Téxtil

O téxtil[1] (que provén do latín "textilis" que, á súa vez provén de "texere", tecer) é aquilo relacionado coas telas fabricadas por medio de tramas e tecidos. Trátase dun material flexible que consiste nunha rede de fibras, tanto naturais coma artificiais, chamadas fíos. Até o século XX había catro tipos de fibras empregadas, o algodón e o liño, que proveñen de fibras vexetais, e a la e a seda, que son fibras animais. No presente, a maioría de telas fanse con fibras artificiais.

Karachi - Pakistan-market
Mercado dominical de teas nas proximidades de Karachi, Paquistán

Historia

As primeiras roupas apareceron hai uns 70 000 anos, e se cadra mesmo antes, e estaban feitas de peles de animais que axudaron a protexer ós humanos do frío da glaciación. Nalgún punto da historia, os humanos aprenderon a tecer fibras de plantas para fabricar téxtiles.

O descubrimento de fibras de liño tinguidas nunha cova de Xeorxia, datadas do -34 000, suxire que o emprego de materiais téxtiles é propio tamén dos tempos prehistóricos.[2][3]

Textile machinery at Cambrian Factory, Llanwrtyd (1293828)
Maquinaria téxtil en Llanwrtyd, Gales, na década de 1940.

A produción de produtos téxtiles sufriu unha constante evolución cuxa velocidade e escala de produción foi alterada pola industrialización e pola introdución das modernas técnicas de fabricación. Porén, os principais tipos de tecido, como o ligamento tafetán, ligamento sarga ou o raso sufriron poucas diferenzas entre a antigüidade e a era moderna.

Ó longo do século XX as fibras plásticas fixéronse cunha parte importante no uso. No s. XXI as fibras feitas a partir de reciclados e a madeira[4] están probando o seu uso.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para téxtil.
  2. Balter, M. (2009). "Clothes Make the (Hu) Man". Science 325 (5946): 1329. PMID 19745126. doi:10.1126/science.325_1329a.
  3. Kvavadze, E.; Bar-Yosef, O.; Belfer-Cohen, A.; Boaretto, E.; Jakeli, N.; Matskevich, Z.; Meshveliani, T. (27 de novembro de 2009). "30,000-Year-Old Wild Flax Fibers". Science 325 (5946): 1359. PMID 19745144. doi:10.1126/science.1175404. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2018.
  4. ambiente, Medio. "Esta camiseta está hecha con madera". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-03-26.

Véxase tamén

Outros artigos

Adolfo Domínguez Fernández

Adolfo Domínguez Fernández, nado na Pobra de Trives o 14 de maio de 1950, é un deseñador de moda e escritor galego. A marca dos produtos téxtiles e cosméticos da súa empresa levan tamén o seu nome.

Agricultura

A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para cultivar a terra e a parte do sector primario que se dedica a iso. Nela englóbanse os diferentes traballos de tratamento do chan e os cultivos de vexetais. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforma o medio ambiente natural.

As actividades relacionadas son as que integran o chamado sector agrícola. Todas as actividades económicas que abarca devandito sector teñen o seu fundamento na explotación dos recursos que a terra orixina, favorecida pola acción do ser humano: alimentos vexetais como cereais, froitas, hortalizas, pastos cultivados e forraxes; fibras utilizadas pola industria téxtil; cultivos enerxéticos etc.

A agricultura tamén comprende unha demanda global do ramo e servizo da alimentación mundial depende en gran medida do clima e das técnicas para poder facer a terra fértil, conserva a súa orixe na propiedade privada e na explotación da terra entregada a familias para poder establecerse.

É unha actividade de gran importancia estratéxica como base fundamental para o desenvolvemento autosuficiente e riqueza das nacións.

A persoa que traballa na agricultura é o agricultor ou a agricultora, a se mesmo a ciencia que estuda a práctica da agricultura é a agronomía.

Amancio Ortega

Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Amancio é o segundo de catro irmáns, dous homes e dúas mulleres: o maior, Antonio, faleceu en 1987; Josefina (Pepita) é a menor e Pilar falecida en 2000, que nunca formou parte do negocio téxtil da familia.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Canet de Mar

Canet de Mar é un concello español da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Está situado a 43 quilómetros de Barcelona, entre os municipios de Arenys de Mar e Sant Pol de Mar.

Segundo datos do INE tiña 14.072 habitantes en 2011. Nos últimos anos, a poboación creceu considerablemente coa expansión da presión inmobiliaria fóra dos límites da área metropolitana de Barcelona, dobrando a súa poboación en pouco máis de 10 anos.

