar acompañando á bebida. Adoitan consistir en pequenas racións de olivas, patacas fritas, queixo, empanada, tortilla de patacas, zorza, gambas ou froitos secos. O costume ten a súa orixe en Sevilla ou en Castela-A Mancha segundo outras fontes, onde existía o costume antigo de tapar a cunca de viño cun anaco de pan ou cunha rebanda de xamón, para impedir que entrasen moscas ou que se depositase po no interior, aínda que non está documentado.

En certos bares tamén é habitual poñer nomes curiosos ás tapas máis elaboradas, dando lugar a títulos que chaman a atención do cliente, obrigando normalmente a preguntar ao camareiro en que consiste a tapa.

TapasenBarcelona
Varias tapas nun establecemento.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tapa.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Petisco
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Clash of Kings

A Clash of Kings ("Choque de reis") é a segunda novela da serie fantástica A Song of Ice and Fire, do autor estadounidense George R. R. Martin. Foi publicada o 16 de novembro de 1998 no Reino Unido, e en marzo de 1999 nos Estados Unidos. Ó igual que o seu predecesor A Game of Thrones, gañou o Locus Award (en 1999) á mellor novela e foi nomeada para os Nebula Award (tamén en 1999). En maio de 2005, Meisha Merlin lanzou ó mercado edicións limitadas da novela, enteiramente ilustradas por John Howe.

A novela foi adaptada nunha serie de televisión da HBO como a segunda tempada de Game of Thrones.

A Feast for Crows

A Feast for Crows é a cuarta novela da serie de fantasía épica A Song of Ice and Fire, obra do autor estadounidense George R. R. Martin. A novela foi publicada por vez primeira o 17 de outubro de 2005 no Reino Unido, seguida da publicación nos Estados Unidos o 8 de novembro de 2005.En maio de 2005, Martin anunciou que o "gran tamaño" do seu manuscrito aínda inacabado de A Feast for Crows motivou que el e os seus editores dividisen a novela en dous libros. No canto de dividir o texto á metade de xeito cronolóxico, Martin optou por dividir o material atendendo ós personaxes e ás localizacións, provocando que as dúas novelas "teñan lugar simultaneamente". A Feast for Crows foi publicado meses despois, e a novela seguinte, A Dance with Dragons, o 12 de xullo de 2011. Martin tamén sinalou que a serie de A Song of Ice and Fire tería con toda probabilidade sete partes.A Feast for Crows foi o primeiro libro da serie en acadar o número 1 na lista de mellor vendidos do The New York Times, un feito para os escritores de fantasía que só conseguira antes que el Robert Jordan e Neil Gaiman. No 2006, a novela foi nomeada ó Hugo Award, ó Locus Award, e ó Premio da British Fantasy Society.

A Game of Thrones

A Game of Thrones ("Xogo de Tronos") é o primeiro libro de A Song of Ice and Fire ("Canción de Xeo e Lume"), unha serie de novelas de fantasía escritas polo autor norteamericano George R. R. Martin. Foi publicado por primeira vez o 6 de agosto de 1996.

Na novela, preséntanse varios puntos de vista e liñas argumentais, sendo as tres máis importantes: a loita das casas nobres polo control dos Sete Reinos principalmente a Casa Stark, a Casa Lannister e a Casa Baratheon, a actual dinastía gobernante; o tema do Muro e a loita co descoñecido alén dos reinos, e a historia de Daenerys Targaryen, derradeiro membro da Casa Targaryen, que gobernara os Sete Reinos ata quince anos antes do comezo do libro. A novela cedeu o seu nome a numerosos traballos baseados nas novelas de Martin, incluíndo o xogo de cartas, a banda deseñada, o xogo de rol, e o videoxogo.

A serie da HBO Game of Thrones levou ás pantallas de televisión este primeiro libro da serie, cuxo primeiro capítulo foi estreado o 17 de abril de 2011.

A Storm of Swords

A Storm of Swords ("Treboada de espadas") é o terceiro libro da saga literaria A Song of Ice and Fire, unha a serie de fantasía escrita polo autor estadounidense George R. R. Martin. Foi publicado por vez primeira o 8 de agosto de 2000 no Reino Unido, á cal lle seguiu en novembro a edición dos Estados Unidos de América. A súa publicación foi precedida pola novela Path of the Dragon, que recolle os capítulos de Daenerys Targaryen nun só libro.

No momento da súa publicación, A Storm of Swords foi a parte máis longa da serie. A súa extensión fixo que no Reino Unido, Australia e Israel as edición de tapas brandas fosen divididas en dúas metades, sendo a parte 1 publicada baixo o nome Steel and Snow en xuño de 2001 e a parte 2 como Blood and Gold en agosto de 2001. A mesma división foi utilizada na edición polaca. En Francia, tomouse a decisión de dividir a novela en catro partes.

