Suleiman I

Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán do Imperio Otomán (1520-1566), coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico. Durante o seu reinado o Imperio Otomán acadou o máximo prestixio e esplendor, adaptou as institucións ás necesidades do seu vasto imperio, reafirmou a súa autoridade militar tanto en Oriente como en Occidente que estendeu o seu dominio dende a fronteira con Austria ao Golfo Pérsico e dende o mar Negro a Marrocos. O reinado de Suleiman tamén destacou pola intensa actividade cultural que se desenvolveu no seu Imperio, unha auténtica idade de ouro.

Suleiman I
Semailname 47b
Sultán do Imperio Otomán
Período1520
1566
SucesorSelim II
Datos persoais
Nacemento6 de novembro de 1494
 Trebisonda
Falecemento7 de setembro de 1566 e 6 de setembro de 1566
 Szigetvár
PaiSelim I
NaiHafsa Sultan
CónxuxeRoxelana, Mahidevran e Fülane Hatun
RelixiónIslam
Tughra of Suleiman I the Magnificent

Traxectoria

Orixes

Naceu en Trebisonda, na actual Turquía. Trasladouse a Istambul con 7 anos para estudar ciencias, literatura e tácticas militares na escolas do Pazo de Topkapı, a esta época remóntase tamén a súa amizade con Pargalı İbrahim Pasha, que chegaría a seu un dos seus conselleiros de maior confianza.

Aos 17 anos de idade comezou a exercer cargos públicos de importancia, sendo nomeado gobernador de Istambul, máis tarde de Sarukhan (Manisa) e durante un breve período de Edirne (Adrianópolis). Isto serviulle para gañar moita experiencia administrativa e lexislativa.

Aos 26 anos de idade Suleiman herdou o título de Califa trala morte de seu pai, Selim I.

Fronte occidental

Trala morte do seu pai e co título de Califa comezou a gobernar o extenso Imperio Otomán, tendo que enfrontarse e solucionar xa moi cedo a revolta do gobernador de Damasco. Comezou tamén os preparativos para tomar militarmente a cidade de Belgrado e debilitar así as defensas do Reino de Hungría e conquistalo, xa que no momento era o bastión do cristianismo fronte ao Islam. Esta empresa xa a tentara levar a cabo o seu bisavó Mehmed II, fracasando no intento.

Ao longo das décadas o reino húngaro fora expandíndose e mantendo ás tropas otomás fora de Europa baseándose en comandantes coma o conde Xoán Hunyadi, rexente de Hungría entre 1446 e 1452, ou no exército de mercenarios máis grande da súa época creado polo seu fillo, o rei Matías Corvino de Hungría. Porén trala morte do rei Matías en 1490 o reino viuse sumido nunha forte crise cunha sucesión de reinados inestabeis. Este momento foi o aprobeitado polo Califa Suleiman. No ano 1521 avanzou sobre Belgrado asediandoa, finalmente a cidade caeu en agosto dese mesmo ano.

O embaixador do Sacro Imperio Romano discribiría a caída de Belgrado coma A captura de Belgrado foi a orixe dos dramáticos acontecementos que asolaron Hungría. Levou á morte do rei Luís II de Hungría, á captura da cidade de Buda, á ocupación da rexión de Transilvania, á ruína dun reino florecente e ao terror das nacións veciñas que poderían sufrir o mesmo detino...

A pesar de que con esta conquista tanto o reino de Hungría coma Europa central estaba ao seu alcance decidiu centrar o seu poder na conquista da illa de Rodas, no Mediterraneo, baixo o control dos Cabaleiros da Orde de San Xoán, e que dificultaba enormemente as comunicacións otomás no Mediterraneo oriental. No verán de 1522 o Califa liderou persoalmente ao 400 barcos e 100.000 soldados contra a illa, tras un sitio de seis meses Rodas capitulou e os cabaleiros marcharon cara Malta.

Tras esta conquista volveu a súa atención cara a Europa continental, seguindo ca campaña de ocupación do Reino de Hungría. Así o 29 de agosto de 1526 derrotou ao rei Luís II de Hungría na Batalla de Mohács, desplomándose a resistencia húngara e convertendose o Imperio Otomán na maior potencia da Europa oriental.