A industria dominante no municipio, polo seu carácter costeiro, é o turismo, xunto coa explotación agrícola (a floricultura e o cultivo de amorodos), ademais da industria téxtil. En Canet de Mar atópase a Escola Universitaria de Enxeñería técnica en tecidos de punto, único centro de España que ofrece este tipo de estudos.

Casa Calvet

A Casa Calvet é un edificio deseñado por Antoni Gaudí, un dos arquitectos máis salientables do modernismo catalán. Atópase no número 48 da rúa de Casp, no Eixample de Barcelona, e data do ano 1899. Está catalogada como Ben Cultural de Interese Nacional.

O edificio foi construído para Andreu Calvet, un fabricante téxtil, e serviu tanto para o negocio, ó cal destinou a planta baixa e o soto, como para vivendas, nos andares superiores.

A Casa Calvet está considerada a obra máis conservadora do arquitecto. Segundo os expertos, a explicación atópase no feito de que Gaudí tiña que encaixar o edificio entre outros preexistentes e tiña que ter en conta que estaría situado nun barrio elegante. A simetría, o equilibrio e a orde que caracterizan a Casa Calvet non son habituais na obra gaudiniana. Malia isto, pódense ollar elementos modernistas, como por exemplo os dos frontóns curvilíneos do acabado da fachada, o balcón con tribuna de vidro e forxados que sobresae por riba da entrada ou a forma dos outros balcóns. As columnas que flanquean a entrada lembran carretes de fío, e constitúen unha alusión ó negocio téxtil da familia Calvet.

Cómpre destacar tamén os bustos dos tres santos patróns de Vilassar de Dalt, de onde eran os Calvet: Pedro de Verona (na honra do pai do dono), Xenxo de Arles, o notario, e Xenxo de Roma o actor. Foi o primeiro edificio galardoado polo Concello no Concurso anual de edificios artísticos (1899).

Os traballos de forxa son obra de Josep Perpinyà.

Fíos

Fíos foi unha serie que se realizou en 2001 e que se emitiu na TVG en 2002, produciuna La Región TV e custou 757.272 €. Comedia dirixida por Suso Iglesias, estaba ambientada nunha empresa téxtil familiar.

Igualada

Igualada é un municipio catalán da provincia de Barcelona, capital da comarca do Anoia. Está situado a 67 km de Barcelona. En 2010 tiña 39 149 habitantes.

A súa principal actividade é a industria (téxtil, papel, pel). Tamén se caracteriza por ter a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España (Ultramagic). Así que Igualada poderíase definir como "a cidade do téxtil, a pel e os globos aerostáticos".

Industria téxtil

A industria téxtil (do latín texere; tecer) é o sector industrial da economía que ten como obxectivo a transformación da fibras -naturais ou sintéticas- en fíos, de fíos en tecidos, e de tecidos en pezas de roupa e outros produtos téxtiles.Malia ser un sector diferente dende o punto de vista técnico, nas estatísticas económicas adóitase incluír á industria do calzado como parte da industria téxtil.No ano 2012 en España existían 8.238 empresas téxtiles, representando un 6,78% do total da industria.

Kina Fernández

Joaquina Fernández Álvarez, chamada Kina Fernández, nada en Celavente (O Bolo), en abril de 1947, é unha deseñadora de moda galega.

Mataró

Mataró é un municipio e cidade da provincia de Barcelona, capital da comarca do Maresme. Atópase a uns trinta quilómetros ao norte da cidade de Barcelona, na costa do mar Mediterráneo. En 2012 tiña 124.084 habitantes.

Monza

Monza (Mùnscia no lombardo occidental) é unha cidade situada no norte de Italia, na rexión da Lombardía, capital da provincia de Monza e Brianza, creada o 12 de maio de 2004 e efectiva desde 2009.

É a terceira cidade máis grande de Lombardía (121.545 habitantes, 2009) e o centro económico, industrial e administrativo máis importante da área de Brianza. Destacable a súa industria téxtil e editorial, aínda que a súa fama internacional débese especialmente ao Autodromo Nazionale Monza, lar do Gran Premio de Italia, e da escudería italiana Ferrari, e anteriormente de Alfa Romeo.

O río Lambro, afluente do Po, cruza a cidade.

