Suso de Toro

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor galego.

Suso de Toro
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Suso-toro-autor ediima20141119 0572 15
Nacemento10 de xaneiro de 1956
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e escritor de literatura infantil
IrmánsXelís de Toro
XénerosNarrativa, ensaio, teatro
Suso de Toro
Suso de Toro asinando
Suso de Toro asinando as súas obras na Feira do Libro de Vigo 2006.

Traxectoria

“Tic-Tac é a novela máis revolucionaria, máis ambiciosa, máis intelixente de cantas en Galicia se levan feito nas últimas décadas, e poida que a máis impresionante escrita nunca na nosa lingua”

O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.

É Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio,[1] publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a súa retirada como escritor profesional, retomando a súa carreira de profesor de secundaria[2].

Nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 concorreu na lista Os Pobos Deciden[3]. En abril de 2014 foille concedida a Creu de Sant Jordi[4].

Obra

Narrativa

Teatro

  • Unha rosa é unha rosa (ISBN 84-8302-099-8, 1996, Xerais).

Literatura infantil e xuvenil

  • Conta saldada (ISBN 84-8224-056-0, 1996, Xerais).
  • Morgún (ISBN 84-9782-053-3, 2003, Xerais).

Xornalismo e ensaio

  • Camilo Nogueira e outras voces: unha memoria da esquerda nacionalista (ISBN 84-7507-601-7, 1991, Xerais).
  • F. M (1991, Positivas).
  • Parado na tormenta (ISBN 84-8288-061-6, 1996, Galaxia).
  • Eterno retorno (1996).
  • O país da brétema: Unha viaxe no tempo pola cultura celta (ISBN 84-03-09204-0, 2000, El País-Aguilar).
  • A carreira do salmón (ISBN 84-8302-703-8, 2001, Xerais).
  • Nunca máis Galiza á intemperie (ISBN 84-8302-932-4, 2002, Xerais).
  • Españois todos: As cartas sobre a mesa (ISBN 84-9782-089-4, 2004, Xerais).
  • Ten que doer: literatura e identidade (ISBN 84-9782-098-3, 2004, Xerais).
  • Outra idea de España: Mar de fondo (ISBN 84-9782-308-7, 2005, Xerais).
  • Outra Galiza (ISBN 978-84-9782-851-2, 2008, Xerais).
  • Inmateriais (ISBN 978-84-9914-502-0, 2013, Xerais).
  • Humildar. Rituais despois de Deus (ISBN 978-84-9121-193-8, 2017, Xerais).
  • Dentro da literatura (2019, Xerais).
Suso de Toro e Ana Cabaleiro
Presentando, con Ana Cabaleiro, Dentro da literatura na Libraría Paz de Pontevedra o 6/4/2019

Coautor

  • O quiquiriquí e outras narracións. Traballos premiados no 8º concurso de narracións curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (ISBN 84-7492-203-8, 1983, Edicións do Castro).
  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (ISBN 84-7154-738-4, 1990, Galaxia).
  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube).
  • Ruta Rosalía 1993 (1993, Caixa Galicia).
  • Berra liberdade: Escritores galegos por Amnistía Internacional (ISBN 84-8288-034-9, 1995, Galaxia).
  • Relato contemporáneo (ISBN 84-7507-965-2, 1995, Xerais)
  • Construír a paz (ISBN 84-8302-060-2, 1996, Xerais).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (ISBN 84-8302-000-9, 1996, Xerais).
  • Novo do trinque (ISBN 84-605-6355-3, 1997, BNG).
  • Palabras con fondo: un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional (ISBN 84-7824-370-4, 2001, Fondo Galego de Solidariedade Internacional).
  • Poetas e narradores nas súas voces (Vol. 1) (ISBN 84-95415-25-7, 2001, Consello da Cultura Galega).
  • Longa lingua: os contos da mesa (ISBN 84-8302-812-3, 2002, Xerais).
  • Materia prima: relatos contemporáneos (ISBN 84-8302-840-9, 2002, Xerais).
  • Contos dende a Arquitectura (ISBN 84-7824-427-1, 2003).
  • Narradio: 56 historias no ar (ISBN 84-8302-945-6, 2003, Xerais).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008, Foreign Demand).