A Storm of Swords gañou o Premio Locus de 2001, o Premio Geffen de 2002 na categoría de mellor novela e foi nomeada no 2001 ó Premio Nebula. Foi a primeira novela da serie en ser nomeada ó Premio Hugo, un dos máis prestixiosos galardóns no xénero de ficción científica e fantasía. Porén, perdeu contra a novela de J. K. Rowling Harry Potter e o Cáliz de fogo.A Storm of Swords tamén é o nome da segunda expansión do do xogo de mesa A Game of Thrones, lanzado en xullo de 2006. Aproximadamente a primeira parte da novela será adaptada na televisión como terceira tempada da serie da HBO Game of Thrones.

Aeroporto V. C. Bird

O aeroporto internacional V. C. Bird (IATA: ANU, OACI: TAPA) é un aeroporto situado na illa Antiga, a 8 quilómetros ao nordés de Saint John's, a capital de Antiga e Barbuda.

Cista

Unha cista (do grego antigo κίστη, cofre ou caixa) é o nome que recibe en arqueoloxía, unha estrutura feita de pedra usada nos tempos antigos para enterramentos. Trátase do tipo máis sinxelo e simple de dolmen, e consta de pedras verticais ou laxes (dúas, tres ou catro) máis outra horizontal que as cobre. As cistas adoitan seren de pequeno tamaño para facer un osario ou algo maiores para conter un cadáver enteiro, normalmente en posición fetal.

Aparecen por toda toda Europa e Oriente Medio, máis tamén en América. A máis antiga data do 4 300 a.C. e apareceu preto de Lausana (Suíza). A aparición de cistas en escavacións arqueolóxicas adoita interpretarse como signo dunha sociedade evolucionada.

Distribuidor

O distribuidor é unha peza do sistema eléctrico do automóbil que cumpre unha misión sumamente importante ao intervir no proceso de envío de corrente eléctrica, desde a bobina cara ao distribuidor, e de alí ás buxías.

Esta corrente convertida en faísca ao chegar ao eléctrodo da buxía produce a combustión da mestura que se xera dentro do cilindro e consecuentemente a pseudoexplosión que acciona ao pistón, situado no interior de devandito cilindro.

Guitarra

A guitarra, un instrumento musical de corda pulsada, evolución da vihuela, é un invento español, desenvolto nos séculos XVI a XVIII e perfeccionada polo lendario Antonio de Torres que lle deu a forma e estrutura que aínda ten hoxe. A guitarra clásica, de concerto ou española, está feita de madeira (normalmente nobres) e ten seis cordas, os tres bordóns graves metálicas e as agudas de nailon ou carbono; antigamente as cordas eran de tripa. No século XX apareceron outros tipos de guitarra nos Estados Unidos, primeiro a chamada acústica, con cordas de aceiro, e despois a guitarra eléctrica, que ten unha pastilla ou imán bobinado que transforma as vibracións nun sinal eléctrico que se pode amplificar.

A guitarra está afinada por tres cuartas, unha terceira e unha cuarta máis (dende o bordón grave ó agudo): Mi, La, Re, Sol, Si, Mi.

Igrexa de Hejdeby

A igrexa de Hejdeby (sueco: Hejdeby kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gothem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Jean Henri Dunant

Henri Dunant ou Henry Dunant, nado en Xenebra o 8 de maio de 1828 e finado en Heiden, Suíza, o 30 de outubro de 1910, foi un home de negocios e activista social suízo. Durante unha viaxe de negocios en 1859, coñeceu as secuelas da batalla de Solferino na Italia da época. Escribiu as súas memorias e experiencias no libro A Memory of Solferino (Un recordo de Solferino), que foi a inspiración para crear a Cruz Vermella Internacional. En 1864 a Convención de Xenebra baseouse nas ideas de Dunant e, en 1901, recibeu o primeiro Premio Nobel da Paz canda Frédéric Passy.

Libro

Un libro é unha obra manuscrita, impresa ou virtual, que consta dunha serie de follas que conteñen texto ou imaxes composto por, polo menos, 48 páxinas (sen contar as capas - segundo a Unesco). Un libro pode ser, por exemplo, unha novela, un ensaio ou un libro fotográfico.

A palabra libro procede do latín liber, que significa cortiza.

Liña Zamora - A Coruña

A liña Zamora - A Coruña é unha liña de ferrocarril de 453 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo sur percorrendo as provincias de Zamora, Ourense, Pontevedra e A Coruña.

