Taiwán

A República da China (中華民國 ZhongHuá MínGuó), coñecida polo xeral como Taiwán[2] (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 27 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.

Coordenadas: 25°02′N 121°38′L / 25.033, -121.633

República da China
中華民國
Zhōnguá Mínguó
Bandeira de Taiwán
Emblema de Taiwán
BandeiraEmblema
Locator map of the ROC Taiwan
Lema: Liberdade e Democracia
Capital
 • Poboación
Taipei
2 625 757 (2005)
Cidade máis poboadaTaipei
Linguas oficiaisMandarín
Forma de gobernoRepública semipresidencialista
Presidente
Vicepresidente
Premier
Tsai Ing-wen
Chen Chien-jen
Su Tseng-chang
Fundación
 • Declarada
 • Establecida
 • Traslado a Taiwán
10 de outubro de 1911
1 de xaneiro de 1912
7 de decembro de 1949
SuperficiePosto 137º
 • Total36 200 km²
 • % auga2,8%
PoboaciónPosto 47º
 • Total22 814 636 hab.
 • Densidade640 hab./km²
PIB (nominal)
PIB (PPA)Posto 16º
 • Total (2005)631 200 millóns US$
 • per cápita$27 600 US$
MoedaNovo dólar taiwanés
IDH (2004)0,925 (24º) – Moi alto
Xentiliciotaiwanés/esa[1]
Fuso horarioUTC+8
 • Horario de veránNon aplica
Prefixo telefónico+886
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO158 / TWN / TW
Membro de: APEC e UNPO

Historia

A illa estivo controlada entre 1624 e 1662 polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por Koxinga), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente os habitantes orixinais cara ó interior. Trala Guerra chino-xaponesa de 1894-1895, a China foi obrigada a ceder Taiwán ao Xapón a perpetuidade.

Tras a fin da segunda guerra mundial en 1945, Xapón aceptou os términos da Conferencia de Potsdam que facían referencia á Conferencia do Cairo pola cal a illa retornaba á China. As tropas recentemente chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refuxiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por Mao Tse Tung. No tratado de paz de San Francisco que entrou en vigor o 28 de abril de 1952, Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as Illas Pescadores. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.

O Kuomintang mantivo unha ditadura ata 1991, primeiro dirixida por Chiang Kai-shek, sucedido á súa morte polo seu fillo Chiang Ching-kuo, e despois por Lee teng-hui. Ata 1987 mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial da China na ONU ata 1979. Nos anos noventa asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano 2000, en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia Chen Shui-bian.

Organización político-administrativa

Taiwan ROC political divisions labeled

Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda a China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.

Tanto a constitución da República Popular da China como a da República da China, o réxime que exerce a soberanía real sobre a illa, consideran o territorio de Taiwán e as Illas Pescadores como unha provincia da China.

Na propia illa, o feito de que desde 1949 o territorio baixo soberanía da República da China coincida case na súa totalidade co da Provincia de Taiwán provocou unha situación paradoxal de duplicidade burocrática, ao solaparse as administracións provincial e nacional. Esta situación levou nos últimos anos a unha progresiva eliminación das institucións provinciais. Ademais, as cidades de Taipei e Kaohsiung son na actualidade independentes do goberno provincial de Taiwán, atopándose baixo administración directa do goberno central.

A República Popular da China, aínda que reivindica este territorio como provincia propia, nunca exerceu a soberanía política sobre este.

Mapa de Taiwán

Xeografía

A illa de Taiwán está situada a 200 quilómetros ó sueste da China continental, separadas polo estreito de Taiwán. Existe un contraste entre os dous terzos orientais da illa, cun terreo moi montañoso, con cinco cordilleiras dispostas de norte a sur, culminando no pico Iu Shan a 3.952 metros. A zona chá está na costa occidental, onde se concentra case toda a poboación.

O clima de Taiwán é tropical marítimo. A estación das choivas dura dende xuño ata agosto afectada polo monzón do suroeste. Son frecuentes os Tifóns e os terremotos na illa.

Economía

Artigo principal: Economía de Taiwán.

A chegada de chineses de clase media e alta en 1949, tradicionalmente dedicados ó comercio, os investimentos xaponeses e os de Estados Unidos, converteron a Taiwán nun dos novos países industrializados. O país adaptouse ben á Crise de 1973, reconvertendo as súas industrias ó sector das altas tecnoloxías, e hoxe é un dos primeiros fabricantes mundiais de microprocesadores.