Ca morte do rei Luis II na Batalla de Mohács comeza unha loita polo poder nos restos do reino de Hungría, así parte da nobreza apoia que Fernando I de Habsburgo, Archiduque de Austria e unido á familia de Luis II por lazos de sangue, asumira o trono. Porén outra facción, apoiada por Suleimán I, defende que sexa coroado o conde Xoán Szapolyai, que ascendería ao trono como Xoán I de Hungría pero que non era recoñecido polas potencias europeas.

O resultado sería a división do reino, quedando para a casa dos Habsburgo a actual Eslovaquia, parte occidental de Croacia e territorios adxacentes. Entanto o que se correspondería ca actual Hungría ficaría ocupada polo Imperio Otomán, este instalaría á familia Szapolyai no goberno de Transilvania como estado vasalo do Imperio.

Os Habsburgo Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico e Fernando I ocuparon Buda e tomaron o resto de Hungría. Porén en 1529 Suleimán marchou outra vez sobre o val do Danubio, reconquistando Buda e sitiando Viena. Esta expedición foi o apoxeo do poder militar do Imperio Otomán, porén sería a primeira derrota, xa que unha guarnición dos Habsburgo reforzada con 20.000 soldados impedirón a conquista de Viena, e marcaron o final da expansión europea de Suleiman I.

De tódalas maneiras realizaría outra expedición co mesmo fin en 1532, con outro novo fracaso antes de alcanzar Viena.

Fronte oriental

En Asia o gobernador de Bitlis sublevárase poñéndose baixo a protección do Sha Tahmasp I, Suleiman iniciou unha nova campaña, desta vez contra o Sha en 1533, ocupou Tabriz e Bagdad, o que supuña o control sobre boa parte da ruta da seda e da rota comercial á India.

En 1540 morre o rei vasalo de Hungría, Xoán Zápolya e inmediatamente Fernando ataca Buda, Suleiman rexeitou o ataque e volveu conquistar a cidade e o centro de Hungría. Suleiman consolida as súas conquistas asinando unha serie de tratados de paz cos seus veciños, en 1540 con Venecia, en 1547 con Carlos I de España, mantendo boas relacións con Francia e en 1559 asina un tratado de paz co sha de Irán. Morreu en 1566 nunha campaña contra o emperador Maximiliano II.

Legado

As conquistas levadas a cabo por Suleiman I tiveron grande importancia estratéxica, pois controlaba as principais cidades musulmás (A Meca, Medina, Xerusalén, Damasco, Bagdad...) e os Balcáns, chegando ata o corazón de Europa. Estas conquistas tamén lle deron o control das principais rutas comerciais, como o da Ruta da seda e Ruta á India.

Esta boa situación xeopolítica trasmitiuse nunha grande época de avances técnicos e administrativos, que se traduciron nunha gran base agrícola, benestar para os campesiños, abundancia dos produtos de consumo básico e a boa aprobeitamento dos recursos. As reformas administrativas e legais deronlle a Suleiman o sobrenome de Dador de leis ou Lexislador.

Tamén foi boa época para a literatura, arquitectura, arte, teoloxía e filosofía, atopando un grande apoio no mezenado persoal do Sultán e el mesmo foi un recoñecido poeta en turco e persa utilizando o pseudónimo literario "Muhibbi" [1].

