Subotica

Subotica é unha cidade e concello da Voivodina, en Serbia. A municipalidade conta con 148.401 habitantes, deles na cidade viven 99.981, é a capital do distrito de Bačka Norte.

Subotica07
Praza de Subotica

Demografía

Distribución por grupos étnicos na municipalidade:

  1. Húngaros = 57.092 (38.47%)
  2. Serbios = 35.826 (24.14%)
  3. Croatas = 16.688 (11.24%)
  4. Bunjevci = 16.254 (10.95%)
  5. Iugoslavos = 8.562 (5.76%)
  6. Montenegrinos = 1.860 (1.25%)

Linguas na municipalidade:

  1. Serbio = 69.155 (46.60%)
  2. Húngaro = 57.608 (38.82%)
  3. Croata = 8.806 (5.93%)

A lingua serbia é a lingua máis empregada na vida cotiá. O húngaro tamén é utilizado por case un terzo da poboación nas súas conversacións cotiás. Ambas as linguas tamén son amplamente empregadas en carteis comerciais e oficiais [1]

Relixión na municipalidade

  1. Católicos = 93.521 (63.02%)
  2. Ortodoxos = 38.523 (25.96%)
  3. Protestantes = 2.794 (1.88%)
  4. Xudeus = 200 (0.1%)

Referencias

  1. "The Use of Hungarian and Serbian in the City of Szabadka/Subotica: An Empirical Study". Consultado o 2017-09-08.
Bačka

Bačka (en serbio Бачка ou Bačka, en húngaro Bácska, en croata Bačka, en eslovaco Báčka, en ruteno panonio (rusino), Бачка, en lingua alemá Batschka, en bunjevac Bačka e en turco Baçka) é unha rexión situada na chaira panonia, entre os ríos Danubio e o Tisza.

Na actualidade está situada principalmente en Serbia e en Hungría, con algúns enclaves na ribeira esquerda do Danubio que formaban parte de Croacia pero que, desde 1991, están baixo control serbio.

A maior parte da rexión está hoxe en Voivodina, provincia autónoma de Serbia. A capital desta rexión, Novi Sad, encóntrase na fronteira entre a Bačka e a Sirmia. A parte máis setentrional da rexión está situada no condado de Bács-Kiskun, en Hungría.

Demografía de Serbia

Os datos de Demografía de Serbia son moi variables debido aos últimos acontecementos ocorridos na antiga Iugoslavia, que dan un importante censo de poboación flotante formada, sobre todo, por refuxiados de outras ex repúblicas que se desprazaron cara Serbia e non constan en ningún censo. Durante a Guerra de Kosovo produciuse unha avalancha de refuxiados serbios que abandonaron territorio kosovar e se instalaron en Serbia. Estes refuxiados (se estima que 200.000, aínda que o goberno serbio cre que son moitos máis) non figuran en ningún censo, xa que o último censo oficial foi realizado en 2002, e no mesmo non se incluíron datos de Kosovo. O próximo será realizado en 2010.

Elx

Elx ou Elxe (en valenciano: Elx, en castelán: Elche, as dúas denominacións oficiais) é unha cidade e concello do País Valenciano pertencente á provincia de Alacant. Situada ás beiras do río Vinalopó, é cabeceira da comarca do Baix Vinalopó.

A súa poboación alcanza os 228.348 habitantes (INE 2008), sendo o terceiro concello valenciano en poboación, tras Valencia e Alacant. A área metropolitana de Alacant-Elx, que agrupa a Elx coa conurbanización de Alacant e coas localidades próximas de Santa Pola e Crevillent, é a oitava máis poboada do estado, cuns 735.000 habitantes.

Historia de Serbia

Aínda que a orixe dos serbios se perde no pasado remoto, a historia de Serbia pode considerarse que comeza co primeiro estado serbio, Raška, que foi fundado no século IX pola Casa de Vlastimirović; desenvolveuse despois como Reino e logo Imperio serbio baixo a Casa de Nemanjić.