Recentemente Taiwán pasou a converterse nun dos maiores investidores na República Popular da China. Estas relacións económicas víronse reforzadas en 2014 coa entrada en vigor do acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán.

Demografía

Case tódolos taiwaneses son descendentes de emigrantes da China continental, chegados nos séculos XVII e XIX e sobre todo en 1949, cando os partidarios do Kuomintang se refuxiaron na illa.

Dos habitantes orixinarios da illa (malaio-polinesios), só uns 370.000 sobreviven nas zonas montañosas do interior da illa.

Cultura

Lingüisticamente, a illa de Taiwán está considerada o berce das linguas malaio-polinesias, xa que dos catro grupos nos que se divide a familia todos están presentes na illa e un deles é a orixe do resto de linguas que se falan en Madagascar, Indonesia, Filipinas e a Polinesia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para taiwanés.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.tw

.tw é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Taiwán

Aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan

O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan (IATA: TPE, ICAO: RCTP) é un aeroporto internacional que serve á capital de Taiwán, Taipei, e á zona norte da illa. Situado a uns 40 km ao leste de Taipei, no distrito Dayuan, é o aeroporto máis grande de Taiwán. É un dos cinco do país con voos internacionais regulares, e é de lonxe o máis concorrido deles. Nel están os principais centros de conexión internacionis de China Airlines e EVA Air.

O aeroporto abríu para operacións comerciais en 1979 e é un importante centro de conexión de pasaxeiros e punto de entrada a destinos asiáticos da rexión. O eroporto foi antigamente coñecido como Aeroporto Internacional Chiang Kai-shek ata que o nome foi cambiado o día 6 de setembro de 2006 para o actual.O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan é un dos dous aeroportos que serven a Taipei e ao norte de Taiwán; o outro, o aeroporto de Taipei Songshan, está situado dentro dos límites da cidade de Taipei e funcionou como aeroporto internacional da cidade ata 1979. No presente dende Songshan só hai principalmente voos chárter, moitos dos cales son cara e dende China, voos domésticos, e algúns voos internacionais cara distintos lugares de China, Seúl e Toquio.

En 2016 por Taiwán Taoyuan pasaron 38,6 millóns de pasaxeiros e 1 900 millóns de quilos de carga. ion passengers and 1.9 billion kg of freight. O aeroporto é o 11º máis concorrido do mundo en termos de pasaxeiros internacionais, e o 6º en termos de tráfico de mercadorías en 2015.

Ang Lee

Ang Lee (en chinés: 李安; en Pinyin: Lǐ Ān), nado en Chaochou (Pingtung) o 23 de outubro de 1954 é un directo de cine taiwanés.

A maior parte dos seus filmes analizan as interaccións entre a modernidade e as tradicións. Polos seus traballos foi premiado, entre outros, con dous Oscar á mellor dirección por Brokeback Mountain e Life of Pi, o Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa por Wò hǔ cáng lóng, con dous Osos de Ouro por Xǐyàn e Sense and Sensibility e con dous Leóns de Ouro ao Mellor Filme por Brokeback Mountain e Sè, Jiè.

Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física. Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Bandeira de Taiwán

A bandeira de Taiwán é o símbolo oficial de Taiwán, un fondo de cor vermella cun rectángulo azul situado no cuadrante superior máis próximo ó mastro, que contén, no seu centro, un sol de cor branca con doce puntas.

Este cuadrante é á súa vez a bandeira do Kuomintang (KMT), o partido político fundado por Sun Yat-sen, e foi adoptada en 1895 como bandeira da Sociedade para a Rexeneración de China, movemento político precursor do actual KMT. A bandeira foi deseñada por Lu Haodong, mártir do movemento republicano chino durante o final da dinastía Qing, última dinastía imperial chinesa.

As cores da bandeira de Taiwán simbolizan os Tres Principios do Pobo propugnados por Sun Yat-sen:

O branco representa a democracia e a igualdade.

O azul representa o nacionalismo cívico e a liberdade.

O vermello representa o benestar do pobo e a fraternidade.

