Taboadela

Taboadela é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.443 habitantes (1.701 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «taboadelense».

Coordenadas: 42°14′27.8″N 7°49′31.82″O / 42.241056, -7.8255056

Taboadela
Escudo de Taboadela
Casa do Concello de Taboadela
Casa do Concello.
Situacion Taboadela
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación1.443 hab. (2018)
Área25,2 km²
Densidade57,26 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeÁlvaro Vila Araújo (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 4
Outros: C'S 1, VE-TA 1
Eleccións municipais en Taboadela
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes75,90%
Na rede
taboadela.es (ligazón á Deputación de Ourense)

Demografía

Censo total 1.443 (2018)
Menores de 15 anos 109 (7.55 %)
Entre 15 e 64 anos 853 (59.11 %)
Maiores de 65 anos 481 (33.33 %)
Evolución da poboación de Taboadela   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.901 2.828 2.677 2.494 1.691 1.697 1.652 1.642 1.603 1.561 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Na parroquia de Torán, preto do lugar do mesmo nome, sitúanse as ruínas da torre de Torán, unha antiga construción de planta rectangular, posiblemente torre da homenaxe dun castelo. Está levantada cun basto aparello apenas desbastado. Nos lenzos ábrense estreitas troneiras por tres dos lados, mentres que no lado orientado ao oeste se sitúa unha porta de arco apuntado e cun tímpano dunha peza. Sobre a porta ábrense dúas ventás rectangulares xemelgas. Ten unhas dimensións de 11 metros de longo por algo máis de 8 de ancho, conservando unha altura media de 12 metros.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Taboadela.
Igrexa de San Xurxo da Touza, Taboadela

Igrexa de San Xurxo da Touza.

Igrexa de Santiago de Soutomaior, Taboadela

Igrexa de Santiago de Soutomaior.

Lugares de Taboadela

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Taboadela vexa: Lugares de Taboadela.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Taboadela". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
A Touza, Taboadela

San Xurxo da Touza é unha parroquia do concello ourensán de Taboadela na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 301 habitantes (148 homes e 153 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Augas Santas, Allariz

Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz.

Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).

Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias allaricenses de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.

Barxés, Muíños

Santa María de Barxés é unha parroquia do concello de Muíños, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2007 tiña 304 habitantes, dos cales 158 eran homes e 156 mulleres, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 331 habitantes.

Atópase situada ao norte do concello de Muíños. Durante o antigo réxime pertenceu á xurisdición de Rairiz de Veiga. Entre o seu patrimonio, amais da igrexa parroquial, están a capela de Santa Leocadia, a capela de Pazos e un peto de ánimas. Consérvanse os restos do castro de Taboadela.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Eleccións municipais en Taboadela

Corporacións democráticas en Taboadela desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Manuel Gallego Vila — UCD

1983 Alcalde: Manuel Gallego Vila — CG

1987 Alcalde: Manuel Gallego Vila — CPG

1991 Alcalde: Manuel Gallego Vila — Centristas de Galicia

1995 Alcalde: Manuel Gallego Vila — PPdeG

1999 Alcalde: Manuel Gallego Vila — PPdeG

2003 Alcalde: Manuel Gallego Vila — PPdeGModelo:Taboadela 2003

2007 Alcalde: Manuel Gallego Vila — PPdeG

2011 Alcalde: Manuel Gallego Vila — PPdeG

2015 Alcalde: Manuel Gallego Vila — PPCandidatos: Manuel Gallego Vila (PP), Álvaro Vila Araujo (PSdeG-PSOE), Xosé Antón Calviño Martínez (Candidatura Veciñal de Taboadela), Xosé Antón Vila Sobrino (CxG-CCTT) e Noelia Currás Rodríguez (BNG).

