Tárgum

Targum (en hebreo: תרגום‎[a], tradución) é unha explicación no vernáculo corrente sobre unha parte ou sobre un concepto das escrituras hebreas, que un rabino fai para oíntes que non son estudosos, é dicir, para as persoas comúns. Esta práctica foise tornando necesaria decorrente dos reveses políticos que pasou o vetusto Reino de Israel, comezando coa deportación para a Babilonia e, máis tarde, so a dominación doutros países. Paulatinamente, a lingua hebraica restrinxiuse ao uso litúrxico, sendo usados, para as relacións comúns e para as relacións cos outros pobos, os idiomas dos estados dominantes. Os targumim[a] eran feitos primordialmente en aramaico, pero outras linguas tamén poderían ser empregadas.[1][2]

Rigorosamente, reducir un targum por escrito era considerado prohibido, mais, nun fenómeno similar ao que ocorreu co Talmud, a comunidade xudaica, trala comunidade da Babilonia, pasou a aceptar que algúns extractos fosen usados como fonte interpretativa, por causa da súa calidade excelsa, e, eventualmente, como forma de conservación da lingua e de costumes.[3][4][5]

Notas

a.^ Plural de targum, targumim (en hebreo: תרגומים‎).
  1. Moacir Amâncio. "A Gagueira de Moisés (Tradução-Criação na Bíblia, no Talmud e no Zohar)" (PDF) (en portugués). Consultado o 4 de xaneiro de 2015.
  2. Amâncio, Moacir (1995). Iluminuras, ed. O Talmud: excertos (en porutugués). São Paulo. p. 23. ISBN 85-85219-55-6.
  3. Klein, Michael (2011). Brill, ed. Michael Klein on the Targums: Collected Essays 1972-2002 (en inglés). Leiden. p. 53.
  4. Steinsaltz, Adin (2013). "1". En Basic Books. The Essential Talmud (en inglés). Cambridge.
  5. Clarke, Ernest George; McCracken Flesher, Paul Virgil (2002). Brill, ed. Targum and Scripture: Studies in Aramaic Translations and Interpretation (en inglés). pp. 81–83.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Apocalipse

O Libro de Revelación ou da Apocalipse é un texto atribuído tradicionalmente a Xoán o Evanxelista, que recolle, en forma das visión típicas da literatura apocalíptica, unha reflexión sobre a situación da primeira igrexa cristiá nos tempos do Imperio Romano e unha mensaxe de esperanza para os cristiáns.

O termo Apocalipse vén do grego ἀποκάλυψις, que vén de ἀποκαλύπτειν apocaliptein, literalmente descorrer unha cortina, ou revelar, pola que tamén moitas igrexas cristiás o coñecen como Libro da Revelación.

Biblia dos Setenta

A Biblia dos Setenta, ou Biblia dos Setenta e Dous, citada comunmente como LXX, é o nome co que se coñece a versión grega da Biblia xudía, o que os cristiáns chaman Antigo Testamento.

Carta a Filemón

A carta a Filemón, a máis curta das cartas paulinas, é un breve escrito, pouco máis que unha nota, que o apóstolo Paulo lle dirixe a un cristián chamado Filemón.

Cartas Católicas

As Cartas católicas é unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue os escritos en forma epistolar que se atribúen a distintos apóstolos. O adxectivo católico hai que tomalo no seu sentido etimolóxico de universal.

Cartas paulinas

As cartas paulinas, son unha división dos libros do Novo Testamento que abrangue todas as cartas que, ao longo da súa predicación, Paulo de Tarso foi enviando a distintas comunidades cristiás.

Corpus Xoánico

O Corpus Xoánico é o nome co que se coñece aos libros do Novo Testamento que teñen como autor, ou que se atribúe como autor, a Xoán o Evanxelista.

Deuteronomio

O Deuteronomio é un dos libros da Biblia.

O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel.

Evanxeo de Mateo

O Evanxeo de Mateo, encadrado dentro dos sinópticos, é o primeiro dos evanxeos sobre Xesucristo, tal como aparece nas biblias cristiás.

Ten unha grande influencia na relixiosidade popular e na arte relixiosa, por episodios como a Adoración dos Magos ou a matanza dos inocentes.

Tamén, os capítulos 5 a 7, chamado "Sermón do Monte", son claves para entender a formación da moral cristiá.

Evanxeos sinópticos

Evanxeos sinópticos é o termo co que se coñece o conxunto que forman os evanxeos de Mateo, Marcos e Lucas. Etimoloxicamente provén do grego σύν (syn, "xunto") e ὄψις (opsis, "ollar"), é dicir, que se poden ver os tres dunha ollada simultánea, posto que teñen moito texto común.

Feitos dos Apóstolos

O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.

I Samuel

I Samuel é un dos libros do Antigo Testamento, xunto con II Samuel constitúe o oitavo libro da Tanakh que os cristiáns dividiron en dous. O libro está consagrado á vida do profeta Samuel, consagrado a Deus pola súa nai Hannah. Cronoloxicamente cobre un período de cen anos correspondentes á vida de Samuel e contén a historia de Elí e da súa muller Ana (1-4), a historia de Samuel (5-12) e a historia de Xaúl e de David no exilio(13-31)

Levítico

O Levítico, en hebreo vaiiqrá, é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Torá para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.

Libro de Rut

O Libro de Rut ou Libro de Ruth é un libro da Biblia, dos chamados episódicos.

Narra, de xeito sinxelo, a historia dunha viúva xudía, Noemí, que volta á súa terra en compaña da xentil Rut, súa nora, viúva ela tamén dun dos fillos de Noemí. A determinación de Rut e os seus esforzos por coidar da súa sogra, lograranlle un matrimonio con Boaz, home rico e parente distante do seu sogro, o que lle permite saía da pobreza, fundar unha familia e obter o recoñecemento da súa sogra e de toda a comunidade.

Libro de Xonás

O Libro de Xonás é un breve libro da Biblia que relata as andanzas e predicacións de Xonás, encargado por Iavé de chamar á conversión aos habitantes de Nínive. O ton anecdótico e case humorístico do libro garda unha mensaxe universalista e unha imaxe dun Iavé clemente, que o converten en case unha excepción no conxunto da Biblia.

Libro de Xudit

O Libro de Xudit é un libro deuterocanónico bíblico do Antigo Testamento. Non forma parte da Biblia hebrea e polo tal os protestantes considérano apócrifo mentres os católicos recoñecérono como canónico no sínodo do ano 382 e os ortodoxos no concilio do ano 692. Escrito orixinalmente en hebreo, non se conserva a versión orixinal, o texto máis antigo conservado está en grego pero a versión máis difundida foi a latina da Vulgata. O libro conta a historia de Xudit, unha viúva hebrea de gran beleza, que no transcurso da guerra de Israel contra os asirios descobre que o xeneral invasor, Holofernes, está namorado dela. Acompañada da súa criada, a viúva entra na tenda do xeneral e engánao para que que confíe nela. Cando Holofernes dorme por efecto do alcohol, Xudit córtalle a cabeza, confundindo ao exército asirio e obtendo a vitoria para Israel.

Libros episódicos

Clasificación que os estudosos cristián da Biblia aplican a unha serie de libros históricos que teñen en común ser relatos breves, cun protagonista individual, e cun fin didáctico e moralizante.

Libros históricos

Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.

O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.

Novo Testamento

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.