A finais dos 90 publicou na Internet Botelha ao mar, un diario de aforismos que ollado en retrospectiva pode considerarse o primeiro blogue escrito en lingua galega[Cómpre referencia], primeiro en Blogspot e logo en Blogaliza. Non quedan capturas dos arquivos orixinais do blog en Blogspot,[7] pero si algunhas copias grazas as capturas de Internet Archive no caso dos posts na desaparecida comunidade de blogs en galego Blogaliza.[8]

Notas

  1. De Toro, Suso (19/1/2018). "Un xornal galego". Sermos Galiza.
  2. "DESPEDÍNDOME". Suso DE Toro – blog?. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2011. Consultado o 20 de xuño 2018.
  3. "Presentamos a nosa candidatura para as eleccións europeas" Arquivado 2014-04-07 en Wayback Machine., páxina web de Ana Miranda, 25 de marzo de 2014.
  4. "Suso de Toro, Jaume Cabré y Blequa, Creu de Sant Jordi". La Vanguardia (en castelán). 1 de abril de 2014..
  5. High-contrast-camera-video.svg Suso de Toro lendo un fragmento de Círculo: da materia dos soños.
  6. Imaxe da portada de Somnámbulos
  7. botelhaomar.blogspot.com/
  8. "Suso DE Toro – blog?" (en castelán e galego). Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2017. Consultado o 20 de xuño de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A sombra cazadora

A sombra cazadora é unha novela de Suso de Toro. Foi publicada en 1994 por Edicións Xerais de Galicia. En edicións posteriores modificou o texto, ampliándoo en diferentes aspectos. Proba da súa boa acollida por parte dos lectores é que no ano 2013 saíu do prelo a súa 18ª edición.

Ambulancia (novela)

Ambulancia é unha novela negra de Suso de Toro publicada en 1990 inicialmente na serie Negra de Xerais, e reeditada posteriormente na serie Narrativa.

Ana Belén Fortes

Ana Belén Fortes López é unha filóloga, escritora, editora e tradutora galega.

Cándido Pazó

Cándido Pazó González, nado en Vigo en 1960, é un autor, director de escena, narrador oral, e actor galego.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Emilio Cao

Emilio Cao Losada, nado en 1953, é un músico e compositor compostelán, destacado intérprete de arpa celta, e primeiro recuperador de tal instrumento en Galiza dende a Idade Media.

Fóra de si

Fóra de si é unha novela de Suso de Toro publicada en 2018 por Edicións Xerais de Galicia.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Os Pobos Deciden

Os Pobos Deciden (en español e asturiano Los Pueblos Deciden, en vasco Herriek Erabaki, en aragonés Os Pueblos Deciden), é unha coalición política española formada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e integrada por Euskal Herria Bildu (EH Bildu), o Bloque Nacionalista Galego (BNG), e outras formacións minoritarias de esquerda nacionalista, como a aragonesa Puyalón de Cuchas, a asturiana Andecha Astur, ou as formacións canarias Alternativa Nacionalista Canaria (ANC) e Unidad del Pueblo (UP). Tamén recibiu o apoio de Euskal Herria Bai (EH Bai), formación do País Vasco francés que decidiu non presentarse a estas eleccións, así como de Gorripidea, formación proveniente de Zutik.A coalición está formada por organizacións de esquerda independentista e nacionalista do País Vasco, Navarra, Galicia, Aragón, Asturias e as Canarias co obxectivo común de acadar a autodeterminación dentro de España. O cabeza de lista foi Josu Juaristi de EH Bildu, seguido de Ana Miranda como representante do BNG. Asemade, o escritor Suso de Toro figuraba no posto doce da lista como independiente, dentro da cota do BNG. No caso de obter un único escano, EH Bildu e BNG acordaron repartirse a lexislatura en función dos votos achegados á candidatura.Tamén se barallou a presenza nesta coalición da Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que decidiu presentar a súa propia candidatura xunto con dous partidos minoritarios cataláns, e da Candidatura d'Unitat Popular (CUP) e Nós-Unidade Popular, que finalmente rexeitaron presentarse a devandita cita electoral.

