Tamboril

O tamboril é un instrumento de percusión bimembranófono, pertencen a familia dos tambores, de amplo uso Europa e Hispanoamérica.

DolçainaiTabal Tales
Un atabal, tamboril de Valencia, cunha dulzaina.

Características

Consiste nun cilindro de madeira, de entre 20 e 50 centímetros de altura e entre 20 e 40 centímetros de diámetro. Os parches son de pel, suxeitos por dous bastidores que se unen entre si por unha corda en forma de zig-zag ou outros mecanismos. No caso das cordas, uns torniquetes de coiro permiten tensar as cordas e, polo tanto, os parches, obtendo así un mecanismo de afinación.

Na parte interior, pegados o parche inferior, leva unhas pequenas cordas de pel ou similar, chamadas bordóns, que engaden variantes tímbricas o instrumento. Os bordóns ténsanse tamén cun mecanismo que leva na parte exterior da caixa. Un, en ocasións dous, buraquiños na caixa, chamados ouvidos, permiten equilibrar a presión do interior da caixa.

Para tocalo suxéitase de distintas formas: cun cinto que se pasa polo ombreiro ou cun ferro que se engancha na cintura do pantalón. Antigamente tamén se suxeitaba ao pulso da man esquerda cunha corda, pero este modo incrementaba a dificultade da técnica necesaria para tocalo.

Bátese con dous paus chamados baquetas, feitos de madeira dura; na man esquerda a baqueta queda apoiada no dedo medo e suxeito co polgar, mentres que na man dereita, que queda ca palma cara abaixo, apóiase no polgar e suxéitase cos outros catro. As dúas baquetas quedan lixeiramente libres para poder facer redobres, mentres que tamén é posible facer golpes nítidos e controlar a forza co que baten no parche. En ocasións cos paus bátese no canto do tamboril ou directamente na caixa.

Historia

Cantiga pipe and tabor
Tocadores de frauta de tres buracos e tamboril, nunha das miniaturas das Cantigas de Santa María.

O instrumento aparece xa nas Cantigas de Santa María. Toda a iconografía deste instrumento desde a Idade Media mostra ao tamboril e á frauta de tres buracos unidos, tanto na Corte como na aldea. Aínda que o tamaño varía a colocación e execución do intérprete parecen similares sempre.

Úsase en toda Europa e en Hispanoamérica, acompañando a outros instrumentos como gaitas, dulzainas ou frautas, ou en ocasións como instrumento solista para bailes. En certos lugares o tamboril tócase cunha soa baqueta, quedando a outra man libre para tocar outro instrumento, por exemplo, unha frauta de tres buracos.

Usos

Típico da Península Ibérica, a súa forma varía notablemente segundo a zona xeográfica onde se utilice. Así, na provincia de León e na metade norte da provincia de Zamora, por exemplo, adoita ter uns 40 cm de diámetro por 60 de alto. Os aros que suxeitan a pel son metálicos e a pel ténsase cun sistema de parafusos similar ao dos redobrantes. Alí a técnica de golpeo é de abaixo cara arriba e con movemento de boneca, tecendo ritmos rápidos e recargados. Ademais, non se utiliza o aro.

Na zona sur da provincia de Zamora, en Trás-os-Montes e nas provincias de Salamanca e Cáceres a altura do cilindro é maior[Cómpre referencia]. Aquí aparecen ritmos con golpes acentuados a contratempo, caso do charro, e ritmos coxos (en Salamanca sobre todo) en charradas, picádevos, perantóns. Utilízase o golpeo no aro e noutras partes do parche para conseguir distintas intensidades sonoras. O tamboril chega xa a ter grandes dimensións nas provincias de Badaxoz e Huelva e no Alentejo portugués, polo que teñen unha sonoridade moi grave que favorece os ritmos simples e básicos. En todos os casos o tamboril golpéase cunha soa baqueta e coa man dereita.

O tamboril tamén adoita servir de acompañamento a frautas e dolzainas nas provincias castelás, leonesas e valencianas, pero en zonas illadas como Jaca ou Yebra de Jasa, en Huesca, e comarcas do País Vasco francés nas que a frauta tamén se acompaña cun salterio de cordas (tamén chamado chicotén en Zaragoza ou ttun-ttun no País Vasco).

O seu uso está ligado tanto a musica de baile e festa como a ritos relixiosos e procesións. Tamén vincúlase a música militar. En todos os casos, vén sendo substituído en ocasións pola caixa ou os tambores modernos, tanto polo seu son máis uniforme como pola maior intensidade.