Chiang Kai-shek

Chiang Kai-shek, nado en Fenghua o 31 de outubro de 1887 e finado en Taipei o 5 de abril de 1975, foi un militar e político chinés, líder do Kuomintang, xeneral en xefe das forzas chinesas vencido por Mao Zedong na revolución. Na República Popular da China é coñecido como 蔣介石 (pinyin: Jiǎng Jièshí) e en Taiwán como 蔣中正 (pinyin: Jiǎng Zhōngzhèng),

China Airlines

China Airlines (CAL) (chinés: 中華航空; pinyin: Zhonghuá Hángkong) é a aeroliña nacional e a máis grande da república de China (Taiwán). A súa sede atópase no aeroporto Internacional de Taiwán Taoyuan e ten 11.154 empregados. China Airlines opera uns 1.400 voos semanais a 115 aeroportos de 114 cidades (incluídos códigos compartidos) de Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía. A división de carga opera 91 voos semanais a 33 destinos. A aeroliña foi no 2013 a 21ª do mundo en termos de beneficios de pasaxeiros por quilómetro, e a 10ª por carga. China Airlines ten tres subsidiarias: Mandarin Airlines realiza voos a destinos domésticos de baixa demanda; China Airlines Cargo, membro de Skyteam Cargo, opera unha frota de cargueiros e xestiona a carga da compañía matriz; Tigerair Taiwan é unha aeroliña de baixo custo creada por China Airlines e o grupo singapurense Tigerair Holdings.

EVA Air

EVA Air Corporation (chinés: 長榮航空; pinyin: Chángróng Hángkōng) é unha aeroliña taiwanesa baseada no aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan preto de Taipei. Opera servizos de pasaxeiros e carga a uns 40 destinos internacionais en Asia, Australia, Europa e Norteamérica. EVA Air é maioritariamente de propiedade privada e opera unha rede de rutas totalmente internacional. É unha aeroliña de 5 estrelas segundo a clasificación de Skytrax. É a segunda aeroliña máis grande de Taiwán, despois de China Airlines.

Dende a súa fundación en 1989 como afiliada do conglomerado do sector do transporte Evergreen Group, EVA Air expandíuse incluíndo ás súas actividades a carga aérea, o cátering de aeroliñas, a asistencia en terra e servizos de enxeñería de aviación. A súa división de carga, EVA Air Cargo, enlaza coa rede de transporte mundial de Evergreen por mar e terra. A súa subsidiaria doméstica e rexional, UNI Air, opera unha rede de medio e curto alcance cara destinos en Taiwán, Macau e China tendo o seu prinipal centro de conexións en Kaohsiung.

EVA Air opera unha frota mixta de avións Airbus e Boeing, con Airbus A330, Airbus A321 e Boeing 777 usados principalmente para rutas de pasaxeiros, xunto con Boeing 747-400 e Boeing 777 para rutas de carga. Foi unha das primeiras aeroliñas en introducir a clase "Premium Economy" (chamada Elite Class en EVA Air), que estrearon en 1991 e está dispoñible a bordo dos seus Boeing 777.

Filipinas

A República de Filipinas é un estado asiático situado no arquipélago das Illas Filipinas chamadas así en honor do rei español Filipe II. Constitúe un vasto arquipélago delimitado polo mar das Filipinas ó leste, mar das Celebes e mar de Sulu ó sur e mar da China Meridional ó oeste. O estreito de Luzon, ó norte, separa as Illas Filipinas de Taiwán; o estreito de Balabac, ó suroeste, é unha das fronteiras marítimas con Malaisia; e hai tamén fronteira marítima con Indonesia, ó sur. Tamén Palau se sitúa nas inmediacións, no sueste. A súa capital é Manila.

Lingua chinesa

O chinés (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 / Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual (é dicir, que son mutuamente intelixibles a nivel escrito), o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden oralmente entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue).

Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna.

De acordo cos novos informes de marzo de 2007, un 86% da xente na República Popular da China fala unha variante do chinés. O mesmo informe indica que o 53%, 700 millóns, poden comunicarse eficazmente en mandarín estándar (normalmente chamado "mandarín"), superando a calquera outra lingua do mundo.

Trátase dunha lingua tonal, isto é, na que un mesmo conxunto de fonemas ten distinto significado en función do ton no que se emite. O chinés escríbese con caracteres que nalgún caso son ideogramas pero máis comunmente representan pronuncias e composicións. Unha persoa escolarizada coñece uns 1.000 caracteres e unha culta uns 5.000. A escritura chinesa é a base das escrituras tradicionais coreana e xaponesa. O xaponés actual utiliza uns 2.000 kanji, caracteres chineses co mesmo significado pero distinta pronuncia.

Lingua vietnamita

O vietnamita (tiếng Việt, tiếng Việt Nam, ou Việt ngữ), unha lingua tonal, é a lingua oficial de Vietnam (Việt Nam). É a lingua do pobo vietnamita (người Việt ou người kinh), que constitúe arredor do 87% da poboación de Vietnam (e segundo idioma do resto da poboación vietnamita), ademais de selo de 2 millóns de emigrantes vietnamitas, a metade nos Estados Unidos . Aínda que contén moito vocabulario proveniente do chinés, e que foi no pasado escrito usando os ideogramas chineses, non é considerado como emparentado ao chinés senón como unha lingua austroasiática. Antigamente foi coñecido, baixo a dominación francesa, como Annamita (ver Annam)

O vietnamita actualmente usa o alfabeto latino, complementado cunha chea de acentos diacríticos.

