Túnel das Maceiras

O túnel das Maceiras, tamén coñeido como túnel da Madroa ou túnel Vigo-Redondela, é un túnel ferroviario de dous tubos dus 8,5 km de lonxitude que, desde As Maceiras, Redondela, acaba na nova estación subterránea de Vigo-Urzáiz, o que fai del o túnel máis longo do eixe atlántico de alta velocidade (EAAV).[1]

Construción túnel das Maceiras
Obras de construción do túnel.

Características

Trátase dun túnel bitubo (un para cada sentido da circulación) construído baixo o monte A Madroa cun custo de 183 millóns de euros. Para construílo contratáronse dúas tuneladoras, A Miñoca e A Lebre, e instaláronse 70.000 doelas e 10.000 aneis para garantir a estabilidade do trazado, segundo informa Adif no seu vídeo "Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo".[2][3]

O túnel forma parte do traxecto desde a nova estación de Vigo-Urzáiz até a estación de Santiago de Compostela. A comezos do século XXI construíronse 36,9 km que suman 36,9 km de vía neste tramo, que permiten unha continuidade en dobre vía electrificada[4]. O 16 de abril de 2015 realizouse a viaxe inaugural A Coruña-Vigo, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, desde a estación da Coruña e a nova terminal Vigo-Urzáiz, deseñada por Thom Mayne e que tamén se estreou con este motivo.[5], o sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña e viceversa.[6]

Notas

  1. "Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net (en castelán).
  2. Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo.
  3. Fomento costea en solitario en Vigo un doble túnel de 8 km para el AVE Diario Levante (Valencia, España) 21/02/2014.
  4. Adif. Geotren. Eje Atlántico de Alta Velocidad en Galicia: Finalización de Vigo-Santiago.
  5. "Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora" Faro de Vigo, 30/03/2015.
  6. "Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" El Correo Gallego, 18 de abril de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Madroa, Candeán, Vigo

A Madroa, ás veces coñecida como monte da Madroa, é un lugar da parroquia de San Cristovo de Candeán, no concello de Vigo.

Antiga estación de Vigo

A estación de Vigo foi unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo destinada principalmente ao tráfico de pasaxeiros. Estaba situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca e próxima á rúa Urzáiz, foi derrubada en 2011 e constituía unha das dúas cabeceiras da liña Monforte - Vigo.

Eixe atlántico de alta velocidade

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico, pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña, e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.

Estación de Vigo-Urzáiz

A estación de Vigo-Urzáiz é unha estación de ferrocarril de Adif na cidade de Vigo, constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzáiz - Bifurcación de Arcade", integrada no Eixe atlántico de alta velocidade. Foi inaugurada oficialmente o 16 de abril de 2015 e dous días máis tarde abríu ao público.Está situada na Praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca da cidade, próxima á rúa Urzáiz (que da nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar. Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais; mentres que Urzáiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre Coruña e Vigo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.