Supercopa de España de fútbol

A Supercopa de España é unha competición de fútbol, organizada pola Real Federación Española de Fútbol desde 1982, e que enfronta ao campión da Liga Española contra o campión da Copa do Rei.

O trofeo xógase cada ano a finais de agosto, e supón o inicio oficial da competición futbolística en España.

Ata a edición de 1995 se un equipo gañaba os títulos de Liga e Copa, directamente gañaba a Supercopa; pero, dende 1996, se un equipo fai dobrete, o título da Supercopa dispútao fronte ao subcampión de Copa.

O vixente campión, o Barcelona, é o club que máis veces gañou o título, en 11 ocasións. Detrás está o Real Madrid, que conquistou 9 veces o título. Ségueos o Deportivo da Coruña, con 3 trofeos.

Trofeo Supercopa

Sistema de competición

A Supercopa dispútase por eliminación directa a dobre partido: o primeiro encontro no estadio do campión de Copa e o partido de volta no feudo do campión de Liga.

O equipo que logra maior diferenza de goles en ambos os encontros proclámase campión do torneo. En caso de empate, os goles anotados en campo contrario ten valor dobre. Se aínda así persiste o empate, dispútase unha prórroga e, en última instancia, o título decídese mediante lanzamentos de penalti.

Historia

A actual Supercopa de España ten os seus antecedentes históricos en tres torneos que enfrontaban aos campións da Liga Española e da Copa do Xeneralísimo:

  • Copa de Campións (1939–1940)
  • Copa de Ouro Arxentina (1944–1945)
  • Copa Eva Duarte (1946–1953)

En xullo de 1982 a asemblea da Real Federación Española de Fútbol, a proposta do entón presidente do FC Barcelona, Josep Lluís Núñez, aprobou a creación dunha Supercopa que enfrontase anualmente aos campións de Liga e Copa[1].

Nos seus inicios o torneo disputábase a metade da tempada. A dificultade de atopar datas libres no calendario obrigou a suspender algunhas edicións, como en 1986 e 1987. Tampouco houbo final en 1984 e 1989, xa que o campión de Liga e da Copa nesas tempadas foi o mesmo equipo, adxudicándose o título automaticamente.

Para potenciar o torneo, a partir de 1994 a RFEF decidiu adiantar a Supercopa no calendario, situándoa entre o final da pretemporada e o inicio do campionato de Liga[2].

Así mesmo, en 1996 a Federación Española acordou que, no caso que un equipo lograse o dobrete, o título da Supercopa disputaríano o campión de Liga fronte ao subcampión de Copa. Esta situación produciuse en 1996, 1998 e 2009[3], 2016 e 2018.

Historial

Excepto nas edicións de 1983, 1988 e 1992, o primeiro partido xogouse sempre no estadio do campión de Copa. A edición de 2018 foi a primeira que xogouse a partido único e nun campo fóra de territorio español (Tánxer).

