Sufraxio universal

O sufraxio universal consiste na dotación do dereito ao voto a toda a poboación adulta dun Estado independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social.

O logro do sufraxio universal deuse a partir dunha evolución na democracia. Trala Revolución Francesa o poder político comenzou a estares en mans de cámaras de representantes polo que era necesario regula-lo seu sistema de elección. Así comezou o sufraxio censatario no que votaban só homes que cumprisen unha serie de requisitos de nivel de instrución, de renda e de clase social; pasando polo sufraxio masculino (segunda metade do século XIX), no que podían votar tódolos homes que soubesen ler e escribir. Ata a inclusión do sufraxio feminino (século XX en diante), analfabetos (século XX) e xentes de tódalas razas (segunda metade do século XX).

FreedmenVotingInNewOrleans1867.jpeg
Escravos votando en Nova Orleans en 1867.

Limitacións ao sufraxio universal

Annie Kenney and Christabel Pankhurst

Malia ser considerado un fito da democracia e algo imprescindible en todo sistema político moderno, ao longo da historia dos séculos XIX e XX, e incluso na actualidade, a presenza do sufraxio universal en moitos países non foi posible debido a diversas políticas, grupos de presión ou réximes políticos.

No pasado numerosas sociedades negaron o dereito a votar baseándose tamén en diferenzas de raza ou etnia. Por exemplo, durante a era do apartheid non estaba permitido o voto a razas que no fosen a branca en Suráfrica. Igualmente acontecía na época de pre-dereitos civís nos Estados Unidos onde, aínda que os afroamericanos tiñan tecnicamente dereito a votar, negábaselles o seu exercicio mediante intimidacións e outros medios. O Ku Klux Klan formado trala guerra civil estadounidense foi unha das organizacións que destacou neste cometido.

Moitos sistemas de sufraxio universal exclúen constitucional e legalmente a votantes potenciais, como os residentes de nacionalidade estranxeira, cidadáns convictos e enfermos mentais. No derradeiro caso arguméntase que se trata de persoas que non teñen vontade libre ou persoas carentes de raciocinio para decidi-las súas accións, os cales poderían ser premidos ou intencionados por terceiros. No caso dos convictos, arguméntase que parte do castigo (reclusión ou privación de liberdade) inclúe a restrición dos dereitos cidadáns como o sufraxio. No caso dos estranxeiros, a calidade de votante atópase ligada á posesión da cidadanía no Estado onde se reside. Porén, as lexislacións e dereitos constitucionais polo xeral conceden o dereito ao sufraxio (eleccións locais e/ou nacionais) previa residencia por un período de tempo.

Houbo momentos nos que aos militares se lles negou o dereito ao voto. Esta privación do dereito ao voto imposto en determinados países (por exemplo, na Francia da III república) tivo motivos complexos. Por unha parte, tratou de impedir a presión dos oficiais sobre os soldados, que deformaría o voto (tales feitos non eran estraños durante o Consulado ou o II Imperio en Francia e incluso en certas repúblicas suramericanas actuais). Trátase, por outra parte, de evita-la intrusión da política no exército, como prexudicial para a disciplina militar.

Cronoloxía do sufraxio universal por países

A continuación amósase unha listaxe cronolóxica de países e a data na que se logrou implantar por vez primeira o sufraxio universal.

Europa

Asia e Oceanía

América

África

Brabante do Norte

Brabante do Norte (en neerlandés, Noord-Brabant) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Den Bosch ('s-Hertogenbosch) e as cidades máis grandes son Eindhoven, Tilburg e Breda, as dúas cunha poboación de ao redor de 200.000 habitantes. Limita coas provincias de Zelandia, Holanda Meridional, Güeldres e Limburgo e as provincias belgas de Antuerpen e Limburgo.

Clara Campoamor

Clara Campoamor, nada en Madrid o 12 de febreiro de 1888 e finada en Suíza o 30 de abril de 1972, foi unha política e feminista española. Como deputada defendeu nas cortes o sufraxio universal, especialmente o voto feminino, lográndoo o 1 de outubro do 1931.

Deputado

Deputado, integrante dun Parlamento ou dunha Cámara dos Deputados. Nos sistemas bicamerais xeralmente integran a cámara baixa, mentres que a cámara alta está integrada polos senadores. Representan a soberanía popular.

Teñen a responsabilidade de ser os representantes do pobo e nos sistemas democráticos son elixidos polo voto libre e segredo dos cidadáns.

