Taipei

Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República de China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2.685.357h. 2001).

Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), á beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708. Comezou a adquirir importancia en 1885, cando foi elixida coma capital da provincia de Taiwán substituíndo a Tainan, e sobre todo en 1949 cando se converteu na capital do goberno nacionalista chinés de Chiang Kai-shek refuxiado na illa tras a toma do poder no continente polos comunistas de Mao Tse Tung.

Coordenadas: 25°02′N 121°38′L / 25.033, -121.633

Taipei
臺北市
Flag of Taipei City
Emblem of Taipei City
Taipei City montage
Vistas da cidade
Localización
Taipei en Taiwán

Taipei
Taipei
PaísFlag of the Republic of China.svg Taiwán
RexiónTaiwán do Norte
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie271,77 km²
Demografía
Poboación2.652.959 hab. (2012)
Densidadehab/km²
Outros datos
Código postal100–116
AlcaldeKo Wen-je
Páxina oficial de Taipei

Historia

Old Taipei revealing the original city wall and gates
Mapa antigo da cidade.
Taipei City Hall face 20050531
Casa Consistorial.

A cunca de Taipei foi un lago en tempos prehistóricos e habitada por indíxenas ketagalan ata a inmigración de chineses han da provincia de Fuxien co comezo do século dezaoito.

En concreto, en 1709, Cheng Lai Chang obtén permiso do goberno Qing para unha primeira ocupación en Xinzhuang, na beira oeste do río Tanshui, e poco despois en Mengxia (actual distrito de Wanghua) xa na beira leste e primeiro asentamenteo de Taipei propiamente. A partir de 1735 a inmigración increméntase e con ela novos asentamentos por toda a zona, pero vai ser o de Mengxia coa súa excelente posición xunto a desembocadura do Hsintien polo sur no Tanshui, o que se converta no centro portuario e comercial da cunca nun primeiro momento.

Cara a metade do século XIX, a progresiva perda de calado no río pola area así como o incremento notable do comercio do té fixo que se trasladara a actividade portuaria augas abaixo, dando lugar a o asentamento de Dadaocheng

En 1875, a administración Qing establece a Prefeitura de Taipei (Taipei Fu) no Forte Dajiarui (actual distrito centro de Zhongzheng), e decide a creación dunha cidade nova que una os diferentes asentamentos da zona, sobor de todo os dous principáis, Mengxia e Dadoacheng. Así, no 1879 levántase un recinto rectangular amurallado entre aquéles, con tres rúas principáis enlazando cinco portas (1882-4)[1]. No ano seguinte e nomeada capital da provincia de Taiwan[2].

Durante a ocupación xaponesa (1895-1945), na que recibe o nome de Taihoku, experimenta unha grande modernización e expansión, especialmente cara o leste. Despois da guerra, en 1949, convértese na sede do goberno nacionalista (Kuonmitang) de Chiang Kai Shek, vencido polos comunistas de Mao no continente.

Nestes últimos anos (2004) foi noticia pola construción do que de momento é o rañaceos máis alto do mundo, o Taipei 101 (508 m.)

Notas

  1. [1]
  2. [2]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeroporto Internacional de Pequín-Capital

O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.

O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.

Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.

Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Ven sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial. En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.

Aeroporto Internacional de San Francisco

O Aeroporto Internacional de San Francisco (IATA: SFO, ICAO: KSFO, FAA LID: SFO) é un aeroporto internacional situado a 21 quilómetros ao sur do centro de San Francisco, preto de Millbrae e San Bruno no condado de San Mateo. Ten voos punto a punto a toda Norteamérica e é unha importante porta de entrada a Europa e Asia.

SFO é o aeroporto máis grande da Área da Baía de San Francisco e do norte de California, e é o segundo máis concorrido dese estado, tras o Aeroporto Internacional dos Ánxeles. No ano 2014 foi o sétimo aeroporto máis concorrido dos Estados Unidos e o 21 a nivel mundial en número de pasaxeiros. É o quinto centro de conexións máis grande dos Estados Unidos para United Airlines e opera como a súa principal porta de entrada transpacífica. É tamén a principal base de operacións para Virgin America. Ten o único centro de mantemento de United Airlines e alberga o museo e biblioteca Louis A. Turpen Aviation.

SFO é propiedade da cidade e o condado de San Francisco, pero atópase no condado de San Mateo. Entre 1999 e 2004 a Comisión do Aeroporto de San Francisco operou a compañía propiedade da cidade SFO Enterprises, Inc., para supervisar as súas compras e operacións.