Véxase tamén

Outros artigos

Bachata

A bachata é un xénero musical orixinario da República Dominicana. Considérase un híbrido entre o bolero e outros coma o son, o merengue, o chachachá e mesmo o tango.

Bongó

O bongo é un instrumento musical de pel ou tamén chamado de parche que se toca coas mans. Tócase moito polos países de África. Os timbais pertencen a súa familia. Case nunca se levan en orquestras.

Bossa nova

A bossa nova é un xénero musical de orixe brasileira que xurdiu a mediados do século XX, impulsado por un grupo de estudantes e músicos de clase media procedentes de Copacabana e Ipanema, nos barrios do Río de Xaneiro situados a rentes do litoral. En portugués vén dicir "o ritmo novo" ou "o vieiro novo". Trátase dun xénero moi popular no Brasil grazas á gravación dos temas Saudade de Bahia e Rosa Morena interpretadas por Dorival Caymmi, de Chega de Saudade interpretada por João Gilberto e composta por Antonio Carlos Jobim e Vinícius de Moraes, tres dos principais expoñentes deste xénero en Brasil.

Calipso (xénero musical)

Calipso é un xénero musical afrocaribeño orixinario de Trinidad e Tobago, moi popular nas illas do Caribe de fala inglesa e francesa. Tamén é popular en Costa Rica, Honduras, Panamá, México, Perú ou Ecuador. A súa peculiaridade é que fai uso como instrumento principal duns tambores metálicos, fabricados a partir de barrís de petróleo reciclados, chamados "steeldrums" ou simplemente tambores metálicos de Trindade, moi usado nos carnavais trinitarios, os cales se crearon pola necesidade de percutir que tiñan os descendentes dos africanos nestas as illas, e dado que non posuían ningún instrumento, empezaron a percutir os barrís, os cales se foron abolando e logo estabelecéndose alturas definidas, o que farían que no futuro o instrumento se puidese temperar cunha escala cromática. En Venezuela estes barrís reciben o nome de "bum-bac".

Charango

O charango é un instrumento musical propio das rexións altiplánicas da cordilleira dos Andes en América do Sur. Posúe cinco pares de cordas aínda que hai variacións con menos ou máis cordas pero polo xeral en cinco ordes ou xogos. O charango ten unha traxectoria centenaria en Bolivia, e tamén ten importante presenza na música do Perú, Arxentina, Chile e Ecuador.

Claves

As claves son un instrumento de percusión feito con madeira maciza e que consiste nun par de bastóns cilíndricos.

Conga (instrumento musical)

A Conga é un instrumento membranófono percutido, é dicir, un instrumento de percusión.

A conga tócase directamente coas mans. Hoxe en día poden comporse de materiais sintéticos por unha razón principalmente de resistencia. O conguista pode tocar sentado ou de pé. Decote a conga é presentada por pares apoiada nun trípode, aínda que tamén pode haber un formato composto de tres, catro e até cinco congas, o cal non é tan habitual.

Guajira

A guajira ou guaxira, termo que significa campesiña, é un xénero musical orixinario da rexión oriental de Cuba, de tema campesiño.

Habanera

A habanera é un tipo canción orixinaria de Cuba que data de finais do século XIX, de ritmo lento e compás cuaternario. Poden ser cantadas e instrumentais e é un xénero adaptado e usado por diferentes formacións musicais como grupos corais, bandas de música, tunas e outros.

Los Panchos

Los Panchos, tamén coñecidos como Trío Los Panchos, é un trío musical de sona internacional formado en Nova York en 1944 por dous mexicanos, Alfredo Gil e José de Jesús "Tusto" Navarro, e un portorriqueño, Hernando Avilés. Namentres que Avilés e Navarro tocaban a guitarra, Gil facía o propio co requinto, sendo os tres vocalistas. Porén, foi este último, Gil, o principal artífice das composicións e o sinal de identidade que habería perdurar por décadas. O xénero musical empregado polos Panchos é o que se coñece como bolero.

Maraca

As maracas son uns instrumentos de percusión constituídos por unha parte esférica oca sostida por un mango que a atravesa ou está adherida a ela. O seu interior énchese de pequenos percusores, como pedriñas, sementes, anacos de vidro ou de metal, ou mesmo grans de arroz, que soan ao batelos contra a parede interna da esfera. Polo xeral, atópanse en pares, unha para cada man.