Linguas austronesias

As linguas austronesias son unha familia de linguas amplamente dispersos a través das illas do sueste de Asia e do Pacífico, con algunhas linguas faladas en Asia continental. O malgaxe é unha excepción, sendo falado en Madagascar. É un dos grupos de linguas maior do mundo, tanto en canto a número de linguas (1244 de acordo con Ethnologue) como en canto a extensión xeográfica (desde Madagascar ata a Illa de Pascua. O nome provén do grego austronesia que significa "illas do sur".

O descubrimento da familia precede ao das linguas indoeuropeas (establecida a partir do século XIX de forma certa). Desde 1706, o lingüista Hadrian Reland xa subliñara o parecido entre a lingua falada en Futuna, o malaio e o malgaxe, a partir do glosario recollido por Jacob Lle Maire en Futuna. A existencia dunha familia de linguas, que máis tarde será denominada austronesia, recoñécese definitivamente en Catalogo delle Lingue de Lorenzo Hervas y Panduro en 1784. En 1834, a familia, estendida ata a illa de Pascua, é bautizada como malaio-polinesia polo lingüista Wilhelm von Humboldt en Über die Kawi-Sprache auf der Insel Java (1836-1839). As linguas melanesias foron tratadas a parte durante longo tempo, en parte por prexuízos raciais, a pesar dos traballos do lingüista Otto Dempwolff (1920).

As linguas austronesias divídense en 10 ramas, nove das cales fálanse en Taiwán e algunhas illas próximas e que se agrupan dentro das linguas formosanas, sen relación co chinés. As ramas que permaneceron en Taiwán mostran grandes diferenzas entre si. A rama restante é a chamada malaio-polinesia que engloba a todas as demais linguas da familia. Esta rama subdivídese en dous grandes subgrupos: o grupo occidental cuns 300 millóns de falantes e o oriental con aproximadamente un millón de falantes.

A lingüística comparativa, apoiada por achados arqueolóxicos, localiza a orixe dos devanceiros lingüísticos da familia no suroeste da actual China desde onde emigraron cara a Taiwán.

Algúns lingüistas cren que a familia tai-kadai debería colocarse dentro dunha versión expandida da familia austronesia. Outros se decantan a favor dunha relación coa familia sino-tibetana. E finalmente outros propuxeron unha relación coas linguas afroasiáticas, formando unha superfamilia áustrica. Ningunha destas propostas gañouse a aceptación da comunidade científica.

As linguas malaio-polinesias tenden á reduplicación (repetición de todo ou parte dunha palabra) para expresar o plural e todas as linguas austronesias teñen unha entropía baixa, é dicir, os textos son bastante repetitivos en canto á frecuencia dos sons. A maioría non posúe grupos de consonantes (como [str] ou [mpl]) e ten un número de vogais pequeno, sendo cinco o máis común.

Algunhas das ramas e linguas máis importantes son:

Linguas formosianas (linguas vernáculas de Taiwán non emparentadas co chinés, de chegada máis tardía á illa. En perigo de desaparición).

Linguas malaio-polinesias.

Linguas malaio-polinesias occidentais.

Indonesio (35 millóns de falantes).

Xavanés (>80 millóns).

Malaio (7 a 18 millóns).

Malgaxe (10 millóns).

Tagalo (22 millóns).

Cebuano (18 millóns).

Chamorro.

Palauano.

Linguas malaio-polinesias centrais e orientais.

Linguas malaio-polinesias orientais.

Linguas de Halmahera-Sud e de Nova Guinea occidental.

Linguas oceánicas (antigamente subdivididas en linguas melanesias, linguas micronesias e linguas polinesias).

Linguas oceánicas de Nova Guinea setentrional e occidental e linguas meso-melanesias.

Linguas oceánicas orientais (rexións máis ao leste Nova Guinea e as illas Salomón, que comprenden todas as linguas de Vanuatu, Nova Caledonia, Rotuma, Fidxi, Micronesia e de Polinesia.

Drehu.

Fidxiano (337,000).

Gilbertense.

Maorí (100,000).

Tahitiano.