Aeroporto Ninoy Aquino

O aeroporto internacional Ninoy Aquino (IATA: MNL, OACI: RPLL), anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Manila, é o aeroporto que serve a Manila e á súa área metropolitana. Está situado ao longo dos límites entre as cidades de Pasay e Parañaque, a uns 7 quilómetros ao sur da propia Manila. O aeroporto é a principal porta de entrada para pasaxeiros internacionais a Filipinas e serve como contro de conexións para AirAsia Philippines, Cebgo, Cebu Pacific, PAL Express e Philippine Airlines. Está operado por Manila International Airport Authority (MIAA), un departamento do Departamento de Transporte do goberno filipino.Oficialmente é o único aeroporto que serve a área de Manila. Porén, na práctica, tanto o Ninoy Aquino como o aeroporto de Clark, situado na Zona do Porto libre de Clark en Pampanga serven a zona de Manila, sendo Clark usado principalmente por aeroliñas de baixo custo polas súas taxas máis baixas. En tempos recentes houbo peticións para que Clark substituíse a Ninoy Aquino como principal aeroporto de Filipinas. Foi bautizado na honra do senador Benigno "Ninoy" Aquino, Jr., asasinado no aeroporto no ano 1983.

Aeroporto de Cantón-Baiyun

O aeroporto internacional de Cantón-Baiyun (IATA: CAN, OACI: ZGGG) é o principal aeroporto de Cantón, a capital da provincia de Guangdong, en China. Os seus códigos están heredados do antigo aeroporto da cidade. O aeroporto de Baiyun serve como centro de conexións para China Southern Airlines, FedEx Express, 9 Air, Hainan Airlines e Shenzhen Airlines.

No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido da China e o décimo quinto do mundo en termos de pasaxeiros, cun total de 59 732 147 viaxeiros ese ano. En termos de tráfico de carga é o terceiro máis concorrio do país e o décimo noveno do mundo.

Aeroporto de Chongqing-Jiangbei

O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei (IATA: CKG, OACI: ZUCK) é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste de China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.

O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.

En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.

Aeroporto de Haneda

O Aeroporto Internacional de Tokyo (東京国際空港 Tōkyō Kokusai Kūkō), comunmente coñecido como Aeroporto de Haneda (羽田空港 Haneda Kūkō) ou Aeroporto de Tokyo Haneda (IATA: HND, ICAO: RJTT), é un dos dous aeroportos principais que operan na Área do Gran Tokyo, e é a principal base das dous maiores aeroliñas domésticas xaponesas, Japan Airlines (Terminal 1) e All Nippon Airways (Terminal 2), ademais das low-cost Air Do, Skymark Airlines, Skynet Asia Airways e StarFlyer. Está situado en Ōta, Tokyo, a 14 quilómetros ao sur da Estación de Tokyo.

Haneda foi o principal aeroporto internacional de Tokyo ata 1978; dende ese ano ata 2010, Haneda operaba case todos os voos domésticos con saída e destino á cidade, mentres que o Aeroporto Internacional de Narita operaba a meirande parte dos voos internacionais. No ano 2010 inaugurouse unha terminal destinada a servizos internacionais Haneda xunto coa finalización dunha cuarta pista. Isto permitiu un enorme incremento de voos internacionais no aeroporto, que anteriormente só operaba servizos chárter a unhas poucas cidades do leste asiático. Na actualidade Haneda ten voos de longa distancia aos principais destinos de todo o mundo durante as primeiras horas da mañá e últimas da noite, e comezara a ofrecelos durante o día a partir de principios de 2014.

Aeroporto de Hong Kong

O aeroporto internacional de Hong Kong (IATA: HKG, ICAO: VHHH) é o principal aeroporto de Hong Kong. Está situado na illa de Chek Lap Kok, que en gran parte está formada por terras gañadas ao mar para a construción das súas instalacións. O aeroporto tamén é coloquialmente coñecido como aeroporto de Chek Lap Kok(赤鱲角機場), para distinguilo do seu predecesor, o pechado aeroporto Kai Tak.

O aeroporto ven sendo usado dende o ano 1998, substituíndo ao de Kai Tak. É un importante centro rexional de transbordo, centro de conexión para pasaxeiros e unha porta de entrada para destinos no interior de China e o resto de Asia. O aeroporto é o máis concorrido do mundo en termos de carga e un dos maiores en termos de pasaxeiros. O aeroporto ten unha das terminais de pasaxeiros máis grandes do mundo (a máis grande cando se inaugurou en 1998).