Ano Campión Gañador da Subcampión Gañador da Resultado
1982 Real Sociedad Liga 1981–82 Real Madrid Copa do Rei 1981–82 0–1, 4–0
1983 Barcelona Copa do Rei 1982–83 Athletic Club Liga 1982–83 3–1, 0–1
1984 Athletic Club Liga e Copa 1983–84 Outorgado automaticamente ao gañar os dous torneos.
1985 Atlético de Madrid Copa do Rei 1984–85 Barcelona Liga 1984–85 3–1, 0–1
1986 Real Madrid e Zaragoza non xogaron.
1987 Real Madrid e Real Sociedad non xogaron.
1988 Real Madrid Liga 1987–88 Barcelona Copa do Rei 1987–88 2–0, 1–2
1989 Real Madrid Liga e Copa 1988–89 Outorgado automaticamente ao gañar os dous torneos.
1990 Real Madrid Liga 1989–90 Barcelona Copa do Rei 1989–90 1–0, 4–1
1991 Barcelona Liga 1990–91 Atlético de Madrid Copa do Rei 1990–91 1–0, 1–1
1992 Barcelona Liga 1991–92 Atlético de Madrid Copa do Rei 1991–92 3–1, 2–1
1993 Real Madrid Copa do Rei 1992–93 Barcelona Liga 1992–93 3–1, 1–1
1994 Barcelona Liga 1993–94 Zaragoza Copa do Rei 1993–94 2–0, 4–5
1995 Deportivo da Coruña Copa do Rei 1994–95 Real Madrid Liga 1994–95 3–0, 2–1
1996 Barcelona Finalista da Copa 1995–96 Atlético de Madrid Liga e Copa 1995–96 5–2, 1–3
1997 Real Madrid Liga 1996–97 Barcelona Copa do Rei 1996–97 1–2, 4–1
1998 Mallorca Finalista da Copa 1997–98 Barcelona Liga e Copa 1997–98 2–1, 1–0
1999 Valencia Copa do Rei 1998–99 Barcelona Liga 1998–99 1–0, 3–3
2000 Deportivo da Coruña Liga 1999–00 Espanyol Copa do Rei 1999–00 0–0, 2–0
2001 Real Madrid Liga 2000–01 Zaragoza Copa do Rei 2000–01 1–1, 3–0
2002 Deportivo da Coruña Copa do Rei 2001–02 Valencia Liga 2001–02 3–0, 1–0
2003 Real Madrid Liga 2002–03 Mallorca Copa do Rei 2002–03 1–2, 3–0
2004 Zaragoza Copa do Rei 2003–04 Valencia Liga 2003–04 0–1, 3–1
2005 Barcelona Liga 2004–05 Betis Copa do Rei 2004–05 3–0, 1–2
2006 Barcelona Liga 2005–06 Espanyol Copa do Rei 2005–06 1–0, 3–0
2007 Sevilla Copa do Rei 2006–07 Real Madrid Liga 2006–07 1–0, 5–3
2008 Real Madrid Liga 2007–08 Valencia Copa do Rei 2007–08 2–3, 4–2
2009 Barcelona Liga e Copa 2008–09 Athletic Club Finalista da Copa 2008–09 2–1, 3–0
2010 Barcelona Liga 2009–10 Sevilla Copa do Rei 2009–10 1–3, 4–0
2011 Barcelona Liga 2010–11 Real Madrid Copa do Rei 2010–11 2–2, 3–2
2012 Real Madrid Liga 2011–12 Barcelona Copa do Rei 2011–12 2–3, 2–1
2013 Barcelona Liga 2012–13 Atlético de Madrid Copa do Rei 2012–13 1–1, 0–0
2014 Atlético de Madrid Liga 2013–14 Real Madrid Copa do Rei 2013–14 1–1, 1–0
2015 Athletic Club Liga 2014–15 Barcelona Copa do Rei 2014–15 4–0, 1–1
2016 Barcelona Liga 2015–16 Sevilla Copa do Rei 2015–16 0–2, 3–0
2017 Real Madrid Liga 2016–17 Barcelona Copa do Rei 2016–17 1–3, 2–0
2018 Barcelona Liga 2017–18 Sevilla Copa do Rei 2017–18 2–1

Palmarés

Pos. Equipo Campión Subcampión Títulos (anos)
1 Barcelona 13 10 1983, 1991, 1992, 1994, 1996, 2005, 2006, 2009, 2010, 2011, 2013, 2016, 2018
2 Real Madrid 10 5 1988, 1989, 1990, 1993, 1997, 2001, 2003, 2008, 2012, 2017
3 Deportivo 3 0 1995, 2000, 2002
4 Atlético de Madrid 2 4 1985, 2014
5 Athletic Club 2 2 1984, 2015
6 Valencia 1 3 1999
7 Zaragoza 1 2 2004
Sevilla 1 2 2007
8 Mallorca 1 1 1998
10 Real Sociedad 1 0 1982
11 Espanyol 0 2
12 Betis 0 1

Notas

  1. Hemeroteca El Mundo Deportivo
  2. Hemeroteca El Mundo Deportivo
  3. Hemeroteca El Mundo Deportivo

Véxase tamén

Aymeric Laporte

Aymeric Laporte, nado en Agen (Lot e Garona) o 27 de maio de 1994, é un futbolista vasco-francés que forma parte do Manchester City F.C., da Premier League inglesa.

