Suevos

Os suevos foron un grupo de pobos xermánicos mencionados por vez primeira por Xulio César en relación coa campaña de Ariovisto na Galia, c. 58 a. C.[1] Mentres que César os considerou como unha única tribo xermánica, numerosa e belicosa, autores posteriores como Tácito, Plinio e Estrabón especifican que os suevos "non constitúen, como os Chatti ou Tencteri, unha soa nación. Actualmente ocupan máis da metade de Xermania, e están divididos en varias tribos con distintos nomes, malia que todos son chamados de xeito xeral como suevos".[2]

Outrora, a etnografía clásica aplicou o termo "suevo" a tantas tribos xermánicas que se cre que nos primeiros séculos despois de Cristo ben puidera ser un substituto de "xermanos".[3] Os autores clásicos consideraron que os suevos, en comparanza con outras tribos xermánicas, eran moi móbiles e non moi dependentes da agricultura.[4]

Varios grupos de suevos trasladáronse dende o Mar Báltico e o río Elba, converténdose nunha ameaza ó Imperio Romano nas fronteiras dos ríos Rin e Danubio. Cara a fin do imperio, os alamáns, un grupo de tribos suevas, asentáronse nos Campos Decumanos e posteriormente cruzaron o Rin e ocuparon a rexión de Alsacia. Un reduto deles ficou na rexión hoxe chamada Schwaben, unha área do suroeste de Alemaña cuxo nome moderno procede dos suevos. Outros movéronse cara a Gallaecia e estableceron o Reino Suevo de Galicia, que durou 170 anos antes de ser integrado no Reino Visigodo.

Germania tribes
Algunhas das tribos en Xermania durante o Imperio Romano. As tribos suevas e hermiónicas están en maxenta.

Etimoloxía

Bronze figure of a German Bibliothèque Nationale
Estatua de bronce romana dun xermano axeonllado, co peiteado con forma de "nó suevo" (50–150 AD)

Os etimólogos identificaron o nome como procedente do protoxermánico, *swēbaz, baseado na raíz *swē-, que significa "o propio" pobo, ou no pronome reflexivo de terceira persoa;[5] ou tamén pode proceder da raíz protoindoeuropea *swe-.[6]

As fontes etimolóxicas listan os seguintes nomes étnicos como procedentes da mesma raíz: Suiones, Semnones, Samnitas, Sabelli, Sabinos, que indican a posibilidade dun nome étnico indoeuropeo antigo, "a nosa propia xente".

Historia

EL IMPERIO ROMANO 125
Territorio poboado polos suevos no ano 125 en tempos do emperador Hadriano.
Hispania3c-gl
A Península Ibérica por volta do ano 560.
Mapa Reino de Galicia suevos
Reino suevo.

Nas súas migracións, os suevos dirixíronse cara ao sur e o oeste, quedando un tempo na área da Alemaña moderna. Aínda existe unha rexión alemá chamada Suabia (Schwaben) que vén equivaler ao antigo reino de Württemberg no moderno estado de Baden-Württemberg e a zona sudoccidental de Baviera, con centro en Ulm. Nesta época, varias tribos separáronse do grupo central dos suevos para formar os alamáns, de onde, a través do francés, nos chega o nome de Alemaña.

Os primeiros contactos coñecidos entre os suevos e os romanos datan do século I a.C., na Guerra das Galias Ariovisto enfrontouse con César, e posteriormente estableceron relacións comerciais que se traduciron nunha certa romanización.

Polo século V, os suevos fusionáronse cos alamáns,[7] e aproveitando a conxelación das augas do Rin, o 31 de decembro do 406 os suevos xunto a alanos e vándalos atravesaron o limes que separaba os pobos xermánicos do Imperio Romano. Non está clara a razón para traspasar o límite, pero probablemente a presión demográfica unida ós problemas internos que viña atravesando o Imperio, aumentado coa falta de soldados que vixiasen a fronteira cos que contaba Estilicón, o encargado de defender o imperio dos xermanos e á desconfianza que deste tiña o emperador Honorio.

Tras permanecer un tempo na Galia, os suevos establecéronse na Gallaecia cara o ano 409. Debido ao seu escaso número (entre as vinte mil e as trinta e cinco mil persoas) estiveron agrupados. O seu réxime de goberno era a monarquía. Os reis suevos esténdense desde Hermerico no ano 409 ata Andeca, que no ano 585 foi derrotado polo rei visigodo Leovixildo.

Da súa estancia na Gallaecia quedan palabras de orixe sueva en lingua galega e lingua portuguesa, como o termo lawerka, que deu laverca (en alemán Lerche). Nótese que tamén hai catro topónimos Suevos.

Reis suevos de Gallaecia

Artigo principal: Lista de reis suevos.

Os visigodos conquistaron aos suevos no 585.

Galería de imaxes

Galicia-Suevic-Civil War

Extensión do reino de Galicia e dos dominios das faccións suevas durante a guerra civil de mediados do século V.

Reino de Galicia Suevos

Dominios da monarquia sueva, e extensión do reino de Galicia no século V.