O aeroporto está operado por Airport Authority Hong Kong e é o principal centro de conexións para Cathay Pacific (a aeroliña nacional de Hong Kong), Cathay Dragon, Hong Kong Airlines, Hong Kong Express Airways e Air Hong Kong. É un dos centros de conexións para a alianza de aeroliñas Oneworld, e tamén un dos centros de conexión da zona Asia-Pacífico para UPS Airlines. É unha cidade focal para moitas aeroliñas como China Airlines e China Eastern Airlines. Singapore Airlines, Ethiopian Airlines e Air India utilizan Hong Kong como escala para algúns dos seus voos.

HKIA contrinue de forma importante á economía de Hong Kong, proporcionando uns 65 000 empregos á cidade. Máis de 100 aeroliñas operan no aeroporto, voando a unhas 180 cidades de todo o mundo. No ano 2016 polas súas instalacións pasaron 70,5 millóns de pasaxeiros, sendo o oitavo aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. No ano 2010 superou ao aeroporto de Memphis, converténdose no aeroporto máis concorrido do mundo en termos de carga.

Aeroporto de Shanghai-Pudong

O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire de China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.

O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.

O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas. Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.

O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.

Aeroporto de Singapur

O aeroporto internacional de Singapur Changi (IATA: SIN, OACI: WSSS), ou sinxelamente aeroporto de Changi, é o principal aeroporto civil de Singapur e un dos centros de conexión máis grandes do Sueste Asiático. É considerado o mellor aeroporto do mundo por Skytrax, obtendo esa distinción por quinto ano consecutivo dende 2013 e é un dos aeroportos máis concorridos do mundo en termos de pasaxeiros internacionais e carga. Está situado en Changi, no límite leste de Singapur, a uns 17 quilómetros do centro da cidade. Está operado polo Changi Airport Group e é a principal base de Singapore Airlines, Singapore Airlines Cargo, SilkAir, Scoot, Jetstar Asia Airways e BOC Aviation.

Aeroporto de Tân Sơn Nhất

O aeroporto da cidade da Tân Sơn Nhất debe o seu nome á vila onde se sitúa (Cidade Ho Chi Minh), Vietnam, a poucos quilómetros da cidade.

Aeroporto de Viena-Schwechat

O aeroporto de Viena-Schwechat (IATA: VIE, ICAO: LOWW) é o aeroporto internacional de Viena. a capital de Austria. Atópase en Schwechat, a 18 km do sueste do centro de Viena e a 57 km ao oeste de Bratislava. É o aeroporto máis grande do país e serve como centro de conexións para Austrian Airlines e como base para Eurowings. Ten capacidade para manexar avións de fuselaxe ancha ata do tamaño do Airbus A380. O aeroporto conta cunha densa rede de destinos europeos ademais de operar voos de longa distancia a Asia, Norteamérica e África. Durante o ano 2016 utilizaron o aeroporto 23,4 millóns de pasaxeiros, un 2,4% máis que no a2015.

Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol

O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.

Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.

Aeroporto internacional de Incheon

O aeroporto internacional de Incheon (IATA: ICN, OACI: RKSI), tamén coñecido como aeroporto internacional de Seúl-Incheon, é o aeroporto máis grande de Corea do Sur e un dos máis concorridos do mundo. Dende o ano 2005 vén sendo considerado o mellor aeroporto do mundo por Airports Council International. Tamén foi elixido o aeroporto máis limpo e o que ten o mellor tránsito internacional do mundo por Skytrax.O aeroporto ten campo de golf, spa, habitacións de descanso privadas, unha pista de patinaxe sobre xeo, un casino, xardíns interiores e un museo sobre a cultura coreana. As autoridades do aeroporto afirman que de media as chegadas e saídas duran 19 e 12 minutos, respectivamente, en comparación coa media mundial de 60 e 45 minutos, converténdoo nun dos aeroportos máis rápidos do mundo á hora de operar.O aeroporto inaugurouse o 29 de marzo de 2001 para substituír ao antigo aeroporto internacional de Gimpo que a día de hoxe opera principalmente voos domésticos e voos de enlace ás principais cidades da zona, como Toquio, Osaca, Pequín, Shanghai e Taipei.

Está situado ao oeste do centro de Incheon, nunha área creada artificialmente entre as illas de Yeongjong e Yongyu. As dúas illas estaba orixinalmente separadas por mar pouco profundo.