Premio Modesto R. Figueiredo

O Premio Modesto R. Figueiredo é o nome que recibe o Certame Nacional de Narracións Breves convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde 1975 para textos en lingua galega dun máximo de trinta páxinas, na actualidade o premio está dotado con 1.000 euros, podendo concederse dous accésits de 240 euros.

Outorgouse pola vez primeira en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro pero a morte do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo vicepresidente do Pedrón de Ouro motivou que o premio adoptase o seu nome desde a terceira edición en 1977.

O Premio é un dos máis importantes do panorama literario galego que nas dúas primeiras edicións da convocatoria (1975 - 1976) premiou a destacados escritores como Xoán Ignacio Taibo, Xavier Alcalá, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Manuel Martínez Oca e Carlos Durán.

Posteriormente serviu para dar a coñecer a autores que contribuíron á renovación da literatura galega como Suso de Toro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Antón Cortizas ou Ramiro Fonte.

Premio da Crítica de narrativa galega

O Premio da Crítica de narrativa galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora a que se considera mellor obra en prosa escrita en galego, publicada no ano anterior (a partir de 1978 os premios adxudícanse sempre ao ano seguinte da publicación dos libros).

Revista Bravú

Bravú foi unha revista editada por Xerais na década de 1990 en Galiza. Nela escribiron persoeiros das artes relacionados co movemento homónimo, o chamadao bravú, entre estes Xurxo Borrazás, Gonzalo Navaza, Suso de Toro, Xurxo Souto, Fran Alonso ou Santiago Jaureguízar. Destacou como revista de contidos alternativas cunha mirada satírica sobre a realidade do país. O seu director foi Xosé Manuel Pereiro e no comité de redacción estaba xente como Manuel Rivas ou Manu Chao. O deseño gráfico correu a cargo de María Luaces.

Suso

Suso é o hipocorístico do antropónimo masculino Xesús. Pode referise a:

Suso Peña, artista galego (1941 - 2005);

Suso Vaamonde, cantautor galego (1950 - 2000);

Suso de Marcos, escultor galego (n. 1950);

Suso Seixo, sindicalista galego (n. 1952);

Suso de Toro, escritor galego (n. 1956);

Suso Fernández, ex-xogador galego de baloncesto (n. 1957);

Suso Ínsua, ex-futbolista galego (1960 - 2010);

Suso Moure, ex-futbolista galego (1961);

Suso Lista, actor galego (n. 1962);

Suso Díaz Seoane, autor teatral galego (1971 - 2010);

Suso Pensado, escritor galego (n. 1971);

Suso Soliño, xogador galego de balonmán (n. 1975);Amais, é un topónimo galego, procedente do adverbio latino SURSUM ('enriba'). Pode referirse a:

Suso, lugar da parroquia de Arteixo, no concello de Arteixo;

Ferreira de Suso, lugar da parroquia de Codesido, no concello de Vilalba;

Lume de Suso, lugar da parroquia de Santa Baia de Castro, no concello de Coristanco.

A Angueira de Suso, lugar da parroquia de Cruces, no concello de Padrón.

TILG

TILG é o acrónimo de Tesouro Informatizado da Lingua Galega, recurso electrónico de busca en textos etiquetados en lingua galega. Está levado a cabo polo ILG en convenio coa Dirección Xeral de Política Lingüística e permite a busca léxica nunha enorme cantidade de obras galegas modernas (dende Ramón Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro ata Manuel Rivas ou Suso de Toro) e antigas (dende a época de frei Martín Sarmiento).

Trece badaladas

Trece badaladas é unha novela en lingua galega de Suso de Toro publicada por Edicións Xerais no ano 2002. No ano 2003 gañou o Premio Nacional de Narrativa de España, e nese mesmo ano foi levado ó cine por Xavier Villaverde baixo o título homónimo de Trece badaladas.

Trece badaladas (filme)

Trece badaladas (en castelán: Trece campanadas) é un filme galego dirixido por Xavier Villaverde que foi estreado no 2002. Está libremente baseado na historia Trece badaladas de Suso de Toro. Editada en DVD en 2003 co son en galego.

Xavier Villaverde

Xavier Villaverde, nado na Coruña en 1958, é un director de cine galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.