Mandarín

O mandarín (北方話, 北方话, běifāng huà , "fala do norte") como termo xeral refírese ao conxunto de dialectos chineses mutuamente intelixíbeis que se fala no norte, centro e suroeste da China continental.

Non hai que confundilo coa outra acepción de mandarín, non obxecto deste artigo, a do mandarín estándar ou padrón (普通話 / 普通话, pǔtōnghuà, "lingua común", tamén chamada 漢語 / 汉语, hànyǔ, "lingua dos Hàn" , o cal se refire á lingua oficial da República Popular de China desde 1956, a lingua oficial de Taiwán(Formosa), e unha das catro linguas oficiais de Singapur.

O mandarín escríbese por medio de sinogramas, que son susceptíbeis de ser transcritos en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente en pinyin (como na maioría dos artigos da Wikipedia), mais tamén en bopomofo.

O mandarín (a miúdo chamado simplemente chinés) é a lingua máis falada do mundo (debido á elevada poboación da China). Porén, aínda cando hoxe é ensinado a todos os chineses, os máis vellos non falan todos o mandarín senón outras linguas chinesas, como o cantonés, ou distintas como o tibetano ou o mongol. O mandarín, que os dirixentes comunistas designaron como a lingua vehicular da súa nación enteira (de aí o termo pǔtōnghuà, «lingua común»), era primitivamente o idioma das comunidades chinesas do norte do país. Mesmo posuíndo unha antiga historia literaria, o mandarín non deriva da lingua clásica literaria e artificial (文言 wényán), abandonada en 1919, logo de ter sido utilizada como lingua escrita oficial e literariamente durante máis de dous mil anos; por contra, foi dunha lingua vernácula falada (白話 báihuà, «lingua simple») da que procede o mandarín. En 1956, foi a variante de Pequín a promovida ao rango de lingua oficial, sendo considerada a miúdo como a variante patrón deste idioma. O mandarín de Pequín posúe, porén, peculiaridades (como a utilización frecuente da retroflexión vocálica marcada por medio do sufixo -er) e dise tamén que os pequineses teñen un «acento». O mandarín dun taiwanés será, porén, moi pouco diferente do dun pequinés.

Fóra da China, hai importantes comunidades chinesas que comparten esta lingua, a cal é ensinada en numerosos colexios e universidades do mundo.

Como as outras linguas chinesas, é unha lingua de tons. Emprega catro tonemas, que cambian o sentido ou significado da palabra, alto e chan, ascendente, lixeiramente descendente logo ascendente (modulado) e descendente.

Os tons son representados na China por tiles sobre das vogais das sílabas da escrita romanizada dita pinyin e, en Taiwan, polas mesmas tiles sobre dos grafemas do bopomofo. Tamén se utiliza o número do ton no final da sílaba cando as dificultades técnicas (teclado etc) impiden colocar ou ler os tiles.

Mar da China Oriental

O mar da China Oriental (chinés tradicional: 東海, chinés simplificado: 东海, pinyin: Dōnghǎi, "mar do Leste" ou "mar do Oriente") é unha parte do océano Pacífico rodeada pola China (República Popular da China), o Xapón, Corea do Sur e Taiwán (República da China). A súa superficie é duns 752.000 km², aínda que ás veces menciónanse 1 200 000 km² ao incluír ao mar Amarelo.

A súa parte setentrional, entre a China e a península de Corea coñécese como mar Amarelo. En realidade, o mar da China Oriental é a parte norte do mar da China, que estaría dividido pola illa de Taiwán: a parte norte denomínase mar da China Oriental e a parte sur mar da China Meridional ou simplemente mar da China.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Taipei

Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República de China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2.685.357h. 2001).

Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), á beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708. Comezou a adquirir importancia en 1885, cando foi elixida coma capital da provincia de Taiwán substituíndo a Tainan, e sobre todo en 1949 cando se converteu na capital do goberno nacionalista chinés de Chiang Kai-shek refuxiado na illa tras a toma do poder no continente polos comunistas de Mao Tse Tung.

Wò hǔ cáng lóng

Wò hǔ cáng lóng (título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen. O filme está baseado na novela Crouching Tiger, Hidden Dragon do escritor de literatura wuxia Wang Dulu. As escenas de artes marciais e as de acción son froito das coreografías de Yuen Wo Ping.

Yuan T. Lee

Yuan Tseh Lee (en mandarín: 李遠哲; en pinyin:Lǐ Yuǎnzhé), nado o 19 de novembro de 1936 en Hsinchu Taiwan (Imperio do Xapón), é un químico e profesor universitario taiwanés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.