Europe-600

No século VII.

Visigothic Kingdom
Iberia Rulers 400s

Cronoloxía e filiación dos reis ibéricos

Notas

  1. Menzel, Wolfgang; Mrs. George Horrocks (Translator); Edgar Saltus (Supplementary Chapter) (MDCCCXCIX). Germany from the Earliest Period: Volume I. Nova York: Peter Fenelon Collier. p. 89.
  2. Tácito Germania sección 8, tradución de H. Mattingly.
  3. "Germanic Tribes". Late Antiquity. Harvard University Press. 1999. p. 467. ISBN 9780674511736.
  4. "Caes. Gal. 4.1". Perseus.tufts.edu. Consultado o 1 de maio de 2014.
  5. Peterson, Lena. "Swābaharjaz" (PDF). Lexikon över urnordiska personnamn. Institutet för språk och folkminnen, Sweden. p. 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 11 de outubro de 2007.; para un significado alternativo como "libre, independente", véxase Room, Adrian (2006). "Placenames of the World: Origins and Meanings of the Names for 6,600 Countries, Cities, Territories, Natural Features and Historic Sites: Second Edition". Jefferson, Carolina do Norte e Londres: McFarland & Company, Inc., Publishers: 363, 364. ISBN 0786422483.
  6. Pokorny, Julius. "Root/Lemma se-". Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch. Indo-European Etymological Dictionary (IEED), Department of Comparative Indo-European Linguistics, Leiden University. pp. pages 882–884. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2011. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. (German language text); locate by searching the page number.Köbler, Gerhard (2000). "*se-" (PDF). Indogermanisches Wörterbuch: 3. Auflage. p. page 188. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. (German language text); the etymology in English is in Watkins, Calvert (2000). "s(w)e-". Appendix I: Indo-European Roots. The American Heritage Dictionary of the English Language: Fourth Edition. Some related English words are sibling, sister, swain, self.
  7. Muñoz Arteaga, Valmore. "Artesanos de la angustia: notas sobre literatura alemana de inicios del siglo XX". redalyc.org Red de Revistas Científicas de América Latina y el Caribe, España y Portugal. Arquivado dende o orixinal o 28-10-2018. Consultado o 28-10-2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alanos

Os alanos foron un pobo indoeuropeo da familia irania. Crese que procederon das estepas de Centroasia ou do norte de Irán. Eran nómades, probablemente de orixe escita - sármata (alain, en lingua escita, significa ‘montaña’).

Parece que antes do século -I vivían no norte do Cáucaso e aínda que despois efectuaron varias incursións a territorio romano (e parto) seguían establecidos na zona no século III, pero no século IV foron expulsados de alí polos hunos; os que permaneceron nas montañas do Cáucaso deberon dar orixe ao actual pobo dos osetos.

Desprazáronse cara ao oeste expulsados polos hunos e alcanzaron a actual Ucraína. No seu contacto cos godos transmitiron a estes algunhas das súas artes e destrezas, especialmente o tiro con arco dacabalo e algunhas artes metalúrxicas. Os alanos uníronse aos visigodos e a parte dos ostrogodos, establecéndose con eles en Tracia e Mesia, e rebelándose tamén con eles o 377 contribuíndo á vitoria de Adrianópolis sobre as forzas imperiais, obtendo terras en Panonia o 383. O 387 unha parte dos alanos aliáronse aos hunos e o 405 os alanos de Panonia uníronse a unha confederación organizada en torno a Radagaiso que fracasou. Os grupos de suevos, vándalos, alanos e outros que quedaron alén do Rin, reforzados despois cos que regresaron da desafortunada expedición a Italia, invadiron as Galias o 406.

Dos alanos di Amiano Marcelino que eran moitos, e estaban estendidos por todos os países. Os alanos eran louros, fermosos e arrogantes. Consideraban unha felicidade morrer na guerra e conservaban restos dos inimigos mortos, especialmente a pel do cranio que colgaban como trofeo do petral dos seus cabalos. Non adoraban a ningún deus e rendían culto a unha espada cravada en terra. As súas autoridades eran uns xuíces nomeados entre os guerreiros anciáns máis valentes. Non coñecían a escravitude.

No ano 409 entraron na Península Ibérica xunto a suevos e vándalos, tras cruzar rapidamente a Galia nunha campaña de saqueo e estiveron deambulando por ela ata que no ano 411 o emperador Honorio lles ofreceu un pacto de terras. Os alanos establecéronse entón na zona comprendida entre as actuais provincias de Ávila, Salamanca, Cáceres e Toledo. Non formaron nunca un reino propio en Hispania.

Ante a chegada dos visigodos os alanos hispanos pasaron á África noroccidental xunto cos vándalos.

Arteixo

Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña. A súa superficie é de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».

A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.

Carriarico

Segundo Gregorio de Tours na súa Historia Francorum, Carriarico foi un rei suevo de Galiza entre os anos 550 e 559, responsable da conversión dos suevos ao catolicismo. Sucedeuno Teodomiro.