Seguindo a catalogación de Adif é a liña 822. Foi aberta ao tráfico na súa totalidade por Renfe en 1958 tras unhas longas e complexas obras que duraron máis de trinta anos e se viron afectadas por diversos avatares históricos.En 2015 estase a construír neste corredor a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

Ola (cociña)

As olas ou potas son unha familia de utensilios culinarios habituais en calquera cociña. Son xeralmente de forma cilíndrica ou subesférica e normalmente teñen unha tapa -tamén chamada testo- e unha ou dúas asas, ou ben un cabo. Algúns deses utensilios son revestidos internamente de teflón, material antiadherente e que soporta altas temperaturas.

Outubro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de outubro, ou outono, na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Outros nomes populares do mes de outubro son os de San Lucas e o de mes do rosario .

Panela

A panela, tamén coñecida como piloncillo, raspadura, rapadura, atado dulce, panetela, tapa de dulce, chancaca (do náhuatl chiancaca, ‘azucre integral’ ou do quechua chamgay, ‘triturar’), agua dulce, empanizao, papelón, ou panocha en diferentes latitudes do idioma español, é un alimento cuxo único ingrediente é o zume da cana de azucre que é secado antes de pasar polo proceso de purificación que o converte en azucre moreno (ou mascabado). Para producir a panela, o zume de cana de azucre é cocido a altas temperaturas até formar unha melaza bastante densa, logo pásase a uns moldes en forma de prisma onde se deixa secar ata que se solidifica ou calla.

Placa de Petri

Unha placa de Petri (ou caixa de Petri, cápsula de Petri ou placa de cultivo celular) é un recipiente con forma de disco, cilíndrico de baixa altura de vidro ou plástico cunha tapa similar utilizado en microbioloxía para realizar cultivos celulares principalmente bacterianos ou de pequenos brións. Levan o nome do bacteriólogo alemán Julius Richard Petri, que as inventou no século XIX cando traballaba como axudante de Robert Koch. As placas de Petri de vidro poden ser reutilizadas despois de seren esterilizadas (por exemplo, nunha autoclave ou por quentamento seco nun forno de aire quente a 160 °C durante unha hora). Nos experimentos nos que podería ser un problema a contaminación microbiolóxica dun experimento ao seguinte, úsanse con frecuencia as placas de Petri de plástico desbotables.

Os diámetros das placas de Petri son variables, pero as máis comúns son as de arredor de 10 cm de diámetro. As tapas non cerran hermeticamente a placa. As placas de Petri modernas poden ter aneis nas tapas e bases, que permiten amontoalas sen que esvaren. Poden incorporarse moitas placas de Petri nun contedor de plástico para crear o que se denomina "placa multipozo".

Temes, Carballedo

Santa María de Temes é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 61 habitantes (33 homes e 28 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 70 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 38 habitantes, sendo 19 homes e 19 mulleres. En 2016 tiña 32 habitantes, 18 mulleres e 14 homes, segundo o INE.

Violín

O violín (Etimoloxía: do italiano Violino, diminutivo de viola) é un instrumento cordófono de corda fretada, o máis agudo e pequeno da súa familia. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta. Na orquestra o primeiro violín é chamado de spalla, despois do rexente, el é o comandante da orquestra. O primeiro violín sitúase á esquerda do mestre.

A palabra violín procede do termo do latín medieval vitula, que significa instrumento de corda. O violín, aínda que ten orixes antigas, adquiriu a meirande parte das súas características modernas na Italia do século XVI, realizándoselle algunhas modificacións nos séculos XVIII e XIX. O violín moderno debe moito ás melloras técnicas dos mestres de Cremona do século XVIII coma Stradivarius e Guarnerius. Tamén son moi valorados os instrumentos fabricados por Gasparo da Salò ou Giovanni Paolo Maggini e a familia Amati en Brescia e Cremona, e os de Jacob Stainer en Austria.

Os violíns clasifícanse de acordo co seu tamaño: o 4/4 ―cunha lonxitude habitual de 35,5 cm, un largo máximo de 20 cm e un alto de 4,5 cm― é o máis grande e é empregado polos adultos; séguenlle os violíns de tamaño menor, destinados a mozos e nenos, denominados 3/4, 2/4 e 1/4. Existe tamén un violín de tamaño 7/8, chamado "Lady", que empregan algunhas mulleres ou varóns adultos de mans pequenas. O tamaño do violín vai de acordo o tamaño (lonxitude) da man.

Yale University Press

Yale University Press é unha editorial universitaria asociada á Universidade Yale. Foi fundada en 1908 por George Parmly Day, e converteuse no órgano oficial de publicacións da Universidade Yale en 1961, pero segue tendo autonomía financeira e operativa.Dende 2009, Yale University Press publica cada ano 300 títulos novos en tapa dura e outras 150 edicións de peto e conta con máis de 6.000 libros en formato impreso. Os seus libros gañaron cinco Premios Nacionais do Libro, dous Critics Circle National Book Awards e oito Premios Pulitzer.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.