Na época moderna, e despois da ocupación otomá, Serbia foi un principado autónomo (1817-1878), aínda baixo soberanía otomá, un principado e un reino independente (1878-1918), parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (1918-1941), denominado Reino de Iugoslavia desde 1929, un estado títere ocupado polos nazis (1941-1944), unha república socialista na República Federal Socialista de Iugoslavia (1945-1992), unha república na República Federal de Iugoslavia (1992-2003), unha república na Unión de Estado de Serbia e Montenegro (2003-2006) e, nos nosos días, a República de Serbia, independente desde o 5 de xuño de 2006.

István Nyers

István Nyers tamén coñecido coma Stefano Nyers, nado en Freyming-Merlebach (Francia) o 25 de maio de 1924 e finado en Subotica (Serbia) o 9 de marzo de 2005, foi un futbolista húngaro que xogaba na demarcación de dianteiro. A pesar de que só disputou dous encontros coa selección de fútbol de Hungría está considerado como un dos mellores xogadores deste país, desenvolvendo o mellor da súa carreira futbolística no Inter de Milan.

Košarkaška liga Srbije

A Košarkaška liga Srbije (KLS) (en serbio: Кошаркашка лига Србије (КЛС), Liga de baloncesto de Serbia), coñecida por motivos de patrocinio como Mozzart Košarkaška liga Srbije, é a principal competición de baloncesto profesional de Serbia. Fundada no ano 2006, a liga está organizada pola Federación de Baloncesto de Serbia (Кошаркашки савез Србије). Antes do ano 2006 a Liga (YUBA Liga) tamén incluía equipos de Montenegro, mais desde a independencia do país os equipos montengrinos xogan a súa propia competición, a Prva A Liga.

Nigel Short

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.Nigel David Short, nado en Leigh, Lancashire, o 1 de xuño de 1965, é un xadrecista inglés. Conseguiu o título de Grande Mestre do xadrez aos 19 anos de idade. É membro da Orde do Imperio Británico e tamén é o segundo mellor xadrecista da historia de Inglaterra, por detrás de Michael Adams.

Serbia

Serbia (en serbio: Србија/Srbija) é un país pechado ó mar situado no centro e no sueste de Europa, ocupando a parte sur da chaira panónica e a parte central da península balcánica. O país fai fronteira con Hungría polo norte, Romanía e Bulgaria polo leste, Albania e Macedonia do Norte polo sur e con Montenegro, Croacia e Bosnia e Hercegovina polo oeste. A súa capital é Belgrado.

A actual Serbia foi creada en 1817 trala Segunda revolta serbia. Máis adiante, o país estendeu as súas terras cara o sur ocupando o actual Kosovo, a rexión de Rascia e parte da rexión de Macedonia (en 1912). En 1918 a antiga provincia autónoma da Voivodina proclamou a súa secesión do Imperio Austrohúngaro uníndose á Serbia nese mesmo ano. As fronteiras actuais do país establecéronse trala Segunda Guerra Mundial, cando a Serbia se converteu nun estado federal dentro da República Federal Socialista de Iugoslavia. Serbia tornouse de novo un estado independente no 2006, trala ruptura de Montenegro coa unión formada trala disolución da Iugoslavia na década dos 90.

Voivodina

A Provincia autónoma de Voivodina (en serbio: Аутономна Покрајина Војводина ou Autonomna Pokrajina Vojvodina, en húngaro: Vajdaság Autonóm Tartomány, en eslovaco: Autonómna Pokrajina Vojvodina, en romanés: Provincia Autonomă Voivodina, en croata: Autonomna Pokrajina Vojvodina) é unha das provincias coas que conta Serbia, ao norte do país. A capital e principal cidade é Novi Sad, sendo a segunda cidade en importancia Subotica.

A Voivodina é diversa etnicamente falando, habitando na rexión máis de 26 grupos distintos. Hai 6 idiomas oficiais.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.