Estación de Lugo-Mercadorías

Lugo-Mercadorías é unha estación de tren de Adif para tráfico de mercadorías, situada no concello de Lugo, na liña León - A Coruña. Foi posta en servizo no ano 2008, cun investimento superior aos 13 millóns de euros.Ocupa unha superificie de 100.000 metros cadrados que foron cedidos polo Concello. Polas súas características é posíbel atender até cen trens por semana. Dispón de vías de recepción, expedición y tratamento de trens, tanto de transporte intermodal como de carga directa de mercadorías sobre vagón. Unha das vías permite a entrada de composicións de até 750 metros de lonxitude. A lousa de carga e descarga ten capacidade para almacenar até 360 contedores.

Esta estación supuxo un incremento en 4,7 veces máis a superficie existente daquela, na propia estación de viaxeiros de Lugo; a lonxitude das vías de carga e descarga pasou de 230 a 1.335 m; as de estacionamento, de 1.620 a 2.069 m.Lugo-Mercadorías é canda Vigo-Guixar e Taboadela unha das tres estacións desde onde se despachan os trens cargados de lixo cara a planta de SOGAMA.

Estación de Taboadela

Taboadela é unha estación de tren de Adif, situada en Veredo, nas proximidades da vila de Taboadela, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Folgoso, Allariz

Santiago de Folgoso é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de Augas Santas, Os Espiñeiros, Meire, Allariz (Santiago) e Queiroás e co concello de Taboadela.

Lugares de Taboadela

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Taboadela

Manuel Gallego

Manuel Gallego Vila, nado en Taboadela en 1937, é un industrial avícola e político galego do PPdeG, alcalde de Taboadela durante máis de catro décadas.

OU-320

A OU-320 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Forma parte do antigo camiño de ferradura entre Ourense e Castela, posteriormente estrada Villacastín-Vigo e N-525. Comeza en Piñeira de Arcos (Sandiás) e remata na Ponte Noalla (Noalla, San Cibrao das Viñas). Ten unha distancia de 24,8 km.

O Mesón de Calvos, Taboadela

Santa María do Mesón de Calvos é unha parroquia do concello ourensán de Taboadela na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 318 habitantes (157 homes e 161 mulleres), 22 menos ca en 2000. Ten sete entidades de poboación.

A parroquia está atravesada pola estrada OU-320.

Queiroás, Allariz

San Breixo de Queiroás é unha parroquia situada no oeste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de Folgoso, Allariz (Santiago), San Martiño de Pazó, San Trocado e Santa Baia de Urrós e cos concellos de Taboadela e A Merca.

San Mamede de Urrós, Allariz

San Mamede de Urrós é unha parroquia situada no noroeste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de San Vitoiro da Mezquita e Santa Baia de Urrós, e cos concellos de Taboadela e A Merca.

Santa Baia de Urrós, Allariz

Santa Baia de Urrós é unha parroquia situada no noroeste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricense de San Mamede de Urrós e Queiroás e cos concellos de Taboadela e A Merca.

Santiago da Rabeda, Taboadela

Santiago de Rabeda é unha parroquia situada ó sueste do concello de Taboadela. Os núcleos de poboación máis importantes son: Pereiras-Venda do Río, Abeledo, Pazos, Silvoso e Silvosiño. En 2011, segundo o IGE, tiña 344 habitantes (183 homes e 161 mulleres).

Soutomaior, Taboadela

Santiago de Soutomaior é unha parroquia do concello ourensán de Taboadela na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 202 habitantes (98 homes e 104 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 18 habitantes en relación ao ano 2000.

Taboadela, Taboadela

San Miguel de Taboadela é unha parroquia do concello ourensán de Taboadela na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 327 habitantes (160 homes e 167 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 24 habitantes en relación ao ano 2000.

Torán, Taboadela

Santa María de Torán é unha parroquia do concello ourensán de Taboadela (1443 habitantes en 2018) , situada na comarca de Ourense. No ano 2017 tiña 119 habitantes.[Cómpre referencia]

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.