Ordes

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2014 tiña 12.844 habitantes (12.868 no 2010, 12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

Parc de l'Espanya Industrial

O Parc de l'Espanya Industrial (en galego: Parque da España Industrial) é un parque que se atopa entre os barrios de Sants e de Hostafrancs, no distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona, a carón da estación de ferrocarril de Barcelona-Sants.Foi construído no ano 1985 polos arquitectos Luis Peña Ganchegui, Antón Pagola e Monserrat Ruiz, nos terreos que deixou libres l'Espanya Industrial, unha antiga fábrica téxtil fundada no ano 1847 e que en 1972 se trasladou a Mollet del Vallès. O parque reformouse a fondo no ano 2009.

Hoxe en día, o escorregadoiro do dragón da Espanya Industrial ten unhas reixas que impiden a entrada na parte interior da estrutura.

Revolución Industrial

Revolución Industrial é o proceso de evolución que conduce a unha sociedade dende unha economía agrícola tradicional ata outra caracterizada por procesos de produción mecanizados para fabricar bens a grande escala.

A primeira Revolución Industrial, tamén coñecida como Revolución Científico Tecnolóxica (RCT), xestouse durante cerca de 300 anos, pero a súa expresión tecnolóxica deuse na revolución industrial e os seus efectos prolonganse ata 1780.

Varias foron as circunstancias económico-sociais asociadas a esta primeira RCT: A descomposición da sociedade feudal, o desenvolvemento do capital comercial, o desenvolvemento das relacións comerciais marítimas, o impulso da industria pesada (mineira e metalúrxica), revolución agrícola (grazas á industria química: fertilizantes...) e desenvolvemento da industria química. O cambio iniciouse en Inglaterra por dúas razóns fundamentais, primeiro polo amoreamento de capital como consecuencia do gran desenvolvemento do comercio favorecido polo seu imperio colonial e segundo por ser en Inglaterra onde se inventaron unha serie de máquinas capaces de producir máis rapidamente cós artesáns, o cal permitía a redución de custos e fornecer a demanda máis rapidamente. Ademais existía unha man de obra barata e abundante xa que as terras comunais, fundamentais para a supervivencia dos campesiños pobres, estaban pasando a mans privadas. A industrialización supuxo o nacemento dunha nova clase social, o proletariado que xorde en condicións de pobreza e explotación absoluta.

Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola máquina de vapor, movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.

A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova División Internacional do Traballo (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre 1830 e 1880, as principais guerras foron de tipo colonialista, na India, China, Turquía, Sudán, Persia, Afganistán, Rusia Oriental e México.

Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.

Roberto Verino

Manuel Roberto Mariño Fernández, nado en Verín o 3 de maio de 1945, é un deseñador de moda galego, máis coñecido como Roberto Verino.

Saba

Este artigo trata sobre un lugar, para a peza de roupa véxase Saba (téxtil).

Saba é unha pequena illa (13 km²) que constitúe un municipio especial dos Países Baixos, localizada na latitude 63°13' oeste e lonxitude 17°38' norte, a uns 250 km. ao sueste de Porto Rico. A capital rexional é The Bottom.

Este territorio forma parte dos países e territorios de ultramar da Unión Europea.

Seda

A seda é unha fibra natural formada por proteínas. Aínda que é producida por varios grupos de insectos, na actualidade só a seda dos casulos feitos polas larvas de Bombyx mori (verme da seda) se emprega para a fabricación industrial téxtil. Houbo algunhas investigacións en procura doutros tipos de sedas con distintas propiedades, que se diferencian no nivel molecular. Estas sedas son producidas principalmente polas larvas de insectos antes de que estas completen a súa metamorfose, pero tamén hai casos de sedas producidas por exemplares adultos. A secreción de seda é especialmente común nos artrópodos da orde Hymenoptera (abellas e formigas), e ás veces utilízase na construción de niños. Outros tipos de artrópodos tamén producen seda, en particular diversos arácnidos, como as arañas.

Vapor Vell

O Vapor Vell foi a primeira gran fábrica téxtil moderna que se instalou no antigo concello de Sants, e unha das primeiras de Cataluña. As obras de construción comezaron no ano 1844 e empezou a producir en 1846. Pertenceu á compañía Güell, Ramis i Cia, con Joan Güell i Ferrer como socio capitalista e presidente e con Domènec Ramis, socio fabricante que obtivera un monopolio per producir teares mecánicos ó xeito francés.

Joan Güell e Domènec Ramis fundaron unha empresa téxtil e a fábrica instalada no barri de Sants era coñecida inicialmente como "El Vapor Güell". Poucos anos despois, instalouse en Sants outra fábrica téxtil con máquinas de vapor, L'Espanya Industrial, popularmente referíanse á fábrica de Gúell e Ramis coma o "vapor vell" e á de Espanya Industrial como "vapor nou".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.