No Reino Unido e noutros países que seguen o seu sistema parlamentario os deputados coñécense como Membros do Parlamento (Member of Parliament en inglés, frecuentemente abreviado en MP)

Drenthe

Drenthe (en neerlandés [ˈdrɛn.tə] (AFI)) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Assen. Limita coas provincias de Groninga, Frisia e Overijssel e o Estado federado alemán de Baixa Saxonia.

En Drenthe hai grandes brezais e tamén dolmens.

Frisia, Países Baixos

Para a rexión histórica homónima véxase: FrisiaFrisia (en neerlandés, Friesland e en frisón e oficialmente, Fryslân) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal presidida por un comisario designado polo goberno. As linguas oficiais son o neerlandés e o frisón. Con todo, algúns frisóns falan dialectos do baixo saxón. A capital é Leeuwarden (en frisón, Ljouwert). Limita coas provincias de Groninga, Drenthe e Flevoland e co mar de Wadden. Forman parte desta provincia as illas de Vlieland, Terschelling, Ameland e Schiermonnikoog, que limitan así mesmo co mar do Norte.

Güeldres

Güeldres (en baixo saxón Gelderlaand e en neerlandés Gelderland, antigamente Gelre) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Arnhem. Limita coas provincias de Overijssel, Utrecht, Holanda Meridional, Brabante do Norte, Limburgo e o Estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia.

Güeldres está divida en tres partes: Veluwe, Achterhoek e Betuwe, e está conectada con Flevoland mediante pontes e diques.

En 1944, durante a segunda guerra mundial, tivo lugar en Güeldres a Operación Market Garden. Combateuse nas pontes do río Waal, entre Arnhem e Nimega.

Holanda Meridional

Holanda Meridional é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Igual que as demais provincias, está gobernada por un comisionado designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal.

As cidades máis importantes de Holanda meridional son Rotterdam, A Haia, Zoetermeer, Dordrecht e Leiden.

Overijssel

Overijssel é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias está gobernada por un comisionado designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A provincia está subdividida nas rexións:

Twente

Salland

Kop van Overijssel

Parlamento de Cataluña

O Parlamento de Cataluña (en catalán: Parlament de Catalunya), coñecido habitualmente como Parlament, é unha das institucións que forman a Generalitat de Cataluña, o máximo órgano de goberno catalán. Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno.

A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados, estando formado actualmente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse no Palau del Parlament, no Parc de la Ciutadella de Barcelona.

O actual presidente do Parlament é Roger Torrent, que tomou posesión do seu cargo o 17 de xaneiro de 2018 en substitución de Carme Forcadell.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Política de Acerbaixán

O Acerbaixán é unha república presidencialista. A dirección de Estado ea dirección de Goberno son separadas do lexislativo. O presidente da república é elixido polo pobo para un mandato de cinco anos. Hai sufraxio universal para maiores de 18 anos.

Provincia de Groninga

Groninga (en neerlandés, Groningen, e en baixo saxón, Grunnen) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é a cidade de Groninga. Limita coas provincias de Drenthe e Frisia, o Estado federado alemán de Baixa Saxonia e o mar de Wadden.

As fontes de ingresos predominantes son a agricultura e a extracción de gas natural, principalmente na vila de Slochteren. A extracción ás veces causa pequenos tremores de terra. E tamén coñecida como Stad en Ommelanden, que siginifica "cidade e terras circundantes". Algúns groningueses falan dialectos do baixo saxón.

Provincia de Utrecht

Para a cidade homónima, véxase Utrecht.Utrecht é a provincia máis pequena do actual Reino dos Países Baixos. O seu capital é a cidade homónima. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. Limita coas provincias de Holanda Meridional, Holanda Setentrional e Gueldria.

Reichstag

O Reichstag (en alemán Reichstagsgebäude , abreviado Reichstag) é un edificio localizado no barrio Tiergarten, no arrabalde de Mitte en Berlín, capital de Alemaña. Foi a sede do Reichstag en tempos do II Imperio Alemán (1871-1918) e máis tarde do parlamento da República de Weimar (1919-1933). Dende 1994 reúnese alí cada cinco anos a Convención Federal (Bundesversammlung) para elixir ao presidente de Alemaña (Bundespräsident) e desde 1999 é o lugar de reunión do parlamento alemán (Bundestag). A súa denominación oficial é Plenarbereich Reichstagsgebäude, que significa "recinto de plenos do edificio do Reichstag".O edificio rematou de construírse en 1894. En 1933 foi vítima dun incendio provocado cuxa autoría non chegou a esclarecerse do todo. Ao final da Segunda Guerra Mundial, durante a Batalla de Berlín, foi escenario de cruentos combates e resultou seriamente danado. Na década de 1960 realizáronse as reformas máis urxentes. O aspecto que ten na actualidade adquiriuno durante unhas obras nos anos 90 responsabilidade do arquitecto británico Sir Norman Foster.

