Subida a Chantada

A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na ribeira sacra chantadina. Xeralmente celébrase a derradeira fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de Galego de Montaña en en varias edicións tamén o fixo para Campionato de España de Montaña e o Campionato de Europa de Montaña.

Subida automobilistica a Chantada
Tramo da proba na edición de 2012.

Percorrido

O tramo ten unha lonxitude de 4,1 quilómetros de distancia, un desnivel de 250 metros e unha pendente media do 7,5 %. É un circuíto rodeado de viñedos que remata preto da vila de Chantada.

A saída situase sobre unha ponte sobre o río Miño entre as parroquias de Belesar e Diomondi (O Saviñao). Transcorre por dúas zonas ben diferenciadas, un primeiro tramo da estrada LU-617 estreita e lenta, que combina diferentes tipos curvas e na famosa curva dos cipreses enlaza coa estrada LU-533. Esta segunda parte é un trazado moito máis rápido, no que se alcanzan maiores velocidades.

Programa

A proba realízase en fin de semana, o sábado dende as 09.00 fanse as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas ábrese o parque pechado na Casa da Cultura. Ás 14.00 horas publícase a lista dos pilotos autorizados a tomar a saída e posteriormente faise a presentación dos pilotos. A saída da primeira manga é ás 15.30.

O domingo ás 08.30 horas faise a presentación dos pilotos, e ás 09.30 horas comeza a saída da segunda manga. Pola tarde, ás 16.15 horas, publícanse os resultados e a continuación a faise a entrega de premios e trofeos. No 2015 este acto celebrouse no novo Auditorio de Chantada.

Récord da proba

En 1998 o piloto Andrés Vilariño con un Osella PA-20 acadou un tempo de 1'46'074.

Edición 2015

A edición do 2015 celebrouse os días 18 e 19 de xullo. Este ano tamén foi puntuable para a Copa Stark Box, que se corre sobre os Seat Marbella. Os resultados [1] dos 3 primeiros clasificados son:

Posto Piloto Automóbil Tempo
José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM 3:47.955
Jacobo Sobral Iglesias SILVER CAR S2 3:54.985
Alexis Vieitez Losada FORMULA OUTEDA 3:56.795

Edición 2014

A edición do 2014 celebrouse os días 19 e 20 de xullo. Os resultados [2] dos 3 primeiros clasificados son:

Posto Piloto Automóbil Tempo
José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM 3:54.395
Jacobo Sobral Iglesias SILVER CAR S2 3:58.108
Jose A. Varela Juan Osella PA 20 /S 3:59.899

Palmarés[3]

Ano Edición Piloto Automóbil
2015 42 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM
2014 41 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi Quattro DTM
2013 40 Subida a Chantada Cesar Rodríguez T Castor TC3/C
2012 39 Subida a Chantada Antonio Varela Juan Osella PA 20/S
2011 38 Subida a Chantada Cristobal Serantes García Formula Ralt RT-34
2010 37 Subida a Chantada Cristobal Serantes García Formula Ralt RT-34
2009 36 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi A4 ST
2008 35 Subida a Chantada José Antonio López Fombona Audi A4 ST
2007 34 Subida a Chantada Oscar Palacios Arias Osella PA-20 S
2006 33 Subida a Chantada Víctor Abraham Gutierrez Osella PA-20 S
2005 32 Subida a Chantada Víctor Abraham Gutierrez RALT Honda Fórmula
2004 31 Subida a Chantada Cristóbal Serantes Formula Leiro Sport
2003 30 Subida a Chantada Vivencio Padín RALT BMW
2002 29 Subida a Chantada Andrés Vilariño Formula Reynard
2001 28 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
2000 27 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1999 26 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1998 25 Subida a Chantada Andrés Vilariño Osella PA-20
1997 24 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000
1996 23 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000
1995 22 Subida a Chantada Aitor Zabaleta Lola BMW 2000
1994 21 Subida a Chantada Luís Martínez Osella BMW
1993 20 Subida a Chantada José Luís Santos Fórmula Martini
1987 19 Subida a Chantada Pancho Egozkue Lola BMW 2000
1986 18 Subida a Chantada Jean Vinjes Lola BMW 2000
1985 17 Subida a Chantada Fermín Vélez Lola BMW 2000
1984 16 Subida a Chantada Andrés Vilariño Lola BMW 2000
1983 15 Subida a Chantada Juan Fernández Lola BMW 2000
1982 14 Subida a Chantada Carlos Arenzana Lola BMW 2000
1981 13 Subida a Chantada Juan Fernández Lola BMW 2000
1980 12 Subida a Chantada Jean Claude Lola BMW 2000
1979 11 Subida a Chantada Juan Fernández Lola BMW 2000
1978 10 Subida a Chantada Jean Vinjes Osella BMW 2000
1977 9 Subida a Chantada Juan Fernández Lola BMW 2000
1976 8 Subida a Chantada "Beni" Fernández BMW 2002 TII
1975 7 Subida a Chantada Robert Giannone Aurora Porsche 2.0
1974 6 Subida a Chantada Luís Quinzán Alpine Renault 1600 S
1973 5 Subida a Chantada Luís Quinzán Alpine Renault 1600 S
1972 4 Subida a Chantada Luís Quinzán Alpine Renault 1600 S
1971 3 Subida a Chantada E. Bing Joch Abartch 2000 OT
1970 2 Subida a Chantada E. Noguerol Alfa Romeo 2.0 GTAM
1969 1 Subida a Chantada Estanislao Reverter Porsche 911 S

Notas

  1. http://www.temposfga.eu/ (ed.). "Clasificación final OFICIAL 2015" (PDF). Consultado o 20 de xullo de 2015.[Ligazón morta]
  2. http://www.temposfga.eu/ (ed.). "Clasificación final OFICIAL 2014" (PDF). Consultado o 20 de xullo de 2015.[Ligazón morta]
  3. "Palmarés da Subida a Chantada". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Chantada

Chantada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 8.371 habitantes (8.897 no 2011,8.951 no 2010,9.249 no 2006, 9.366 no 2005, 9.463 no 2004, 9.650 no 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «chantadino» ou «chantadés».

Estanislao Reverter

Estanislao Reverter Sequeiros, nado en Ourense o 1 de outubro de 1929 e finado o 3 de febreiro de 1991, tamén coñecido como Lalao, foi un político de UCD, piloto de rally, impulsor do Rally de Ourense, director da Escudería Ourense, construtor do Renault Alpinche e un dos pais do automobilismo en Galicia.

Galería de imaxes de Chantada

Galería de imaxes do concello de Chantada na provincia de Lugo.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

San Fiz de Asma, Chantada

San Fiz de Asma é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 209 habitantes distribuídos en 5,03 km², segundo datos do INE e do IGE, deles 98 eran homes e 111 eran mulleres. Iso supón unha diminución con respecto o ano 2007 que tiña 235 habitantes, deles 111 eran homes e 124 eran mulleres.

Automobilismo en Galicia
Federación
Rally
Karting
Autocross
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.