Galería de imaxes

Francois I Suleiman

Suleiman I con Francisco I de Francia tratando a alianza franco-otomá en 1530

Suleiman sequin 1520

Moedas acuñadas durante o reinado de Suleiman I

Siege of malta 1

Asedio a Malta pola armada Otomá en 1565, de Matteo Perez d'Aleccio

John Sigismund of Hungary with Suleiman the Magnificient in 1556

O rei de Hungría Xoán Sexismundo Zápolya ante Suleiman I

Notas

  1. Talat S. Halman (1987) Suleyman the Magnificent, poet. Estambul:Dost

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ahmed, Syed Z (2001). The Zenith of an Empire : The Glory of the Suleiman the Magnificent and the Law Giver. A.E.R. Publications. ISBN 978-0-9715873-0-4.
  • Atıl, Esin (1987). The Age of Sultan Süleyman the Magnificent. Washington, D.C.: National Gallery of Art. ISBN 978-0-89468-098-4.
  • Atıl, Esin (1987). "The Golden Age of Ottoman Art". Saudi Aramco World (Houston, Texas: Aramco Services Co) 38 (4): 24–33. ISSN 1530-5821. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2011. Consultado o 2007-04-18.
  • Barber, Noel (1976). Lords of the Golden Horn : From Suleiman the Magnificent to Kamal Ataturk. London: Pan Books. ISBN 978-0-330-24735-1.
  • Clot, André (1992). Suleiman the Magnificent : The Man, His Life, His Epoch. London: Saqi Books. ISBN 978-0-86356-126-9.
  • Garnier, Edith L'Alliance Impie Editions du Felin, 2008, Paris ISBN 978-2-86645-678-8 Interview
  • Greenblatt, Miriam (2003). Süleyman the Magnificent and the Ottoman Empire. New York: Benchmark Books. ISBN 978-0-7614-1489-6.
  • Imber, Colin (2002). The Ottoman Empire, 1300–1650 : The Structure of Power. New York: Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-333-61386-3.
  • Kinross, Patrick (1979). The Ottoman centuries: The Rise and Fall of the Turkish Empire. New York: Morrow. ISBN 978-0-688-08093-8.

Ligazóns externas

27 de setembro

O 27 de setembro é o 270º día do ano do calendario gregoriano e o 271º nos anos bisestos. Quedan 95 días para finalizar o ano.

Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca

Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, nado no castelo de Monterrei contra o ano 1495 e finado no mesmo lugar en 1559, foi un nobre galego da Casa de Zúñiga, III conde de Monterrei, señor de Biedma, de Ulloa, da casa da Ribeira, pertegueiro maior de Santiago, adiantado maior de Cazorla, que serviu ao emperador do Sacro Imperio Carlos V, a quen acompañou á súa coroación en Boloña e ao socorro de Viena, sitiada polo sultán turco Suleiman I.

Despotado de Serbia

O Despotado de Serbia (en serbio latino Srpska despotovina, en serbio cirílico Српска деспотовина) ou Despotado serbio, foi un dos últimos estados serbios que caeron baixo o poder do Imperio otomán.Aínda que o ano 1389, o ano da Batalla de Kosovo, considérase habitualmente como o fin do Estado medieval serbio, o Despotado, sucesor da Serbia do Morava, último resto do Imperio serbio, estado do knez Lazar, sobreviviu durante 70 anos máis.

Neste Despotado experimentouse un renacemento cultural e político na primeira metade do século XV, antes de ser conquistado definitivamente polos turcos en 1459.

Porén, aínda continuou cunha existencia virtual dentro do Imperio austríaco dos Habsburgo até mediados do século XVI, cos seus gobernantes no exilio en Hungría. Este goberno no exilio prolongouse desde 1403 até 1540.

Dodecaneso

O Dodecaneso (en lingua grega Δωδεκάνησα, que significa "doce illas") é un grupo de illas gregas na extremidade leste do Mar Exeo, xunto á costa suroeste da Turquía. Teñen unha rica historia e mesmo parte das illas máis pequenas e deshabitadas ostentan varias igrexas bizantinas e castelos medievais.

A rexión administrativa do Dodecaneso consiste en 163 illas, das que 26 están permanentemente habitadas. As doce maiores, que dan ao grupo o seu nome, están resaltadas.

Agathonisi

Alimia

Arkoi

Astipalea

Halki

Giali

Halki

Kálimnos

Karpathos

Kasos

Kastellorizo

Kinaros

Kos

Leros

Leipsoí

Nísiros

Patmos

Psérimos

Rodas

Symi

Syrna

Telendos

TilosEstas illas forman parte da periferia da Grecia do Exeo Meridional, que ten a súa capital na illa de Siros, mais cunha dependencia en Rodas.

Haaz Sleiman

Haaz Sleiman, nado en Beirut, é un actor libanés radicado nos Estados Unidos.