Tamén se coñece co nome de Reichstag a un Parlamento imperial elixido por sufraxio universal pero con escasas atribucións creado durante a Unificación alemá.

Rexión autónoma de Portugal

Unha Rexión Autónoma está dotada de Estatuto Político-Administrativo e de órganos de goberno propio. Son órganos do goberno propio de cada rexión a Asemblea Lexislativa e o Goberno Rexional. A Asemblea Lexislativa é elixida por sufraxio universal directo e secreto, polo método da representación proporcional, co número de mandatos de cada concorrente determinado polo método de Hondt.

As Rexións Autónomas portuguesas están constituídas polos arquipélagos dos Azores e da Madeira.

A soberanía da República está representada nas Rexións Autónomas por un Representante da República, cuxo nomeamento e exoneración compete en exclusiva ao Presidente da República. Este cargo foi creado pola sexta revisión da Constitución da República Portuguesa de 1976, a cal extinguiu o cargo de Ministro da República, substituíndoo por esta nova figura.

O Presidente do Goberno Rexional é nomeado polo Representante da República, de acordo cos resultados electorais para a Asemblea Lexislativa. O cargo de Presidente de Goberno Rexional de Madeira é hoxe asumido polo social demócrata Alberto João Jardim, mentres que nas Azores o cargo compete ao socialista Carlos César.

Lista das Rexións Autónomas Portuguesas:

Rexión Autónoma dos Azores.

Rexión Autónoma de Madeira.

Segunda República Francesa

A Segunda República Francesa foi o réxime político republicano instaurado en Francia durante o período comprendido entre o 25 de febreiro de 1848 e o 2 de decembro de 1852. A pesar da súa brevidade, producíronse grandes reformas, que levarían a implantar o sufraxio universal masculino, ademais da abolición da escravitude.

Soberanía popular

O termo soberanía popular acuñouse fronte ao de soberanía nacional, que se interpretaba dunha forma restritiva como a soberanía residente na nación, termo de difícil definición que pode identificarse con máis dificultade e restrinxirse na súa representación efectiva ás capas máis elevadas da sociedade (sufraxio censatario); mentres que o principio da soberanía popular fai residir a soberanía no pobo, que estaría formado pola totalidade do corpo social, en especial polos máis humildes (a clase baixa, traballadora), e que só podería expresarse mediante o sufraxio universal. A Soberanía popular sostiña a participación de todos os cidadáns homes na vida política mediante o sufraxio universal.

A Constitución francesa de 1793 foi o primeiro texto legal que estabeleceu que "a soberanía reside no pobo...". Jean Jacques Rousseau, en O contrato social, atribúe a cada membro do Estado unha parte igual da que denomina a "autoridade soberana". Esta é probábelmente a primeira referencia teórica sobre a soberanía popular.

De acordo coas diversas teses mantidas até agora, pódese definir que "a residencia legal e efectiva do poder de mando dun conxunto social encóntrase e exércese en e pola universalidade dos cidadáns", e particularmente nos Estados democráticos. Así o sufraxio universal convértese nun dereito fundamental e a condición cidadá é igual para todos con independencia de calquera outra consideración, agás as limitacións de idade ou xuízo.

A constitución da Arxentina inclúe dende 1853 o "principio da Soberanía do Pobo" no seu artigo 33, considerándoo, xunto á forma republicana de goberno, como fundamento dos dereitos e garantías constitucionais.

Sufraxio feminino

O movemento internacional polo sufraxio feminino, levado a cabo polas sufraxistas, foi un movemento reformista social, económico e político que promovía a extensión do sufraxio (isto é, o dereito a votar) ás mulleres, avogando polo «sufraxio igual» (abolición da diferenza de capacidade de votación por xénero) en lugar do «sufraxio universal» (abolición da discriminación debida principalmente á raza), xa que este último era considerado demasiado revolucionario.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.