Copa de España de fútbol sala

A Copa de España de fútbol sala é unha competición de fútbol sala española organizada pola LNFS que se disputa anualmente dende 1990, coincidindo co inicio da División de Honra.

Dende a súa primeira edición ata o presente, a Copa de España é disputada polos oito primeiros equipos clasificados ao rematar a primeira rolda da liga. Se a cidade organizadora conta cun equipo na División de Honra, xogará automaticamente a Copa xunto cos sete mellores clasificados. Os equipos se enfrontan entre eles en eliminatorias a partido único.

Na edición do 2007 ampliouse o número de participantes ata os 16 da máxima categoría do Estado español. Os equipos repartíronse en 4 grupos de 4 equipos cada un, baseándose na clasificación ao finalizar a primeira volta para elixir aos cabezas de serie. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasificouse para os cuartos de final, agás onde houbo un equipo da cidade organizadora, que pasa automaticamente a cuartos xunto co mellor clasificado do seu grupo.De cada grupo clasificaronse dous equipos para cuartos de final, excepto onde hubo un equipo da cidade anfritrioa, que pasou automaticamente a cuartos xunto o mellor clasificado do seu grupo. Esta variante só foi vixente para a competición dese año.

Juan Antonio Pizzi

Juan Antonio Pizzi Torroja, nado en Santa Fe o 7 de xuño de 1968, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Ruud van Nistelrooy

Rutgerus Johannes Martinius "Ruud" van Nistelrooy, nado en Oss o 1 de xullo de 1976, é un ex futbolista neerlandés. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección neerlandesa.

Supercopa de España

A Supercopa de España pode referirse a varias competicións deportivas de España como:

Supercopa de España de Baloncesto.

Supercopa de España de Balonmán.

Supercopa de España de Fútbol.

Supercopa de España de Fútbol Sala.

Supercopa de España de hóckey a patíns.

Supercopa de España de Voleibol Feminino.

Supercopa de España de Voleibol Masculino.

Supercopa de España de Fútbol 1995

A Supercopa de España de Fútbol 1995 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 24 e 27 de agosto de 1995. Foi disputada polo Real Madrid CF, campión da Liga 1994–95 e o Deportivo da Coruña, campión da Copa do Rei 1994–95. O Deportivo gañou por 5–1 no global.

Supercopa de España de Fútbol 2000

A Supercopa de España de Fútbol 2000 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 24 e 27 de agosto de 2000. Foi disputada polo Deportivo da Coruña, campión da Liga 1999–00 e o RCD Espanyol, campión da Copa do Rei 1999–00. O Deportivo gañou por 2–0 no global.

Supercopa de España de Fútbol 2002

A Supercopa de España de Fútbol 2002 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 18 e 25 de agosto de 2002. Foi disputada polo Valencia CF, campión da Liga 2001–02 e o Deportivo da Coruña, campión da Copa do Rei 2001–02. O Deportivo gañou por 4–0 no global.

Supercopa de España de Fútbol 2006

A Supercopa de España de Fútbol 2006 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 17 e 20 de agosto de 2006. Foi disputada polo RCD Espanyol, campión da Copa do Rei 2005–06 e o FC Barcelona, campión da Primeira División 2006–07. O campión foi o FC Barcelona que gañou 4–0 no global, e acadou o seu sétimo título.