Merengue

Este artigo trata sobre o xénero musical e baile, para o doce véxase Merengue (doce).O merengue é un estilo musical e de baile orixinado no Caribe, especificamente na República Dominicana, contra finais do século XIX. Nos seus comezos, o merengue era interpretado con guitarras. Anos máis tarde, as guitarras foron substituídas polo acordeón conformándose, xunto coa güira e a tambora, a estrutura instrumental do conxunto de merengue típico. Este conxunto, cos seus tres instrumentos, representa a síntese das tres variantes que conformaron a idiosincrasia da música dominicana. A influencia europea vén a estar representada polo acordeón, a africana pola tambora (tambor de dous parches), e o aborixe pola güira.

Aínda que nalgunhas zonas da República Dominicana, en especial no Cibao e na Línea Noroeste, hai aínda conxuntos típicos con características similares aqueles pioneiros, este ritmo foi evolucionando durante todo o século XX. Primeiro, coa introdución de novos instrumentos como o saxofón e máis tarde coa aparicion de orquestras con complexas seccións de ventos. Este ritmo tivo actores notábeis como Luis Alberti, Johnny Ventura, Félix del Rosario, Wilfrido Vargas, Olga Tañón ou Juan Luis Guerra.

Ranchera

A ranchera é un xénero musical popular orixinario de México. As súas orixes datan do século XIX, pero foi desenvolvido no teatro nacionalista do período postrevolucionario de 1910 e converteuse na icona da expresión popular de México, un símbolo do país, que foi espallado con salientábel éxito por varios países latinoamericanos, especialmente grazas ao cinema mexicano das décadas de 1940, 1950 e 1960, causando un profundo arraigamento entre os sectores populares e medios. Intérpretes de sona deste xénero son Pedro Infante, José Alfredo Jiménez ou Jorge Negrete, entre outros.

Requinto

O requinto é un instrumento aerófono que emprega unha lingüeta simple para producir o son. Pertence á familia do clarinete, está tamén afinado en si bemol, pero soa unha oitava máis aguda.

Rumba

A rumba é un xénero musical caracterizado polos ritmos baseados en instrumentos de percusión. Así mesmo a rumba pode facer referencia á canción e mais á danza relacionadas con esta música.

É orixinaria de Cuba, como combinación das tradicións musicais dos colonizadores españois e dos africanos traídos a Cuba como escravos. Trátase dun xénero musical carente de conexións relixiosas. O período de aparición da rumba data dos anos 1930 e 1940, sendo daquela a música popular de Cuba, tendo en parte evolucionado cara ao que hoxe recibe o nome de salsa.

Ska

O ska é unha fórmula musical autóctona de Xamaica que axunta elementos do mento e do calipso co jazz e o blues.

Orixinouse nos anos cincuenta e foi precursor do rocksteady e do reggae. Foi a música predominante entre a subcultura xamaicana dos rude boys. Na primeira vaga do ska destacaron Laurel Aitken, Desmond Dekker e The Pioneers, nunha segunda vaga nos anos setenta difundiuse no Reino Unido

Son montuno

O son montuno é un estilo de música cubana. Foi un dos xéneros que sentou as bases para o desenvolvemento do que a partir dos anos 70 se denominou pasou a coñecerese como música salsa. A pesar de que a salsa é unha mestura de ritmos antillanos, moitos din que se basea principalmente no son montuno de Arsenio Rodríguez. Arsenio inspirouse no guaguancó e acentuou a súa orquestración mediante o uso de trompetas e a introdución de novos instrumentos como a conga ou o piano. Tamén Benny Moré engadiu novas influencias ao son montuno, principalmente de elementos provenientes da guaracha e o bolero.

Timbal

O timbal é un instrumento de percusión consistente nun tambor cilíndrico dun só parche empregado decote nas músicas orixinarias de América Latina.

Timbaleta

As timbaletas son un instrumento de percusión. Consisten en dous pequenos tambores unidos e polo xeral montados sobre un atril metálico. Estes tambores son de metal con cabezas afinábeis de pel (membranófono). A membrana non sobresae polo aro que a suxeita. A pel sobrante queda no interior. Trátase dun instrumento moi recorrido na música folclórica latinoamericana.

Ritmos e xéneros músicais latinoamericanos e caribeños en xeral
Xéneros
Raíces da Salsa
Instrumentos musicais
Intérpretes e compositores

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.