Támara Echegoyen

Támara Echegoyen Domínguez, nada o 17 de febreiro de 1984 en Ourense[1], é unha regatista galega.

Támara Echegoyen
Támara Echegoyen
Nome completoTámara Echegoyen Domínguez
Nacemento17 de febreiro de 1984
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónregatista

Traxectoria

Berta Betanzos y Támara Echegoyen 49erFX España
Berta Betanzos e Támara Echegoyen.

A súa modalidade é a match race. En 2009 finalizou quinta no primeiro campionato de España desa categoría e ao ano seguinte, 2010, obtivo ese título patroneando unha embarcación, o Mexillón de Galicia, do Liceo Casino de Vilagarcía, na que figuraban como tripulación a asturiana Ángela Pumariega e a coruñesa Sofía Toro[2]. Uns meses despois, co mesmo equipo, proclamouse campioa iberoamericana de 2010. Ao ano seguinte, 2011, revalidou o título español, e conseguiu ademais o campionato de Europa. A finais dese ano, en decembro, disputou o Mundial de Vela da categoría, celebrado en Perth, onde quedou nos cuartos de final.

En febreiro de 2012 clasificouse para os Xogos Olímpicos de Londres, no campionato preolímpico disputado en Cayo Vizcaíno[3], ao remataren na segunda praza. Na primeira ocasión en que esta categoría foi olímpica, acadou a medalla de ouro xunto á súa compañeira, a coruñesa Sofía Toro .

Notas

  1. Ficha no COE
  2. "Echegoyen se proclama campeona de España de Match Race". Navegar (en castelán). 15 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2010. Consultado o 05 de febreiro de 2012.
  3. "Echegoyen y Toro clasifican a España para los Juegos Olímpicos". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de febreiro de 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

Elliott 6m

O Elliot 6m é un iate de tres tripulantes que foi clase olímpica nos Xogos Olímpicos de 2012 en substitución da clase Yngling, é dicir, como barco para tripulacións femininas. Foi deseñado polo neozelandés Greg Élliott en 2000, e a decisión foi tomada pola Federación internacional de vela (ISAF) en 2008.

Galegos nos Xogos Olímpicos de 2012

A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 estivo composta por 11 deportistas integrados no equipo olímpico español, 3 homes e 8 mulleres. Foi un deportista menos dos que participaron nos Xogos de Beijing 2008. Entón foron 12 os participantes, cunha colleita de 4 medallas.Os 11 participantes galegos supuxeron apenas un 3,9 % dos 282 representantes que tivo España nos Xogos. Este baixo porcentaxe debeuse en boa medida pola case inexistente presenza de xogadores galegos nas seleccións nacionais dos deportes de equipo (fútbol, baloncesto, balonmán, waterpolo, hóckey herba, ciclismo, ximnasia ou natación sincronizada).

Nesta edición dos Xogos Olímpicos, 5 dos 11 representantes galegos acadaron o seu obxectivo de ser medallistas. A porcentaxe de éxito foi dun 45,45 %, moi superior á media do resto do equipo olímpico español.

Galegos nos Xogos Olímpicos de 2016

A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos do Río 2016 está composta por 14 deportistas integrados no equipo olímpico español.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Javier Gómez Noya

Francisco Javier Gómez Noya, nado en Basilea (Suíza) o 25 de marzo de 1983, é un triatleta galego, o máis laureado da historia deste deporte.Entre o seu longo palmarés conta con cinco títulos de campión mundial (2008, 2010, 2013, 2014 e 2015), unha prata olímpica (Londres 2012), tres títulos da Copa do Mundo (2006, 2007 e 2008) e catro títulos de campión de Europa (2007, 2009, 2012 e 2016). É tamén campión do mundo de tríatlon de longa distancia (2019), campión de Europa de media distancia (2013), dúas veces campión do mundo de Medio Ironman (2014 e 2017), campión do mundo de tríatlon Xterra (2012) e subcampión do mundo de tríatlon de velocidade (2011).Foi galardoado en 2016 co Premio Princesa de Asturias dos Deportes.

Lara Cacabelos

Lara Cacabelos Afonso, nada en Pontevedra, é unha regatista galega.

Marga Cameselle

Margarita Cameselle Álvarez,nada en Vigo en 1980, é unha regatista galega.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Sofía Toro

Sofía Toro Prieto-Puga, nada na Coruña o 19 de agosto de 1990, é unha regatista galega do Real Club Náutico da Coruña.

Compite na modalidade de match race, onde forma equipo coa patroa Támara Echegoyen e Ángela Pumariega, coas que foi campioa olímpica nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, nesta modalidade, con barcos da clase Elliott 6mAdemais, a tripulación foi campioa de España en 2010 e 2011, así como campioa iberoamericana en 2010 e campioa de Europa en 2011.

Ángela Pumariega

Ángela Pumariega Menéndez, nada o 12 de novembro de 1984 en Xixón, é unha regatista española do Real Club Astur de Regatas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.