Aeroporto internacional de Narita

O aeroporto internacional de Narita (IATA: NRT, OACI: RJAA), tamén coñecido como aeroporto de Toquio-Narita e orixinalmente coñecido como novo aerioirto internacional de Toquio, é un aeroporto que serve á área do Gran Toquio no Xapón. Está situado a uns 60 quilómetros ao leste do centro de Toquio, na prefectura de Chiba, entre as cidades de Narita e Shibayama.

Narita é o principal aeroporto internacional do país, pasando por el ao redor do 50% dos seus pasaxeiros internacionais e un 60% da carga internacional. Narita é o segundo aeroporto máis concorrido do Xapón, despois do aeroporto de Haneda, e é o décimo máis concorrido do mundo en termos de carga.

Narita é o principal centro de conexións internacional para Japan Airlines, All Nippon Airways e Nippon Cargo Airlines, e un centro de conexións para as aeroliñas de baixo custo Jetstar Japan, Peach e Vanilla Air. Tamén serve como centro de conexións asiático para Delta Air Lines e United Airlines.

Aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan

O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan (IATA: TPE, ICAO: RCTP) é un aeroporto internacional que serve á capital de Taiwán, Taipei, e á zona norte da illa. Situado a uns 40 km ao leste de Taipei, no distrito Dayuan, é o aeroporto máis grande de Taiwán. É un dos cinco do país con voos internacionais regulares, e é de lonxe o máis concorrido deles. Nel están os principais centros de conexión internacionis de China Airlines e EVA Air.

O aeroporto abríu para operacións comerciais en 1979 e é un importante centro de conexión de pasaxeiros e punto de entrada a destinos asiáticos da rexión. O eroporto foi antigamente coñecido como Aeroporto Internacional Chiang Kai-shek ata que o nome foi cambiado o día 6 de setembro de 2006 para o actual.O aeroporto internacional de Taiwán Taoyuan é un dos dous aeroportos que serven a Taipei e ao norte de Taiwán; o outro, o aeroporto de Taipei Songshan, está situado dentro dos límites da cidade de Taipei e funcionou como aeroporto internacional da cidade ata 1979. No presente dende Songshan só hai principalmente voos chárter, moitos dos cales son cara e dende China, voos domésticos, e algúns voos internacionais cara distintos lugares de China, Seúl e Toquio.

En 2016 por Taiwán Taoyuan pasaron 38,6 millóns de pasaxeiros e 1 900 millóns de quilos de carga. ion passengers and 1.9 billion kg of freight. O aeroporto é o 11º máis concorrido do mundo en termos de pasaxeiros internacionais, e o 6º en termos de tráfico de mercadorías en 2015.

Chiang Kai-shek

Chiang Kai-shek, nado en Fenghua o 31 de outubro de 1887 e finado en Taipei o 5 de abril de 1975, foi un militar e político chinés, líder do Kuomintang, xeneral en xefe das forzas chinesas vencido por Mao Zedong na revolución. Na República Popular da China é coñecido como 蔣介石 (pinyin: Jiǎng Jièshí) e en Taiwán como 蔣中正 (pinyin: Jiǎng Zhōngzhèng),

Densidade de poboación

A densidade de poboación é a intensidade da poboación, expresada coa relación entre o número de individuos e a superficie do territorio. Xeralmente exprésase en habitantes/km² ou habitantes/m².

Seúl

Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur. É unha megacidade cunha poboación de máis de 10 millóns de habitantes. A Área da Capital de Seúl, que inclúe á metrópole de Incheon na provincia de Gyeonggi, é a segunda área metropolitana máis poboada do mundo, cunha poboación de 25,6 millóns de persoas, sendo o fogar da metade dos surcoreanos e 632.000 residentes internacionais.Situada á beira do río Han, a historia da cidade abrangue máis de 2.000, dende a súa fundación no ano -18 por Baekje, un dos Tres reinos de Corea. Continuou como capital de Corea durante a dinastía Joseon e o Imperio de Corea. A área metropolitana de Seúl contén catro lugares Patrimonio da Humanidade: Changdeokgung, a Fortaleza de Hwaseong, Jongmyo e as Tumbas reais da dinastía Joseon. Seúl está rodeada por montañas, sendo a máis alta Bukhansan, o parque nacional máis visitado do mundo por metro cadrado. Seúl foi votado como o destino turístico máis desexable polos turistas chineses, xaponeses e tailandeses durante tres anos consecutivos entre 2009 e 2011 con máis de 10 millóns de visitantes internacionais no 2012.

Taiwán

A República da China (中華民國 ZhongHuá MínGuó), coñecida polo xeral como Taiwán (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 27 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.