Talaiot

Un talaiot (do árabe hispano ṭaláya, en catalán talaiot, é frecuente a forma mixta talayot) é unha construción turriforme prehistórica das illas Gimnesias (Menorca e Mallorca). Ao ser o monumento prehistórico máis abundante nas dúas illas, deu nome a unha das etapas máis estudadas da prehistoria balear: a cultura talaiótica.

Características

Talaiot
Talaiot circular en Mallorca.

O nome «talaiot» provén do árabe hispano ṭaláya, ‘atalaia’, pois, tanto pola súa forma como pola súa localización, estes monumentos parecen torres de vixilancia ou defensivas. A súa técnica construtiva, a base de grandes pedras encaixadas en seco, sen cemento nin argamasa, denomínase na actualidade técnica ciclópea, en alusión ás construcións micénicas da Antiga Grecia. Este termo debe distinguirse do termo megalítico, que caracteriza as obras das diversas culturas construtoras de dolmens.

Capocorb
Talaiot cadrado en Mallorca.

Na illa de Mallorca, a maioría dos talaiots pertencen a dous tipos claramente caracterizados: os talaiots circulares e os talaiots cadrados. Os primeiros son os máis abundantes, son de planta circular, as súas medidas oscilan entre os oito e os dezasete metros de diámetro, e adoitan estar orientados cara a outros monumentos. Os talaiots cadrados son de planta máis ou menos cadrada, case sempre con dúas das súas paredes orientadas cara aos solsticios ou aos seus equivalentes lunares, e cuxas medidas son máis estritas, case sempre entre os dez e once metros de lado. A súa localización espacial tamén os caracteriza: mentres que os talaiots circulares poden atoparse en poboados, illados, ou en centros cerimoniais, os talaiots cadrados atópanse practicamente sempre integrados en centros cerimoniais. Tanto os talaiots circulares como os cadrados teñen unha soa entrada, un corredor que atravesa os grosos muros (de até catro metros de grosor), e unha cámara interior provista dunha columna central.

TorellonetVell
Talaiot de Torellonet Vell (Menorca).

Na illa de Menorca, en lugar de haber un padrón que defina a forma e o tamaño destes turriformes, atopámonos que poden ser circulares ou ovalados, e até hai algúns con formas máis ou menos rectangulares ou absidais. Hainos moito máis grandes que en Mallorca, chegando até os trinta metros de diámetro. Uns son troncocónicos; outros son en chanzos, ou están rodeados por unha rampla espiral. Uns son macizos, con apenas uns angostos corredores no seu interior; outros teñen amplas cámaras que os asemellan aos de Mallorca. É posible que a cronoloxía dos talaiots menorquinos, e en especial a dos macizos, corresponda ao prototalaiótico, asimilándose aos túmulos de Mallorca. En cambio, os talaiots de cámara son sincrónicos aos talaiots de Mallorca, construídos durante o primeiro cuarto do primeiro milenio antes de Cristo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Mallorca

Mallorca (do latín insula maior, posteriormente Maiorica "illa maior") é a illa maior do arquipélago balear, sendo este arquipélago a comunidade autónoma máis oriental de España, comunidade autónoma de carácter uniprovincial. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).

A capital da illa (e tamén da comunidade autónoma das Illas Baleares) é Palma ou como a coñecen os habitantes da "Part Forana" (a parte da illa que non é a capital): Ciutat. O arquipélago de Cabrera pertence administrativamente ao municipio de Palma.

Megálito

O termo megálito aplícase a grandes pedras usadas, tipicamente na prehistoria, para construír, ben por si soas ou xunto con outras pedras, unha estrutura ou monumento.

A palabra megálito procede das palabras do grego antigo mega (μεγας) 'grande' e lithos (λιθος) 'pedra'.

Considérase que moitos megálitos puideron ter un propósito de determinación de datas de sucesos astronómicos importante, tales como solsticios e equinoccios. Aínda que en sentido literal podemos encontrar construcións megalíticas en todo o mundo, desde o Xapón aos xigantes da Illa de Pascua, megalitismo emprégase para designar o fenómeno cultural localizado no Mediterráneo occidental e a Europa atlántica, e que se produce desde finais do Neolítico até a Idade de Bronce, caracterizado pola realización de construcións arquitectónicas con grandes bloques de pedra escasamente desbastados chamados megálitos.

Este fenómeno caracterízase esencialmente pola construción de tumbas do tipo dolmen, dentro das cales se enterran sucesivamente os falecidos do grupo, apartándose coidadosamente os ósos dos anteriores defuntos (enterramentos colectivos). Os dolmens poden ser simples ou de corredor e, a miúdo, estiveron cubertos por un túmulo de terra. Ademais, dentro do contexto megalítico, poden acharse tamén outras construcións de pedra como menhires, aliñacións, crómlechs etc. O monumento megalítico europeo máis antigo é o Crómlech dos Almendres, duns 8.000 anos de antigüidade. Mais o máis famoso é sen dúbida Stonehenge, observatorio prehistórico do sur de Inglaterra.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.