Supercopa de España de Fútbol 2007

A Supercopa de España de Fútbol 2007 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 11 e 19 de agosto de 2007. Foi disputada polo Sevilla FC, campión da Copa do Rei 2006–07 e o Real Madrid CF, campión da Primeira División 2006–07. O campión foi o Sevilla FC, que gañou 6–3 no global, e acadou o seu primeiro título.

Supercopa de España de Fútbol 2008

A Supercopa de España de Fútbol 2008 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 14 e 24 de agosto de 2008. Foi disputada polo Real Madrid, campión da Liga 2007–08 e o Valencia CF, campión da Copa do Rei 2007–08. O Real Madrid gañou por 6–5 no global, conseguindo o seu 8º título.

Supercopa de España de Fútbol 2009

A Supercopa de España de Fútbol 2009 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 16 e 23 de agosto de 2009. Foi disputada polo FC Barcelona, campión da Liga 2008–09 e o Athletic Club, finalista da Copa do Rei 2008–09. O Barcelona gañou por 5–1 no global, conseguindo o seu 8º título.

Supercopa de España de Fútbol 2010

A Supercopa de España de Fútbol 2010 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 14 e 21 de agosto de 2010. Foi disputada polo FC Barcelona, campión da Liga 2009–10 e o Sevilla FC, campión da Copa do Rei 2009–10. O Barcelona gañou por 5–3 no global, conseguindo o seu 9º título.

Supercopa de España de Fútbol 2011

A Supercopa de España de Fútbol 2011 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 14 e 17 de agosto de 2011. Foi disputada polo FC Barcelona, campión da Liga 2010–11 e o Real Madrid, campión da Copa do Rei 2010–11. O Barcelona gañou por 5–4 no global, conseguindo o seu 10º título.

Supercopa de España de Fútbol 2012

A Supercopa de España de Fútbol 2012 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 23 e 29 de agosto de 2012. Foi disputada polo Real Madrid CF, campión da Primeira División 2011–12 e o FC Barcelona, campión da Copa do Rei 2011–12. O campión foi o Real Madrid, que logrou o seu noveno título.

Supercopa de España de Fútbol 2013

A Supercopa de España de Fútbol 2013 foi unha competición de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 21 e 28 de agosto de 2013. Foi disputada polo FC Barcelona, campión da Primeira División 2012–13 e o Atlético de Madrid, campión da Copa do Rei 2012–13. O campión foi o Fútbol Club Barcelona, que logrou o seu undécimo título.

Supercopa de España de Fútbol 2017

A Supercopa de España de Fútbol 2017 foi a 31ª edición da competición anual de fútbol en España que se disputou a dobre partido o 13 e 16 de agosto de 2017. Foi disputada polo Real Madrid CF, campión da Primeira División 2016–17 e o FC Barcelona, campión da Copa do Rei 2016–17. O Real Madrid conseguiu a súa 10ª Supercopa tras gañar por un global de 5-1.

Supercopa de España de Fútbol 2018

A Supercopa de España de Fútbol 2018 foi a 32ª edición da competición anual de fútbol en España que se disputou a partido único o 12 de agosto de 2018. Foi disputada polo FC Barcelona, campión da Primeira División 2017–18 e o Sevilla FC, subcampión da Copa do Rei 2017–18.

A diferenza das edicións anteriores, foi disputada a partido único nun campo neutral, o Estadio de Tánxer en Tánxer, Marrocos.

Supercopa de España de Fútbol Sala

A Supercopa de España de fútbol sala é un torneo organizado pola Liga Nacional de Fútbol Sala dende o ano 1990.

Nun principio esta competición era disputada polo campión da División de Honra e o da Copa de España, seguindo o modelo da Supercopa de España de Fútbol, e se un equipo gañaba os dous títulos se lle outorgaba automaticamente o título de campión da Supercopa. Dende o ano 2006 é disputada por catro equipos, incluíndo ao subcampión da Liga e ao equipo anfitrión, disputándose eliminatorias a partido único cunha quenda de penaltis no caso de empate ao finalizar o tempo regulamentario e os 5 minutos de prórroga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.