Taboadelo, Ponte Caldelas

Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE no 2017 tiña 204 habitantes (110 homes e 94 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós padróns anteriores.

Coordenadas: 42°22′45″N 08°32′58″O / 42.37917, -8.54944

Taboadelo
ITaboadelo
Igrexa de Santiago de Taboadelo.
ConcelloPonte Caldelas
Área4,74 km²
Poboación204 hab. (2017)
Densidade43,04 hab./km²
Entidades de poboación2

Historia

No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciona que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes". Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro).

Festas

Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ponte Caldelas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Canicouva, Pontevedra

Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o INE no 2012 tiña 252 habitantes (135 mulleres e 115 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 289 habitantes.

A Canicouva limita ao norte con Tomeza, ao sur con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns e Taboadelo (Ponte Caldelas), e ao oeste con Figueirido (Vilaboa).

Formou parte do concello de Ponte Sampaio desde 1833 até 1960, ano en que foi anexionado ao de Pontevedra.

Taboadelo, Taboadelo, Ponte Caldelas

Taboadelo é un lugar da parroquia de Taboadelo, no concello de Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra.

No ano 2008 tiña 223 habitantes, dos que 121 eran homes e 102 eran mullers, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior 2007.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.