Comarca

Unha comarca (do latín commarca ou comarcha, á súa vez derivado do termo de orixe xermánica Mark, "confín", "límite", "marca") ou bisbarra é unha subdivisión do territorio que configuran varias poboacións que adoitan ter uns nexos comúns condicionando unha unidade, política, natural ou cultural.

Nos diferentes países do mundo, as comarcas representan unha subdivisión non corresponde coa galega, tendo distintos fins e significado. Na Península Ibérica as comarcas foron un xeito de ordenación do territorio moi estendido, existindo matices entre as distintas rexións e países, así en Portugal unha comarca actualmente designa unha división xudicial correspondente á xurisdición dun Tribunal de Primeira Instancia. No Principado de Asturias, as comarcas englobarían a varios concellos, mais as oito comarcas de Asturias non teñen existencia oficial, empregan un sistema de comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial.

En italiano: contea

En francés: contrée

En inglés: countyAs bisbarras galegas remóntanse tempos atrás, mesmo á época castrexa. De moita importancia é tamén o Parrochiale suevum, datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses (ademais menciónase a diocese Britoniarum). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. Este documento, realizado en base á conformación do territorio xa existente anteriormente, mantívose en gran parte ata a actualidade.

Década de 400

A década de 400 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 400 e remata o 31 de decembro de 409.

Década de 460

A década de 460 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 460 e remata o 31 de decembro de 469.

Hermerico

Hermerico (?-441) foi o primeiro rei suevo de Gallaecia, reinou dende o 409 até o 438. Dirixiu ó seu pobo dende o Rin até Gallaecia, onde someteu á poboación galaico-romana e asinou un foedus con Roma mediante o cal establecía o seu reino na provincia romana de Gallaecia e aceptaba ó emperador como o seu superior (410). En teoría actuaba como federado de Roma e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos vándalos asdingos que se refuxiaran na Gallaecia logo de seren atacados polo visigodo Valia e chegaron a pór en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419 resolvendo Hermerico a situación grazas á axuda de Asterio, conde romano, o que posibilitou a ocupación de toda a Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara á Bética. En 438 asociou ó seu fillo Requila ao trono.

Lista de reis suevos

A primeira persoa en asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu do Imperio Romano de Occidente no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un reino suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C., o entendemento cos máis dos numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano, consolidan finalmente un reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma "reis de Galicia".

Reino suevo

O reino suevo configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións da Galiza e o norte e centro de Portugal. despois da caída do Imperio Romano. É o primeiro estado medieval, e o primeiro en separarse do Imperio Romano e cuñar moeda.

Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron.

O Cronicón de Hidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.

O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse do Imperio Romano.

A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquias, erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos.

Requiario

Requiario ou Rechiarius (e tamén pode escribirse Reckiario), finado en decembro de 456, foi o terceiro monarca suevo que gobernou o Reino de Galicia, desde o ano 448 (ano no que ascendeu o trono trala morte do seu pai Requila) ata a súa morte. Foi o primeiro rei xermánico de toda Europa que adoptou o catolicismo, e un dos máis innovadores e belixerantes de entre os monarcas suevos.

Suabia

Suabia (en alemán, Schwaben) é unha rexión histórica repartida entre Baden-Württemberg e Baviera en Alemaña, chámaselle tamén así a unha das sete rexións administrativas do Estado libre de Baviera coa capital: Augsburgo.

A palabra Schwaben en alemán usase tamén para o xentilicio de Suabia, é dicir, a mesma palabra ten 3 significados, a rexión histórica, a rexión administrativa bávara e o xentilicio. Para definir á zona onde se fala o suabo adóitase usar a palabra Schwabenland. Ao suabo, ou sexa, á fala suaba chámanlle Schwäbisch.

Suevos, A Baña

San Mamede de Suevos é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 214 habitantes (111 mulleres e 103 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Suevos, Arteixo

San Martiño de Suevos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 482 habitantes (250 homes e 232 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 577 habitantes.

Século V

século IV < século V > século VI

Período de tempo dende o ano 401 ata o ano 500 da era cristiá.

Acontecementos importantes

400, Macrobio, vigairo de Hispania é multado polo seu uso fraudulento, sen causa xustificada, do cursus publicus.

400, I Concilio de Toledo.

411, establecemento dos Suevos na Gallaecia.

Invasións de pobos xermánicos en todo o Imperio romano de Occidente rematan por desface-la unidade política no 476.Personaxes destacadas

Atila o Huno.

Ricimer, magister militum do Imperio Romano Occidental (456-472).

Teodomiro dos Suevos

Teodomiro foi un monarca do Reino Suevo de Galicia (559-570). Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa católica. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.

Gregorio de Tours fálanos do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours. Se cadra esteamos ante a primeira referencia a Teodomiro que sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia.

Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:

Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra

A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.

A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) aos diferentes bispados (concretado na Divisio Theodemiri, a "división de Teodomiro", ou Parochiale suevorum).

A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.

A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.

A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amigables.

A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por Martiño de Dumio.

Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.