Historia do Exipto otomán

Exipto foi conquistado polo Imperio Otomán no 1517. Resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798. Unha vez expulsados, foi gobernado polo albanés Muhammad Ali de Exipto e os seus sucesores, que apartaron a Exipto aínda máis do control otomán. Esta situación durou até 1882, cando o Reino Unido invadiu Exipto e o converteu nunha colonia.

Murallas de Xerusalén

As murallas de Xerusalén (árabe: أسوار القدس; hebreo: חומות ירושלים) rodean a cidade vella de Xerusalén. As actuais murallas foron construídas entre 1535 e 1538 por orde do sultán Suleiman I, cando a cidade pertencía ao Imperio otomán.

En 1981, foron agregadas, xunto coa cidade vella de Xerusalén, á lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco.As murallas de Xerusalén, que foron construídas orixinalmente para protexer as fronteiras da cidade contra intrusións, serven hoxe principalmente como unha atracción turística, xa que deixaron de servir como un medio de protección para a cidade..

Rodas

Rodas (grego: Ρόδος, Ródos roðos) é a illa máis grande das illas do Dodecaneso en términos de superficie e tamén a capital histórica do grupo de illas. Administrativamente a illa forma un municipio separado dentro da unidade rexional de Rodas, que é parte da rexión administrativa do Exeo Meridional. A cidade principal da illa e a sede do municipio é Rodas. A cidade de Rodas tiña 50.636 habitantes en 2011. Está situada ao nordés da illa de Creta, ao sueste de Atenas e xusto á beira da costa anatolia de Turquía. O alcumo de Rodas é "A illa dos cabaleiros", nomeada logo de que os Cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, a conquistaran.Historicamente, Rodas era famosa en todo o mundo polo Coloso de Rodas, unha das sete marabillas do mundo antigo. O casco antigo medieval da cidade de Rodas foi declarado Patrimonio da Humanidade. Hoxe en día, é un dos destinos turísticos máis populares de Europa.

Selim I

Selim I (Otomán: سليم الأول, Turco:I.Selim), nado o 10 de outubro de 1465 e finado o 22 de setembro de 1520, foi o sultán do Imperio Otomán entre 1512 e 1520.

Século XVI

século XV < século XVI > século XVII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1501 e o 31 de decembro de 1600.

Tilos

Tilos (grego: Τήλος)); forma antiga: Telos) é unha pequena illa grega e un municipio situado no Mar Exeo. Forma parte do gurpo de illas do Dodecaneso, e atópase a medio camiño entre Kos e Rodas. Ten unha poboación de 533 habitantes (censo 2001). Xunto cos illotes deshabitados de Antitilos e Gaidaros, constitúen o Municipio de Tilos, que ten unha superficie total de 64´525 km².

Popularmente, Telos era o fillo de Helios e Halia, a irmá da Telquines. Chegou á illa en busca de herbas para curar á súa nai enferma, e máis tarde volveu para fundar un templo a Apolo e Neptuno. Con todo, Telos (Teo ou Tilo) non aparece na mitoloxía grega e o nome probablemente ten un descoñecido orixe pre-helénico. Plinio o Vello sinala que Telos na antigüidade era coñecida como Agathussa (Αγαθούσσα) (tamén Agathusa e Agathousa). Na Idade Media, era coñecido polo nome Italiano de Piscopi ou Episcopi (tamén Pisconia). A illa tamén foi chamada turco:İlyaki.

Tycho Brahe

Tycho Brahe, nado en Knudstrup o 14 de decembro de 1546 e finado o 24 de outubro de 1601, foi un astrónomo dinamarqués.

Wartan Hunanian

Wartan Hunanian (en ucraíno: Вартан Гунанян, "Vartan Hunanian"), nado en 1644 en Tokat (Armenia Menor, Imperio Otomán; hoxe Turquía) e finado en maio/xuño de 1715 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv entre 1681 e 1715.

Şehzade Bayezid

Şehzade Bayezid, nado en 1525 e finado o 25 de setembro de 1561, foi un príncipe otomán, aspirante polas armas ao trono.

Şehzade Mustafá

Şehzade Mustafá Muhlisi, nado en Manisa en 1515 e finado en Konya o 6 de outubro de 1553, foi un príncipe otomán, gobernador de Manisa desde 1533 a 1541 e príncipe de Amasia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.